SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
ENTREVISTAA FRAN GODÓN
Rebeca Vila Villar (4º ESO B)
BIOGRAFÍA
Despois de licenciarse en Filoloxía Galega na USC, Fran compaxina a formación filolóxica posterior coa teatral.
Gradúase como Especialista en Arte Dramática na mesma universidade.
2003: participa na montaxe de Hamlet da Aula de Teatro da USC.
2004: entra a formar parte do elenco da obra O asasino sorrinte de Teatro no Aramio coa que gañan o 2º
premio do certame NaVangarda e coa que se estabiliza o grupo de traballo.
2007: decide dar luz ó seu primeiro traballo de dirección: A última balada, que se estrea no Salón Teatro de
Santiago de Compostela en maio dese ano.
2008: ano no que se centrou máis na aprendizaxe e creación en soporte audiovisual
2009: decide volver dirixir e elixe para facelo un texto propio sobre o que configurar un grupo de traballo
totalmente renovado: Memoria de Ut.
No 2013 xorde Nó Teatro e gaña o VIII Premio Abrente para textos teatrais que convoca a Mostra
Internacional de Teatro de Ribadavia.
ENTREVISTA
RV: -Que é o que te levou a ser dramaturgo e actor?
FG: O primeiro que me gustou do teatro foi velo. Máis alá dalgunha obriña que faciamos na escola de primaria
(daquela EXB), descubrín o teatro como espectador, na adolescencia, cando as/os profes do instituto da Pobra nos
levaban a Santiago para ver algunha función. Era unha festa todo o día alá e rematalo cun espectáculo no que unhas
persoas facían aquela maxia diante miña. Encantoume. Xa na universidade ía regularmente ao teatro e procuraba ler
obras teatrais moi diversas: Goldoni, Sartre, Sófocles, Calderón, etc. Formeime en filoloxías e logo fixen un curso de
posgrao de arte dramática. Cando tiña 24 ou 25 anos, por casualidade, vin un anuncio dunhas probas de selección da
Aula de Teatro na USC para a representación de Hamlet (W. Shakespeare) e, como tiña un momento libre,
presenteime. Colléronme e xa enganchei doutra maneira. Descubrín a maxia que se xera dende o outro lado e que
ata ese momento me era descoñecida. Tamén entendín que aquilo era traballo pois ensaiabamos 5, 6, 7 e ata 8
horas, catro días á semana, pero era o traballo máis marabilloso do mundo. Esa é unha certeza que aínda hoxe
asumo: a disciplina, o esforzo e a ilusión son fundamentais para esta profesión. Atopei o medio no que mellor podía
expresar todo o que ata ese momento non puidera transmitir. Era o meu medio perfecto de expresión. A partir de aí
non me detiven: lin, investiguei, adestreime... Lembro que daquela traballaba dende as sete da mañá ata as tres da
tarde descargando peixe no peirao, papando frío no xeo. Logo, á tardiña, collía o Renault Supercinco e ía ata Santiago
(50 km) para ensaiar nunha compañía universitaria na que me metera. Aquilo era fermoso. A partir de aí unha cousa
leva á outra: un día decides probar a dirixir e dáste conta de que non queres contar as preocupacións, historias,
inquietudes doutras persoas, senón as túas propias e xa está. De repente xa non tes moi claro se es autor, director,
actor, iluminador...
Resumindo, non sei se hai unha cousa soa que nos leve a ser actores ou actrices, supoño que todo xunto é a resposta
correcta. Todo o que dixen e moito máis que anda a rebulir dentro dun.
RV: - Cales son os temas que tratas nas túas obras de teatro?
FG: É unha pregunta complexa de responder porque non sempre inicio as miñas propostas da
mesma maneira. Non sempre parto dun tema do que quero falar. Ás veces inicio un texto
pensando nun elenco determinado, outras veces visualizo un espazo e penso nalgo que poida
suceder alí, outras simplemente arrinco cunha pequena idea e logo vai collendo forma.
Depende. Pero como esta resposta non soluciona a cuestión vou tentar concretar máis.
Os temas que acostuman aparecer nas miñas obras xiran arredor do ser humano e as súas
circunstancias, moitas veces das súas miserias. Teño bastante tendencia a que así sexa. Ás
veces dunha maneira máis optimista, outras máis negativa ou derrotada. E gústame que sexan
obras que fagan reflexionar. Moitas veces presento cuestións en lugar de dar respostas. Tento
ofrecer o teatro que a min me gustaría recibir, creo que é o máis honesto que podo facer co
público e comigo mesmo. E gústame un teatro no que non estea todo xa dixerido senón que
sexa preciso recibilo e ilo procesando con calma, incluso despois de ter rematado o
espectáculo. Teño feito obras moi diversas en función dos elencos ou do tipo de compañía cos
que traballei e os temas van aparecendo: a xustiza, a traizón, o amor, o esquecemento, a
tristeza, a ilusión por vivir e case sempre agroman o existencialismo, nunha ou noutra
vertente, e diferentes problemáticas sociais. Mais cando creo un pouco máis libremente tendo
a caer en certa escuridade, en certo mundo macabro de luces e sombras. Un pouco
expresionista, quizais, non sei. Con certo simbolismo no espazo e baseando a peza na
convención (acordo entre público e artistas), nunca nun realismo plano. Repúgnanme as
comedias vulgares e as pezas baleiras, nas que só hai aparencia. Niso si que son firme: na arte
hai que posicionarse e eu ofrezo a miña visión do mundo, aínda que ese cosmos sexa o hábitat
tenebroso do meu interior.
RV: - Cal foi a última obra que representaches? E onde?
FG: A última obra que representei foi 254. Bisesto. É unha obra feita por adolescentes dentro dos obradoiros que eu creei e
dirixo no instituto da Pobra do Caramiñal. É unha obra escrita por min en base ao traballo feito con elas/eles na sala de
ensaios, a través de improvisacións e propostas que eu lles fago. A temática é a do suicidio, un problema moi grave e
silenciado na nosa sociedade. Representámola na Pobra, na Coruña, en Vigo e o 23 de abril tiñamos unha función de novo
na Coruña que non se puido representar por todo isto que estamos a vivir no momento da entrevista, polo que a última
función foi a de Vigo.
RV: - Representaches algunha vez na miña cidade na Coruña? E en que sala?
FG: Si, actuei aí, si. Como actor estiven hai anos. Creo que actuaramos no Fórum Metropolitano. Tamén lembro estar nunha
sala pequena que había antes que se chamaba La Tuerka, na que facían microteatro e obras de pequeno formato. Co teatro
afeccionado fun en diversas ocasións, como actor ou director, ao certame de teatro que se organiza no Calvo Sotelo.
RV:- Foi importante para ti gañar o premio do Teatro de Ribadavia?
FG: Para responder esta pregunta debo situarme dende varias perspectivas e a resposta é, simultaneamente, si e non.
Gañar o Abrente supón que o teu nome aparece en listaxes de dramaturgos/as, en libros de textos, en xornadas de teatro
ou á hora de presentar algún proxecto. Fixo que Fran Godón fose un pouquirrichichiño máis coñecido? Si, por iso estamos a
facer esta entrevista. Na realidade persoal miña, non, non foi importante. Gañar o premio é unha casualidade. Hai traballo
detrás, está claro, pero é unha casualidade. Ás veces incluso unha casualidade inxusta pois temos visto obras, en diferentes
disciplinas artísticas, que non gañaban premios sendo infinitamente mellores que as que saían vitoriosas. Estou seguro de
que ti, que me propós estas preguntas, ou calquera persoa que lea un libro, escoite unha canción, vexa unha película, etc.,
recibirás esa obra que estás a experimentar dunha maneira determinada en función de mil factores distintos: que che doia
a barriga, que esteas feliz, que esteas triste ou o que sexa. Que a miña obra gañase o certame só indica que a unhas
persoas, nun momento concreto, a miña obra gustoulles máis que outras. Non significa máis ca iso. Se non a tivese
presentado ao certame ou se tivese quedado de segunda e nunca ninguén falase de min eu sería peor autor? Eu creo que
non. Igual que hai que saber procesar cando un non gaña ten que saber procesar cando si conflúen estas casualidades. Eu
aborrezo profundamente as accións de ego. Vexo que na sociedade abunda, cada vez máis, unha necesidade de facerse ver
para “incharse por dentro” dunha especie de orgullo que eu considero baleiro. Eu tento fuxir diso. Non me aporta nada bo.
E creo que a esas persoas tampouco. Non presumo se gaño algo ou se algo me sae ben, prefiro pasear polo monte que
estar nunha entrega de premios, non comparto en redes sociais os avances que fago en horticultura. Paréceme unha
necidade valorarse un mesmo en función de premios ou estatísticas e hoxe vivimos nunha época na que se fai alarde dun
“éxito” que para min non ten valor. O éxito, para min, é outra cousa.
RV: - Consideras que o teatro é unha ferramenta útil para traballar con alumnado escolar?
FG: Sen dúbida. Si o é. E de moitas maneiras distintas. Eu levo anos traballando con adolescentes a
expresión a través do teatro e a dramática. Facemos teatro e aprendemos a ser mellores en
capacidades que eu considero fundamentais para a mellora individual e social: traballo colectivo,
entendemento, mellora física, disciplina, responsabilidade, creatividade, ritmo, expresividade,
autocontrol e moitas outras. Igualmente, considero que as dramatizacións poden ser útiles en
momentos concretos da aprendizaxe doutras materias, creo que poden axudar a facer máis
accesibles e levadeiros algúns contidos. Como docente de linguas que son, ademais de teatreiro, ter
feito teatro capacitoume para expresarme mellor e acceder ao alumnado dunha maneira más
eficiente, tanto na expresión como na percepción do feed-back: da mesma maneira que nas táboas
se pode percibir a respiración do público, nunha sesión educativa pódese percibir a atención do
alumnado e iso é fundamental para ser bo docente. Eu creo que a arte dramática e a expresión
deberían ser materias do currículo de secundaria. Todas as capacidades que expresei anteriormente
e ás que podemos sumar a locución, a proxección de voz ou o control da presenza, son necesarias
en moitas facetas da vida e en momentos do máis insospeitados. Cres que nunha entrevista de
traballo, por exemplo, non é importante ofrecer un personaxe determinado? E para ligar, non cres
que transmitir seguridade, elegancia ou empatía son bos recursos? Disto precisariamos falar moito
tempo.
RV: - En que proxectos teatrais estás a traballar agora?
FG: Agora mesmo en superar a miña frustración. A chegada deste virus obrigounos a deter os dous
proxectos nos que estaba a traballar e que ían estrearse a principios de xuño. Espero que poidan
retomarse. Teño cousiñas para escribir pero a verdade é que a cabeza non acompaña ao desexo. O
traballo coa teledocencia e certo desánimo que se instalou en min non me deixan ter a mente moi a
xeito. Espero retomar actividade dentro de pouco.
RV:- Cal consideras que é a situación actual do teatro galego?
FG: Vou ser suave na resposta: incerta. Teño amigos que son técnicos de teatro: a súa profesión é o teatro,
a arte dramática en directo. Están sen traballo e non saben cando van poder volver. Suspendéronse
funcións, aprazáronse outras sen saber moi ben como vai ser o futuro. Unha incerteza moi escura cobre
hoxe a nosa dramática. Compañías, actores e actrices, directoras/es, escenógrafos/as, persoal técnico e
toda a xente que move unha industria que xa antes non estaba a pasar polo mellor momento, tremen
agora cun presente negro e un futuro que non parece que vaia superar o gris.
Alén desta realidade, cando me preguntas por teatro galego non podo evitar unha pregunta: que entendes
ti por teatro galego? Para min é aquel teatro feito en Galicia que, se ten texto, ese texto é pronunciado na
nosa lingua. Por esa beira tampouco son moi optimista. Vivimos unha época de moitas/os dramaturgas/os
dunha diversidade bastante interesante pero que dificilmente chegan a ver convertidos os seus textos en
obras mantidas tempo nos carteis. E máis e máis aspectos dos que poderiamos falar pero é que responder
esta pregunta daría para un libro.
RV: - Que obras de teatro recomendarías a alumnado de 4º ESO?
FG: Depende da persoa. Debería coñecer a persoa para saber propoñerlle un estilo ou unha dramática
determinada e non provocarlle unha urticaria que o apartase definitivamente do teatro. Eu recomendaría
algunha das voces da dramaturxia galega contemporánea. Hoxe en día, como indiquei, hai unha nómina
ampla de dramaturgas e dramaturgos en Galicia. Se contactades coa asociación profesional de dramaturgas
e dramaturgos (Dramaturga), por exemplo, na súa web atoparedes un bo números de persoas que se
dedican á escrita teatral e hai moitos e moitas máis. Non quero citar aquí a ninguén por non deixar de lado
os que non mencione pero cun pouco que busquedes atoparedes boas voces no teatro galego actual. A
vosa profe pode axudarvos. Máis alá disto, eu sempre recomendo á xente que está comezando a formarse
obras que a min me gustaron ou que podo considerar importantes para entender o teatro de maneira
diacrónica. Aos que xa citei antes podemos engadir a Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo ou Euloxio R. Ruibal
(os nosos clásicos contemporáneos) e outros como Brecht, Shakespeare, Lope, Valle, Pina Bausch (ver as
súas coreografías)... Os clásicos nunca estorban, aínda que sexa para ignoralos.

More Related Content

Similar to Fran Godón

Similar to Fran Godón (20)

María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 

More from RemoeaLinguaLinguaGa

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASRemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no InstagramRemoeaLinguaLinguaGa
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasRemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARemoeaLinguaLinguaGa
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfPresentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfAstrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfAtranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...RemoeaLinguaLinguaGa
 
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

More from RemoeaLinguaLinguaGa (20)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
 
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdfO NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
 
lego.pdf
lego.pdflego.pdf
lego.pdf
 
ciencia en galego (1).pdf
ciencia en galego (1).pdfciencia en galego (1).pdf
ciencia en galego (1).pdf
 
CIENCIA EN GALEGO.pdf
CIENCIA EN GALEGO.pdfCIENCIA EN GALEGO.pdf
CIENCIA EN GALEGO.pdf
 
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfPresentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
 
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfAstrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
 
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdfLibro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
 
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
 
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfAtranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
 
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
 
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
 
reseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdfreseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdf
 
O club da calceta.pdf
O club da calceta.pdfO club da calceta.pdf
O club da calceta.pdf
 

Fran Godón

  • 1. ENTREVISTAA FRAN GODÓN Rebeca Vila Villar (4º ESO B)
  • 2. BIOGRAFÍA Despois de licenciarse en Filoloxía Galega na USC, Fran compaxina a formación filolóxica posterior coa teatral. Gradúase como Especialista en Arte Dramática na mesma universidade. 2003: participa na montaxe de Hamlet da Aula de Teatro da USC. 2004: entra a formar parte do elenco da obra O asasino sorrinte de Teatro no Aramio coa que gañan o 2º premio do certame NaVangarda e coa que se estabiliza o grupo de traballo. 2007: decide dar luz ó seu primeiro traballo de dirección: A última balada, que se estrea no Salón Teatro de Santiago de Compostela en maio dese ano. 2008: ano no que se centrou máis na aprendizaxe e creación en soporte audiovisual 2009: decide volver dirixir e elixe para facelo un texto propio sobre o que configurar un grupo de traballo totalmente renovado: Memoria de Ut. No 2013 xorde Nó Teatro e gaña o VIII Premio Abrente para textos teatrais que convoca a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
  • 3. ENTREVISTA RV: -Que é o que te levou a ser dramaturgo e actor? FG: O primeiro que me gustou do teatro foi velo. Máis alá dalgunha obriña que faciamos na escola de primaria (daquela EXB), descubrín o teatro como espectador, na adolescencia, cando as/os profes do instituto da Pobra nos levaban a Santiago para ver algunha función. Era unha festa todo o día alá e rematalo cun espectáculo no que unhas persoas facían aquela maxia diante miña. Encantoume. Xa na universidade ía regularmente ao teatro e procuraba ler obras teatrais moi diversas: Goldoni, Sartre, Sófocles, Calderón, etc. Formeime en filoloxías e logo fixen un curso de posgrao de arte dramática. Cando tiña 24 ou 25 anos, por casualidade, vin un anuncio dunhas probas de selección da Aula de Teatro na USC para a representación de Hamlet (W. Shakespeare) e, como tiña un momento libre, presenteime. Colléronme e xa enganchei doutra maneira. Descubrín a maxia que se xera dende o outro lado e que ata ese momento me era descoñecida. Tamén entendín que aquilo era traballo pois ensaiabamos 5, 6, 7 e ata 8 horas, catro días á semana, pero era o traballo máis marabilloso do mundo. Esa é unha certeza que aínda hoxe asumo: a disciplina, o esforzo e a ilusión son fundamentais para esta profesión. Atopei o medio no que mellor podía expresar todo o que ata ese momento non puidera transmitir. Era o meu medio perfecto de expresión. A partir de aí non me detiven: lin, investiguei, adestreime... Lembro que daquela traballaba dende as sete da mañá ata as tres da tarde descargando peixe no peirao, papando frío no xeo. Logo, á tardiña, collía o Renault Supercinco e ía ata Santiago (50 km) para ensaiar nunha compañía universitaria na que me metera. Aquilo era fermoso. A partir de aí unha cousa leva á outra: un día decides probar a dirixir e dáste conta de que non queres contar as preocupacións, historias, inquietudes doutras persoas, senón as túas propias e xa está. De repente xa non tes moi claro se es autor, director, actor, iluminador... Resumindo, non sei se hai unha cousa soa que nos leve a ser actores ou actrices, supoño que todo xunto é a resposta correcta. Todo o que dixen e moito máis que anda a rebulir dentro dun.
  • 4. RV: - Cales son os temas que tratas nas túas obras de teatro? FG: É unha pregunta complexa de responder porque non sempre inicio as miñas propostas da mesma maneira. Non sempre parto dun tema do que quero falar. Ás veces inicio un texto pensando nun elenco determinado, outras veces visualizo un espazo e penso nalgo que poida suceder alí, outras simplemente arrinco cunha pequena idea e logo vai collendo forma. Depende. Pero como esta resposta non soluciona a cuestión vou tentar concretar máis. Os temas que acostuman aparecer nas miñas obras xiran arredor do ser humano e as súas circunstancias, moitas veces das súas miserias. Teño bastante tendencia a que así sexa. Ás veces dunha maneira máis optimista, outras máis negativa ou derrotada. E gústame que sexan obras que fagan reflexionar. Moitas veces presento cuestións en lugar de dar respostas. Tento ofrecer o teatro que a min me gustaría recibir, creo que é o máis honesto que podo facer co público e comigo mesmo. E gústame un teatro no que non estea todo xa dixerido senón que sexa preciso recibilo e ilo procesando con calma, incluso despois de ter rematado o espectáculo. Teño feito obras moi diversas en función dos elencos ou do tipo de compañía cos que traballei e os temas van aparecendo: a xustiza, a traizón, o amor, o esquecemento, a tristeza, a ilusión por vivir e case sempre agroman o existencialismo, nunha ou noutra vertente, e diferentes problemáticas sociais. Mais cando creo un pouco máis libremente tendo a caer en certa escuridade, en certo mundo macabro de luces e sombras. Un pouco expresionista, quizais, non sei. Con certo simbolismo no espazo e baseando a peza na convención (acordo entre público e artistas), nunca nun realismo plano. Repúgnanme as comedias vulgares e as pezas baleiras, nas que só hai aparencia. Niso si que son firme: na arte hai que posicionarse e eu ofrezo a miña visión do mundo, aínda que ese cosmos sexa o hábitat tenebroso do meu interior.
  • 5. RV: - Cal foi a última obra que representaches? E onde? FG: A última obra que representei foi 254. Bisesto. É unha obra feita por adolescentes dentro dos obradoiros que eu creei e dirixo no instituto da Pobra do Caramiñal. É unha obra escrita por min en base ao traballo feito con elas/eles na sala de ensaios, a través de improvisacións e propostas que eu lles fago. A temática é a do suicidio, un problema moi grave e silenciado na nosa sociedade. Representámola na Pobra, na Coruña, en Vigo e o 23 de abril tiñamos unha función de novo na Coruña que non se puido representar por todo isto que estamos a vivir no momento da entrevista, polo que a última función foi a de Vigo. RV: - Representaches algunha vez na miña cidade na Coruña? E en que sala? FG: Si, actuei aí, si. Como actor estiven hai anos. Creo que actuaramos no Fórum Metropolitano. Tamén lembro estar nunha sala pequena que había antes que se chamaba La Tuerka, na que facían microteatro e obras de pequeno formato. Co teatro afeccionado fun en diversas ocasións, como actor ou director, ao certame de teatro que se organiza no Calvo Sotelo. RV:- Foi importante para ti gañar o premio do Teatro de Ribadavia? FG: Para responder esta pregunta debo situarme dende varias perspectivas e a resposta é, simultaneamente, si e non. Gañar o Abrente supón que o teu nome aparece en listaxes de dramaturgos/as, en libros de textos, en xornadas de teatro ou á hora de presentar algún proxecto. Fixo que Fran Godón fose un pouquirrichichiño máis coñecido? Si, por iso estamos a facer esta entrevista. Na realidade persoal miña, non, non foi importante. Gañar o premio é unha casualidade. Hai traballo detrás, está claro, pero é unha casualidade. Ás veces incluso unha casualidade inxusta pois temos visto obras, en diferentes disciplinas artísticas, que non gañaban premios sendo infinitamente mellores que as que saían vitoriosas. Estou seguro de que ti, que me propós estas preguntas, ou calquera persoa que lea un libro, escoite unha canción, vexa unha película, etc., recibirás esa obra que estás a experimentar dunha maneira determinada en función de mil factores distintos: que che doia a barriga, que esteas feliz, que esteas triste ou o que sexa. Que a miña obra gañase o certame só indica que a unhas persoas, nun momento concreto, a miña obra gustoulles máis que outras. Non significa máis ca iso. Se non a tivese presentado ao certame ou se tivese quedado de segunda e nunca ninguén falase de min eu sería peor autor? Eu creo que non. Igual que hai que saber procesar cando un non gaña ten que saber procesar cando si conflúen estas casualidades. Eu aborrezo profundamente as accións de ego. Vexo que na sociedade abunda, cada vez máis, unha necesidade de facerse ver para “incharse por dentro” dunha especie de orgullo que eu considero baleiro. Eu tento fuxir diso. Non me aporta nada bo. E creo que a esas persoas tampouco. Non presumo se gaño algo ou se algo me sae ben, prefiro pasear polo monte que estar nunha entrega de premios, non comparto en redes sociais os avances que fago en horticultura. Paréceme unha necidade valorarse un mesmo en función de premios ou estatísticas e hoxe vivimos nunha época na que se fai alarde dun “éxito” que para min non ten valor. O éxito, para min, é outra cousa.
  • 6. RV: - Consideras que o teatro é unha ferramenta útil para traballar con alumnado escolar? FG: Sen dúbida. Si o é. E de moitas maneiras distintas. Eu levo anos traballando con adolescentes a expresión a través do teatro e a dramática. Facemos teatro e aprendemos a ser mellores en capacidades que eu considero fundamentais para a mellora individual e social: traballo colectivo, entendemento, mellora física, disciplina, responsabilidade, creatividade, ritmo, expresividade, autocontrol e moitas outras. Igualmente, considero que as dramatizacións poden ser útiles en momentos concretos da aprendizaxe doutras materias, creo que poden axudar a facer máis accesibles e levadeiros algúns contidos. Como docente de linguas que son, ademais de teatreiro, ter feito teatro capacitoume para expresarme mellor e acceder ao alumnado dunha maneira más eficiente, tanto na expresión como na percepción do feed-back: da mesma maneira que nas táboas se pode percibir a respiración do público, nunha sesión educativa pódese percibir a atención do alumnado e iso é fundamental para ser bo docente. Eu creo que a arte dramática e a expresión deberían ser materias do currículo de secundaria. Todas as capacidades que expresei anteriormente e ás que podemos sumar a locución, a proxección de voz ou o control da presenza, son necesarias en moitas facetas da vida e en momentos do máis insospeitados. Cres que nunha entrevista de traballo, por exemplo, non é importante ofrecer un personaxe determinado? E para ligar, non cres que transmitir seguridade, elegancia ou empatía son bos recursos? Disto precisariamos falar moito tempo. RV: - En que proxectos teatrais estás a traballar agora? FG: Agora mesmo en superar a miña frustración. A chegada deste virus obrigounos a deter os dous proxectos nos que estaba a traballar e que ían estrearse a principios de xuño. Espero que poidan retomarse. Teño cousiñas para escribir pero a verdade é que a cabeza non acompaña ao desexo. O traballo coa teledocencia e certo desánimo que se instalou en min non me deixan ter a mente moi a xeito. Espero retomar actividade dentro de pouco.
  • 7. RV:- Cal consideras que é a situación actual do teatro galego? FG: Vou ser suave na resposta: incerta. Teño amigos que son técnicos de teatro: a súa profesión é o teatro, a arte dramática en directo. Están sen traballo e non saben cando van poder volver. Suspendéronse funcións, aprazáronse outras sen saber moi ben como vai ser o futuro. Unha incerteza moi escura cobre hoxe a nosa dramática. Compañías, actores e actrices, directoras/es, escenógrafos/as, persoal técnico e toda a xente que move unha industria que xa antes non estaba a pasar polo mellor momento, tremen agora cun presente negro e un futuro que non parece que vaia superar o gris. Alén desta realidade, cando me preguntas por teatro galego non podo evitar unha pregunta: que entendes ti por teatro galego? Para min é aquel teatro feito en Galicia que, se ten texto, ese texto é pronunciado na nosa lingua. Por esa beira tampouco son moi optimista. Vivimos unha época de moitas/os dramaturgas/os dunha diversidade bastante interesante pero que dificilmente chegan a ver convertidos os seus textos en obras mantidas tempo nos carteis. E máis e máis aspectos dos que poderiamos falar pero é que responder esta pregunta daría para un libro. RV: - Que obras de teatro recomendarías a alumnado de 4º ESO? FG: Depende da persoa. Debería coñecer a persoa para saber propoñerlle un estilo ou unha dramática determinada e non provocarlle unha urticaria que o apartase definitivamente do teatro. Eu recomendaría algunha das voces da dramaturxia galega contemporánea. Hoxe en día, como indiquei, hai unha nómina ampla de dramaturgas e dramaturgos en Galicia. Se contactades coa asociación profesional de dramaturgas e dramaturgos (Dramaturga), por exemplo, na súa web atoparedes un bo números de persoas que se dedican á escrita teatral e hai moitos e moitas máis. Non quero citar aquí a ninguén por non deixar de lado os que non mencione pero cun pouco que busquedes atoparedes boas voces no teatro galego actual. A vosa profe pode axudarvos. Máis alá disto, eu sempre recomendo á xente que está comezando a formarse obras que a min me gustaron ou que podo considerar importantes para entender o teatro de maneira diacrónica. Aos que xa citei antes podemos engadir a Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo ou Euloxio R. Ruibal (os nosos clásicos contemporáneos) e outros como Brecht, Shakespeare, Lope, Valle, Pina Bausch (ver as súas coreografías)... Os clásicos nunca estorban, aínda que sexa para ignoralos.