O 2 de febreiro celébrase o
día da Candeloria
Esta celebración ven de moi
antigo, dos tempos dos
celtas.
En Galicia é o día do
casamento dos paxaros.
Representa o renacer da
natureza pola proximidade da
primavera. Para os
mariñeiros era o comezo da
navegación despois da longa
espera do inverno.
2 de feb. Día da Candeloria
REFRÁNS RELACIONADOS COA CANDELORIA
A partir da Candeloria, ningunha ave
voa soa.
Pola Candeloria, se chove e venta,
inverno entra;
se ri e plora, inverno fóra.
Se a Candeloria chora, o inverno vai
fora.
Se ri, o inverno quere vir.
Mulleres e homes na Candeloria
a recoller madeira…prá fogueira
a paixón nos corpos reborda.
Freguesías e concellos na Candeloria
os santos da igrexa envexan
a sorte das candeas paseadoiras.
Crentes e pagáns bailan na
Candeloria
no entanto lacón, botelo
chourizo, grelo
enchen o bandullo arestora.
Nos tempos da Candeloria
saraibadas, chuvieiras, borrallas
malia a metade do inverno fica fora
Polo mes de antroido na Candeloria
nas aves abrolla a primavera
endiante ningunha voa soa.
A romaxe da Candeloria
que aluma o camiño das almas
dos mortos e sabedoira.
Á xente na Candeloria
fervelle a gorxa co viño novo
as larpeiradas do porco agoira.
No ronsel da Candeloria
festa da luz, da fertilidade
pula nas arelas amadoiras.
En febreiro pola Candeloria
casan os paxariños
e foxen da gaiola.
POEMA « A CANDELORIA» DE LUIS AMADO
BASES
1.- As cartas ou chíos non teñen que ir
dirixidas a ningunha persoa en
particular.
2. Haberá tamén unha modalidade de
carta ou chío de amor dirixido á lingua
galega.
3.-As cartas e/ou chíos, asinadas con
pseudónimo, deberán ir introducidas nun
sobre acompañadas dunha nota na que
se indique o nome, apelidos e curso ao
que pertence o/a concursante.
4.- As cartas e/ou chíos depositaranse,
até o xoves 15 de febreiro, nun buzón
que, para tal fin, se habilitará en fronte a
conserxería.
4.- Se queres, podes enviar cartas, e/ou
chíos fóra de concurso, que serán
entregadas directamente aos seus
destinatarios/as sen pasar polo xurado.
Para isto, debe figurar no sobre, nun
lugar visible, “Fóra de Concurso”, e ir
acompañadas dunha nota na que se
indique o nome e o curso do/a
destinatario/a.
* Os voluntari@s para entregar a
correspondencia nas aulas, poden
apuntarse en vicedirección. Hai un
número limitado de prazas que se
cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
PREMIOS*
• 3 premios para o primeiro ciclo (á mellor
carta e chío de amor); 3 premios para o
segundo ciclo, Bacharelato, Ciclos
Formativos e FP básica (tamén á mellor
carta e chío de amor).
• 3 premios para o primeiro ciclo (á mellor
carta e chío de amor á lingua galega); 3
premios para o segundo ciclo, Bacharelato,
Ciclos Formativos e FP Básica (tamén á
mellor carta e chío de amor á lingua
galega).
* O xurado poderá deixar deserto/s o/s
premio/s se o considera oportuno.

Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor

  • 1.
    O 2 defebreiro celébrase o día da Candeloria Esta celebración ven de moi antigo, dos tempos dos celtas. En Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno. 2 de feb. Día da Candeloria
  • 2.
    REFRÁNS RELACIONADOS COACANDELORIA A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa. Pola Candeloria, se chove e venta, inverno entra; se ri e plora, inverno fóra. Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. Se ri, o inverno quere vir.
  • 3.
    Mulleres e homesna Candeloria a recoller madeira…prá fogueira a paixón nos corpos reborda. Freguesías e concellos na Candeloria os santos da igrexa envexan a sorte das candeas paseadoiras. Crentes e pagáns bailan na Candeloria no entanto lacón, botelo chourizo, grelo enchen o bandullo arestora. Nos tempos da Candeloria saraibadas, chuvieiras, borrallas malia a metade do inverno fica fora Polo mes de antroido na Candeloria nas aves abrolla a primavera endiante ningunha voa soa. A romaxe da Candeloria que aluma o camiño das almas dos mortos e sabedoira. Á xente na Candeloria fervelle a gorxa co viño novo as larpeiradas do porco agoira. No ronsel da Candeloria festa da luz, da fertilidade pula nas arelas amadoiras. En febreiro pola Candeloria casan os paxariños e foxen da gaiola. POEMA « A CANDELORIA» DE LUIS AMADO
  • 5.
    BASES 1.- As cartasou chíos non teñen que ir dirixidas a ningunha persoa en particular. 2. Haberá tamén unha modalidade de carta ou chío de amor dirixido á lingua galega. 3.-As cartas e/ou chíos, asinadas con pseudónimo, deberán ir introducidas nun sobre acompañadas dunha nota na que se indique o nome, apelidos e curso ao que pertence o/a concursante. 4.- As cartas e/ou chíos depositaranse, até o xoves 15 de febreiro, nun buzón que, para tal fin, se habilitará en fronte a conserxería.
  • 6.
    4.- Se queres,podes enviar cartas, e/ou chíos fóra de concurso, que serán entregadas directamente aos seus destinatarios/as sen pasar polo xurado. Para isto, debe figurar no sobre, nun lugar visible, “Fóra de Concurso”, e ir acompañadas dunha nota na que se indique o nome e o curso do/a destinatario/a. * Os voluntari@s para entregar a correspondencia nas aulas, poden apuntarse en vicedirección. Hai un número limitado de prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
  • 7.
    PREMIOS* • 3 premiospara o primeiro ciclo (á mellor carta e chío de amor); 3 premios para o segundo ciclo, Bacharelato, Ciclos Formativos e FP básica (tamén á mellor carta e chío de amor). • 3 premios para o primeiro ciclo (á mellor carta e chío de amor á lingua galega); 3 premios para o segundo ciclo, Bacharelato, Ciclos Formativos e FP Básica (tamén á mellor carta e chío de amor á lingua galega). * O xurado poderá deixar deserto/s o/s premio/s se o considera oportuno.