SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
Manifesto Horizonte 2040
A universidade das PERSOAS
	
Estamos nun momento fundamental para o devir da nosa universidade. Cómpre
agora programar a universidade que queremos no futuro e prever os pasos que hai que dar
para atinxir as máximas cotas de calidade docente, investigadora, de transferencia e de
xestión para dar o mellor servizo posíbel á sociedade que nos sustenta.
Un dos sinais de identidade da Universidade de Vigo dende a súa creación foi a
aposta polos principios de igualdade, mérito e capacidade. Estes principios fixéronnos ser
quen de captar persoal da máxima cualificación e poder sermos competitivos a nivel
mundial. Nos últimos tempos a situación está a mudar negativamente por distintas causas.
Temos un problema de relevo xeracional importante. Temos un problema de planificación e
organización interna do noso cadro de persoal. Temos un problema coa excesiva
xudicialización da nosa universidade. Temos un problema coa toma de decisións sen contar
coa opinión das persoas (estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos).
Poderiamos seguir enumerando os problemas que nos últimos anos están a lastrar á
nosa universidade. Porén, e aínda sendo coñecedores das dificultades que ten a tarefa, un
grupo de persoas da nosa universidade queremos propoñervos cambios que sirvan para
mudar a situación actual e preparar a Universidade de mediados do século XXI.
Sabemos que os mellores activos da nosa Universidade son todas as PERSOAS que
forman a comunidade universitaria. Xa que logo, cumprir calquera obxectivo que nos
marquemos como Universidade pasa por contar e pór en primeiro plano ao
ESTUDANTADO e ao PERSOAL DOCENTE, INVESTIGADOR E DE
ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS.
En primeiro lugar, aspiramos a dar a mellor formación universitaria ao noso
ESTUDANTADO. O Plan “Bolonia”, á marxe das controversias suscitadas, supuxo un
cambio na formulación do concepto de docencia universitaria: dar unha formación máis
individualizada, máis titorizada, en definitiva, unha formación que pensa nas PERSOAS.
Queremos tamén que os nosos EGRESADOS/AS sexan os mellores embaixadores/as da
nosa universidade, o que pasa por rematar coa actual desafección dos nosos estudantes
respecto da súa Universidade, conseguindo que se involucren en todas as facetas da vida
universitaria.
A promoción do PDI debe facerse segundo os principios de igualdade, mérito e
capacidade, e a recoñecemos como un dereito ligado ós méritos individuais dos candidatos.
No sistema actual de promoción do noso PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR
non hai nin compromisos temporais nin regras claras que permanezan no tempo. Nós
aspiramos a que todos os/as profesionais coñezan as regras, e que estas sexan sinxelas e
estábeis ó longo do tempo. Desexamos que o noso PERSOAL DOCENTE E
INVESTIGADOR atinxa as máximas cotas posibles de recoñecemento e de promoción.
Para nós e innegociábel que a igualdade, o mérito e a capacidade sirvan
como garantías da procura da excelencia.
O Plan Bolonia, ademais dun cambio notábel na ensinanza, supuxo un incremento
dos esforzos que o noso persoal debe dedicar a tarefas burocráticas, especialmente
aqueles/as que teñen que participar directamente nos sistemas de garantía de calidade.
Somos conscientes de que a xeración de evidencias é importante para a posterior toma de
decisións que nos permita cumprir cos obxectivos establecidos, pero o que non pode
ocorrer é que o proceso administrativo se converta nun fin en si mesmo. Asemade, moitas
das tarefas relativas a pedidos gravitan sobre os ombreiros do PERSOAL DOCENTE e
INVESTIGADOR. Se sumamos a complexidade crecente das aplicación informáticas que
aínda non son as axeitadas, moitas veces rende o desánimo. En consecuencia, con estas
premisas, pretendemos, na medida do posíbel, desembrollar o novelo burocrático e
aliviar as tarefas burocráticas na que estamos inmersos/as para mellorar a satisfacción
do noso PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR.
Neste mesmo senso, evitaremos as rixideces que non veñan obrigadas por normativa
superior. Pretendemos recuperar FEUGA como unha ferramenta máis ao servizo dos
investigadores/as, especialmente dos/as que fan transferencia. Pretendemos evitar os
requirimentos excesivos de xustificación que non sexan obrigados (como os relativos aos
gastos de baixa contía, ou os relativos á asistencia a congresos, ou as dietas polo traballo de
campo, por exemplo).
É obvio que a situación burocrática descrita tamén afecta de forma fundamental ao
PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS, polo que deben xogar un papel
esencial na súa racionalización. Cremos que se pode asignar de xeito máis eficiente os
recursos humanos, repensando a RPT e modificándoa, como debería ser, todos os anos, de
xeito que o servizo sexa mellor e que os/as profesionais poidan desenvolver dignamente o
seu traballo. Este traballo relativo á RPT pretendemos que sexa negociado, e non imposto, e
que supoña tamén unha verdadeira carreira profesional.
Somos conscientes de que para a comunidade universitaria internacional a valoración
das capacidades dunha universidade (e, polo tanto, do seu persoal docente e investigador)
tamén está directamente ligada á xeración de coñecementos. Nun momento en que
empezan a existir problemas para recuperar o pulo na investigación, é preciso afondar nos
procesos de captación e posterior retención de talento. As ferramentas de captación,
externas e internas, deben estar abertos para permitir o fluxo de CAPITAL HUMANO cara
á mellora da institución, tendo en conta as particularidades de cada ámbito.
Para acadar todos estes obxectivos temos que ser quen de rematar coa actual
política, que poderíamos cualificar de obsesiva, de constrinximento absoluto dos cadros de
persoal, eliminando as ferramentas cada vez máis complexas definidas para xustificala, e
instaurando uns criterios claros, obxectivos, estables, cunha adecuada valoración de todas as
actividades e baseados nas necesidades reais, que permitan unha adecuada planificación a
medio e longo prazo. Nesta dirección, é obvio que temos centros e departamentos con
claras necesidades de PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR, así como ratios moi baixas
de PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS.
Finalmente, construír unha universidade de futuro só é posíbel se
TODOS/AS remamos na mesma dirección e co mesmo sentido. De nada serve,
ter unha capitán con “grandes” ideas se os órganos de goberno ou a
comunidade universitaria non participan desas ideas e non asume, por
descoñecemento, os obxectivos que as moven. Somos unha INSTITUCIÓN na
que TODOS E CADA UN DE NÓS somos importantes e, por tanto, queremos facer
verdadeiro traballo en equipo. É fundamental mudar a cultura do enfrontamento na que
nos atopamos pola do pacto, rebaixando a litixiosidade, recuperando o papel do Claustro
como foro para debater os grandes temas, e convertindo o Consello de Goberno no espazo
de diálogo, debate e acordo entre as diferentes sensibilidades universitarias para a toma de
decisións, procurando acordos a longo prazo cos distintos grupos e colectivos. É a única
maneira de conseguir que as grandes decisión teñan garantía de continuidade no tempo.
Tamén contaremos con ferramentas de mediación, entre as que debe xogar un papel
fundamental a institución do Valedor.
Con todas estas ideas, desenvolveremos unha serie de medidas concretas que serán
a base do noso programa electoral, que pretendemos elaborar en diálogo continuo con
toda a comunidade universitaria. A continuidade na aplicación das políticas previstas
entendemos que servirá para plantexarnos un HORIZONTE no que a Universidade de Vigo
sexa unha universidade pública, de calidade, e de referencia internacional no ano 2040.

More Related Content

Similar to Manifesto horizonte 2040 slideshare

Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Mónica Valderrama Santomé
 
Programa Abreviado Estudiantes
Programa Abreviado EstudiantesPrograma Abreviado Estudiantes
Programa Abreviado Estudiantes
luiscastedo
 
Presentación web
Presentación webPresentación web
Presentación web
mantojo
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Roberto Touza David
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
mercemartinez
 
Claustro programa iesga USC2010
Claustro programa iesga USC2010Claustro programa iesga USC2010
Claustro programa iesga USC2010
Iesga
 

Similar to Manifesto horizonte 2040 slideshare (20)

Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo. Jurjo Torres Santomé
Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo. Jurjo Torres SantoméUn currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo. Jurjo Torres Santomé
Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo. Jurjo Torres Santomé
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PAS
 
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
Obxectivos e liñas de actuación de Nova Universidade 2010
 
Presentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en AjePresentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en Aje
 
DesLigaTe VOLUMEN 2
DesLigaTe VOLUMEN 2DesLigaTe VOLUMEN 2
DesLigaTe VOLUMEN 2
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressed
 
Programa H2040 compromisos xerais.
Programa H2040 compromisos xerais.Programa H2040 compromisos xerais.
Programa H2040 compromisos xerais.
 
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
 
¿Qué es un desayuno informativo? USC
¿Qué es un desayuno informativo? USC¿Qué es un desayuno informativo? USC
¿Qué es un desayuno informativo? USC
 
Programa Abreviado Estudiantes
Programa Abreviado EstudiantesPrograma Abreviado Estudiantes
Programa Abreviado Estudiantes
 
Estudiantes
EstudiantesEstudiantes
Estudiantes
 
Presentación web
Presentación webPresentación web
Presentación web
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
 
Como planificar unha experiencia de Aprendizaxe Servizo?
Como planificar unha experiencia de Aprendizaxe Servizo?Como planificar unha experiencia de Aprendizaxe Servizo?
Como planificar unha experiencia de Aprendizaxe Servizo?
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
 
Programa claustro UVigo 2010
Programa claustro UVigo 2010Programa claustro UVigo 2010
Programa claustro UVigo 2010
 
Crónica tempo de loaira
Crónica tempo de loairaCrónica tempo de loaira
Crónica tempo de loaira
 
Claustro programa iesga USC2010
Claustro programa iesga USC2010Claustro programa iesga USC2010
Claustro programa iesga USC2010
 
Proxectotic
ProxectoticProxectotic
Proxectotic
 
Plan de convivencia
Plan de convivenciaPlan de convivencia
Plan de convivencia
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

Manifesto horizonte 2040 slideshare

  • 1. Manifesto Horizonte 2040 A universidade das PERSOAS Estamos nun momento fundamental para o devir da nosa universidade. Cómpre agora programar a universidade que queremos no futuro e prever os pasos que hai que dar para atinxir as máximas cotas de calidade docente, investigadora, de transferencia e de xestión para dar o mellor servizo posíbel á sociedade que nos sustenta. Un dos sinais de identidade da Universidade de Vigo dende a súa creación foi a aposta polos principios de igualdade, mérito e capacidade. Estes principios fixéronnos ser quen de captar persoal da máxima cualificación e poder sermos competitivos a nivel mundial. Nos últimos tempos a situación está a mudar negativamente por distintas causas. Temos un problema de relevo xeracional importante. Temos un problema de planificación e organización interna do noso cadro de persoal. Temos un problema coa excesiva xudicialización da nosa universidade. Temos un problema coa toma de decisións sen contar coa opinión das persoas (estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos). Poderiamos seguir enumerando os problemas que nos últimos anos están a lastrar á nosa universidade. Porén, e aínda sendo coñecedores das dificultades que ten a tarefa, un grupo de persoas da nosa universidade queremos propoñervos cambios que sirvan para mudar a situación actual e preparar a Universidade de mediados do século XXI. Sabemos que os mellores activos da nosa Universidade son todas as PERSOAS que forman a comunidade universitaria. Xa que logo, cumprir calquera obxectivo que nos marquemos como Universidade pasa por contar e pór en primeiro plano ao ESTUDANTADO e ao PERSOAL DOCENTE, INVESTIGADOR E DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS. En primeiro lugar, aspiramos a dar a mellor formación universitaria ao noso ESTUDANTADO. O Plan “Bolonia”, á marxe das controversias suscitadas, supuxo un cambio na formulación do concepto de docencia universitaria: dar unha formación máis individualizada, máis titorizada, en definitiva, unha formación que pensa nas PERSOAS. Queremos tamén que os nosos EGRESADOS/AS sexan os mellores embaixadores/as da nosa universidade, o que pasa por rematar coa actual desafección dos nosos estudantes
  • 2. respecto da súa Universidade, conseguindo que se involucren en todas as facetas da vida universitaria. A promoción do PDI debe facerse segundo os principios de igualdade, mérito e capacidade, e a recoñecemos como un dereito ligado ós méritos individuais dos candidatos. No sistema actual de promoción do noso PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR non hai nin compromisos temporais nin regras claras que permanezan no tempo. Nós aspiramos a que todos os/as profesionais coñezan as regras, e que estas sexan sinxelas e estábeis ó longo do tempo. Desexamos que o noso PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR atinxa as máximas cotas posibles de recoñecemento e de promoción. Para nós e innegociábel que a igualdade, o mérito e a capacidade sirvan como garantías da procura da excelencia. O Plan Bolonia, ademais dun cambio notábel na ensinanza, supuxo un incremento dos esforzos que o noso persoal debe dedicar a tarefas burocráticas, especialmente aqueles/as que teñen que participar directamente nos sistemas de garantía de calidade. Somos conscientes de que a xeración de evidencias é importante para a posterior toma de decisións que nos permita cumprir cos obxectivos establecidos, pero o que non pode ocorrer é que o proceso administrativo se converta nun fin en si mesmo. Asemade, moitas das tarefas relativas a pedidos gravitan sobre os ombreiros do PERSOAL DOCENTE e INVESTIGADOR. Se sumamos a complexidade crecente das aplicación informáticas que aínda non son as axeitadas, moitas veces rende o desánimo. En consecuencia, con estas premisas, pretendemos, na medida do posíbel, desembrollar o novelo burocrático e aliviar as tarefas burocráticas na que estamos inmersos/as para mellorar a satisfacción do noso PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR. Neste mesmo senso, evitaremos as rixideces que non veñan obrigadas por normativa superior. Pretendemos recuperar FEUGA como unha ferramenta máis ao servizo dos investigadores/as, especialmente dos/as que fan transferencia. Pretendemos evitar os requirimentos excesivos de xustificación que non sexan obrigados (como os relativos aos gastos de baixa contía, ou os relativos á asistencia a congresos, ou as dietas polo traballo de campo, por exemplo). É obvio que a situación burocrática descrita tamén afecta de forma fundamental ao PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS, polo que deben xogar un papel esencial na súa racionalización. Cremos que se pode asignar de xeito máis eficiente os recursos humanos, repensando a RPT e modificándoa, como debería ser, todos os anos, de xeito que o servizo sexa mellor e que os/as profesionais poidan desenvolver dignamente o seu traballo. Este traballo relativo á RPT pretendemos que sexa negociado, e non imposto, e que supoña tamén unha verdadeira carreira profesional. Somos conscientes de que para a comunidade universitaria internacional a valoración das capacidades dunha universidade (e, polo tanto, do seu persoal docente e investigador) tamén está directamente ligada á xeración de coñecementos. Nun momento en que empezan a existir problemas para recuperar o pulo na investigación, é preciso afondar nos procesos de captación e posterior retención de talento. As ferramentas de captación, externas e internas, deben estar abertos para permitir o fluxo de CAPITAL HUMANO cara á mellora da institución, tendo en conta as particularidades de cada ámbito.
  • 3. Para acadar todos estes obxectivos temos que ser quen de rematar coa actual política, que poderíamos cualificar de obsesiva, de constrinximento absoluto dos cadros de persoal, eliminando as ferramentas cada vez máis complexas definidas para xustificala, e instaurando uns criterios claros, obxectivos, estables, cunha adecuada valoración de todas as actividades e baseados nas necesidades reais, que permitan unha adecuada planificación a medio e longo prazo. Nesta dirección, é obvio que temos centros e departamentos con claras necesidades de PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR, así como ratios moi baixas de PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS. Finalmente, construír unha universidade de futuro só é posíbel se TODOS/AS remamos na mesma dirección e co mesmo sentido. De nada serve, ter unha capitán con “grandes” ideas se os órganos de goberno ou a comunidade universitaria non participan desas ideas e non asume, por descoñecemento, os obxectivos que as moven. Somos unha INSTITUCIÓN na que TODOS E CADA UN DE NÓS somos importantes e, por tanto, queremos facer verdadeiro traballo en equipo. É fundamental mudar a cultura do enfrontamento na que nos atopamos pola do pacto, rebaixando a litixiosidade, recuperando o papel do Claustro como foro para debater os grandes temas, e convertindo o Consello de Goberno no espazo de diálogo, debate e acordo entre as diferentes sensibilidades universitarias para a toma de decisións, procurando acordos a longo prazo cos distintos grupos e colectivos. É a única maneira de conseguir que as grandes decisión teñan garantía de continuidade no tempo. Tamén contaremos con ferramentas de mediación, entre as que debe xogar un papel fundamental a institución do Valedor. Con todas estas ideas, desenvolveremos unha serie de medidas concretas que serán a base do noso programa electoral, que pretendemos elaborar en diálogo continuo con toda a comunidade universitaria. A continuidade na aplicación das políticas previstas entendemos que servirá para plantexarnos un HORIZONTE no que a Universidade de Vigo sexa unha universidade pública, de calidade, e de referencia internacional no ano 2040.