16/9/2011
CEO PLAN TITORIAL
[Escribir el subtítulo del documento] | Jorge Luis Mosquera
Crespo
2.
1 - Descricióndo caso
Curso AFD “Preparador programador de máquinas ferramentas con CNC”.
Contase con un número de 15 alumnos de idades comprendidas entre 22 e 35 anos agás dous
deles que son persoas de mais de 45 anos. Concretamente un dos alumnos de mais de 45
anos, e unha persoa que toda a súa vida traballou como TORNEIRO tendo unha moita
experiencia neste campo. Apuntouse a este curso para poder adaptarse as novas máquinas e
así poder aumentar a produción do seu pequeno taller, para o que ten pensado adquirir
algunha máquina nova. E unha persoa que participa na clase dando a súa opinión cando
falamos de temas que el traballou, o problema aparece cando empezamos a utilizar os
software informáticos “programas” totalmente necesario para este curso, xa que se mostra
remiso a calquera tipo de cambio, e claro si falamos de ordenadores xa cerra todas as portas o
aprendizaxe. Tamén comentar que unha persoa que lle costa moito relacionarse e traballar en
grupo. Como positivo destacar que pon moito empeño no traballo que fai.
2 – Obxectivos:
O obxectivo fundamental con este alumno e que acade un adecuado aproveitamento do curso
e as aptitudes profesionais que lle serán necesarias. Para elo proporcionaráselle material
complementario, como guías especias para xente que empeza a manexar este tipo de
maquinas.
Vexo importante conseguir integralo no grupo da clase para que comprenda que traballando
de este modo se poden conseguir logros moi positivos.
Aproveitar toda a súa experiencia para desa maneira aprender cousas novas eu mesmo e
tamén que sexa unha fonte de motivación xa que nesta situación se sinte mais cómodo.
Na aula, adaptarse as súas limitacións, pero tendo coidado que isto non afecta o normal
desenrolo da clase.
3 - Recursos empregados
Guías básicas de manexo de CNC “moi simples” pensadas para uso funcional
Exercicios comparativos de pezas feitas no modo tradicional e facelas no modo
automático para ver as diferenzas e conseguir motivación.
Aportación do grupo como apoio, sempre buscando os compañeiros axeitados para
cada caso.
Titorías individualizadas.
3.
4 – Acciónse calendario das mesmas:
Entrevista persoal:
O principio farase con todos os alumnos, pero no momento que
detecte o problema terase unha entrevista con el, na cal se intentará
aclarar os puntos e motivar o alumno.
Titorización persoal
Farase unha titorización semanal para que o alumno opine sobre o
contido explicado na clase, que mostre claramente a súa evolución e
as súas necesidades.
Aportación de medios
Durante todo o curso, calquer cousa que poida axudar sempre será
interesante amosala, pero sen saturalo.
Apoio do grupo
Isto farase dende o primeir momento, traballando con diferentes
dinámicas. As practicas nas máquinas
5 – Avaliación
Farase avaliación continua de todos os alumnos facendo un especial seguimento de este
alumno e vendo si temos que cambiar algún paso do plan TITORIAL para a mellora.