RESUMO TEMA 9GALEGO SEXTO
As fábulas, os mitos e as lendas son subxéneros da narración que xorden coa
necesidade do home de contar historias. Estas narracións comezaron a transmitirse
oralmente pero co paso do tempo tiveron forma escrita, ben en prosa ou en verso.
A fábula está protagonizada por animais. A fábula pode ser en verso ou en prosa
e dela extraese unha ensinanza moral.
O mito está protagonizado por deuses e deusas ou semideuses, e que
representan ás forzas da natureza ou aspectos relativos ao ser un humano.
A lenda é un relato que se orixinou na tradición oral e que se transmitiu
deformándose e esaxerarse ata converterse en case máxico.
Hai verbos que non se poden conxugar nalgunhas persoas, adoitan facer
referencia a fenómenos da natureza como chover, nevar... Eses verbos chámanse
defectivos e poden ser:
*Impersoais: que non levan suxeito (coriscar, nevar, orballar...).
Coriscou toda a tarde con intensidade na provincia de Lugo.
*Unipersoais: só se conxugan en terceira persoa, e son os que fan referencia aos
sons que emiten os animais (ornear, bruar, chirlar...).
Os paxaros chirlaron todo o día, chegou a primavera!
Palabras con x
A letra x ten dous sons, nalgunhas palabras pronúnciase como /xe/ (xurelo, xiz,
xudía) e noutras pronúnciase como /ks/ (taxa, externo, éxito).
Escribimos con x as palabras que empezan por ex-, cando é prefixo e significa ‘fóra’.
excéntrico, exhumar
Escribimos con x as palabras que empezan por extra-, cando é prefixo e significa
‘fóra de’ ou ‘moi’.
extrafino (moi fino) extraterrestre (fóra da terra)
Palabras con s
Escribimos con s nas palabras escusa e escavar e os seus derivados.
As palabras que comezan por estra- (cando non é prefixo) escríbense con s.
Estrafalario
As palabras que teñen como primeiro elemento o prefixo ex-, aplicado a un cargo ou
condición que se tivo e xa non se ten, como ex-alumna, ex-tesoureiro, ex-
presidente,escríbense unidos con guión.
COIDADO: hai palabras que cambian de significado se trocamos s/x
Estilo directo: reprodúcense exactamente as palabras dos personaxes. Na escrita, se
van seguidas de verbos como dixo, preguntou,...poremos guión diante deses verbos.
Estilo indirecto: non se reproducen as palabras exactas dos personaxes. Na escrita,
as súas intervencións van precedidas por verbos como dicir, contar, pensar, etc.
Unha recensión é unha análise crítica dunha obra na que se comentan as súas
características principais. Está orientada ao lector e recóllense as ideas principais da
obra: un breve resumo, de que trata, o formato da obra, cantos capítulos ten, o
xénero ao que pertence...
Ao principio da recensión débese indicar de quen é o libro, o título, a editorial e
o ano de publicación. Se falamos dunha tradución, debe indicarse quen fixo a
tradución ou a adaptación. Debe ser atraente para fomentar a súa lectura.