Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Recomenda un libro!

O alumnado do IES de Melide recomenda lecturas para o Día do Libro 2019

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Recomenda un libro!

  1. 1. Recomenda un libro! Alumnado do IES de Melide 23 de Abril: Día do Libro
  2. 2. La tejedora de la muerte, de Concha López Narváez Relato de misterio con bastantes momentos de terror. O alumnado recoméndao porque: ●conta moitas cousas, e se non estás atento non as comprendes (Diego, S1C). ●me pareceu moi entretido (Lucas Nahuel Grasso, S1C). ●é un libro de misterio ( Sergio Quintás. S1). ●estaba tensa polo que ía pasar (Andrea Valiño, S1B). ●me pareceu unha historia moi interesante (Claudia, S1C)
  3. 3. Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas O alumnado recoméndao porque: ●me pareceu un libro moi entretido, tanto realista como fantástico, realista porque é verdade que hai nenos que morren por enfermidades que son difíciles de curar, e fantástico porque Escarlatina é unha chef do inframundo que se adica a cociñar receitas de vivos e mortos, e vivir aventuras extraordinarias. (Alba, S1B) ●è un libro de moitas aventuras. (Lucas Nahuel, S1C). ●é un libro moi interesante ( Miruna Alexandra S1). ●mentres o lías,estaba tensa polo que ía pasar. (Andrea, S1B) ●o seu contido é emocionante e misterioso. (Rosalía, S1C) ●é moi entretido e non me cansaba de lelo. (Alejandro, S1) ●é moi divertido. (Aarón, S1)
  4. 4. Corredora, de María Reimóndez O alumnado recoméndao porque: ●fala dunha nena que naceu na pobreza, e que, despois dun tempo, se trasladou a Addis Abeba coa súa nai. Empeza a correr e entrenar, a cumprir os seus soños, sen que ninguén llo impida. É un libro moi bonito en galego“ (María, S1C). ●é unha historia de superación deportiva, nun mundo de pobreza e guerras. Ademais permitiume coñecer un país totalmente diferente ó meu, cheo de beleza e tamén de moitas miserias (Martina, S1B).
  5. 5. Virtual hero, de El Rubius
  6. 6. O neno co pixama de raias, de Jonh Boyne
  7. 7. Ás veces quero morrer coa risa, de Birgit Schlieper e Nina Stahl
  8. 8. Oliver Twist, de Charles Dickens
  9. 9. Las brujas, de Roald Dahl
  10. 10. Viernes 13, de David Goodis No marco opresivo dunha casa da que ninguén pode saír desenvólvese VERNRES 13, obra de medo e terror de David Goofis, mestre na descrición da máis despiadada violencia psicolóxica. O alumnado recoméndao porque: ●os libros de medo danme unhas cóxegas internas moi interesantes (Álvaro, S1C).
  11. 11. Friday 13th, de Justin Gray e Jimmy Palmiotti
  12. 12. Los secretos de YouTube, de TheGrefg TheGrefg, youtuber con 6,5 millóns de seguidores no seu canle principal, opina sobre o tema e comparte as súas reflexións sobre esta plataforma de internet. O alumnado recoméndao porque: ●me gusta que unha persoa conte os segredos que hai detrás das cámaras (Siro, S1C). ●destapa segredos dunha plataforma (Eder, S3B)
  13. 13. Harry Potter, de J. K. Rowling
  14. 14. Querido hijo: estás despedido, de Jordi Sierra i Fabra
  15. 15. Timantti, de Rebeca Stones
  16. 16. Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz O pintor Adrián Novoa compra unha casa nunha aldea de Galiza. É a casa dos seus soños. Nela quere atopar a paz necesaria para explorar novos camiños na súa pintura. Pero a casa esconde un gran misterio que atrapa a Novoa como un imán. O noso alumnado recoméndao porque: ●é un libro moi entretido e de rápida lectura (Xana, S1C)
  17. 17. Assasing Creed,de Oliver Bowden
  18. 18. Los futbolísimos, de Roberto Santiago
  19. 19. Avións de papel, de Xabier Estévez
  20. 20. Cuentos macabros, de Edgar Allan Poe
  21. 21. El fantasma de Canterville, de Oscar Wilde
  22. 22. Sadako e as mil grúas de papel, de Eleanor Coerr
  23. 23. Corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas
  24. 24. El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra Un profesor propón ós seus alumnos un xogo como exame para aprobar as matemáticas. Pero o venres pola tarde, o profesor aparece ferido e morre ante a asustada mirada dos seus alumnos. Antes de morrer, dilles que no sobre que hai no seu peto indicáselles como buscar o seu asasino. O alumnado recoméndao porque: ●é un libro entretido, que te engancha e mentres o les, queres saber máis e máis ( Leila Melissa, S2)
  25. 25. Rebeldes, de Susan E. Hinton O alumnado recoméndao porque: ●vai de aventuras e coches.(Lucas, S2A) ●o tema do que trata é moi interesante e de actualidade entre os adolescentes. Gústanme os acontecementos que lle suceden e como resolve os problemas o protagonista (Iván Pampín, S3C) ●fala sobre uns amigos que se meten en pelexas e describe como se coidan os uns ós outros pois non teñen pais que o fagan, e tamén por ser de aventuras. (Noemi, S3C) ●me gustaron as aventuras dos protagonistas e como se tiveron que buscar a vida para sobrevivir (Xoel, S2C) ●é unha historia emocionante, cunha trama complexa e bonita. Paréceme un libro perfecto para que o le a máis xente. Ao principio pensei que non me ía gustar, pero despois de lelo converteuse no meu libro favorito (Estela, S2C) ●os protagonistas son rapaces da nosa idade e está moi ben (Xeila, S2C) ●é un libro que consegue que te metas moito no personaxe e, dalgunha maneira, sentir o que el sinte. É moi entretido (Iago, S2C) ●conta a vida duns adolescentes que están en problemas e fai que te poñas no seu lugar. Ademais o argumento está moi ben, os personaxes son moi característicos e todos teñen algo que che gusta (Iria, S4C)
  26. 26. El príncipe de la niebla, de Carlos Ruíz Zafón
  27. 27. Veinte mil leguas de viaje submarino, de Julio Verne
  28. 28. Emily lejos de casa, de L. M. Montgomery
  29. 29. Querido hijo: estamos en huelga, de Jordi Sierra i Fabra O noso alumnado recoméndao pola: ●trama: a resposta dos pais ante un neno que saca malas notas e non lles fai caso, é poñerse en folga e non facerlle caso ó fillo (Hugo Conde, S2A)
  30. 30. La bicicleta es mía, de Carlos Peramo e Mikel Valverde
  31. 31. La cometa de Noah, de Rafael Salmarón
  32. 32. La chica del tren, de Paula Hawkins
  33. 33. Jara e sedal, de Xabier Estévez
  34. 34. Los cinco y el tesoro de la isla, de Enid Blyton
  35. 35. As horas roubadas, de María Solar O noso alumnado recoméndao porque: ●considero que é unha lectura adaptada para mín e para calquera. (David, S3C). ●é un libro no que os personaxes son rapaces da nosa idade e trata sobre os seus amores e cousas que pasan no día a día. (Héctor, S3A) ●é fácil de ler e é entretido. (Noelia , S3A) ●trata do amor, dos sentimentos. Tamén hai misterios. A historia acontece no ano 1974, cando aínnda non fora aprobada a lei do divorcio, e por ela entereime de cousas que non sabía. (Uxía, S3B) ●pareceume unha historia bonita e romántica, cunha trama moi interesante. (Pablo, S3B) ●transmítenos que para o amor non hai idade. (S3B) ●me gusta como está contada a historia e a evolución dos personaxes. (Raquel, S3C) ●ten unha trama moi interesante e bonita, con cousas que poden pasar na realidade; e tamén nos amosa o que sufrían as mulleres naquela época. (Candela, S3B) ●é moi entretida e cun final sorprendente. (Sara, S3B)
  36. 36. After,de Anne Tod
  37. 37. El Conde Lucanor,de Don Juan Manuel
  38. 38. Fariña,de Nacho Carretero
  39. 39. El ladrón del rayo,de Rick Riordan
  40. 40. Love you,de Estrelle Maskame
  41. 41. Las lágrimas de Shiva,de César Marroquí
  42. 42. El Lazarillo de Tormes (Anónimo )
  43. 43. La Celestina, de Fernando de Rojas
  44. 44. Konrad o el niño que se salió de una lata de conservas, de Christine Nöstlinger Konrad, un rapaz de sete anos, chegou á casa da señora Bartolotti e o seu marido a través de correos, no interior dunha lata de conservas. Este matrimonio trátao como a un fillo. Pasado un tempo, a fábrica que enviara a conserva lévase a Konrad alegando que o envío fora unha equivocación.A señora Bartolotti, o seu marido e unha amiga do cole de Konrad loitarán para recuperalo. O noso alumnado recoméndao: ●polas diferentes temáticas que trata, polo seu ambiente e tamén polos personaxes (Iván, S3A)
  45. 45. Omnia. Todo lo que puedas soñar, de Laura Gallego
  46. 46. Crenshaw. O gato invisible, de Katherine Applegate
  47. 47. Cazadores de sombras, de Cassandra Clare
  48. 48. El héroe perdido, de Rick Riordan
  49. 49. Sueña, de Lisa McMann Desde nena a vida de Janie non foi fácil. Ademais de medrar sen pai e ser criada por unha nai alcohólica, Janie esconde un terrible segredo: é absorbida polos soños de todo aquel que se queda durmido ó seu arredor, converténdose en testemuña involuntaria de fantasías e angustiosos pesadelos. Un poder que a deixa exhausta e que debe aprender a controlar se non quere poñer a súa vida en perigo…Coñece a Cabel no instituto, do que se está namorando sen saber quen é en realidade: o mozo perfecto que parece ...ou o ser escuro no que se transforma cando soña. O alumnado recoméndao: ●pola trama (unha rapaza que, involuntariamente, métese nos soños dos demais) e porque engancha moito.
  50. 50. El niño que vivía en las estrellas, de Jordi Sierra i Fabra
  51. 51. A dúbida, de María Reimóndez
  52. 52. 100 veces por segundo, de Jonan Wiergo
  53. 53. Nena e o mar, de Érica Esmorís
  54. 54. Prohibido, de Tabhita Suzuma
  55. 55. Elena, unha vida ó galope, de Nele Neuhaus
  56. 56. High school DXD, de Ichiei Ishibumi
  57. 57. Wonder. La lección de August, de R. J. Palacio
  58. 58. Electro, de Javier Ruescas e Manu Carbajo
  59. 59. Crónica de la Torre I: El valle de los lobos, de Laura Gallego O alumnado recoméndao porque: ●ten cousas interesantes en varios aspectos: engancha moito pois ten varios capítulos de suspense (como quen di: “non puiden respirar até o final do capítulo); os personaxes son descritos de forma que son facilmente imaxinables (a min o que máis me gusta é Ferris); e gústame a forma na que se relata a vida da protagonista, Dara, e para que vos entre a curiosidade, contareivos que sempre a acompañan un morto adolescente e e un homo-lobo na súa vida como maga. Este é o primeiro libro dunha saga de catro,(Lydia, S2C) ●é un libro de fantasía e a mín gústanme este tipo de libros, ademais ten moito misterio (Alejandro, S2C) ●(Laura, S2C)
  60. 60. El chico de las estrellas, de Chris Pueyo
  61. 61. Diario de Gree 5: la cruda realidad, de Jeff Kinney
  62. 62. Marianela, de Benito Pérez Galdós
  63. 63. Nunca seré tu héroe, de María Menéndez- Ponte
  64. 64. Black clover, de Yûki Tabata
  65. 65. Orgullo y prejuicio, de Jane Austen
  66. 66. El Parque prohibido, de Andrés Ibáñez
  67. 67. El perro que me cambió la vida, de John y George
  68. 68. Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro
  69. 69. Bajo la misma estrella, de Jonh Green
  70. 70. Como ser muller, de Caitlin Moran
  71. 71. As confesións de Carlota Doyle, de Avi
  72. 72. Fairy Tail, de Hiro Mashima
  73. 73. Amor y asco, de Bebi Fernández
  74. 74. Los Menechmos, de Plauto
  75. 75. Made in Galiza, de Sechu Sende
  76. 76. La vida es un chiste, de Zorman
  77. 77. Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala
  78. 78. Las marcas de la muerte, de Verónica Roth
  79. 79. Follas Novas, de Rosalía de Castro O alumnado recoméndao da seguinte maneira: ●Din que todos os libros agochan un segredo. En cada poesía deste libro Rosalía amósanos os segredos da sociedade galega, as inxustizas, o silencio dos de abaixo e os abusos dos da clase alta. Un libro cheo de segredos que ti podes descubrir. (Alba, B1B)
  80. 80. Historia de una escalera, de Antonio Buero Vallejo
  81. 81. La fundación, de Antonio Buero Vallejo
  82. 82. La verdad sobre el caso Savolta, de Eduardo Mendoza
  83. 83. El cuaderno de Noah, de Nicholas Saprks
  84. 84. El resplandor, de Stepehen King Jack Torrance, profesor de inglés en paro, escritor e alcohólico en rehabilitación, acepta a oferta de facerse cargo do cuidado do hotel Overlook, en Colorado, durante o inverno. Trasládase alí coa súa muller e o seu fillo Danny. O horror desátase no hotel durante a estancia dos Torrance. No centro da trama a capacidade de Danny para comunicarse telepaticamente, ver o pasado, anticipar o futuro e detectar presenzas ocultas para o resto. O alumnado recoméndao porque: ●as novelas deste autor so sempre brillantes e nunca decepcionan, é todo un mestre do terror. (Anxo, B2B)
  85. 85. Detéxtonos, de Xabier Xil Xardón O alumnado recoméndao porque: ●me gusta a poesía; este libro contén poesía moderna, diferente, e emprega recursos que non son moi comúns (B2B)
  86. 86. El retrato de Dorian Grey, de Oscar Wide
  87. 87. El señor de los anillos, de J. R. R. Tolkien
  88. 88. Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez
  89. 89. O elefante desaparece, de Haruki Murakami
  90. 90. O diario de Anne Frank, de Anne Frank
  91. 91. 1984, de George Orwell
  92. 92. Manifiesto comunista, de Karl Marx e Fiedrich Engels
  93. 93. Palabras envenedadas, de Karl Maite Carranza
  94. 94. Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini
  95. 95. El susurro de la caracola , de Máxim Huerta A vida de Ángeles Alarcón, muller que se gaña a vida facendo pequenos arranxos ás súas veciñas, cambiará radicalmente a partir do momento no que ve a imaxe de Marcos Caballero, o protagonista da película de moda, nun cartel na Gran Vía. O alumnado recoméndao porque ●é unha novela emotiva, con moito sentimento, escrita de forma sinxela e maxistral. Ó principio pode resultar un pouco aburrida, pero según a vas lendo, vaite enganchando. (Helena, B2A)
  96. 96. Pídeme lo que quieras, de Megan Maxwell
  97. 97. Moitísimas gracias a todo o alumnado participante! Se queredes facer máis suxestións, enviade as vosas recomendacións a través do blog da biblioteca ou entregádeas persoalmente na biblioteca, e serán engadidas a esta presentación.

×