1. O TRABALLO EN EQUIPO COMO MELLORA DO
PROCESO DE ENSINANZA E APRENDIZAXE
Fase práctica:
Aprendizaxe Cooperativa. Ámbito B:
O traballo en equipo como recurso.
AUTORA: Ester Ojea Caneda. CEIP DE PORTO CABEIRO. REDONDELA AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL1
2. LISTAXE DE ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE
COLABORATIVO QUE SE PODERÍAN LEVAR Á MIÑA AULA
DE EDUCACIÓN INFANTIL
ÁMBITO B: O TRABALLO EN EQUIPO COMO RECURSO.
• NA MIÑA AULA DE 5 ANOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PODERÍA
LEVAR A CABO AS SEGUINTES ESTRUTURAS COOPERATIVAS:
AUTORA: Ester Ojea Caneda. CEIP DE PORTO CABEIRO. REDONDELA AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
2
LECTURA COMPARTIDA: Á hora de realizar as actividades
relacionadas coa área de lecto-escritura. Este ano estamos
aprendendo a ler a través dos pictogramas. O libro de
lectura trae varias frases con pictogramas, por páxina(4 ou
5). A través desta estratexia, tódolos membros de cada
equipo deben ler unha frase e o resto deben estar
atentos/as para decidir se a lectura realizada foi correcta ou
non o foi, deste xeito, asegúrome de que todos/as leron
todos os pictogramas e que o vocabulario foi traballado por
tódolos membros do grupo.
3. Porque permite repasar o
vocabulario traballado en
relación ao proxecto deste
ano
para confeccionar o slogan da nosa
felicitación de Nadal, porque deste
xeito, primeiro cada quen pensa o que quere
dicir, logo por parellas poden unificalas e
modificalas para facer unha máis completa.
Posteriormente no grupo, poñen sobre a
mesa as diferentes propostas e escollen ou
ben unha das catro, ou confeccionan unha
nova coas aportacións de todos.
Tanto para a resolución de puzles, como para
resolver adiviñas, tarefas de lóxica
matemática… porque facilita que o alumnado
que ten dificultades nestas áreas non se
bloquee, e permite deseñar estratexias para
resolver a tarefa asignada
AUTORA: Ester Ojea Caneda. CEIP DE PORTO CABEIRO. REDONDELA AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
3
Folio Xiratorio Lapis ao centro
1
2
4
1-2-4
4. MAPA
CONCEPTUAL
A CATRO
BANDAS
Como resumo do proxecto
traballado durante este
trimestre, porque entre os
membros do grupo,
repartiriamos as tarefas do que
aprendemos sobre os
dinosauros para elaborar o
mapa conceptual que
incluiremos no proxecto; deste
xeito, garántese que todos os
nenos e nenas da clase,
participan na súa elaboración, e
repasan os coñecementos
adquirido, con axuda dos
compañeiros
AUTORA: Ester Ojea Caneda. CEIP DE PORTO CABEIRO. REDONDELA AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
4
5. Porque con esta técnica, melloramos a
escritura de aqueles nenos e nenas
que omiten letras, sílabas … e deste
xeito fíxanse máis na escritura, e o
resto, poñen en práctica a lectura
consciente de palabras.
Con esta técnica, podemos mellorar a
estrutura nos debuxos de todo o
alumnado, axudando entre todos a ter
unha conciencia do seu esquema
corporal, máis acorde coa realidade, pero
tamén a fixarse máis nos detalles do
debuxo que se lles pide.
AUTORA: Ester Ojea Caneda. CEIP DE PORTO CABEIRO. REDONDELA AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
5
PALABRAS COMPARTIDAS
PALABRA E DEBUXO
6. PLANIFICACIÓN E POSTA EN
PRÁCTICA DUNHA ESTRUCTURA
DE APRENDIZAXE
COLABORATIVO
AULA DE 5 ANOS DO CEIP DE
PORTO CABEIRO- REDONDELA
6
8. FASES:
1. Os nenos e nenas están reunidos nos seis grupos base: catro de catro
membros e dous de tres.
2. Traballamos en gran grupo todos aqueles obxectos, paisaxes, elementos …
susceptibles de formar parte da postal de Nadal.
3. A mestra da a un membro de cada equipo unha palabra sobre o que debe
debuxar: bota, boneco de neve, casa, coroa, vela e Papá Noel.
4. O neno ou nena debe ler a palabra en voz alta e facer o debuxo, decidindo
entre todos o tamaño, cor …
5. O neno/a que fixo o debuxo, debe decidir que máis se debe debuxar e
escribir a palabra para que o seu compañeiro/a a debuxe, e así sucesivamente.
9. Así foi o proceso de creación das
nosas postais de Nadal. A mestra
dáballe unha palabra ao primeiro
membro do equipo
Logo de facer o debuxo, dáballo
ao compañeiro e escribíalle o que
tiña que debuxar.
9
10. Cada quen foi facendo a súa
parte e o resto apoiaban a labor
escollendo as cores, dicindo
como debían facelo para que
quedara mellor …
Incluso axudábanse á hora de
escribir as palabras, que non foi
tarefa fácil.
10
11. Ou de facer os detalles… Todos/as estaban moi
preocupados/as porque a postal
quedara bonita
11
12. E estes foron os resultados:
Equipo Brachiosaurio
Equipo Tiranosaurio
12
15. Dificultades atopadas
durante o proceso:
•En primeiro lugar, foi difícil empezar
a traballar con este sistema porque
era complicado de entender a
dinámica.
•En segundo lugar, creouse un
ambiente moi ruidoso, que aínda
que favorecía moito a interación
entre os membros do grupo, as
veces dificultaba que outros equipos
puideran falar, porque tiñan que
erguer máis a voz.15
16. Aspectos positivos
•Entenderon que o resultado final
dependía do traballo de cada un e
das decisións tomadas en grupo.
•Axudoulles a tomar decisións de
grupo e favoreceu que nenos que
noutras actividades non soen
participar activamente, se sentiran
motivados e valoradas as súas
aportacións.