Prueba de comprensión de la Sociedad 03 (CEA) RespondidaCamiladeBieberdaa
Bueno para los nuevos octavos 2011 aquí están la prueba de comprensión de la sociedad 03 respondida con respuestas he imágenes para una mejor proyección . Gracias a mi profesora Maritza Belma por hacernos este trabajo y poder comprender mejor las materias pasadas y de nuevo futuro.
Prueba de comprensión de la Sociedad 03 (CEA) RespondidaCamiladeBieberdaa
Bueno para los nuevos octavos 2011 aquí están la prueba de comprensión de la sociedad 03 respondida con respuestas he imágenes para una mejor proyección . Gracias a mi profesora Maritza Belma por hacernos este trabajo y poder comprender mejor las materias pasadas y de nuevo futuro.
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdfBerta Campos
Escomenzamos unidade nova. Adentrarémonos no mundo tan apaixoante como é o corpo humano. Estudaremos "A Nutrición" Nesta 1ª parte coñeceremos a dixestión e a excreción. Adiante coa aventura.
2. O aparello circulatorio
As funcións do aparello circulatorio son dúas, levar
nutrintes e osíxeno as células e recoller os desfeitos
metabólicos para a súa posterior eliminación.
Esta composto por dous sistemas, o cardiovascular que
é o que transporta o sangue e o sistema linfático.
3. Os liquidos de transporte
● Son un tecido conectivo que circula polo aparato
circulatorio. En xeral están formados por auga, sales
minerais, proteínas e diferentes tipos de pigmentos
que son os encargados de transportar os gases
(osíxeno e dióxido de carbono).
● Existen distintos tipos que se diferencian pola
composición ou os pigmentos que teñen.
4. Tipos de liquidos de transporte
● Hidrolinfa: Esta presente nalgúns animais como os
equinodermos. A súa composición e parecida a da
auga do mar, transporta nutrientes e substancias de
refugallo pero carece de pigmentos transportadores
de osíxeno. A hidrolinfa circula a través dun sistema
de tubos que conectan cunhas estructuras que se
chaman pes ambulacrales. Estas estructuras son as
que dan movemento as estrelas de mar e os erizos.
5. ● Hemolinfa: É o liquido circulatorio de moitos
invertebrados como artrópodos, moluscos... A súa
composición varía moito dependendo das especies.
Nos moluscos e os crustaceos ten un pigmento
transportador de osíxeno. En cambio nos arácnidos,
os miriápodos e os insectos non o hai debido a que
non necesitan transportar osíxeno.
● Sangue: Presente en anélidos e vertebrados. É unha
mestura de plasma sanguíneo e tres tipos de células:
eritrocitos (glóbulos vermellos), leucocitos (glóbulos
brancos) e plaquetas ou trombocitos. Aparte de
transportar nutrientes en moitos vertebrados defende
contra infeccións e mantén a calor do organismo.
6. ● Linfa: Presente so en vertebrados. A composición da
linfa e parecida a do sangue pero non ten nin
eritrocitos nin plaquetas e transporta unha maior
cantidade de lípidos e leucocitos. Carece de
pigmentos transportadores de osíxeno.
7. Vasos sanguineos
● Son os condutos que forman o sistema vascular e
polos que circulan os líquidos de transporte. Son tres.
● Arterias: Vasos polos que sae o sangue do corazón.
As paredes son grosas, duras e o sangue circula a
presión polo que son elasticas.
● Veas: Vasos polos que entra o sangue o corazón.
Teñen paredes elásticas e delgadas
● Capilares: Neles prodúcese o intercambio de gases e
nutrientes entre as células do organismo e o aparato
circulatorio. As súas paredes están formadas por unha
soa capa de células.
8. O corazón
● É o encargado de impulsar os líquidos de transporte
mediante movementos de contracción e de dilatación.
O movento de contracción chamase sístole e o de
dilatación diástole. Existen varios tipos:
● Tubulares: Teñen forma de tubo. Son
ensanchamentos dos vasos especializados en
contraerse
● Accesorios: Impulsan a circulación nunhas zonas
determinadas.
● Tabicados: Presentan dous tipos de cámaras:
aurículas (por ellas entra o sangue) e ventrículos (por
eles sae o sangue).
9. Tipos de aparatos circulatorios
● Aparello circulatorio aberto: Teñeno os artrópodos e os moluscos
(excepto cefalópodos). Esta caracterizado por que os vasos non sempre
forman un circuito pechado. O líquido de transporte sae dos vasos e está
directamente en contacto coas células do animal. Require un gran volume
sanguíneo para ter unha presión moi baixa. O fluxo sanguineo e lento e iso
condiciona o tamaño do animal. A zona donde esta a hemolinfa sin ser os
vasos chamase hemocele. O corazón ten unha forma tubular e encontrase
na zona dorsal do animal.
10. ● Aparato circulatorio pechado: Os líquidos de transporte
sempre circulan polo interior de un sistema de vasos pechados.
Esta presente en anélidos, cefalópodos e vertebrados. O
aparato circulatorio pechado pode ser simple ou doble e de
circulación imcompleta ou completa.
11. ● Circulación simple: Aparece nos peixes. O sangue so pasa
unha vez polo corazón en cada volta. O corazón e tubular e
consta dunha aurícula e un ventrículo. Ten un seo venoso que
recolle o sangue. O sangue sae do corazón por unha arteria
que vai as branqueas onde se osixena. Distribuese ese sangue
por todo o corpo onde recolle CO2 e regresa o corazón. O
corazón nunca impulsa sangue osixenado.
12. ● Circulación dobre: Dase en anfibios, réptiles, aves e
mamíferos. O sangue pasa dúas veces polo corazón,
seguindo dous circuitos. Son a circulación menor ou
pulmonar e á circulación maior ou sistémica.
● Na menor o sangue sae do ventrículo dereito polas
arterias pulmonares e vai os pulmóns onde se
osixena. Despois volve pola aurícula esquerda a
traves das veas pulmonares.
● Na maior sae do ventrículo esquerdo e vai por todos
os tecidos e volve pola aurícula dereita.
13. Tipos de circulación dobre
● Circulación dobre imcompleta: Dase nos anfibios e na
maioría dos réptiles. O seu corazón esta formado por tres
cavidades, dúas aurículas e un ventrículo. O sangue
osixenado e o sangue sen osíxeno mesturanse no
ventrículo.
● Circulación dobre completa: Dase en aves, mamíferos e
algúns réptiles como os cocodrilos. O corazón esta
dividido en catro cavidades, dúas aurículas e dous
ventrículos. Pola metade esquerda circula o sangue
osixenado e pola metade dereita o sangue sen osixenar.
Os dous tipos de sangue non se mesturan.
14.
15. Aparello circulatorio dos invertebrados
● Moluscos: Excepto os cefalópodos teñen un aparato
circulatorio aberto e un corazón tabicado. Para
mellorar a circulación a traves das branqueas teñen
corazóns accesorios.
● Artrópodos: Teñen un aparello circulatorio aberto cun
corazón tubular e dous pequenos orificios
denominados ostiolos que o conectan co hemocele.
● Anélidos: Teñen un aparato circulatorio pechado
formado por dous vasos lonxitudinais, un en posición
dorsal e outro en posición ventral que estan unidos a
vasos transversais. O sangue movese polo vaso
dorsal de atrás cara adiante e de aí pasa os vasos
tranversais e despois o ventral. Desprazase grazas a
uns vasos denominados agrandamentos contráctiles
que se poden contraer.
16. Aparatos circulatorios dos vertebrados
● Anfibios: O corazón dos
renacuajos funciona como o
dun peixe. Nos anfibios
adultos e tabicados. A súa
circulación e dobre
incompleta.
● Réptiles: A maior parte deles
tamén presentan unha
circulación dobre e
incompleta semellante os
anfibios. A diferencia entre
eles é que o seu ventrículo
esta parcialmente dividido
polo que a mezcla de sangue
e menor. Outros réptiles
como o cocodrilo teñen o
ventrículo dividido por un
tabique como as aves e os
mamíferos.
17. O sistema linfático
● Transporta linfa cara o corazón. Esta formado por
ganglios linfáticos, vasos linfáticos, órganos linfáticos
e tecidos linfáticos.
18. O ciclo cardíaco nos humanos
● O ciclo cardíaco son os procesos que
ocorren no corazón para que se produza un
latexo completo. Nunha persoa adulta en
repousoa frecuencia de latexos é de 75 por
minuto. Un latexo consta de varias etapas:
● Diástole auricular e ventricular: Os
musculos do corazón estan relaxados.
● Sístole auricular e diástole ventricular:
Contraense os músculos das aurículas e o
sangue é impulsado cara ós ventrículos.
● Sístole ventricular e diástole auricular: Os
ventrículos contráense e impulsan o sangue