LONDRES 2019
7 –12 FEBREIRO
Alumnado de 3º ESO - A e B
Departamento de Inglés
IES Praia Barraña - Boiro
2.
ORGANIZACIÓN DA EXCURSIÓN
Anos 2011, 2012, 2013 e 2014:
Departamentos de Historia e Tecnoloxía
Anos 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019:
Departamento de Inglés
3.
CRITERIOS DE ELECCIÓNDA VIAXE
Datas:
o Época do ano máis barata (meses de xaneiro-febreiro)
o Datas que encaixan ben dentro do calendario escolar
o Maior dispoñibilidade de prazas á hora de reservar
Axencia de viaxes:
o Mellores prezos, rifas, equipaxe gratis
o Organización de excursións escolares a nivel galego
Saída desde Santiago:
o Bos horarios de voos
o Máis barato que desde Oporto
o Autobús incluído ata o aeroporto e de volta
4.
FINALIDADE DIDÁCTICA DAVIAXE
• Preparación en clase:
o Exposición de diálogos con Tiffany
o Lectura dunha obra de Shakespeare
o Elaboración de traballos sobre aspectos culturais e históricos
o Explicación de normas de conducta e regulamentos
o Colaboración doutros departamentos
• En destino:
oTraballos en grupo nos museos
oTécnicas de orientación nunha gran cidade
oPráctica do inglés nun contexto real
oDesenvolvemento de valores de respecto e tolerancia
5.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
•Saída:
o Xoves día 7: Clases ata as 12:10. Saída en bus desde o instituto ás 13:30
o Departamento de Inglés para almacenaxe de equipaxe e material escolar
o Saída do voo desde Santiago ás 17:05
o Chegada a Londres aproximadamente ás 18:25 (hora británica)
• Visitas programadas en Londres:
o Entradas ao London Dungeon, Catedral de Saint Paul, paseo en barco e
Teatro Globe previamente abonadas
o Entradas gratuítas a todos os museos
o Algúns extras non incluídos no programa
• Chegada:
o A Santiago, o martes día 12, sobre as 22:05
o Ao instituto, arredor das 00:00 horas
o Clases normais ao día seguinte
6.
DISTRIBUCIÓN EN SUBGRUPOS
Finalidade:
o Facer un reconto cada vez que chegamos a un sitio
o Transmitir ordes ou información de forma máis directa
o Distribuírnos por vagóns en horas punta
Tres subgrupos por cada profe:
o Alumnos da mesma habitación agrupados
o Aproximadamente 12 alumnos en cada subgrupo
Todos os grupos realizarán as visitas xuntos
7.
RECOMENDACIÓNS SOBRE ACOMIDA
• Día de saída:
o Comida cedo (12:30-13:00 h) preto do instituto: pizzería, bocata ou similar
o Lembrar que as bebidas non pasan o control de aduanas
o Opcional: Levar algo sólido para picar a media tarde
• Alérxicos/celíacos:
o Precaucións á hora de pedir comida nun local
o Posibilidade de levar alimentos especiais desde España
• Almorzos:
o Incluídos no prezo da viaxe
o Ollo!: O almorzo inglés (English breakfast) pode ter sobrecargo no hotel
• Habituarse aos horarios de comidas no Reino Unido:
o Almorzo: entre as 7:00 e as 9:00 da mañá
o Xantar: arredor das 12:00 – 13:00 horas
o Cea: entre as 18:30 e as 20:00 horas
8.
INFORMACIÓN SOBRE ODIÑEIRO
Calcular un máximo de 100 £ para comida:
o Prato medio nun restaurante: 10 £ / Comida rápida algo menos
o Xantar + cea = 20 £ diarias, máximo
Gastos persoais variables:
o Compras: Oxford & Carnaby Street, Harrods, The Harry Potter Shop,
Camden Town, Hard Rock Café Shop, M&M World, Chelsea
Megastore
o Imprevistos, snacks, caprichos…
Devolucións do último día:
o Moi probable: 20 £ fianza do hotel a cada un
o Diñeiro útil para comida e compras de última hora (duty free shop)
Recibos de compra de tickets dispoñibles para comprobación
9.
RECOMENDACIÓNS SOBRE OBXECTOSPERSOAIS
• Maleta pechada con chave no hotel e despois de pasar a aduana
• Repartir cartos/documentos/tarxetas por distintos lugares: petos,
bolso, maleta ou caixa forte
• Coidado cos carteiristas nos lugares máis turísticos
• Vixiar bolsos/móbiles en vagóns de metro, autobús, avión, aeroporto
e lavabos
10.
RECOMENDACIÓNS SOBRE AROUPA
• Un abrigo impermeable con capucha para a chuvia
o Levalo posto (pouco espazo na maleta)
o Se non ten capucha, levar gorro impermeable
• Tipo de calzado:
o Quente e cómodo para andar
o Se é novo, probalo varios días antes
• Outra roupa de abrigo: bufanda/colo, luvas, gorro
• Opcional: Paraugas pregábel de bolso
11.
CLIMA DE LONDRES
•Temperatura media en febreiro: 3°C
o Máxima: 9°C / Mínima: -4°C
• Precipitacións en febreiro: 39 mm
o Media de 16 días de chuvia
o Mes máis seco do ano xunto con marzo
• Horas de luz (previsión do día 8-2-2019):
o Amencer: 07:27 horas
o Solpor: 17:02 horas
• Previsión do tempo para a semana do 7-2 ao 12-2:
12.
EQUIPAXE
• Normativa deRyanair:
o Unha maleta de peso máx. 10 kg e dimensións 55x40x20 cm
o Un bolso pequeno de dimensións máximas de 35x20x20 cm
• Consellos:
o Levar menos de 10 kg á ida para non exceder o tope á volta
o Bolso de man flexible para meter debaixo do asento do avión
o Levar só roupa e obxectos imprescindibles
13.
DOCUMENTACIÓN
• Documentos quelevan os alumnos:
o Billetes de avión / tarxetas de embarque
o Pasaportes
o Tarxetas do metro
• Documentos que levan os profes:
o Tarxetas sanitarias europeas
o Permisos da policía
o DNIs ou NIEs
o Permiso do instituto
o Reservas do hotel
o Bonos de transporte
o Entradas
14.
ARTIGOS DE ASEOE BAÑO
• Bolsa zip transparente en lugar accesible da equipaxe
• Frascos transparentes de 100 ml. para líquidos (máximo 1 litro)
• Non é preciso levar toallas; adoita haber xabón e xel no hotel
• Compartir obxectos de uso común por habitación
15.
MEDICINAS
• Recomendable levaralgún antigripal, analxésico, protector labial,
anti inflamatorio e tiritas
• Prohibido levar xaropes (líquidos), agás con prescrición médica
• Convinte levar prescrición médica para tratamentos doutras
doenzas: diabéticos, asma, etc.
16.
TELÉFONO
• Consultar tarifascoa compañía telefónica para chamadas internacionais
• IMPORTANTE: Levar adaptador para cargador de móbil e enchufes
• Anotar números de teléfono:
o Tfno. dos profes: 00 34 658 48 66 10 (en caso de emerxencia)
o Tfno. do hotel: 00 44 20 7637 2488
• Wifi do hotel:
o Preto dos mostradores de recepción
o Na pizzería que hai a carón do hotel (pecha ás 22:00 h.)
o Escasa cobertura nas habitacións
o Hora máis propicia para chamar: entre as 21:00-23:00 hora española
17.
NORMAS NO HOTEL
•Nas habitacións:
o Prohibidas as festas/reunións en grupo
o Prohibido gritar coas ventás abertas
o Prohibido durmir en cuartos distintos
o Ollo co consumo de bebidas da neveira: non son gratis
• Nos corredores:
o Prohibido correr, falar en voz alta ou acceder a outras zonas
o Prohibido golpear ou petar nas portas
o Non saír sen a tarxeta que serve de chave
• Lugares idóneos para reunións en grupo: hall ou cafetería
• Hora máxima de volver ás habitacións para durmir: 11:30 h.
18.
NORMAS NO METRO
•Prestar atención, non quedar atrás falando ou distraído para evitar perder
de vista ao grupo nos corredores
• Deixar baixar á xente antes de entrar no vagón.
• Entrar rápido no tren, pois as portas pechan automaticamente. Una vez
dentro, ir cara o interior e non bloquear a porta
• Manter a distancia de seguridade coas vías (liña amarela)
• Ter coidado coa distancia entre a plataforma e o vagón ("Mind the gap")
• Dentro dos vagóns, intentar ser amable, non falar en voz moi alta, ceder o
asento a persoas maiores, discapacitadas e mulleres embarazadas ou con
nenos, e non ocupar os asentos reservados para estas persoas
• Nas escaleiras mecánicas, manterse á dereita para permitir pasar a outros
pasaxeiros que van con máis présa
19.
OUTRAS NORMAS
• Nasvías públicas:
o Prestar atención á circulación de vehículos pola esquerda
o Non usar cascos ou móbiles que poidan aillar e distraer
o Mirar sempre en ambas direccións ("Look both ways") ou nas direccións
escritas nas estradas ("Look right" ou "Look left")
o Cruzar sempre polos pasos de peóns e cando o semáforo estea en verde
• Nos lugares de visita: museos, catedrais, etc.
o Atención á prohibición de facer fotos ou de usar flash
o Non tocar os obxectos en exposición
o Gardar as mesmas normas de educación e cortesía que nos vagóns do
metro ou no hotel