Irena Sendler

339 views

Published on

Sobre a vida da heroína Irena Sendler

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
339
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
8
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Irena Sendler

1. 1. Irena Sendler A nai dos nenos do Holocausto Hacer click para avanzar
2. 2. Mentres a figura de Oscar Schindler era aclamada polo mundo grazas a Steven Spielberg, quen se inspirou nel para facer a película que conseguiría sete Oscar en 1993, narrando a vida deste industrial alemán que evitou a morte de 1000 xudeus nos campos de concentración, Irena Sendler seguía a ser unha heroína descoñecida fóra de Polonia, e apenas recoñecida no seu país por algúns historiadores, xa que os anos de escurantismo comunista borraran a súa fazaña dos libros oficiais de historia. Ademais ela nunca contou a ninguén nada da súa vida durante aqueles anos.
3. 3. Porén, en 1999 a súa historia empezou a coñecerse, curiosamente, grazas a un grupo de alumnos dun instituto de Kansas e ao seu traballo de final de curso sobre os heroes do Holocausto. Na súa investigación conseguiron moi poucas referencias sobre Irena. Só había un dato sorprendente: salvara a vida de 2.500 nenos .
4. 4.

Como é posíbel que apenas houbese información sobre unha persoa así?

A gran sorpresa chegou cando tras buscar o lugar da tumba de Irena, descubriron que non existía, porque ela aínda vivía, .

Era unha anciá de 97 anos

que vivía nun asilo do centro de Varsovia,

nunha habitación onde nunca faltaban ramos de flores e tarxetas de agradecemento procedentes do mundo enteiro.

5. 5. Cando Alemania invadiu o país en 1939, Irena era enfermeira no Departamento de Benestar Social de Varsovia, que  manexaba os comedores comunitarios da cidade. En 1942 os nazis crearon un ghetto en Varsovia. Irena, horrorizada polas condicións en que se vivía alí, uniuse ao Consello para a Axuda de Xudeus. Conseguiu identificacións da oficina sanitaria, unha de cuxas tarefas era a loita contra as enfermidades contaxiosas. Como os alemáns invasores tiñan medo dunha posible epidemia de tifus, permitían que os polacos controlaran o recinto .
6. 6. Enseguida se puxo en contacto con familias ás que lles ofreceu levar aos seus fillos fóra do ghetto … Pero non lles podía garanter o éxito. Era un momento horroroso, debía convencer aos pais de que lle entregaran os fillos, e  eles preguntaban: "Podes prometerme que o meu neno vivirá?" … pero que podía alguén prometer cando nin sequera se sabía se lograrían saír do ghetto ?
7. 7. As nais e avoas non querían desprenderse dos seus fillos e netos. Irena entendíaas perfectamente, pois ela tamén era nai, e sabía perfectamente que, de todo o proceso que ela levaba a cabo cos nenos, o momento máis duro era o da separación. Ás veces, cando Irena volvía a visitar ás familias para tentar que cambiasen de opinión, xa todos foran llevados ao tren que os conduciría aos campos da morte. Cada vez que lle ocorría algo así, loitaba con máis forza por salvar a máis nenos. O único certo era que os nenos morrerían se permanecían nel.
8. 8. Comezou a sacalos en ambulancias como vítimas de tifus, pero pronto se valeu de todo o que estaba ao seu alcance para escondelos e sacalos de alí: cestos de lixo, caixas de ferramentas, cargamentos de mercadorías, sacos de patacas, cadaleitos... nas súas mans calquera elemento transformábase nunha vía de fuxida. Logrou recrutar polo menos unha persoa de cada un dos dez centros do Departamento de Benestar Social. Coa súa axuda, elaborou centos de documentos falsos con sinaturas falsificadas dándolle identidades temporarias a nenos xudeus.
9. 9. Irena vivía os tempos da guerra pensando nos tempos da paz. Por iso non lle bastaba soamente manter a eses nenos con vida. Quería que un día puideran recuperar os seus verdadeiros nomes, a súa identidade, as súas historias persoais, as súas familias. Entón ideou un arquivo no que rexistraba os nomes dos nenos e as súas novas identidades. Anotaba os datos en pequenos anacos de papel e gardábaos dentro de botes de conserva que logo soterraba baixo unha maceira no xardín do seu veciño. Alí gardou, sen que ninguén o sospeitase, o pasado de 2,500 nenos… ata que os nazis marcharon.
10. 10. Un día os nazis souberon das súas actividades. O 20 de outubro de 1943, Irena Sendler foi detida pola Gestapo e levada á prisión de Pawiak onde foi brutalmente torturada. Nun colchón de palla da súa celda, topou unha estampa vella de Xesucristo. Conservouna como o resultado dun azar milagroso naqueles duros momentos da súa vida, ata o ano 1979, cando lla agasollou a Xoán Pablo II. Irena era a única que sabía os nomes e as direccións das familias que albergaban os nenos xudeus; soportou a tortura e calou.
11. 11. Rompéronlle os pés e as pernas ademais de imporlle innumerables torturas. Porén ninguén puido romper a súa vontade. Foi sentenciada a morte. Sentencia que nunca se cumpriu, porque camiño do lugar da execución, o soldado que a levaba, deixouna fuxir. A resistencia subornárao porque non querían que Irena morrese co segredo da ubicación dos nenos. Oficialmente figuraba nas listas dos executados, así que a partir de entón, Irena continuou a traballar, pero cunha identidade falsa.
12. 12.

Acabada a guerra, ela mesma desenterrou os frascos e utilizou as notas para topar os 2,500 nenos que colocara con familias adoptivas .

Reuniunos cos seus parentes espallados por toda Europa, pero a maioría perdera aos seus familiares nos campos de concentración nazis.

Os nenos só a coñecían polo seu nome clave: Jolanta. Anos máis tarde, a súa historia apareceu nun xornal acompañada de fotos súas da época, varias persoas comezaron a chamala para lle dicir : “ Lembro a túa cara …son un deses nenos, Déboche a miña vida, o meu futuro e quixera verte…”
13. 13. Irena ten na súa habitación centos de fotos con algúns daqueles nenos supervivintes ou con fillos deles.
14. 14. O seu pai, médico, que morreu de tifus cando ela era aínda pequena, inculcoulle o seguinte: “ Axuda sempre a quen está afogando, sen tomar en conta a súa relixión ou nacionalidade. Axudar cada día a alguén ten que ser unha necesidade que saia do corazón”
15. 15. Irena Sendler leva anos nunha silla de rodas, debido ás lesións que arrastra tras as torturas sufridas pola Gestapo. Non se considera unha heroína. Nunca se adxudicou crédito algún polas súas accións. Sempre que se lle pregunta sobre o tema, Irena di: "Podería ter feito máis, e este lamento seguirame ata o día en que eu morra."
16. 16. “ Non se plantan sementes de comida. Plántanse sementes de bondades. Traten de facer un círculo de bondades, estas os rodearán e os farán medrar máis e máis”. Irena Sendler