Ud correlingua secundaria 2012

1,159 views

Published on

Unidade didáctica sobre o Correlingua 2012

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,159
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
52
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Ud correlingua secundaria 2012

  1. 1. Falamos galegoO idioma é a chavecoa que abrimos o mundo.Por que, ao falar do noso idioma,Manuel María empregou estametáfora?
  2. 2. Os mozos e as mozas falan o galego?Artigo publicado en Vieiros o 31 de xullo de 2002 e que recolle asprincipais conclusións do proxecto Galbreus, financiado polaDirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, queestuda o nivel de uso de galego, bretón e vasco entre os escolares.O lingüista Xosé Ramón Freixeiro Mato, responsable para Galicia doproxecto, concluíu que o galego podería desaparecer como linguaviva ao redor de 2030 porque os datos recollidos no informe danlugar á conclusión de que os mozos e as mozas non falan galego.Nos últimos dez anos un 6,6 por cento dos mozos deixaron de falaro galegoNa actualidade só o 19,2 % dos rapaces e rapazas do ESOempregan habitualmente o galego (fronte ao 72% do castelán).Só un 10,1 % son monolingües en galegoSó un 8,8 % de rapaces desenvolven por igual nos dous idiomas
  3. 3. O proxecto Galbreus tamén revela as máis preocupantesporcentaxes de emprego do galego no sistema escolarrecollidas até agora:un 19 % só recibe en galego a clase de galego;o 49 % menos de 6 horas de clase e o 65 % menos de 12horas.O estudo tamén examina o ámbito familiar, onde se comprobaque:hai un evidente maior uso do galego cos avós e o menor conpais ou irmáns,determinados espacios de relación social están totalmentecastelanizados: cibers, discotecas, tendas...
  4. 4. Por que nos preocupa a situación do idioma?Estes son os datos:Segundo estes datos o número de persoas que nunca falan en galegoduplicouse en 10 anos, entre o 1991 e 2001, persoas que hoxe teñenentre 46 e 22 anos e que son, maioritariamente, persoas que tiveronunha parte do seu ensino en galego.
  5. 5. Os mesmos datos, analizados doutro xeito, sen facerdistinción de idade dinos que:Que conclusións tirades deste cadro?
  6. 6. E vós que pensades?En que lingua falades habitualmente na casa?En que lingua falades no instituto?En que lingua falades cos amigos?E coas amigas?Por que facedes diferencias?Con quen falades en galego?Por que con esas persoas si e con outras non?
  7. 7. Miremos ao redorCantos rapaces e rapazas da aula falan galego? Calculade a porcentaxe ecompletade o cadro: Falan Falan máis Falan máis Nunca falan sempre en galego ca castelán ca en galego galego castelán galego Rapaces Rapazas Atopades diferencias? Como as analizades?
  8. 8. E vós que pensades?Á vista dos datos anteriores, cal é a vosa opinión?Na vosa aula fálase máis en galego ca noutras aulas do centro?En que aulas se fala máis en galego, entre o alumnado de menor idade ouentre o de maior idade? Por que?Pensas que cando saiades do insitituto seguiredes falando na mesmalingua que agora? Por que?Credes que isto lle afecta ao futuro da lingua?Cantos anos tedes en 2030?Pensades que como se dicía nese artigo de 2002, nese ano o galego podedesaparecer como lingua viva?E se sucedese...?
  9. 9. Imaxinade por un momentoque ...Que un accidente xeográfico tan importante como as rías desaparecese.As nosas rías están sometidas a constantes agresións, sendo unha das máisimportantes os recheos que modifican a súa extensión, pois reducen espazoao mar e modifican as súas correntes, o que acaba repercutindo nodesprazamento dos fondos areosos e na desaparición de determinadasespecies mariñas. Por outro lado, a colmatación das áreas interiores das rías,debido ao exceso de lama e terra arrastradas polos ríos, ou ao efecto davexetación, vai reducindo a súa profundidade e é outro elemento dedestrución deste hábitat. A suma destes feitos e outras cuestións podería, aolongo de milleiros de anos, facer desaparecer este elemento xeográfico tancaracterístico e xerador de riqueza.Pensas que Galicia sería o mesmo se desaparecesen as súas rías? Faríasalgo para deter esta transformación?Pois coa nosa lingua sería algo semellante, non?
  10. 10. Porque é a nosa lingua, a que di quen somos, a que nos sitúa no mundo.
  11. 11. Daquela... Será bo que pensemos en faceralgo ... Para que cada día o galego esteamáis vivo entre todos e todas.Desde o Correlingua propoñémoschereflexionar sobre a situación do idioma eexpresar a túa opinión, non só na escola eentre os teus amigos e amigas, tamén na rúa,aos teus veciños e veciñas, a través dun actolúdico e festivo, para reclamar o teu dereito avivir e medrar en galego
  12. 12. Comezamos cada edición convocando o concurso de manifesto e bandadeseñada. Os traballos gañadores serán publicados na páxina web doCorrelingua: Gañadores da Banda Gañadores do manifesto nadeseñada na edición de 2008 edición de 2008
  13. 13. Elaboración do manifesto.A partir do Lema que atoparedes na páxina web, tedes que elaborar unmanifesto, podedes usar como orientación os manifestos doutros anos.Descargádeos, lédeos e respondede ás seguintes preguntas:Que teñen en común os manifestos?Estamos de acordo co que din? Por que?Que pretenden facer os manifesto?Que fariamos para convencer aos demais de que falen a súa lingua?Como llelo podemos transmitir a través do manifesto?Podemos debater entre nós o resultado destas preguntas, tirarmosconclusións e, a partir de aí, organizármonos para elaborar o manifesto.Como participar?Lede con atención as bases, e escollede un representante que vos inscribano concurso.
  14. 14. O alumnado gañador dos concursos recibe como premio unha estancia na Eira da Xoana, unha finca xestionada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para o alumando de Primaria, e a participación no Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galiza para o alumnado de Secundaria, estancias nas que estarán acompañados/as deOs traballos premiados publícanse na web do correlingua, que realizarán monitores/as cos onde diversas actividades.estamos desexando recoller as aportacións que queirades enviarnossobre o noso idioma, ou mesmo as vosas creacións literarias... A webé vosa, usádea!Ah! E na web tedes disponíbel a oca do correlingua
  15. 15. Logo, coa axuda dos vosos profes,preparamos un itinerario para saírmos á rúapara reivindicar o nosos dereito a vivir engalego. Non ten que ser un itinerario moilongo, nin hai que competir... Trátase de facervisíbel o noso idioma.
  16. 16. Organizaremos un acto final, unha festa, para sermos exactos...E nela lerase o manifestogañador
  17. 17. E esta carreira e esta festa celébranse en todo o país, durante dez días imospasando o testemuño dun lugar a outro, ás veces estamos de festa en douslugares ao mesmo tempo. A Mariña Ferrolterra A Coruña Lugo Santiago de Compostela Ribeira Sacra Pontevedra Ourense Baixo Miño e o Condado Vigo
  18. 18. O Corelingua é máis divertido se imos todos e todas de festa. Quepodemos facer para que a festa sexa máis grande?Pancartas. Escollede un lema e un deseño entre todas as propostasque vaian saíndo. Só precisades dunha tea, pintura e uns paus. Tedesque ter moi claro que queredes facer antes de traballar directamentesobre a tea.Disfraces. Como son moi poucos os que poden coller a pancarta,podédesvos disfrazar. Escollede un tema co que poidades convencer aoresto dos vosos compañeiros de que utilicen o galego, facede o deseñodos disfraces e ao Correlingua!Cancións e berros: Ademais do anterior podedes inventar canciónse berros que animen o percurso do correlingua, se non se vos ocorrenada podedes acudirá páxina web.
  19. 19. E temos unha páxina web: www.correlingua.org Nela atoparás: de os eCalendario: onde atoparás as datas de celebración do Correlingua en im qu ua as ocada comarca, ademais do programa de actividades. ing gru Manifesto: aquí están os manifestos gañadoresde todas p edicións. reldeseñadas gañadoras. . C or er o Banda deseñada: e aquí as bandas ota a o BravúcolDiplomáticose v l e de a letra. a: Correlingua. Descargaatmúsica eMontealto que é o Himno: unha canción gu es e ním a s dos lin od podes.deixar a túa pegada. Escríbenos e colgaremos himno oficial do ta Taboleiro: nel .. A an e túa mensaxe.te a ti p C a us xogos e actividades para pasar o tempo e st che g fe s Ferramentas: i aprender. má Bases: as dos concursos está toda a información para participares nos concursos.
  20. 20. ComprobamosImos comprobar a vitalidade da nosa lingua. Podemos formar grupos.O grupo A pode pescudar a presenza do noso idioma nos medios decomunicación: En galego Máis en galego ca Máis en castelán ca En castelán castelán galegoXornais impresosXornais dixitaisRadios con sede enGaliciaTelevisións con sedeen Galicia
  21. 21. ComprobamosO grupo B pescuda a presenza do noso idioma no comercio: En galego En castelán Nome do establecemento Publicidade Atenden en Se lles falas en galego atenden en
  22. 22. ComprobamosO grupo C pescuda a presenza do noso idioma nos ámbitos de ocio: En galego En castelán Cine: cantas películas podemos ver Xogos de ordenador, de play... cantos temos en Fotolog, blog... cantos están en Actividades de ocio programadas polo concello
  23. 23. ConcluímosUnha vez que recollimos todos os datos, que conclusións podemos tirardeles?Cal é a presenza da nosa lingua ao noso redor? moito algo pouco nada Nos medios de comunicación No comercio No ocio
  24. 24. En clave de humorO bilingüismo harmónico visto por Tokio O galego na xustiza, segundo o Carrabouxo
  25. 25. PropoñemosÁ vista dos datos que manexastes, a nosa lingua está presente ao nosoredor?Si. Pensas que é así en todas partes?Non. Que podemos facer para mellorar a súa presenza?:
  26. 26. Datos efectivos:Vitalidade da nosa lingua nas distintas comarcas
  27. 27. Lemos e comentamos:¡Mamá, un gallego!“Cando o meu amigo Euxenio me contou o que lle pasara había uns meses, averdade é que me deu a risa. Entrou el nunha tenda de electrodomésticos dasTravesas e estaba a falar cun dependente cando un neno que ía coa naisinalouno co dedo e exclamou: "¡mira mamá, un gallego!"Xa me tiña esquecido da anécdota, se non fose porque o outro día estaba eucoa miña filla no parque infantil da Miñoca e un neno de cinco anos, co queacababa de intercambiar algunhas palabras, me fitou dende o alto do tobogán.Cando me tivo ben observado preguntou: "oye, ¿tu eres gallego?", eu, algosorprendido, resposteille: "eu si, e ti?", el, moi seguro de si e seguindo a miñamirada perplexa, foi remarcando: "pues yo soy español... español... deEspaña, ¿sabes?".Artigo de Xoán Comesaña Pedreira
  28. 28. Noticia publicada en Atlántico Diario o 3 de setembro de 2008.“El Club Financiero de Vigo advierte del riesgo empresarial de imponerel idioma gallegoLos empresarios dicen tener dificultades para retener o contratartécnicos de otras regiones y países...El estudio elaborado por el Club Financiero hace hincapié en los riesgosempresariales del endurecimiento en la exigencia del gallego en laenseñanza, ’sin prácticamente posibilidad de opción de aprender en español’.Así, el informe asegura que ’muchas empresas se están enfrentando a ladificultad de retener o contratar personal cualificado procedente de otrasregiones españolas o de otros países, cuya edad se sitúe en la franja de 30 a50 años y que tengan hijos en edad escolar. De igual forma, se recoge quese están dando casos de profesionales que abandonan Galicia ante latesitura de tener que formar a sus hijos en una lengua que no es la suya ydebido a la imposibilidad de hacerlo en español ...
  29. 29. E vós que pensades?Pensades que é certo que non hai practicametne posibilidade de estudar enespañol?Dáse ese caso de persoas que abandonan o noso país porque non podeneducar aos seus fillos en español?Ou o caso de persoas que abandonan Galicia porque os seus fillos teñenque aprender galego?Que pensades destas afirmacións recollidas nese informe?
  30. 30. Datos tirados do último censo elaborado en 2001:Un 72,15 % dos nenos e nenas aos que os seus pais lles falan en galego,ou máis en galego ca castelán, cambiaron a súa lingua para o castelán.Do alumnado entre 5 e 16 anos só un 38,60% falan galego ou máis galegoca castelán cos seus compañeiros de clase. Do alumnado de máis de 17anos faino o 29,93 %.Entre os 5 e os 16 anos falan galego ou máis galego ca castelán co seuprofesorado o 40,84% e ao pasar de 17 anos soamente o fai o 26,92%.As persoas de entre 5 e 29 anos só falan galego coas súas amizades o28,98%, e fala máis galego ca castelán o 13,54%.
  31. 31. O informe do Comité de Expertos de Europa sobre o cumprimento da Cartaeuropea das Linguas, recolle os seguintes puntos:A situación na Educación Infantil é insatisfactoria, “O número de nenos deeducación preescolar cubertos por este sistema educativo segue sendo moibaixo (31%)”Que se modifique o marco xurídico e que se tomen medidas paraincrementar o uso do noso idioma no ámbito da xustiza. Neste caso sinalanque unha deficiente formación universitaria na nosa lingua entre osestudantes de dereito é negativa para que haxa un maior uso do noso idiomano ámbito da xustiza.O Comité de Expertos entende tamén que segue sen cumprirse a cartaeuropea das linguas na administración e empraza a que se incremente onúmero de formularios e textos administrativos na nosa lingua.
  32. 32. Manter vivo o noso idioma, especialmente entre asxeracións máis novas, debe ser un dos traballos que,todas e todos, asumamos de cara ao futuro, seguindo atradición do traballo colectivo.O correlingua quere ser unha ferramenta para ese traballo.
  33. 33. Para escoitar e ... Bailar!
  34. 34. CORRELINGUA 2012 www.correlingua.org

×