As vangardas internacionais e galegas na arte e na literatura. Inclúe textos e actividades. Material elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES de Meaño.
As vangardas internacionais e galegas na arte e na literatura. Inclúe textos e actividades. Material elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES de Meaño.
O sec. XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivo social da época. Destaca a Liga Agraria de Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez; fortemente perseguida, vai esmorecer cara a 1915, mais esta presión social en contra dos foros consegue a lei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926.
En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural.Arredor desta nacerá a revista Nós.
Ao principiar o século XX, a literatura galega vivía un instante especialmente problemático. Aínda que o número de obras non deixaba de incrementarse, a calidade dos textos era manifestamente inferior á lograda polos grandes autores do Rexurdimento. Narrativa e teatro seguían sendo xéneros pouco cultivados, nun panorama dominado absolutamente pola poesía. A atrevida proposta que fixera Rosalía en Follas Novas, a modernidade innovadora de Curros e Pondal convértese nunha poesía baleira, carente de contidos que coa escusa de aproximarse á mentalidade popular, ofrece unha imaxe ordinaria e deforme do mundo rural galego. Neste contexto, o labor dos escritores vinculados ás Irmandades pode valorizarse como un revulsivo que abre o camino para un segundo renacemento.
2. Na poesía lírica de Ramón
Cabanillas están contidas
catro obras: No desterro,
Vento mareiro, Da terra
asoballada e A rosa de cen
follas. Nestas manifestanse
tres direccions.
Poesía cívica
Poesía intimista
Poesía costumista
3. Poesía cívica Os seus tres
primeiros libros
Cabanillas recolle o facho prendido
por curros para crear unha poesia
comprometida co agrarismo e o
nacionalismo das Irmandades da Fala.
Aparece nela unha exaltación da aldea
fronte a cidade,unha idea de Galicia
como unidade colectiva e unha chamada
a rebelión .
4. Sobre todo
en
Poesía intimista
A rosa de
cen follas
Que lembra a Rosalía nalgúns
aspectos. O sentimiento
amoroso e a conmoción ante a
paisaxe son protagonistas
destas pezas.
5. Poesía costumista
Presenta matices
humorísticos ou irónicos
así como novidades formais
de carácter modernista.