SlideShare a Scribd company logo
1 of 23
OS SéCULOS
ESCUROS
(xvi, Xvii, xviii)
Alba Ben Rivas
Cristina Pernas Castaño
1º A – BAC
IES Vilar Ponte, 2013
ÍNDICE
1.Contexto histórico.
a) O reino de Galicia na coroa de Castela.
b) A lingua.
2.Decadencia política e lingüística nos Séculos Escuros.
3.A literatura durante os Séculos Escuros.
a) Literatura culta.
- Poesía.
- Teatro.
- Prosa.
b) Literatura popularizante.
c) A Ilustración.
1.- Contexto histórico:
O século XV foi un momento determinante para a historia do noso país,
por un dobre motivo:
Por un banda, os acontecementos que tiveron lugar nese período
determinan a súa protección durante a Idade Moderna ou a falta dela; por
outra banda, esta frustración do século XV viría a condicionar o futuro de
Galicia.
a) O reino de Galicia na coroa de Castela:
 En 1230, Fernando III reuniu os territorios de Galicia, León e Castela. A conquista
permitiulle ampliar os seus dominios despois da toma de Córdoba e Sevilla. Nestes
momentos, ata 1492, o reino Granada constituía a única presenza árabe na
Península.
 A conquista andaluza significou un cambio sociopolítico e socioeconómico nos
territorios da coroa de Fernando III. Así, o chamado eixe horizontal, arredor do
camiño de Santiago, foi substituído polo eixe vertical (dende Sevilla ata os portos
cantábricos, a través de Toledo a Burgos). Galicia, convertida cada vez máis nun
territorio arredado e sen peso sociopolítico, asiste aos novos tempos dende
unha posición marxinal que se vai prolongar durante os séculos seguintes.
Todo un conxunto de factores, como a desgaleguización da nobreza, contribuíron
ao afastamento de Galicia dos centros de poder.
 Galicia, que conserva o título de reina ata o século XIX, alcanza a Idade Moderna
carecendo dun monarca privativo ou dunhas institucións propias. Galicia viviu
ao longo da Idade Media unha situación de semi-indepencia.
b) A lingua:
Ao longo do século XIV, o galego semellaba que se ía converter na
lingua nacional de Galicia, mais a crise política que se vai vivir nesa época,
determinou unha etapa de escuridade e decadencia para o noso idioma.
Dende o século XIII, ten lugar a
chegada de xente allea a Galicia, que
ocuparon os postos dirixentes. Polo
tanto, comeza o proceso de
castelanización debido á perda do uso
do galego no ámbito xurídico-político,
e aumentou coa marxinación do noso
país, a dependencia con respecto da
corte e a centralización da monarquía.
Ao tempo que en Portugal ten lugar un
proceso de estandarización do idioma,
en Galicia prodúcese un retroceso do
idioma no rexistro escrito,
predominando os usos do idioma oral.
O río Miño na súa desembocadura.
Ademais dos anteriores factores, debemos ter en conta o seguinte:
 Galicia nunca contou cunha burguesía poderosa que puidese defender os intereses
económicos e lingüísticos do país, como si ocorría noutras comunidades como a
catalá.
 As pragas de peste e fame mermaron a poboación durante os séculos XVI e XVII,
facendo que a substitución lingüística fose aínda máis rápida.
 A emigración cara o sur. Despois da expulsión dos mouriscos (mouros convertidos
ao cristianismo), só nas Alpujarras había preto de 30.000 galegos. Castela,
Andalucía, Portugal e América foron destinos dos emigrantes galegos.
 As levas de soldados (Alistamento de persoas co fin de servir ao Estado) para poder
formar o imperio español.
 A explotación das riquezas galegas, como o corte de árbores para a construción de
naves para a colonización americana.
 A imprenta deu un importante pulo á difusión das linguas nacionais. Aparecen a finais
do século XV obradoiros de imprenta en Mondoñedo e Monterrei.. A lingua
empregada será o latín ou o castelán; non aparecerá un libro impreso en galego ata
mediados do século XIX.
3.- A literatura nesta época:
a) Literatura culta:
Durante os Séculos Escuros,
as manifestacións da
literatura de carácter cultos
foron moi escasas.
Non obstante, poseemos un
conxuntos de textos líricos e
teatrais compostos na
pequena “corte” creada por
Diego Sarmiento de Acuña,
conde de Gondomar. Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar
- Poesía:
 Da “corte” de Gondomar conservamos a Canción galega en loor de Don Diego
das Mariñas Parragués (1º Capitán Xeneral de Galicia), de autor descoñecido e
redactado en once estanzas.
Ora sea nalgún tempo
Alça musa galega o rostro ó ceo
Con gozo e pasatempo
E deixa ese burel cuitado e feo,
Pois se che ofrece un milagroso caso
Qu’entre as nove doncelas do Parnaso
Serás por el dend’hoje conocida
Con nome eterno e vida,
En en pago de tal nova e tas albrizas
Recebe do teu verso estas primizas.
 Do século XVII teñen importancia dous documentos recollidos no volume Exequias
da raíña Margarida, o primeiro de Xoán Gómez Tonel e o segundo de Pedro
Vázquez de Neira.
 A primeira manifestación poética dos Séculos Escuros achámola no ano 1506. Trátase
dunha composición feita en homenaxe ao consorte da raíña Xoana I de
Castela (popularmente coñecida como Xoana a Tola), Filipe o Fermoso, con motivo do
desembarco da parella na Coruña.
 Consérvanse tamén as Décimas ao Apóstol Santiago de frei Martín Torrado, que fan
referencia á controversia de se Santiago debía ser o único patrón de España ou
compartir o padroado con Santa Teresa de Xesús.
Elo é que non podés?
eu non sei como esto seja
Eu debe ser en veja
do ben que a España facés.
Eu non vin tal entremés
que a un creo lle fagan ter
unha freira por muller…
Arreda, vai Satanás!
Santo, vós se vos casás,
dais ó mundo en que entender.
(…)
 Do século XVI é o Soneto de Monterrei:
Alá en Monterrei en Val de Laça,
a Violante vi beira de un río
tan fermosa, en verdá, que quedei frío
de ver alma inmortal en mortal maça.
De un alto e lindo corpo a seda laça
a pastora sacaba fío a fío,
quando lle dise: - “Morro, corta o fío”
- “Vólveo, non cortarei, seguro pasa”.
- “¿E como pasarei, se eu acá quedo?
Se pasar –respondí- non vou seguro
que este corpo, sen alma, morra cedo”.
- “Coa miña, que levas, te aseguro
que non morras pastor” – “Pastora hei medo;
o quedar me parece máis seguro.
Soneto de Monterrei, Anónimo, 1530-1540
 Tamén se ten falado do poema de La
Araucana (1589) de Isabel Castro e Andrade
(condesa de Altamira) como testemuño
literario dos Séculos Escuros realizado no
século XVI.
 En 1697 foron publicados os nove romances
escritos en galego contidos no volume
conmemorativa das Festas Minervais
celebradas naquel ano. Mais na maioría dos
casos non conservamos ningún volume
similar a este, polo que poderían existir máis
composicións en lingua galega das que non
temos coñecemento actualmente.
 Chegados ao século XVIII, contamos cun
poema no que se narra a batalla de Rande,
datado de 1702 e atribuído a Anselmo Feixoo
e Montenegro.
Festas Minervais
- Teatro:
Pese a que conservamos poucos textos dramáticos dos Séculos Escuros escritos en
galego, sábese que a actividade teatral en Galicia nestes séculos foi importante.
O teatro galego:
 Era un elemento importante de ocio, e unha das principais vías de escape dos
problemas rutineiros.
 A diferenza do que sucede hoxe en día, o teatro en Galiza era seguido
especialmente polas clases populares.
 A través dos documentos da época, e de traballos como as Notas Viejas Galicianas,
de Pablo Pérez-Constanti, temos constancia de que a representación dramática
constituía todo un acontecemento sociocultural nas vilas e núcleos rurais galegos.
 Do século XVI posuimos Diálogo de Alberte Bieito, unha peza pequena que se
escribe pero non se imprime.
 Do século XVIII atopamos O
entremés do portugués, que
pertence a un xénero de corte
popular do que non coñecemos
outras mostras.
 O documento teatral máis
importante é a peza de Gabriel
Feixó de Araúxo A contenda dos
labradores de Caldelas, coñecido
como O entremés famoso sobre a
pesca no río Miño. Data do 1671
e ten como temática un dos
moitos enfrontamentos polos
dereitos de pesca que ocorreron
no Miño entre os habitantes das
dúas beiras do río.
Prosa
 Ao longo dos séculos XV, XVI e XVII circularon algúns
textos en prosa escritos en lingua galega con
falsificacións históricas, mandadas redactar por persoas
pertencentes á nobreza co afán de lexitimar o señorío
da súa liñaxe, a semellanza dos antigos libros de liñaxes
e imitando a lingua medieval. De todas elas, destaca
a Historia de Don Servando (1625-1635), que mandou
redactar Xoán Fernández Boán e Araúxo.
 Aínda así, hai casos que non son falsificacións, como
o Theatro Moral y Político de la Noble Academia
Compostelana, redactada por orde de Pablo Mendoza
de los Ríos.
 En 2009 descubriuse un manuscrito titulado Historia da
Santa Igrexa de Iria Flavia datado
entre 1713 e 1735 que presenta grande extensión,
de Pedro Otero Romero Torres, e que é unha versión
da Crónica de Santa María de Iria (1468).
b) A literatura popularizante:
 Durante os séculos XVII, XVIII e a
primeira metade do XIX, desenvolveuse o
“vilancico galego” (composicións en
verso, musicadas, cun aire popular e
compostas por músicos de gran
formación).
 Os lugares onde máis importancia tiveron
estes foron Mondoñedo e Santiago de
Compostela. Por iso, estes triunfaron
incluyo máis alá das nosas fronteiras.
 En Sevilla, Toledo e Lisboa atopamos
exemplos deste tipo, que aproveitan a
tradición das panxoliñas e aninovos,
como o da marxe.
Vamos a Belén, amigos,
vamos que a noite está clara;
Mingos leve as castañolas,
o seu pandeiro Pascuala.
(Todos)
Vamos a Belén, amigos…
Cantemos ao Rei dos Ceos
novas e alegres tonadas,
ao son da gaita galega
con muiñeiras e alboradas.
Ai que Neno tan bonito!
Que cariña tan galana!
Nunca Neno tan fermoso
Viron as nosas montañas.
(…)
(Luís Corral Rodríguez, 1818, catedral de
Mondoñedo).
 Os principais cultivadores deste
xénero foron Carlos Patiño, Frei
Francisco de Santiago, Gabriel
Díaz, Frei Xerónimo Gonçalves e
Manuel Bravo de Velasco.
 Dentro desta literatura
popularizante, cómpre mencionar o
único texto conservado procedente
dun suposto ciclo de “romances e
cancións” referidos ao Mariscal
Pedro Pardo de Cela, que datan do
século XVI. É o denominado Pranto
da Frouseira, de autor anónimo.
A min chaman Todo mira
Señora do gran tesouro
Por estrela esclarecida
Hago en este Valedouro
Mas tredor foi que un mouro
O vilao que me vendeu
Que de Lugo a Rivadeu
Todos me tiñan temor
De min a trista Frouseira
Que por treizon soi vendida
Derribada na riveira
Ca xamais se veu vencida.
Por treizon tamen venderon
Xesus noso redentor
E por aquestes tredores
Pedro Pardo meu señor
c) A Ilustración:
 No século XVIII, nunha etapa comprendida entre os Séculos
Escuros e o Rexurdimento decimonónimo, produciuse en Galicia a
chegada e o espallamento das ideas ilustradas. Nos se atopan
numerosos textos redactados en galego pero apareceron
sociedades xeográficas, económicas… que tiñan como obxectivo
o estudo da realidade do país. Na Ilustración foi importante a
discusión e o debate da historia de Galicia, das súas orixes, etc.
 Entre os autores que empregaron o noso idioma nesta etapa
destaca Diego Antonio Cernadas e Castro, coñecido como o Cura
de Fruíme.
Ronca do río Miño
Cando tanta festa fan
-¡miña nai, como se roxe!-
a esta nova fonte de hoxe,
¿que será de ti, Miñán?
Tempos vén e tempos van,
cae Miñán quen subeu onte;
póñase ben alta a fonte,
que non é, por máis que o pense,
para beixarme en Ourense
no ollo da miña ponte.
(1755)
Cura de Fruíme
 Tamén destacan o padre Feixoo e os seus irmáns Anselmo e Plácido,
dos cales conservamos algúns textos en galego.
 Xosé Andrés Cornide e frei Martín Sarmiento destacaron tamén na
Ilustración. Este último convertiuse nun dos precursores da nosa
pedagoxía e nun precedente dos estudos filolóxicos en Galicia polos
seus traballos acerca das orixes do idioma e da súa defensa no ensino
da lingua galega.
Padre Feixoo
 No seu volume titulado Coloquio de 24 gallegos rústicos, frei Martín
Sarmiento inclúe un conxunto de coplas en galego.
No chan que en Morrazo
chaman os galegos
chan de Parafita,
que chega hasta o ceo,
que está no camiño
que vai ao Ribeiro
dendes Pontevedra,
a vila do reino;
(…)
Os mesmos, é todo,
tiñan parentesco,
criados e nados
nun mesmo terreo.
Volvíanse á terra
por outros vieiros,
juntáranse todos
no chan a desejo.
Enlaces de interese:
• Tvg:
http://www.youtube.com/watch?v=hHrW8oI9r_w
http://www.youtube.com/watch?v=Gi2Rm7Z7xg8
• Séculos escuros, resumo:
http://www.youtube.com/watch?v=8aYYmXkpbQ8
Fontes e recursos:
• Libro de lingua galega 1º de bacharelo, Xerais, unidade 16.
• Wikipedia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/S%C3%A9culos_Escuros
http://gl.wikipedia.org/wiki/Literatura_galega_dos_S%C3%A9
culos_Escuros
• Google imaxes:
https://www.google.es/imghp?hl=es&tab=wi&authuser=0
• Outras páxinas web:
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/historia.p
hp?id=46&idioma=1
http://www.staki.com/matuquin/Os_seculos_escuros.htm

More Related Content

Similar to Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)

Historia da lingua
Historia da linguaHistoria da lingua
Historia da linguaaldeatotal
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escurosMarlou
 
Pre rexurdimento
Pre rexurdimentoPre rexurdimento
Pre rexurdimentoagarridog
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaSusana Ferreiro
 
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)Marlou
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoagarridog
 
O rexurdimento
O rexurdimentoO rexurdimento
O rexurdimentoagarridog
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoagarridog
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimentoguest7b8f3b
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosAdrián
 
PROSA_MEDIEVAL
PROSA_MEDIEVALPROSA_MEDIEVAL
PROSA_MEDIEVALxenevra
 
A Galiza Medieval
A Galiza MedievalA Galiza Medieval
A Galiza Medievalnoagaliza
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 

Similar to Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación) (20)

Séculos escuros e ilustración
Séculos escuros e ilustraciónSéculos escuros e ilustración
Séculos escuros e ilustración
 
Historia da lingua
Historia da linguaHistoria da lingua
Historia da lingua
 
Séculos Escuros
Séculos EscurosSéculos Escuros
Séculos Escuros
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escuros
 
XIX
XIXXIX
XIX
 
Pre rexurdimento
Pre rexurdimentoPre rexurdimento
Pre rexurdimento
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesa
 
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
O rexurdimento
O rexurdimentoO rexurdimento
O rexurdimento
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
A lírica medieval
A lírica medievalA lírica medieval
A lírica medieval
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
PROSA_MEDIEVAL
PROSA_MEDIEVALPROSA_MEDIEVAL
PROSA_MEDIEVAL
 
A Galiza Medieval
A Galiza MedievalA Galiza Medieval
A Galiza Medieval
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 

More from Beatriz GM

O verbo galego. Morfoloxía. Verbos irregulares
O verbo galego. Morfoloxía. Verbos irregularesO verbo galego. Morfoloxía. Verbos irregulares
O verbo galego. Morfoloxía. Verbos irregularesBeatriz GM
 
Fonética e fonoloxía da lingua galega
Fonética e fonoloxía da lingua galegaFonética e fonoloxía da lingua galega
Fonética e fonoloxía da lingua galegaBeatriz GM
 
Titorial writer de libreoffice
Titorial writer de libreoffice Titorial writer de libreoffice
Titorial writer de libreoffice Beatriz GM
 

More from Beatriz GM (8)

Sintaxe III
Sintaxe IIISintaxe III
Sintaxe III
 
O verbo II
O verbo IIO verbo II
O verbo II
 
SINTAXE I
SINTAXE  ISINTAXE  I
SINTAXE I
 
O verbo galego. Morfoloxía. Verbos irregulares
O verbo galego. Morfoloxía. Verbos irregularesO verbo galego. Morfoloxía. Verbos irregulares
O verbo galego. Morfoloxía. Verbos irregulares
 
O SUBSTANTIVO
O SUBSTANTIVOO SUBSTANTIVO
O SUBSTANTIVO
 
O VERBO I
O VERBO IO VERBO I
O VERBO I
 
Fonética e fonoloxía da lingua galega
Fonética e fonoloxía da lingua galegaFonética e fonoloxía da lingua galega
Fonética e fonoloxía da lingua galega
 
Titorial writer de libreoffice
Titorial writer de libreoffice Titorial writer de libreoffice
Titorial writer de libreoffice
 

Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)

  • 1. OS SéCULOS ESCUROS (xvi, Xvii, xviii) Alba Ben Rivas Cristina Pernas Castaño 1º A – BAC IES Vilar Ponte, 2013
  • 2. ÍNDICE 1.Contexto histórico. a) O reino de Galicia na coroa de Castela. b) A lingua. 2.Decadencia política e lingüística nos Séculos Escuros. 3.A literatura durante os Séculos Escuros. a) Literatura culta. - Poesía. - Teatro. - Prosa. b) Literatura popularizante. c) A Ilustración.
  • 3.
  • 4. 1.- Contexto histórico: O século XV foi un momento determinante para a historia do noso país, por un dobre motivo: Por un banda, os acontecementos que tiveron lugar nese período determinan a súa protección durante a Idade Moderna ou a falta dela; por outra banda, esta frustración do século XV viría a condicionar o futuro de Galicia.
  • 5. a) O reino de Galicia na coroa de Castela:  En 1230, Fernando III reuniu os territorios de Galicia, León e Castela. A conquista permitiulle ampliar os seus dominios despois da toma de Córdoba e Sevilla. Nestes momentos, ata 1492, o reino Granada constituía a única presenza árabe na Península.  A conquista andaluza significou un cambio sociopolítico e socioeconómico nos territorios da coroa de Fernando III. Así, o chamado eixe horizontal, arredor do camiño de Santiago, foi substituído polo eixe vertical (dende Sevilla ata os portos cantábricos, a través de Toledo a Burgos). Galicia, convertida cada vez máis nun territorio arredado e sen peso sociopolítico, asiste aos novos tempos dende unha posición marxinal que se vai prolongar durante os séculos seguintes. Todo un conxunto de factores, como a desgaleguización da nobreza, contribuíron ao afastamento de Galicia dos centros de poder.  Galicia, que conserva o título de reina ata o século XIX, alcanza a Idade Moderna carecendo dun monarca privativo ou dunhas institucións propias. Galicia viviu ao longo da Idade Media unha situación de semi-indepencia.
  • 6. b) A lingua: Ao longo do século XIV, o galego semellaba que se ía converter na lingua nacional de Galicia, mais a crise política que se vai vivir nesa época, determinou unha etapa de escuridade e decadencia para o noso idioma. Dende o século XIII, ten lugar a chegada de xente allea a Galicia, que ocuparon os postos dirixentes. Polo tanto, comeza o proceso de castelanización debido á perda do uso do galego no ámbito xurídico-político, e aumentou coa marxinación do noso país, a dependencia con respecto da corte e a centralización da monarquía. Ao tempo que en Portugal ten lugar un proceso de estandarización do idioma, en Galicia prodúcese un retroceso do idioma no rexistro escrito, predominando os usos do idioma oral. O río Miño na súa desembocadura.
  • 7. Ademais dos anteriores factores, debemos ter en conta o seguinte:  Galicia nunca contou cunha burguesía poderosa que puidese defender os intereses económicos e lingüísticos do país, como si ocorría noutras comunidades como a catalá.  As pragas de peste e fame mermaron a poboación durante os séculos XVI e XVII, facendo que a substitución lingüística fose aínda máis rápida.  A emigración cara o sur. Despois da expulsión dos mouriscos (mouros convertidos ao cristianismo), só nas Alpujarras había preto de 30.000 galegos. Castela, Andalucía, Portugal e América foron destinos dos emigrantes galegos.  As levas de soldados (Alistamento de persoas co fin de servir ao Estado) para poder formar o imperio español.  A explotación das riquezas galegas, como o corte de árbores para a construción de naves para a colonización americana.  A imprenta deu un importante pulo á difusión das linguas nacionais. Aparecen a finais do século XV obradoiros de imprenta en Mondoñedo e Monterrei.. A lingua empregada será o latín ou o castelán; non aparecerá un libro impreso en galego ata mediados do século XIX.
  • 8. 3.- A literatura nesta época: a) Literatura culta: Durante os Séculos Escuros, as manifestacións da literatura de carácter cultos foron moi escasas. Non obstante, poseemos un conxuntos de textos líricos e teatrais compostos na pequena “corte” creada por Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar. Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar
  • 9. - Poesía:  Da “corte” de Gondomar conservamos a Canción galega en loor de Don Diego das Mariñas Parragués (1º Capitán Xeneral de Galicia), de autor descoñecido e redactado en once estanzas. Ora sea nalgún tempo Alça musa galega o rostro ó ceo Con gozo e pasatempo E deixa ese burel cuitado e feo, Pois se che ofrece un milagroso caso Qu’entre as nove doncelas do Parnaso Serás por el dend’hoje conocida Con nome eterno e vida, En en pago de tal nova e tas albrizas Recebe do teu verso estas primizas.  Do século XVII teñen importancia dous documentos recollidos no volume Exequias da raíña Margarida, o primeiro de Xoán Gómez Tonel e o segundo de Pedro Vázquez de Neira.
  • 10.  A primeira manifestación poética dos Séculos Escuros achámola no ano 1506. Trátase dunha composición feita en homenaxe ao consorte da raíña Xoana I de Castela (popularmente coñecida como Xoana a Tola), Filipe o Fermoso, con motivo do desembarco da parella na Coruña.  Consérvanse tamén as Décimas ao Apóstol Santiago de frei Martín Torrado, que fan referencia á controversia de se Santiago debía ser o único patrón de España ou compartir o padroado con Santa Teresa de Xesús. Elo é que non podés? eu non sei como esto seja Eu debe ser en veja do ben que a España facés. Eu non vin tal entremés que a un creo lle fagan ter unha freira por muller… Arreda, vai Satanás! Santo, vós se vos casás, dais ó mundo en que entender. (…)
  • 11.  Do século XVI é o Soneto de Monterrei: Alá en Monterrei en Val de Laça, a Violante vi beira de un río tan fermosa, en verdá, que quedei frío de ver alma inmortal en mortal maça. De un alto e lindo corpo a seda laça a pastora sacaba fío a fío, quando lle dise: - “Morro, corta o fío” - “Vólveo, non cortarei, seguro pasa”. - “¿E como pasarei, se eu acá quedo? Se pasar –respondí- non vou seguro que este corpo, sen alma, morra cedo”. - “Coa miña, que levas, te aseguro que non morras pastor” – “Pastora hei medo; o quedar me parece máis seguro. Soneto de Monterrei, Anónimo, 1530-1540
  • 12.  Tamén se ten falado do poema de La Araucana (1589) de Isabel Castro e Andrade (condesa de Altamira) como testemuño literario dos Séculos Escuros realizado no século XVI.  En 1697 foron publicados os nove romances escritos en galego contidos no volume conmemorativa das Festas Minervais celebradas naquel ano. Mais na maioría dos casos non conservamos ningún volume similar a este, polo que poderían existir máis composicións en lingua galega das que non temos coñecemento actualmente.  Chegados ao século XVIII, contamos cun poema no que se narra a batalla de Rande, datado de 1702 e atribuído a Anselmo Feixoo e Montenegro. Festas Minervais
  • 13. - Teatro: Pese a que conservamos poucos textos dramáticos dos Séculos Escuros escritos en galego, sábese que a actividade teatral en Galicia nestes séculos foi importante. O teatro galego:  Era un elemento importante de ocio, e unha das principais vías de escape dos problemas rutineiros.  A diferenza do que sucede hoxe en día, o teatro en Galiza era seguido especialmente polas clases populares.  A través dos documentos da época, e de traballos como as Notas Viejas Galicianas, de Pablo Pérez-Constanti, temos constancia de que a representación dramática constituía todo un acontecemento sociocultural nas vilas e núcleos rurais galegos.  Do século XVI posuimos Diálogo de Alberte Bieito, unha peza pequena que se escribe pero non se imprime.
  • 14.  Do século XVIII atopamos O entremés do portugués, que pertence a un xénero de corte popular do que non coñecemos outras mostras.  O documento teatral máis importante é a peza de Gabriel Feixó de Araúxo A contenda dos labradores de Caldelas, coñecido como O entremés famoso sobre a pesca no río Miño. Data do 1671 e ten como temática un dos moitos enfrontamentos polos dereitos de pesca que ocorreron no Miño entre os habitantes das dúas beiras do río.
  • 15. Prosa  Ao longo dos séculos XV, XVI e XVII circularon algúns textos en prosa escritos en lingua galega con falsificacións históricas, mandadas redactar por persoas pertencentes á nobreza co afán de lexitimar o señorío da súa liñaxe, a semellanza dos antigos libros de liñaxes e imitando a lingua medieval. De todas elas, destaca a Historia de Don Servando (1625-1635), que mandou redactar Xoán Fernández Boán e Araúxo.  Aínda así, hai casos que non son falsificacións, como o Theatro Moral y Político de la Noble Academia Compostelana, redactada por orde de Pablo Mendoza de los Ríos.  En 2009 descubriuse un manuscrito titulado Historia da Santa Igrexa de Iria Flavia datado entre 1713 e 1735 que presenta grande extensión, de Pedro Otero Romero Torres, e que é unha versión da Crónica de Santa María de Iria (1468).
  • 16. b) A literatura popularizante:  Durante os séculos XVII, XVIII e a primeira metade do XIX, desenvolveuse o “vilancico galego” (composicións en verso, musicadas, cun aire popular e compostas por músicos de gran formación).  Os lugares onde máis importancia tiveron estes foron Mondoñedo e Santiago de Compostela. Por iso, estes triunfaron incluyo máis alá das nosas fronteiras.  En Sevilla, Toledo e Lisboa atopamos exemplos deste tipo, que aproveitan a tradición das panxoliñas e aninovos, como o da marxe. Vamos a Belén, amigos, vamos que a noite está clara; Mingos leve as castañolas, o seu pandeiro Pascuala. (Todos) Vamos a Belén, amigos… Cantemos ao Rei dos Ceos novas e alegres tonadas, ao son da gaita galega con muiñeiras e alboradas. Ai que Neno tan bonito! Que cariña tan galana! Nunca Neno tan fermoso Viron as nosas montañas. (…) (Luís Corral Rodríguez, 1818, catedral de Mondoñedo).
  • 17.  Os principais cultivadores deste xénero foron Carlos Patiño, Frei Francisco de Santiago, Gabriel Díaz, Frei Xerónimo Gonçalves e Manuel Bravo de Velasco.  Dentro desta literatura popularizante, cómpre mencionar o único texto conservado procedente dun suposto ciclo de “romances e cancións” referidos ao Mariscal Pedro Pardo de Cela, que datan do século XVI. É o denominado Pranto da Frouseira, de autor anónimo. A min chaman Todo mira Señora do gran tesouro Por estrela esclarecida Hago en este Valedouro Mas tredor foi que un mouro O vilao que me vendeu Que de Lugo a Rivadeu Todos me tiñan temor De min a trista Frouseira Que por treizon soi vendida Derribada na riveira Ca xamais se veu vencida. Por treizon tamen venderon Xesus noso redentor E por aquestes tredores Pedro Pardo meu señor
  • 18. c) A Ilustración:  No século XVIII, nunha etapa comprendida entre os Séculos Escuros e o Rexurdimento decimonónimo, produciuse en Galicia a chegada e o espallamento das ideas ilustradas. Nos se atopan numerosos textos redactados en galego pero apareceron sociedades xeográficas, económicas… que tiñan como obxectivo o estudo da realidade do país. Na Ilustración foi importante a discusión e o debate da historia de Galicia, das súas orixes, etc.  Entre os autores que empregaron o noso idioma nesta etapa destaca Diego Antonio Cernadas e Castro, coñecido como o Cura de Fruíme.
  • 19. Ronca do río Miño Cando tanta festa fan -¡miña nai, como se roxe!- a esta nova fonte de hoxe, ¿que será de ti, Miñán? Tempos vén e tempos van, cae Miñán quen subeu onte; póñase ben alta a fonte, que non é, por máis que o pense, para beixarme en Ourense no ollo da miña ponte. (1755) Cura de Fruíme
  • 20.  Tamén destacan o padre Feixoo e os seus irmáns Anselmo e Plácido, dos cales conservamos algúns textos en galego.  Xosé Andrés Cornide e frei Martín Sarmiento destacaron tamén na Ilustración. Este último convertiuse nun dos precursores da nosa pedagoxía e nun precedente dos estudos filolóxicos en Galicia polos seus traballos acerca das orixes do idioma e da súa defensa no ensino da lingua galega. Padre Feixoo
  • 21.  No seu volume titulado Coloquio de 24 gallegos rústicos, frei Martín Sarmiento inclúe un conxunto de coplas en galego. No chan que en Morrazo chaman os galegos chan de Parafita, que chega hasta o ceo, que está no camiño que vai ao Ribeiro dendes Pontevedra, a vila do reino; (…) Os mesmos, é todo, tiñan parentesco, criados e nados nun mesmo terreo. Volvíanse á terra por outros vieiros, juntáranse todos no chan a desejo.
  • 22. Enlaces de interese: • Tvg: http://www.youtube.com/watch?v=hHrW8oI9r_w http://www.youtube.com/watch?v=Gi2Rm7Z7xg8 • Séculos escuros, resumo: http://www.youtube.com/watch?v=8aYYmXkpbQ8
  • 23. Fontes e recursos: • Libro de lingua galega 1º de bacharelo, Xerais, unidade 16. • Wikipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/S%C3%A9culos_Escuros http://gl.wikipedia.org/wiki/Literatura_galega_dos_S%C3%A9 culos_Escuros • Google imaxes: https://www.google.es/imghp?hl=es&tab=wi&authuser=0 • Outras páxinas web: http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/historia.p hp?id=46&idioma=1 http://www.staki.com/matuquin/Os_seculos_escuros.htm