2. POESÍA LÍRICA
Ten tres temas de manifestación da poesía lírica:
CÍVICA: Cabanillas o que quere é crear unha poesía
comprometida co nacionalismo das Irmandades da Fala e co
agrarismo, por iso segue o camiño de Curros. Amosa a
rebelión da aldea galega contra a cidade.
INTIMISTA: Neste tipo de poesía aseméllase nalgúns
aspectos a Rosalía. Os protagonistas son o sentimento
amoroso e a conmoción ante a paisaxe.
COSTUMISTA: Con matices irónicos ou humorísticos; tamén
novidades formais propias do modernismo.
3. POESÍA NARRATIVA
Escribe Na noite estrelecida, onde Cabanillas sitúa as
lendas artúricas e do Santo Graal en Galicia… defendendo
a idea de que se conserven os valores dos pobos celtas, co
obxetivo de unilos a todos (atlantismo). Este poemario
consta de tres sagas, na terceira fala metaforicamente de
como Galicia espera novos tempos nos que poder ser libre.
Tamén escribe O bendito San Amaro, que presenta a
historia e vida comunitaria dese mosteiro.
Mara Villargordo
González. 4ºB