SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Chegaron as vacacións de verán e con elas moito tempo libre para facer moitas cousas. Os
períodos de vacacións son moi interesantes porque nos permiten aos adultos pasar máis tempo cos
nosos fillos e aos nenos/ás cambiar de actividades, relacionarse con outras persoas diferentes, xogar
ao aire libre, intensificar a relación coa familia, etc…
Todo isto contribúe a desenvolver todos os aspectos da súa personalidade e ademais permite
que vaia aprendendo de xeito lúdico, activo e experimental.
Dámosvos estas suxestións para intentar dar continuidade á indispensable coordinación entre
familia-escola, esperando que vos sexan de utilidade.
PARA QUE MANTEÑAN HÁBITOS:
* De hixiene (lavar as mans antes de comer, cepillar os dentes, soarse, asearse...).
* De alimentación (estar ben sentado, utilizar os cubertos, comer autonomamente en familia...).
* De orde (recoller os seus xoguetes, colaborar na orde do seu cuarto e as súas cousas...).
* De cortesía (saudar e responder aos saúdos, escoitar, respectar a quenda de palabra...)...
* Procurade seguir unhas rutinas consensuadas con eles, na medida do posible, cuns tempos
establecidos para o xogo, algunha actividade máis tranquila, as horas de sono, piscina, parque...
PARA FACILITARLLES A AUTONOMÍA:
* É importante saber que cada vez teñen máis capacidades co que é bo que lles deixemos medir
as súas posibilidades, mesmo animalos, é importante que fagan cousas sós.
* En lugar de solucionar directamente todos os seus "problemas e conflitos", axudalos a pensar.
Dar tempo para que busquen a saída máis axeitada.
PARA MOTIVAR A COMUNICACIÓN ESCRITA:
* Aproveitar situacións cotiás para reforzar o nome tanto a grafía coma o recoñecemento.
* Lerlles contos, poesías, noticias, etiquetas, carteis... é importante que teñan sempre
dispoñibles contos e libros (ao seu alcance) con imaxes suxestivas e textos axeitados.
PARA XOGAR COA LINGUAXE
* Ampliar o vocabulario, enriquecendo a linguaxe oral, frases debidamente estruturadas.
Xogando a dicir nomes de froitas, animais, xoguetes, cores...
* Cando pronounce mal unha palabra, é necesario repetir a frase enteira correctamente, sen
comentarios, aínda que sexa divertido.
* Ensinar adiviñas, rimas, trabalinguas ...
* Ensinarlles o seu nome completo, o nome dos seus pais, irmáns, avós ...
* Habituarse a pedir cousas por favor e dar as grazas.
* Aproveitar as viaxes ao campo, á praia ou á cidade, para darlles a coñecer o nome do lugar
onde estamos e que aprendan novas palabras.
* Incentivalos a poñer o nome nos seus debuxos, son grandes artistas e deben asinar as súas
obras de arte.
PARA RAZOAR CON LÓXICA:
* Explicarlle por que lle dades unha orde, así como as razóns ou causas do que acontece.
* Axudarlle a ver as consecuencias dos seus actos.
PARA A MOTRICIDADE FINA.
*Explicar que debe coller ben o lapis, pintura ou rotulador.
*Colorear, debuxar libremente.
*Abotoar e desabotoar botón, encaixar e desencaixar obxectos…
*Manipular obxectos de pequenas dimensións; por exemplo, lentellas, garavanzos...
*Modelar con plastilina obxectos tales como bólas, cilindros...
*Pasar as follas dun libro (cara a diante e cara a atrás).
*Barallar e repartir cartas.
*Resgar e recortar cos dedos, recortar utilizando as tesoiras….
*Dobrar un folio pola súa metade tantas veces como poida.
*Lanzar obxectos (cada vez cunha man) intentando dar no "branco".
PARA A MOTRICIDADE GROSA
* Asegurarse de que ten a liberdade de saltar, correr, subir, nadar, dando libre curso á súa
vitalidade , proporcionándolle espazos ao aire libre.
* Ensinarlle xogos tradicionais : corda de saltar, pinta cega, escondite inglés ...
O verán é un tempo de aire libre, ritmos máis relaxados e moita vida social. É un bo momento
para priorizar o xogo ante a televisión e cultivar as relacións sociais coas que aprendemos a compartir,
resolver conflitos mediante o diálogo, integrarnos no noso grupo social...
Recomendámosvos realizar con eles actividades ao aire libre e de contacto coa natureza,
observar e experimentar co medio natural. Actividades lúdico-deportivas, a natación e xogos na auga.
Se vos é posible realizar algunha viaxe, é bo implicalos no proceso de preparación da viaxe (falar sobre
o lugar de destino, posibles actividades a realizar, transporte que se vai utilizar, itinerario da viaxe,
preparación de maletas...), buscar que as vacacións teñan un compoñente lúdico e algún compoñente
cultural que lles achegue novas experiencias (visita dalgún monumento, parque natural...). Se non
podedes saír a ningún sitio intentade aproveitar a oferta cultural que ofrece Pontevedra e coñecer un
pouco máis a cidade.
E ante todo e sobre todo, que xoguen, que xoguen moito, que manipulen, que
experimenten… e que se divirtan todo o posible.
E vós gozade deles todo o que poidades, e eles que gocen de vós.
Felices vacacións! E vémonos en setembro
Silvia Puga

More Related Content

Similar to Recomendacións para o verán

Reunion familiar 5 anos CEIP VILAVERDE
Reunion familiar 5 anos CEIP VILAVERDEReunion familiar 5 anos CEIP VILAVERDE
Reunion familiar 5 anos CEIP VILAVERDEEDLGVILAVERDE
 
Un verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºUn verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºlebasis
 
Folleto a,l,
Folleto  a,l,Folleto  a,l,
Folleto a,l,mmfontan
 
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-VigoPeriodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigomacusanbla
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
Reunión familias ceip vilaverde (2)
Reunión familias ceip vilaverde (2)Reunión familias ceip vilaverde (2)
Reunión familias ceip vilaverde (2)zuceac
 
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08jurafelo
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 
Motricidade fina
Motricidade finaMotricidade fina
Motricidade finalorenameis
 
NOS SEUS ZA-PATOS
NOS SEUS ZA-PATOSNOS SEUS ZA-PATOS
NOS SEUS ZA-PATOSCid22
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Estimular a lectura
Estimular a lecturaEstimular a lectura
Estimular a lecturaequipodeei
 
Consellos para o fomento da lectura
Consellos para o fomento da lecturaConsellos para o fomento da lectura
Consellos para o fomento da lecturaaurorarra
 
Reunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º cursoReunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º cursopsargibay
 
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica cenlf
 

Similar to Recomendacións para o verán (20)

Reunion familiar 5 anos CEIP VILAVERDE
Reunion familiar 5 anos CEIP VILAVERDEReunion familiar 5 anos CEIP VILAVERDE
Reunion familiar 5 anos CEIP VILAVERDE
 
Un verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºUn verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4º
 
Folleto a,l,
Folleto  a,l,Folleto  a,l,
Folleto a,l,
 
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-VigoPeriodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
Reunión familias ceip vilaverde (2)
Reunión familias ceip vilaverde (2)Reunión familias ceip vilaverde (2)
Reunión familias ceip vilaverde (2)
 
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Motricidade fina
Motricidade finaMotricidade fina
Motricidade fina
 
NOS SEUS ZA-PATOS
NOS SEUS ZA-PATOSNOS SEUS ZA-PATOS
NOS SEUS ZA-PATOS
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Estimular a lectura
Estimular a lecturaEstimular a lectura
Estimular a lectura
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Consellos para o fomento da lectura
Consellos para o fomento da lecturaConsellos para o fomento da lectura
Consellos para o fomento da lectura
 
Reunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º cursoReunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º curso
 
Unidade Didáctica 5
Unidade Didáctica 5Unidade Didáctica 5
Unidade Didáctica 5
 
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
 

More from Silvia López

Rosa contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-...
Rosa contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-...Rosa contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-...
Rosa contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-...Silvia López
 
Labriegocatalánenclarodeluna
LabriegocatalánenclarodelunaLabriegocatalánenclarodeluna
LabriegocatalánenclarodelunaSilvia López
 
Sponte samp18010915530
Sponte samp18010915530Sponte samp18010915530
Sponte samp18010915530Silvia López
 
Contacontos o poeta do miño
Contacontos o poeta do miñoContacontos o poeta do miño
Contacontos o poeta do miñoSilvia López
 
Libro coidar o medio
Libro coidar o medioLibro coidar o medio
Libro coidar o medioSilvia López
 
Traballando a joan miró
Traballando a joan miróTraballando a joan miró
Traballando a joan miróSilvia López
 
Facemos unha nota para os nosos papás
Facemos unha nota para os nosos papásFacemos unha nota para os nosos papás
Facemos unha nota para os nosos papásSilvia López
 
Traballo plastica texturas
Traballo plastica texturasTraballo plastica texturas
Traballo plastica texturasSilvia López
 

More from Silvia López (20)

revista 2022 a4.pdf
revista 2022 a4.pdfrevista 2022 a4.pdf
revista 2022 a4.pdf
 
Rosa contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-...
Rosa contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-...Rosa contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-...
Rosa contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-...
 
Labriegocatalánenclarodeluna
LabriegocatalánenclarodelunaLabriegocatalánenclarodeluna
Labriegocatalánenclarodeluna
 
Sponte samp18010915530
Sponte samp18010915530Sponte samp18010915530
Sponte samp18010915530
 
Contacontos o poeta do miño
Contacontos o poeta do miñoContacontos o poeta do miño
Contacontos o poeta do miño
 
Libro coidar o medio
Libro coidar o medioLibro coidar o medio
Libro coidar o medio
 
Reciclamos
ReciclamosReciclamos
Reciclamos
 
Anedia 4 dieta atl
Anedia 4 dieta  atlAnedia 4 dieta  atl
Anedia 4 dieta atl
 
Coñecendo a yoel
Coñecendo a yoelCoñecendo a yoel
Coñecendo a yoel
 
Coñecendo a anxo
Coñecendo a anxoCoñecendo a anxo
Coñecendo a anxo
 
Coñecendo a jimena
Coñecendo a jimenaCoñecendo a jimena
Coñecendo a jimena
 
Coñecendo a mateo
Coñecendo a mateoCoñecendo a mateo
Coñecendo a mateo
 
Traballando a joan miró
Traballando a joan miróTraballando a joan miró
Traballando a joan miró
 
Facemos unha nota para os nosos papás
Facemos unha nota para os nosos papásFacemos unha nota para os nosos papás
Facemos unha nota para os nosos papás
 
Coñecendo a mateo
Coñecendo a mateoCoñecendo a mateo
Coñecendo a mateo
 
O libro de marta
O libro de martaO libro de marta
O libro de marta
 
Coñecendo a mauro
Coñecendo a mauroCoñecendo a mauro
Coñecendo a mauro
 
Coñecendo a lola
Coñecendo a lolaCoñecendo a lola
Coñecendo a lola
 
Traballo plastica texturas
Traballo plastica texturasTraballo plastica texturas
Traballo plastica texturas
 
Coñecendo a sara
Coñecendo a saraCoñecendo a sara
Coñecendo a sara
 

Recomendacións para o verán

  • 1. RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN Chegaron as vacacións de verán e con elas moito tempo libre para facer moitas cousas. Os períodos de vacacións son moi interesantes porque nos permiten aos adultos pasar máis tempo cos nosos fillos e aos nenos/ás cambiar de actividades, relacionarse con outras persoas diferentes, xogar ao aire libre, intensificar a relación coa familia, etc… Todo isto contribúe a desenvolver todos os aspectos da súa personalidade e ademais permite que vaia aprendendo de xeito lúdico, activo e experimental. Dámosvos estas suxestións para intentar dar continuidade á indispensable coordinación entre familia-escola, esperando que vos sexan de utilidade. PARA QUE MANTEÑAN HÁBITOS: * De hixiene (lavar as mans antes de comer, cepillar os dentes, soarse, asearse...). * De alimentación (estar ben sentado, utilizar os cubertos, comer autonomamente en familia...). * De orde (recoller os seus xoguetes, colaborar na orde do seu cuarto e as súas cousas...). * De cortesía (saudar e responder aos saúdos, escoitar, respectar a quenda de palabra...)... * Procurade seguir unhas rutinas consensuadas con eles, na medida do posible, cuns tempos establecidos para o xogo, algunha actividade máis tranquila, as horas de sono, piscina, parque... PARA FACILITARLLES A AUTONOMÍA: * É importante saber que cada vez teñen máis capacidades co que é bo que lles deixemos medir as súas posibilidades, mesmo animalos, é importante que fagan cousas sós. * En lugar de solucionar directamente todos os seus "problemas e conflitos", axudalos a pensar. Dar tempo para que busquen a saída máis axeitada. PARA MOTIVAR A COMUNICACIÓN ESCRITA: * Aproveitar situacións cotiás para reforzar o nome tanto a grafía coma o recoñecemento. * Lerlles contos, poesías, noticias, etiquetas, carteis... é importante que teñan sempre dispoñibles contos e libros (ao seu alcance) con imaxes suxestivas e textos axeitados. PARA XOGAR COA LINGUAXE * Ampliar o vocabulario, enriquecendo a linguaxe oral, frases debidamente estruturadas. Xogando a dicir nomes de froitas, animais, xoguetes, cores...
  • 2. * Cando pronounce mal unha palabra, é necesario repetir a frase enteira correctamente, sen comentarios, aínda que sexa divertido. * Ensinar adiviñas, rimas, trabalinguas ... * Ensinarlles o seu nome completo, o nome dos seus pais, irmáns, avós ... * Habituarse a pedir cousas por favor e dar as grazas. * Aproveitar as viaxes ao campo, á praia ou á cidade, para darlles a coñecer o nome do lugar onde estamos e que aprendan novas palabras. * Incentivalos a poñer o nome nos seus debuxos, son grandes artistas e deben asinar as súas obras de arte. PARA RAZOAR CON LÓXICA: * Explicarlle por que lle dades unha orde, así como as razóns ou causas do que acontece. * Axudarlle a ver as consecuencias dos seus actos. PARA A MOTRICIDADE FINA. *Explicar que debe coller ben o lapis, pintura ou rotulador. *Colorear, debuxar libremente. *Abotoar e desabotoar botón, encaixar e desencaixar obxectos… *Manipular obxectos de pequenas dimensións; por exemplo, lentellas, garavanzos... *Modelar con plastilina obxectos tales como bólas, cilindros... *Pasar as follas dun libro (cara a diante e cara a atrás). *Barallar e repartir cartas. *Resgar e recortar cos dedos, recortar utilizando as tesoiras…. *Dobrar un folio pola súa metade tantas veces como poida. *Lanzar obxectos (cada vez cunha man) intentando dar no "branco". PARA A MOTRICIDADE GROSA * Asegurarse de que ten a liberdade de saltar, correr, subir, nadar, dando libre curso á súa vitalidade , proporcionándolle espazos ao aire libre. * Ensinarlle xogos tradicionais : corda de saltar, pinta cega, escondite inglés ...
  • 3. O verán é un tempo de aire libre, ritmos máis relaxados e moita vida social. É un bo momento para priorizar o xogo ante a televisión e cultivar as relacións sociais coas que aprendemos a compartir, resolver conflitos mediante o diálogo, integrarnos no noso grupo social... Recomendámosvos realizar con eles actividades ao aire libre e de contacto coa natureza, observar e experimentar co medio natural. Actividades lúdico-deportivas, a natación e xogos na auga. Se vos é posible realizar algunha viaxe, é bo implicalos no proceso de preparación da viaxe (falar sobre o lugar de destino, posibles actividades a realizar, transporte que se vai utilizar, itinerario da viaxe, preparación de maletas...), buscar que as vacacións teñan un compoñente lúdico e algún compoñente cultural que lles achegue novas experiencias (visita dalgún monumento, parque natural...). Se non podedes saír a ningún sitio intentade aproveitar a oferta cultural que ofrece Pontevedra e coñecer un pouco máis a cidade. E ante todo e sobre todo, que xoguen, que xoguen moito, que manipulen, que experimenten… e que se divirtan todo o posible. E vós gozade deles todo o que poidades, e eles que gocen de vós. Felices vacacións! E vémonos en setembro Silvia Puga