As vangardas internacionais e galegas na arte e na literatura. Inclúe textos e actividades. Material elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES de Meaño.
O sec. XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivo social da época. Destaca a Liga Agraria de Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez; fortemente perseguida, vai esmorecer cara a 1915, mais esta presión social en contra dos foros consegue a lei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926.
En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural.Arredor desta nacerá a revista Nós.
Ao principiar o século XX, a literatura galega vivía un instante especialmente problemático. Aínda que o número de obras non deixaba de incrementarse, a calidade dos textos era manifestamente inferior á lograda polos grandes autores do Rexurdimento. Narrativa e teatro seguían sendo xéneros pouco cultivados, nun panorama dominado absolutamente pola poesía. A atrevida proposta que fixera Rosalía en Follas Novas, a modernidade innovadora de Curros e Pondal convértese nunha poesía baleira, carente de contidos que coa escusa de aproximarse á mentalidade popular, ofrece unha imaxe ordinaria e deforme do mundo rural galego. Neste contexto, o labor dos escritores vinculados ás Irmandades pode valorizarse como un revulsivo que abre o camino para un segundo renacemento.
2. INTRODUCCIÓN
Na poesía lírica de Ramón
Cabanillas están contidas catro
obras: N o d e s te rro , Ve nto
m a re iro , Da te rra a s o ba lla d a e A
ro s a d e c e n fo lla s . Nestas
manifestanse tres direccions.
Poesía cívica
Poesía intimista
Poesía costumista
2 Your footer comes here Your date comes here
3. POESÍA CÍVICA
Cabanillas recolle o facho prendido
por curros para crear unha poesia
comprometida co agrarismo e o
nacionalismo das Irmandades da
Fala. Aparece nela unha exaltación da
aldea fronte a cidade,unha idea de
Galicia como unidade colectiva e unha
chamada a rebelión .
N d e s te rro
o
Ve nto m a re iro
Da te rra a s o ba lla d a
3 Your footer comes here Your date comes here
4. POESÍA INTIMISTA
Que lembra a Rosalía nalgúns
aspectos. O sentimiento amoroso e a
conmoción ante a paisaxe son
protagonistas destas pezas.
Ro s a d e c e n fo lla s
4 Your footer comes here Your date comes here
5. POESÍA COSTUMISTA
Presenta matices humorísticos ou
irónicos así como novidades formais
de carácter modernista.
5 Your footer comes here Your date comes here