Mediante a respiración, tomamos osíxeno e 
eliminamos dióxido de carbono.
O osíxeno é necesario para as células.  
O aparello respiratorio consta das vías respiratorias e 
dos pulmóns.
Vías respiratorias: son os condutos polos que o aire 
entra e sae do noso corpo.
 
Pulmóns: son dous órganos esponxosos en que ocorre o 
 intercambio gasoso.
Os movementos respiratorios son:
A inspiración: a caixa torácica expándese e fai 
que os pulmóns tamén se expandan.
A expiración: a caixa torácica contráese, polo 
que os pulmóns se desinchan.
Para expandir e contraer os pulmóns interveñen 
estes músculos: o diafragma e os músculos 
intercostais. 
A excreción consiste na retirada de substancias de refugo 
do sangue para expulsalas ao exterior.
A suor é un liquido que aparece sobre a nosa pel 
cando vai calor ou cando facemos exercicio, co 
obxectivo de refrescar o noso corpo.
A suor fórmase nas glándulas sudoríparas.
Para realizar a función de nutrición hai que 
transportar numerosas substancias.
O sangue é un dos tecidos do noso corpo e é o único 
que é líquido.  Conten as seguintes células sanguíneas: 
 Glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas.
O corazón é un órgano con paredes musculosas que 
impulsan o movemento do sangue por todo o corpo.
Ten aurículas, ventrículo e válvulas. 
É o percorrido que realiza o sangue para pasar  
polos pulmóns.
Ten arterias pulmonares e veas pulmonares.
É o percorrido que realiza o sangue por todo o corpo, excepto 
pulmóns .
Neste percorrido o sangue leva osíxeno a todas   as partes do 
corpo e retira o dióxido de carbono que se produce durante a 
respiración celular.

A nutrición