SlideShare a Scribd company logo
1 of 44
Download to read offline
Plan de
desconfinamento
progresivo da lingua
galega
IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo | Maio e xuño de 2020
Para a transición cara a
unha nova normalidade
Equipo de Normalización e
Dinamización da Lingua
engalego@iesblancoamor.com
Sabemos que toda a xente de Galicia, en maior ou menor
grao, temos en nós a lingua galega e, ademais,
identificámonos con ela. Pero, por razóns que non pararemos
a explicar aquí, en moitos casos témola algo confinada, ben
sexa por falta de costume, por vergoña, por falta de práctica
ou, simplemente, porque non pensaramos antes niso, en que
estaría ben deixala saír algo máis, pois é necesario que ande
polos parques, que socialice polas redes, que se comparta
cos demais.
Por iso, para axudarche a
que poidas desconfinar a
túa lingua, propómosche
este plan voluntario de
desescalada para chegar a
unha nova normalidade!
A desescalada do confinamento da lingua ten que
ser gradual, asimétrica e coordinada
Gradual, porque consta de diversas
fases nas que cada quen pode ir
avanzando. Asimétrica, porque a
situación de partida de cada persoa é
diferente e, polo tanto, o ritmo de
avance tamén pode ser desigual. E
coordinada, pois propóñense accións
e ideas conxuntas para conseguila.
Este plan establece os
principais parámetros e
instrumentos para a adaptación
do conxunto do IES EBA a unha
nova normalidade lingüística,
coas máximas garantías de
seguridade e ilusión.
O plan consta de 4 fases, da 0 á 3. Cada membro da
comunidade educativa que queira participar debe
comezar na fase 0e irá avanzando progresivamente de
fase ao ritmo que el/ela considere axeitado de acordo cos
seus novos descubrimentos, coñecementos e comodidade
lingüística, aínda que se propoñen accións e consellos para
un ritmo medio de dúas semanas por fase.
Polo tanto, este plan de desescalada do confinamento ten
unha duración aconsellable de 6 semanas, para comezar
arredor do 7 de maio e rematar co final do
curso escolar, onde desexamos se poida entrar
nunha nova normalidade lingüística.
Fase 0 ou de preparación da desescalada
Reflexión e incentivación.
Fase I ou de descubrimento
O que tal hai en galego!
Fase II ou de práctica interior
Mans á masa! Ou: unha parolada na cociña sempre se lle botou.
Fase III ou de socialización
O inicio do desconfinamento social.
Nova normalidade lingüística
FASES DO PLAN
DATAS ORIENTATIVAS FASE
Ata o 17 de maio Fase 0 (e inicio da Fase I)
Reflexión e incentivación
Ata o 24 de maio Fase I ou de descubrimento
O que tal hai en galego
Do 25 de maio
Ata o 7 de xuño
Fase II ou de práctica interior
Mans á masa! Ou: Unha parolada na cociña sempre se lle botou
Do 8 de xuño
Ata o 21 de xuño
Fase III ou de socialización
O inicio do desconfinamento social
A partir do 22 de xuño Nova normalidade lingüística
Cronograma orientativo da desescalada
*Ao longo das diferentes fases, o profesorado de Lingua galega e
literatura poderá irche dando máis información, ofrecendo apoio e
propondo tarefas, xogos e actividades complementarias a través da
correspondente aula de Classroom, para así axudarche a superar esa
fase, facer seguimento e valorar o teu traballo.
Comezamos
Fase 0
ou de preparación
da desescalada
Reflexión e incentivación
Data de referencia desta fase: ata o 17 de maio
Reflexión e incentivación
Pois, para axudarche
a reflexionar sobre a
lingua, a súa
situación, os pasos
que se poden dar,
diferentes visións
etc., podes comezar
por ver algúns destes
vídeos
01/01/2019. O antes e despois na vida de Alba
Rodríguez: https://youtu.be/JsR55MVLnwc
Escolle non escoller, de Manuel Núñez Singala:
https://youtu.be/eEHu1oVdf2s
Manual de autoaxuda para neofalantes, de Belén
Regueira: https://youtu.be/IozXGh5jh-c
O galego é. Unha visión sobre a lingua galega por parte
dunha andaluza que vive na Coruña, Carmen Grimaldi:
https://youtu.be/DBDfiMmkipc
O galego, lingua ártica, de Rosalía Fernández Rial:
https://youtu.be/Oy7R1ALqMY0
Unha ducia de cousas para darlle á lingua, de Nel
Vidal: https://youtu.be/9J_iI5hiKVA
Fixamos o noso lema!
Temos que prepararnos,
motivarnos para levar adiante este
plan. Pensar, reflexionar en por que
a lingua galega está confinada, por
que non se usa en moitos espazos e
situacións, e se se podería usar.
Pensa nunha frase que amose a ansia de
desconfinar o galego. Un lema positivo para a
lingua, que sexa sinxelo, atractivo, motivador,
claro, que diga moito en moi pouco.
E ese lema tes que telo como referente en
todas as fases deste proceso. Polo tanto,
convérteo en camiseta e/ou en cartel e pono
nun lugar visible, para que te acordes todos os
días, cando o vexas, de que queres contribuír a
desconfinar o galego.
E amósalle ese lema ao mundo!
Pon a camiseta que fixeches ou colle o cartel na man, fai
unha foto e envíaa a engalego@iesblancoamor.com ata,
como máximo, o día 14 de maio ás 14:00 h. As mellores
camisetas e/ou carteis de cada ciclo terán premio, e con
todas as demais enviadas farase un vídeo para amosármoslle
ao mundo que queremos desconfinar a lingua.
Ollo!, é importante que nesa foto se vexa ben a camisola e/ou cartel, que se lea
perfectamente o lema usado, que sexa orixinal e, ademais, o ideal é que saias
tamén ti nela!
No correo debes especificar o teu nome e apelidos e o curso e grupo en que estás. Haberá seis premios, dous por categoría:
• 1º e 2º da ESO
• 3º e 4º da ESO
• Bacharelato
• Profesorado e persoal non docente (categoría sen premio)
Podes consultar as bases completas na páxina web do IES: www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo
Este concurso faise en
colaboración coa ANPA A Galera
A fase 0 pódela simultanear coa fase I
Fase I
ou de
descubrimento
O que tal hai en galego!
Data de referencia desta fase: ata o 24 de maio
O que tal hai na música
en galego!
Hai música en galego de todos os estilos?
Escoitas normalmente grupos en galego?
Pois nesta fase do plan de
desconfinamento imos procurar descubrir
e coñecer algo de música na nosa lingua!
Comezamos por dous vídeos que tes que ver
para descubrir algo do que hai
https://youtu.be/M-WSEgb07Sc https://youtu.be/QAoFF90EgYw
Como viches, hai pop, hip
hop, rock, tradicional,
trap, electrónica… Hai de
todo!
Que grupo che
gustou máis dos
que escoitaches?
Pois aquí tes dúas listas de reprodución que
tes que coñecer. Entra nelas, vai escoitando e
descubrindo cancións, ponas en favoritas...
En Spotify
Galeguiza-T
Nova antoloxía da música
galega contemporánea
(do IES Neira Vilas de Oleiros)
https://i.gal/pp7Vp
En Youtube
Música galega 2020
https://i.gal/7pTky
https://i.gal/62UTu
De paso bótalle un ollo a esta lista de reprodución de openings e endings de
debuxos animados en galego ;-)
E a música é para escoitar, claro que si,
pero tamén para cantar!
Así que, que tal un karaoke en familia?
En “Cancións en galego” tes máis de
200 cancións coa letra para poderen ser
cantadas, desde as máis clásicas ata as
máis actuais.
Entra en https://i.gal/0cgFg
e a cantar coa túa xente!
E, despois de todo o
que escoitamos e
descubrimos, imos
ver canto
aprendemos!
Así que, aquí van un
par de xogos...
Kahoot de música en galego
Tes do 18 ao 24 de maio para xogar!
Entra en www.kahoot.it e xoga co código que o
día 18 che facilitarán en Classroom.
Ruleta “Música en galego actual”
Entra en https://i.gal/2ttdx e intenta adiviñar
as 26 letras da ruleta!
Top e tag de
música en
galego
Fai este top ou este tag de música en
galego (ou os dous!) para compartir
como historia no teu Instagram. Podes
coller a imaxe base para facelo desde o
teu teléfono no Instagram
@iesebaalumnado
(a partir de mediados de maio).
Conversamos con
Verto
O xoves 21 de maio, ás 19:00 h, manteremos unha
conversa en directo co grupo galego de moda: Verto.
Será a través da conta de Instagram @iesebaalumnado.
Envía antes as túas preguntas a esa conta e sigue a conversa en directo!
Puro ocio
Rebolando x ti
Oie gayego
Algo que non sexa
Mellor así
Pa’impresionar
...
Fase II
ou de práctica
interior
Mans á masa!
Ou: unha parolada na cociña sempre se lle botou
Datas de referencia: do 25 de maio ao 7 de xuño
Na fase 0 xa nos preparamos, pensámolo e collemos forza. Na fase I
descubrimos moitas cousas que hai en galego que, se cadra,
descoñeciamos e, agora, na fase II, tócanos comezar a
soltarnos e falar algo, non? Pois veña!
Poderiamos comezar de moitas maneiras, pero propómosvos
comezar cunha actividade que se pode facer na casa, coa familia,
en equipo, para todas as idades, na que hai que ir falando para ir
vendo como se fan as cousas e para facer todo en colaboración...
Así que, mans á masa!
Propómosvos preparar unha receita en familia,
de tal maneira que todo o proceso de
elaboración o fagades en galego. Vaia, que
faledes en galego mentres a facedes!
Mentres a ides facendo, non pode quedar atrás
ningún detalle. Preguntade todo. Comentade
todo. Opinade de todo. Falade. Falade. Falade.
Ah!, se queres ideas, nesta canle https://i.gal/fPpqZ ou nesta lista de
reprodución de Youtube https://i.gal/riYMK podes descubrir unhas
cantas receitas ben apetitosas!
Que tal a experiencia? Como foi?
Doada? Difícil? Simpática? Curiosa?
Estraña? Agradable? Bonita?
Esa receita que fixestes e que tan ben vos saíu tes que dála a coñecer ao mundo! Entón:
• Recolle a receita por escrito, ben presentada e explicada, para entregarlla á/ao profe de
galego na correspondente tarefa de Classroom. Esa receita ten que ter todo o que ten
que ter unha receita! Ingredientes e cantidades, proceso paso a paso e tempos,
valoración do resultado etc. e, para que quede máis clariña, podes incluír imaxes,
debuxos etc. Ollo!, préstalle especial atención á lingua, á redacción, ao léxico etc.
• Ademais, tamén a podes explicar a través dun vídeo, para así participar no concurso da
seguinte fase, do que che falaremos máis adiante!
Se vos resultou agradable, xa sabedes, a repetir sempre
que queirades! Xa estades preparados e
preparadas para falar en galego
cando queirades na cociña para as comidas,
para preguntarlles aos teus que tal ou para dicirlles qrt
m8, para facer a limpeza dos baños ou cuartos, para
xogar a xogos de mesa, para debater sobre a situación
social, para falar de fútbol ou de música...
para o que se vos ocorra!
Fase III
ou de socialización
Datas de referencia: do 8 ao 21 de xuño
Xa descubrimos moitas cousas en galego e xa nos
soltamos a falalo algo máis na casa, coa familia.
Así que, si, chegou o momento de
experimentar o desconfinamento tamén
social!
Preparada? Preparado?
Aquí van 4 propostas ou retos
para axudarche a conseguilo!
2
Instagram
1
Whatsapp
3
Tik Tok
4
Vídeo
1
Whatsapp
Elixe un amigo, unha
amiga ou un grupo de
amigas/os con quen,
durante as dúas
semanas desta fase,
intercambiedes as
mensaxes de
Whatsapp, de texto e
de voz, en galego.
2
Instagram
Durante esta
segunda fase,
publica, como
mínimo, unha
entrada e cinco
historias en
galego en Instagram.
3
Tik Tok
Se usas Tik Tok, fai
tamén un en
galego. Pode ser
algún baile con
música en galego,
algún tag, algún
reto, algo de humor...
Seguro que se che
ocorre algo ben
chulo!
4
Vídeo
E aquí está o segundo
concurso deste plan!
A receita dese prato que che
sae tan ben? Un booktuber do
último libro que liches? Un
cover en galego da túa canción
favorita? Un vídeo de
presentación do IES EBA?
Consellos dos pasos que hai
que seguir para consumir
menos plástico?
Hai unha chea de posibilidades
e ideas para converter en
vídeo!
segue
Fai o teu vídeo e entrégao, como máximo, o día 12
de xuño ás 14:00 h. Os mellores vídeos de cada ciclo
terán premio!
Ademais, os vídeos valoraranse como traballo voluntario da materia de Lingua galega.
En canto a criterios e contidos, o tema é libre e deben estar en
galego. Polo demais, deben seguir, en xeral, as bases do premio
www.youtubeiras.gal, aínda que o teu vídeo non o tes que publicar, só
presentalo ao certame do IES EBA (despois, se tamén o queres presentar a
ese premio, adiante, por suposto!).
De todos os xeitos, nas últimas semanas de maio consulta as bases completas na
páxina do IES.
Haberá seis premios, dous por categoría:
• 1º e 2º da ESO
• 3º e 4º da ESO
• Bacharelato
Poderás consultar as bases completas na páxina web do IES:
www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo
Tamén obterás consellos e máis información nas aulas de Classroom da LGL.
Este concurso faise en
colaboración coa ANPA A Galera
Que tal o inicio deste
desconfinamento social? Como
foron os retos? Fixéchelos todos?
Comentáronche algo por usar o
galego nas redes? Foi doado ou
difícil? Seguro que todo moi normal,
ou non?
Se tes algunha anécdota ou reflexión
sobre isto, coméntaa co teu/túa
profe de lingua galega!
Agora que xa descubriches moitas cousas que hai en
galego. Agora que xa probaches a usalo na casa coa
familia. Agora que xa o utilizaches nas redes sociais co
mundo exterior...
Agora xa tes o galego desconfinado e xa non
está tan pechado, polo que xa podes usalo,
sen medo, cando queiras!
Así que, se fixeches todo ata aquí...
benvida/o á nova
normalidade lingüística!
Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega
IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo
engalego@iesblancoamor.com

More Related Content

Similar to Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do IES "Eduardo Blanco Amor" de Culleredo

Ops, a lingua é a nosa vantaxe
Ops, a lingua é a nosa vantaxeOps, a lingua é a nosa vantaxe
Ops, a lingua é a nosa vantaxecenlf
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfDiana Sánchez
 
Ops 2013
Ops 2013Ops 2013
Ops 2013cenlf
 
Folleto Formativas(adultos) 2011-2012 ...
Folleto Formativas(adultos) 2011-2012 ...Folleto Formativas(adultos) 2011-2012 ...
Folleto Formativas(adultos) 2011-2012 ...omixsada
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.ceiprandufe
 
As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012teteg662
 
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOREUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOLoudes Otero
 
Orde dia iv_xornada xanela aberta
Orde dia iv_xornada xanela abertaOrde dia iv_xornada xanela aberta
Orde dia iv_xornada xanela abertasatelite1
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfceeabarcia
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19Cid22
 

Similar to Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do IES "Eduardo Blanco Amor" de Culleredo (20)

Plc
PlcPlc
Plc
 
Ops, a lingua é a nosa vantaxe
Ops, a lingua é a nosa vantaxeOps, a lingua é a nosa vantaxe
Ops, a lingua é a nosa vantaxe
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
Ops 2013
Ops 2013Ops 2013
Ops 2013
 
Folleto Formativas(adultos) 2011-2012 ...
Folleto Formativas(adultos) 2011-2012 ...Folleto Formativas(adultos) 2011-2012 ...
Folleto Formativas(adultos) 2011-2012 ...
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Galego
GalegoGalego
Galego
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.
 
As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012
 
Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012 Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOREUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
 
Orde dia iv_xornada xanela aberta
Orde dia iv_xornada xanela abertaOrde dia iv_xornada xanela aberta
Orde dia iv_xornada xanela aberta
 
C:\Fakepath\DecáLogo
C:\Fakepath\DecáLogoC:\Fakepath\DecáLogo
C:\Fakepath\DecáLogo
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
 
21 Días co Galego nas Moas
21 Días co Galego nas Moas21 Días co Galego nas Moas
21 Días co Galego nas Moas
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 
JOURNAL FRANCÉS
JOURNAL FRANCÉSJOURNAL FRANCÉS
JOURNAL FRANCÉS
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do IES "Eduardo Blanco Amor" de Culleredo

  • 1. Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo | Maio e xuño de 2020 Para a transición cara a unha nova normalidade
  • 2. Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua engalego@iesblancoamor.com
  • 3. Sabemos que toda a xente de Galicia, en maior ou menor grao, temos en nós a lingua galega e, ademais, identificámonos con ela. Pero, por razóns que non pararemos a explicar aquí, en moitos casos témola algo confinada, ben sexa por falta de costume, por vergoña, por falta de práctica ou, simplemente, porque non pensaramos antes niso, en que estaría ben deixala saír algo máis, pois é necesario que ande polos parques, que socialice polas redes, que se comparta cos demais.
  • 4. Por iso, para axudarche a que poidas desconfinar a túa lingua, propómosche este plan voluntario de desescalada para chegar a unha nova normalidade!
  • 5. A desescalada do confinamento da lingua ten que ser gradual, asimétrica e coordinada Gradual, porque consta de diversas fases nas que cada quen pode ir avanzando. Asimétrica, porque a situación de partida de cada persoa é diferente e, polo tanto, o ritmo de avance tamén pode ser desigual. E coordinada, pois propóñense accións e ideas conxuntas para conseguila.
  • 6. Este plan establece os principais parámetros e instrumentos para a adaptación do conxunto do IES EBA a unha nova normalidade lingüística, coas máximas garantías de seguridade e ilusión.
  • 7. O plan consta de 4 fases, da 0 á 3. Cada membro da comunidade educativa que queira participar debe comezar na fase 0e irá avanzando progresivamente de fase ao ritmo que el/ela considere axeitado de acordo cos seus novos descubrimentos, coñecementos e comodidade lingüística, aínda que se propoñen accións e consellos para un ritmo medio de dúas semanas por fase. Polo tanto, este plan de desescalada do confinamento ten unha duración aconsellable de 6 semanas, para comezar arredor do 7 de maio e rematar co final do curso escolar, onde desexamos se poida entrar nunha nova normalidade lingüística.
  • 8. Fase 0 ou de preparación da desescalada Reflexión e incentivación. Fase I ou de descubrimento O que tal hai en galego! Fase II ou de práctica interior Mans á masa! Ou: unha parolada na cociña sempre se lle botou. Fase III ou de socialización O inicio do desconfinamento social. Nova normalidade lingüística FASES DO PLAN
  • 9. DATAS ORIENTATIVAS FASE Ata o 17 de maio Fase 0 (e inicio da Fase I) Reflexión e incentivación Ata o 24 de maio Fase I ou de descubrimento O que tal hai en galego Do 25 de maio Ata o 7 de xuño Fase II ou de práctica interior Mans á masa! Ou: Unha parolada na cociña sempre se lle botou Do 8 de xuño Ata o 21 de xuño Fase III ou de socialización O inicio do desconfinamento social A partir do 22 de xuño Nova normalidade lingüística Cronograma orientativo da desescalada
  • 10. *Ao longo das diferentes fases, o profesorado de Lingua galega e literatura poderá irche dando máis información, ofrecendo apoio e propondo tarefas, xogos e actividades complementarias a través da correspondente aula de Classroom, para así axudarche a superar esa fase, facer seguimento e valorar o teu traballo.
  • 12. Fase 0 ou de preparación da desescalada Reflexión e incentivación Data de referencia desta fase: ata o 17 de maio
  • 14. Pois, para axudarche a reflexionar sobre a lingua, a súa situación, os pasos que se poden dar, diferentes visións etc., podes comezar por ver algúns destes vídeos 01/01/2019. O antes e despois na vida de Alba Rodríguez: https://youtu.be/JsR55MVLnwc Escolle non escoller, de Manuel Núñez Singala: https://youtu.be/eEHu1oVdf2s Manual de autoaxuda para neofalantes, de Belén Regueira: https://youtu.be/IozXGh5jh-c O galego é. Unha visión sobre a lingua galega por parte dunha andaluza que vive na Coruña, Carmen Grimaldi: https://youtu.be/DBDfiMmkipc O galego, lingua ártica, de Rosalía Fernández Rial: https://youtu.be/Oy7R1ALqMY0 Unha ducia de cousas para darlle á lingua, de Nel Vidal: https://youtu.be/9J_iI5hiKVA
  • 15. Fixamos o noso lema! Temos que prepararnos, motivarnos para levar adiante este plan. Pensar, reflexionar en por que a lingua galega está confinada, por que non se usa en moitos espazos e situacións, e se se podería usar.
  • 16. Pensa nunha frase que amose a ansia de desconfinar o galego. Un lema positivo para a lingua, que sexa sinxelo, atractivo, motivador, claro, que diga moito en moi pouco. E ese lema tes que telo como referente en todas as fases deste proceso. Polo tanto, convérteo en camiseta e/ou en cartel e pono nun lugar visible, para que te acordes todos os días, cando o vexas, de que queres contribuír a desconfinar o galego. E amósalle ese lema ao mundo!
  • 17. Pon a camiseta que fixeches ou colle o cartel na man, fai unha foto e envíaa a engalego@iesblancoamor.com ata, como máximo, o día 14 de maio ás 14:00 h. As mellores camisetas e/ou carteis de cada ciclo terán premio, e con todas as demais enviadas farase un vídeo para amosármoslle ao mundo que queremos desconfinar a lingua. Ollo!, é importante que nesa foto se vexa ben a camisola e/ou cartel, que se lea perfectamente o lema usado, que sexa orixinal e, ademais, o ideal é que saias tamén ti nela! No correo debes especificar o teu nome e apelidos e o curso e grupo en que estás. Haberá seis premios, dous por categoría: • 1º e 2º da ESO • 3º e 4º da ESO • Bacharelato • Profesorado e persoal non docente (categoría sen premio) Podes consultar as bases completas na páxina web do IES: www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo Este concurso faise en colaboración coa ANPA A Galera
  • 18. A fase 0 pódela simultanear coa fase I
  • 19. Fase I ou de descubrimento O que tal hai en galego! Data de referencia desta fase: ata o 24 de maio
  • 20. O que tal hai na música en galego! Hai música en galego de todos os estilos? Escoitas normalmente grupos en galego? Pois nesta fase do plan de desconfinamento imos procurar descubrir e coñecer algo de música na nosa lingua!
  • 21. Comezamos por dous vídeos que tes que ver para descubrir algo do que hai https://youtu.be/M-WSEgb07Sc https://youtu.be/QAoFF90EgYw
  • 22. Como viches, hai pop, hip hop, rock, tradicional, trap, electrónica… Hai de todo! Que grupo che gustou máis dos que escoitaches?
  • 23. Pois aquí tes dúas listas de reprodución que tes que coñecer. Entra nelas, vai escoitando e descubrindo cancións, ponas en favoritas... En Spotify Galeguiza-T Nova antoloxía da música galega contemporánea (do IES Neira Vilas de Oleiros) https://i.gal/pp7Vp En Youtube Música galega 2020 https://i.gal/7pTky https://i.gal/62UTu De paso bótalle un ollo a esta lista de reprodución de openings e endings de debuxos animados en galego ;-)
  • 24. E a música é para escoitar, claro que si, pero tamén para cantar! Así que, que tal un karaoke en familia? En “Cancións en galego” tes máis de 200 cancións coa letra para poderen ser cantadas, desde as máis clásicas ata as máis actuais. Entra en https://i.gal/0cgFg e a cantar coa túa xente!
  • 25. E, despois de todo o que escoitamos e descubrimos, imos ver canto aprendemos! Así que, aquí van un par de xogos... Kahoot de música en galego Tes do 18 ao 24 de maio para xogar! Entra en www.kahoot.it e xoga co código que o día 18 che facilitarán en Classroom. Ruleta “Música en galego actual” Entra en https://i.gal/2ttdx e intenta adiviñar as 26 letras da ruleta!
  • 26. Top e tag de música en galego Fai este top ou este tag de música en galego (ou os dous!) para compartir como historia no teu Instagram. Podes coller a imaxe base para facelo desde o teu teléfono no Instagram @iesebaalumnado (a partir de mediados de maio).
  • 27. Conversamos con Verto O xoves 21 de maio, ás 19:00 h, manteremos unha conversa en directo co grupo galego de moda: Verto. Será a través da conta de Instagram @iesebaalumnado. Envía antes as túas preguntas a esa conta e sigue a conversa en directo! Puro ocio Rebolando x ti Oie gayego Algo que non sexa Mellor así Pa’impresionar ...
  • 28. Fase II ou de práctica interior Mans á masa! Ou: unha parolada na cociña sempre se lle botou Datas de referencia: do 25 de maio ao 7 de xuño
  • 29. Na fase 0 xa nos preparamos, pensámolo e collemos forza. Na fase I descubrimos moitas cousas que hai en galego que, se cadra, descoñeciamos e, agora, na fase II, tócanos comezar a soltarnos e falar algo, non? Pois veña! Poderiamos comezar de moitas maneiras, pero propómosvos comezar cunha actividade que se pode facer na casa, coa familia, en equipo, para todas as idades, na que hai que ir falando para ir vendo como se fan as cousas e para facer todo en colaboración... Así que, mans á masa!
  • 30. Propómosvos preparar unha receita en familia, de tal maneira que todo o proceso de elaboración o fagades en galego. Vaia, que faledes en galego mentres a facedes! Mentres a ides facendo, non pode quedar atrás ningún detalle. Preguntade todo. Comentade todo. Opinade de todo. Falade. Falade. Falade. Ah!, se queres ideas, nesta canle https://i.gal/fPpqZ ou nesta lista de reprodución de Youtube https://i.gal/riYMK podes descubrir unhas cantas receitas ben apetitosas!
  • 31. Que tal a experiencia? Como foi? Doada? Difícil? Simpática? Curiosa? Estraña? Agradable? Bonita? Esa receita que fixestes e que tan ben vos saíu tes que dála a coñecer ao mundo! Entón: • Recolle a receita por escrito, ben presentada e explicada, para entregarlla á/ao profe de galego na correspondente tarefa de Classroom. Esa receita ten que ter todo o que ten que ter unha receita! Ingredientes e cantidades, proceso paso a paso e tempos, valoración do resultado etc. e, para que quede máis clariña, podes incluír imaxes, debuxos etc. Ollo!, préstalle especial atención á lingua, á redacción, ao léxico etc. • Ademais, tamén a podes explicar a través dun vídeo, para así participar no concurso da seguinte fase, do que che falaremos máis adiante!
  • 32. Se vos resultou agradable, xa sabedes, a repetir sempre que queirades! Xa estades preparados e preparadas para falar en galego cando queirades na cociña para as comidas, para preguntarlles aos teus que tal ou para dicirlles qrt m8, para facer a limpeza dos baños ou cuartos, para xogar a xogos de mesa, para debater sobre a situación social, para falar de fútbol ou de música... para o que se vos ocorra!
  • 33. Fase III ou de socialización Datas de referencia: do 8 ao 21 de xuño
  • 34. Xa descubrimos moitas cousas en galego e xa nos soltamos a falalo algo máis na casa, coa familia. Así que, si, chegou o momento de experimentar o desconfinamento tamén social! Preparada? Preparado?
  • 35. Aquí van 4 propostas ou retos para axudarche a conseguilo! 2 Instagram 1 Whatsapp 3 Tik Tok 4 Vídeo
  • 36. 1 Whatsapp Elixe un amigo, unha amiga ou un grupo de amigas/os con quen, durante as dúas semanas desta fase, intercambiedes as mensaxes de Whatsapp, de texto e de voz, en galego.
  • 37. 2 Instagram Durante esta segunda fase, publica, como mínimo, unha entrada e cinco historias en galego en Instagram.
  • 38. 3 Tik Tok Se usas Tik Tok, fai tamén un en galego. Pode ser algún baile con música en galego, algún tag, algún reto, algo de humor... Seguro que se che ocorre algo ben chulo!
  • 39. 4 Vídeo E aquí está o segundo concurso deste plan! A receita dese prato que che sae tan ben? Un booktuber do último libro que liches? Un cover en galego da túa canción favorita? Un vídeo de presentación do IES EBA? Consellos dos pasos que hai que seguir para consumir menos plástico? Hai unha chea de posibilidades e ideas para converter en vídeo! segue
  • 40. Fai o teu vídeo e entrégao, como máximo, o día 12 de xuño ás 14:00 h. Os mellores vídeos de cada ciclo terán premio! Ademais, os vídeos valoraranse como traballo voluntario da materia de Lingua galega. En canto a criterios e contidos, o tema é libre e deben estar en galego. Polo demais, deben seguir, en xeral, as bases do premio www.youtubeiras.gal, aínda que o teu vídeo non o tes que publicar, só presentalo ao certame do IES EBA (despois, se tamén o queres presentar a ese premio, adiante, por suposto!). De todos os xeitos, nas últimas semanas de maio consulta as bases completas na páxina do IES. Haberá seis premios, dous por categoría: • 1º e 2º da ESO • 3º e 4º da ESO • Bacharelato Poderás consultar as bases completas na páxina web do IES: www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo Tamén obterás consellos e máis información nas aulas de Classroom da LGL. Este concurso faise en colaboración coa ANPA A Galera
  • 41. Que tal o inicio deste desconfinamento social? Como foron os retos? Fixéchelos todos? Comentáronche algo por usar o galego nas redes? Foi doado ou difícil? Seguro que todo moi normal, ou non? Se tes algunha anécdota ou reflexión sobre isto, coméntaa co teu/túa profe de lingua galega!
  • 42. Agora que xa descubriches moitas cousas que hai en galego. Agora que xa probaches a usalo na casa coa familia. Agora que xa o utilizaches nas redes sociais co mundo exterior... Agora xa tes o galego desconfinado e xa non está tan pechado, polo que xa podes usalo, sen medo, cando queiras!
  • 43. Así que, se fixeches todo ata aquí... benvida/o á nova normalidade lingüística!
  • 44. Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo engalego@iesblancoamor.com