SlideShare a Scribd company logo
1. Cantos anos tes? Teño 65 anos.
2. Que lembras da túa infancia? Lembro unha infancia feliz,
criándome co meu pai, a miña nai e as miñas irmás.
3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai? A miña nai dedicábase a
traballar na casa e máis fóra, e o meu pai era carpinteiro e canteiro
4. Que comías? Pan, caldo, leite, ovos, papas, sopa de cabalo cansado
(sopas de viño).
5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Si,
estabamos todos xuntos.
6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? Dalgúns moi bos
recordos, doutros moi malos, eran máis listos que os de agora. Había
unha profesora que conectaba moi ben cos cativos e era moi boa;
tíñanlle todos moito respecto.
7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches
a traballar? Si, e máis aprendín a coser; traballei no forestal.
Comecei a traballar aos 14 anos.
8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por
parte dos teus pais? Tiven dúas irmás e non había diferenzas entre
nós; eu era a máis mimada porque era a máis nova (13 anos de
diferenza).
9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado? Si, tiven
11 fillos, un equipo de fútbol, tres mulleres e oito homes, dous
morreron. Coñecímonos nunha festa.
10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches
que quedar na casa? Tiven que quedar na casa.
11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época?
Bailando, daquela non había cubatas nin “merdallada” desa;
xuntabamos máis de 20 mozos e mozas.
12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos
liberdades que agora? Para algunhas cousas foi boa, para os vellos,
por exemplo, e para outras cousas foron moi malas, por exemplo os
que non foron á guerra, porque a algúns os mataban. Home claro que
había menos liberdade, pero máis educación e respecto.
13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller?
Non.
14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación
da muller? En que aspectos? Que hai máis liberdade do que está a
xente preparada para ela, e moi pouco respecto e educación. Si, creo
que mellorou a situación da muller, agora moitas poden valerse por si
mesmas.
15. Yaiza Abeal Freijomil (3º da ESO) entrevistando a unha
muller da súa familia de 65 anos.
1. Cantos anos tes? Teño 81 anos.
2. Que lembras da túa infancia? Ía á escola, e ao monte coas ovellas e
as cabras cos demáis veciños; como tiñamos que estar moito tempo,
levabamos comida; os nenos collían coellos e asábanos no monte,
cunha sartén que tiñan escondida.
3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai?Miña nai era costureira e
tamén era a que levaba a casa. O meu pai era zoqueiro e carpinteiro.
4. Que comías? Comiamos leite, caldo, patacas cocidas con rostrido
(sofrito), pan de mestura e pouca carne.
5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Fun á
escola pero pouco tempo. Había un mestre para os nenos e unha
mestra para as nenas.
6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? A miña mestra era
bastante boa e moi respectuosa con todos nós. Ensinabanos a coser e a
bordar.
7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches
a traballar? Non, sempre estiven na casa; de pequeniña ía cos animais
ao monte.
8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por
parte dos teus pais? Eramos eu e máis catro irmáns; para os meus
pais eramos todos iguais.
9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado?
Si, casei aos 24 anos e tiven 6 fillos. Pois íamos aos salóns de baile
sempre que podíamos e ás festas no verán. Os homes andaban polos
camiños de noite e moceabamos na porta da casa, sen entrar. O home
petaba tres veces na porta para que a moza soubese que era el e que
estaba alí, é ía xunto del á porta.
10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches
que quedar na casa? Quedei na casa axudando aos meus pais.
11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época?
Íamos ás festas todos os do lugar xuntos, andando; chegabamos e as
mulleres comprabas as rosquillas e os homes as bebidas. Bailabamos
todos á noite, uns cos outros, e despois cada un levaba á súa moza a
casa.
12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos
liberdades que agora? Nesa época había que ter moito respecto e
moito coidado co que se dicía, había moito medo. Na ditadura non
había liberdade ningunha.
13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller?
Non, na casa eramos todos iguais.
14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación
da muller? En que aspectos? Antes non había ningunha muller
traballando fóra da casa, quedabamonos coidando aos fillos e aos pais.
15. Ana González Fernández (2º da ESO) entrevistando a unha
muller da súa familia de 81 anos.
1. Cantos anos tes? Teño 56 anos.
2. Que lembras da túa infancia? Moita miseria.
3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai? A miña nai compostora
(compoñedora) e o meu pai traballaba no campo.
4. Que comías? Caldo, leite, carne de porco..., o que había, e
cando íamos á feira de A Viña, pescado.
5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Ía, e había
nenos e nenas todos mesturados.
6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? Eramos 100 nenos
máis ou menos, e eran un mestre e unha mestra.
7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches
a traballar? Aos 30 anos nunha lavandería nun colexio de educación
especial en Betanzos.
8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por
parte dos teus pais? Tiña dous, e os meus pais queríanos aos tres
por igual.
9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado? Si, casei e
tiven dous fillos e coñecino nunha festa.
10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches
que quedar na casa? Quedei na casa porque quixen.
11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época?
Íamos a pé; pasábase moi ben; e se se ía lonxe, íamos no bus.
12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos
liberdades que agora? Recordo que non saíamos sen permiso dos
pais.
13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller?
Non.
14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación
da muller? En que aspectos? Si, mellorou moitísimo. Antes non
eramos tan libres.
15. Raúl Rodríguez Fernández (1º da ESO) entrevistando a unha
muller da súa familia de 56 anos.

More Related Content

Similar to Entrevistas

Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celiasatelite1
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avososnososavos
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixidoosnososavos
 
Editado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozoEditado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozosatelite1
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
vilabarreiro
 
Nosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundoNosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundobibliobrozos
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60
satelite1
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clasesbiblioperillo
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
satelite1
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
opapaventos
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
satelite1
 
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdfAs escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
Berta Campos
 
Similar to Entrevistas (20)

Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Plantilla
PlantillaPlantilla
Plantilla
 
Eusonhenrique
EusonhenriqueEusonhenrique
Eusonhenrique
 
Editado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozoEditado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozo
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Nosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundoNosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundo
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clases
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdfAs escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
 
More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
satelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
satelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
satelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
satelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
satelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
satelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
satelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
satelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
satelite1
 
More from satelite1 (20)

Entrevistas

  • 1.
  • 2. 1. Cantos anos tes? Teño 65 anos. 2. Que lembras da túa infancia? Lembro unha infancia feliz, criándome co meu pai, a miña nai e as miñas irmás. 3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai? A miña nai dedicábase a traballar na casa e máis fóra, e o meu pai era carpinteiro e canteiro 4. Que comías? Pan, caldo, leite, ovos, papas, sopa de cabalo cansado (sopas de viño). 5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Si, estabamos todos xuntos. 6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? Dalgúns moi bos recordos, doutros moi malos, eran máis listos que os de agora. Había unha profesora que conectaba moi ben cos cativos e era moi boa; tíñanlle todos moito respecto. 7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches a traballar? Si, e máis aprendín a coser; traballei no forestal. Comecei a traballar aos 14 anos. 8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por parte dos teus pais? Tiven dúas irmás e non había diferenzas entre nós; eu era a máis mimada porque era a máis nova (13 anos de diferenza). 9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado? Si, tiven 11 fillos, un equipo de fútbol, tres mulleres e oito homes, dous morreron. Coñecímonos nunha festa. 10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches que quedar na casa? Tiven que quedar na casa. 11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época? Bailando, daquela non había cubatas nin “merdallada” desa; xuntabamos máis de 20 mozos e mozas. 12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos liberdades que agora? Para algunhas cousas foi boa, para os vellos, por exemplo, e para outras cousas foron moi malas, por exemplo os que non foron á guerra, porque a algúns os mataban. Home claro que había menos liberdade, pero máis educación e respecto. 13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller? Non. 14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación da muller? En que aspectos? Que hai máis liberdade do que está a xente preparada para ela, e moi pouco respecto e educación. Si, creo que mellorou a situación da muller, agora moitas poden valerse por si mesmas. 15. Yaiza Abeal Freijomil (3º da ESO) entrevistando a unha muller da súa familia de 65 anos.
  • 3. 1. Cantos anos tes? Teño 81 anos. 2. Que lembras da túa infancia? Ía á escola, e ao monte coas ovellas e as cabras cos demáis veciños; como tiñamos que estar moito tempo, levabamos comida; os nenos collían coellos e asábanos no monte, cunha sartén que tiñan escondida. 3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai?Miña nai era costureira e tamén era a que levaba a casa. O meu pai era zoqueiro e carpinteiro. 4. Que comías? Comiamos leite, caldo, patacas cocidas con rostrido (sofrito), pan de mestura e pouca carne. 5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Fun á escola pero pouco tempo. Había un mestre para os nenos e unha mestra para as nenas. 6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? A miña mestra era bastante boa e moi respectuosa con todos nós. Ensinabanos a coser e a bordar. 7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches a traballar? Non, sempre estiven na casa; de pequeniña ía cos animais ao monte. 8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por parte dos teus pais? Eramos eu e máis catro irmáns; para os meus pais eramos todos iguais. 9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado? Si, casei aos 24 anos e tiven 6 fillos. Pois íamos aos salóns de baile sempre que podíamos e ás festas no verán. Os homes andaban polos camiños de noite e moceabamos na porta da casa, sen entrar. O home petaba tres veces na porta para que a moza soubese que era el e que estaba alí, é ía xunto del á porta. 10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches que quedar na casa? Quedei na casa axudando aos meus pais. 11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época? Íamos ás festas todos os do lugar xuntos, andando; chegabamos e as mulleres comprabas as rosquillas e os homes as bebidas. Bailabamos todos á noite, uns cos outros, e despois cada un levaba á súa moza a casa. 12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos liberdades que agora? Nesa época había que ter moito respecto e moito coidado co que se dicía, había moito medo. Na ditadura non había liberdade ningunha. 13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller? Non, na casa eramos todos iguais. 14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación da muller? En que aspectos? Antes non había ningunha muller traballando fóra da casa, quedabamonos coidando aos fillos e aos pais. 15. Ana González Fernández (2º da ESO) entrevistando a unha muller da súa familia de 81 anos.
  • 4. 1. Cantos anos tes? Teño 56 anos. 2. Que lembras da túa infancia? Moita miseria. 3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai? A miña nai compostora (compoñedora) e o meu pai traballaba no campo. 4. Que comías? Caldo, leite, carne de porco..., o que había, e cando íamos á feira de A Viña, pescado. 5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Ía, e había nenos e nenas todos mesturados. 6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? Eramos 100 nenos máis ou menos, e eran un mestre e unha mestra. 7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches a traballar? Aos 30 anos nunha lavandería nun colexio de educación especial en Betanzos. 8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por parte dos teus pais? Tiña dous, e os meus pais queríanos aos tres por igual. 9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado? Si, casei e tiven dous fillos e coñecino nunha festa. 10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches que quedar na casa? Quedei na casa porque quixen. 11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época? Íamos a pé; pasábase moi ben; e se se ía lonxe, íamos no bus. 12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos liberdades que agora? Recordo que non saíamos sen permiso dos pais. 13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller? Non. 14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación da muller? En que aspectos? Si, mellorou moitísimo. Antes non eramos tan libres. 15. Raúl Rodríguez Fernández (1º da ESO) entrevistando a unha muller da súa familia de 56 anos.