Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa

141 views

Published on

A Delegación de Estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte en consenso co noso candidato chegan aos seguintes acordos.

Published in: Education
  • Be the first to comment

Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa

  1. 1. PROPOSTAS PARA O FUTURO REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO O candidato a Reitor Manuel Reigosa Roger, da Universidade de Vigo, comprométese a levar a cabo as medidas expostas a continuación neste documento durante o seu mandato, co obxectivo de mellorar a universidade a través das propostas do colectivo estudiantil recollidas na campaña ‘’Vota pola UVigo, vota por ti!’’ da Delegación de Estudantes da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte de Pontevedra: 1. NORMATIVA DE AVALIACIÓN: Actualización da normativa de avaliación, suxeita ó aprendizaxe centrado no estudante, que teña en conta os seguintes puntos: - Revisar as normas de asistencia a clase para dar opcións ou alternativas ao estudantado que por situacións diversas non pode asistir as mesmas. - Revisar os sistemas de avaliación e establecer límites nas subseccións de avaliación adecuando a metodoloxía proposta nos plans de estudo. É dicir, non establecer un só método de avaliación que supoña o 100% da nota, chegando a non establecer máis do 40% en ningún deles. - Plantexarlle ao estudantado, ó inicio do curso, as diferentes opcións de avaliación para cada materia. - Establecer unha marxe de 48h. entre unha proba de avaliación e a seguinte. - Darlle alternativas de avaliación a aquelas persoas que por motivos xustificados non poidan realizar as probas de avaliación, teóricas ou prácticas, nas datas establecidas. (Todos estes puntos deben de quedar reflictidos nas guías docentes para que os/as estudantes que se atopen nunha situación que lle impida a asistencia á materia poida consultar as alternativas e seguir así os seus estudos). 2. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL (PAT) / Programas de mentorización Creación dunha normativa de Plans de Acción Titorial realizada dende a universidade con pequenas adaptación as facultades na que se recolla o sistema de titorización e a alternativa dos programas “mentoring”. Estimamos que ambalas dúas opcións son válidas e cada Facultade podería optar por unha delas ou por ambas. Ademáis plantexamos a creación dunha oficina de orientación para o estudantado. 3. HORA CENTRAL: Establecer unha hora á semana (sen docencia regrada), adicado á formación complementaria e de tipo interdisciplinar. Esta hora pode empregarse para a realización de xuntas de facultade, consellos de departamento, comisión das diferentes ramas, reunións e outro tipo de actividades en grupo.(UEx, p.ex)
  2. 2. PROPOSTAS PARA O FUTURO REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO 4. AULAS DE ESTUDO E BIBLIOTECA: A universidade non debe permanecer allea as dificultades do estudantado. Neste caso propoñemos un seguimento dende a universidade coa finalidade de escoitar as demandas e establecer liñas de actuación. - Instalacións inclusivas. - Aulas de estudo nas facultades. - Plan piloto para o estudo da ampliación dos horarios das bibliotecas fora das temporadas de exames nos distintos campus. - Adecuación, tanto dos materiais como das instalacións para unha mellora da calidade de estudos. 5. MEDIOS DE TRANSPORTE: Traballar na mellora substancial nas estruturas de transporte entre as facultades dos diferentes campus, intentando negociar coas administracións públicas e privadas un aumento da frencuencia do transporte urbano e interurbano, tendo en conta o horario lectivo (inicio e fin das clases). 6. BOLSAS: Ampliación do número de bolsas e melloras nos prazos de adxudicación. - Creación de bolseiros de colaboración cos diferentes departamentos adicionais ós xa existentes. - Bolsas para as delegacións de estudantes co obxectivo de contribuir a mellora da universidade. 7. PREZOS DOS SERVIZOS UNIVERSITARIOS: Revisar e regular os prezos dos servizos que se ofrecen dentro da Universidade (cafeterías, servizos de copistaría, máquinas…). Neste caso o obxectivo sería reducir o custe que supón facer copias (o prezo actual supera no dobre ao de calquera copistaría externa á Universidade de Vigo), ampliar a oferta de alimentos saudables nas máquinas e cafeterías e establecer prezos fixos nos servizos de cafetería e comedor. 8. SERVIZO DE DEPORTE: Ampliación dos servizos de deporte: - Mellora das instalacións deportivas. - Horario máis amplio (apertura na fin de semana). - Amplio repertorio de actividades dirixidas baseadas nun cuestionario de demanda. - Maior promoción e visibilización das ofertas deportivas. 9. GUÍAS DOCENTES:
  3. 3. PROPOSTAS PARA O FUTURO REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO As guías docentes a pesar de ser aprobadas cada ano nos departamentos e xuntas de facultade, non sempre sufren as adecuación ao contexto que engloba cada grado. A proposta de mellora é a seguinte: - Actualización e vangarda da bibliografía recomendada. 10. UNIDADE DE IGUALDADE: Maior visibilización e presenza da Unidade de Igualdade, dos plans e da normativa vixente. estricto cumplimiento tolerancia 0 ante calquera comentario actitude ou desigualdade.Traballo co estudantado con necesidades especiaiss para a súa completa inclusión. 11. CURSOS DE IDIOMAS: Ampliación da oferta sobre cursos de idiomas, que garantice a formación integral do estudantado 12. REPRESENTACIÓN ESTUDANTIL: - Apoio á representación estudantil nos diferentes órganos e difusión da súa participación na toma de decisións. - Fortalecer o papel das delegacións de estudantes como órgano de control e representación nos diferentes procesos internos das titulacións e traballo intercentros, intercampus e no Consello de Estudantes. Garantía de interlocución co devandito Consello. O obxectivo desta proposta é garantir un sistema igualitario e de calidade, que asegure o acceso de todas e todos. Presidente da Del.Estudantes FCCED Candidato ‘H2040’ Marcos García Pascual Manuel Reigosa Roger Pontevedra, mércores 18 de abril de 2018

×