SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada
que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que
ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da
súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un
número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos.
Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De
xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos
docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e
ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a
ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de
cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da
información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres
evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para
que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde
hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio,
establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia
compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A
pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas,
roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola
Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é
dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir
progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos
que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos
nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os
numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación
y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para
levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos
dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante
fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de
procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses
materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non
seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O
noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas
de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación
desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa
banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será
proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o
noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois
dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a
nivel estatal. Onde quedou ese entusiasmo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode
permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das
nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propia Consellería a que nos
invisibiliza?.

More Related Content

Viewers also liked

ATOPA O TEU LIBRO
ATOPA O TEU LIBROATOPA O TEU LIBRO
ATOPA O TEU LIBROmarichoni
 
Recursos de la web social para bibliotecas públicas: cómo optimizar los servi...
Recursos de la web social para bibliotecas públicas: cómo optimizar los servi...Recursos de la web social para bibliotecas públicas: cómo optimizar los servi...
Recursos de la web social para bibliotecas públicas: cómo optimizar los servi...natalia.arroyo
 
Formación usuarios, buscar libros
Formación usuarios, buscar librosFormación usuarios, buscar libros
Formación usuarios, buscar librosBufolector
 
Bibliotecas Escolares De Galicia. Cristina Novoa
Bibliotecas Escolares De Galicia. Cristina NovoaBibliotecas Escolares De Galicia. Cristina Novoa
Bibliotecas Escolares De Galicia. Cristina NovoaCOBDC
 
Evaluacion del desempeño etapa 4 planeación argumentada
Evaluacion del desempeño etapa 4 planeación argumentadaEvaluacion del desempeño etapa 4 planeación argumentada
Evaluacion del desempeño etapa 4 planeación argumentadaErendira Piñon Aviles
 
Muerte por powerpoint y como diseñar presentaciones efectivas
Muerte por powerpoint  y como diseñar presentaciones efectivasMuerte por powerpoint  y como diseñar presentaciones efectivas
Muerte por powerpoint y como diseñar presentaciones efectivasdaniel silverman
 
Paginas de matematicas
Paginas de matematicasPaginas de matematicas
Paginas de matematicasespanol
 

Viewers also liked (9)

O cómic
O cómicO cómic
O cómic
 
ATOPA O TEU LIBRO
ATOPA O TEU LIBROATOPA O TEU LIBRO
ATOPA O TEU LIBRO
 
Recursos de la web social para bibliotecas públicas: cómo optimizar los servi...
Recursos de la web social para bibliotecas públicas: cómo optimizar los servi...Recursos de la web social para bibliotecas públicas: cómo optimizar los servi...
Recursos de la web social para bibliotecas públicas: cómo optimizar los servi...
 
Formación usuarios, buscar libros
Formación usuarios, buscar librosFormación usuarios, buscar libros
Formación usuarios, buscar libros
 
Viacricis botero
Viacricis boteroViacricis botero
Viacricis botero
 
Bibliotecas Escolares De Galicia. Cristina Novoa
Bibliotecas Escolares De Galicia. Cristina NovoaBibliotecas Escolares De Galicia. Cristina Novoa
Bibliotecas Escolares De Galicia. Cristina Novoa
 
Evaluacion del desempeño etapa 4 planeación argumentada
Evaluacion del desempeño etapa 4 planeación argumentadaEvaluacion del desempeño etapa 4 planeación argumentada
Evaluacion del desempeño etapa 4 planeación argumentada
 
Muerte por powerpoint y como diseñar presentaciones efectivas
Muerte por powerpoint  y como diseñar presentaciones efectivasMuerte por powerpoint  y como diseñar presentaciones efectivas
Muerte por powerpoint y como diseñar presentaciones efectivas
 
Paginas de matematicas
Paginas de matematicasPaginas de matematicas
Paginas de matematicas
 

Similar to Biblioteca (20)

Programa Completo
Programa CompletoPrograma Completo
Programa Completo
 
Programa completo
Programa completoPrograma completo
Programa completo
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
H2040 programa electoral (only text)
H2040 programa electoral (only text)H2040 programa electoral (only text)
H2040 programa electoral (only text)
 
Dúbidas
DúbidasDúbidas
Dúbidas
 
Manifesto horizonte 2040 slideshare
Manifesto horizonte 2040 slideshareManifesto horizonte 2040 slideshare
Manifesto horizonte 2040 slideshare
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
Innovación
InnovaciónInnovación
Innovación
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressed
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
Memoria biblio2019
Memoria biblio2019Memoria biblio2019
Memoria biblio2019
 
Memoria biblio2020
Memoria biblio2020Memoria biblio2020
Memoria biblio2020
 
Pxa 2019 20
Pxa 2019 20Pxa 2019 20
Pxa 2019 20
 
Pxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 webPxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 web
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
 

Recently uploaded

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Biblioteca

  • 1. Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta. Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas
  • 2. de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiasmo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propia Consellería a que nos invisibiliza?.