1. O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO
1. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a
coñecer todo o que se fai no seu Concello , os
órganos municipais teñen que ser trasnparentes e
dar contas da súa acción.
Exemplo: actas de plenos e comisión de goberno serán expostos para a súa
consulta pola cidadanía Asimesmo todos os expedientes de contratación de
obras e servizos.
(ex: web local)
2. Todos os veciños e veciñas de Lalín, en individual
ou asociado gozarán dos mesmos dereitos no
Concello, sen discriminacións de ningún tipo e
fomentarase a súa participación na vida
municipal.
Exemplo: Elaboración dun Regulamento de Participación cidadán que recolla
de xeito explícito estes compromisos
3. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a
elixir ás persoas que os representen os seus
representantes nos órganos de representación
ante o Concello.
Exemplo: os e as representantes veciñais ante o Concello (pedáneos) serán
elixidos democráticamente
2. O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO
4. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a
coñecer os custes das principais actuacións do
goberno local.
Exemplo: para todas as obras superiores aos 60 mil euros publicarase o
presupostado e o custe final con medios accesibles para a cidadanía (ex:
prensa e web)
5. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a
decidir onde se van investir os seus cartos
Exemplo:Orzamentos nos que os veciños poidan decidir
6. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a
coñecer como evolucionan os seus trámites
administrativos en cada momento.
Exemplo: administración electrónica con con consulta eseguimentos por parte
da persoa interesada en Internet.
7. Todos os veciños e veciñas de Lalín, por individual
ou asociados, teñen os mesmos dereitos no uso e
disfrute das infraestruturas e locais de uso público.
Exemplo: regulamento de uso dos locais, sociais e veciñais e de todos os
centros de uso público
3. O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO
8. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a
coñecer canto cobran os seus representantes e
cargos públicos polo desempeño das súas
funcións(concelleiros/as e cargos de confianza)
Exemplo: na web do Concello publicarase un apartado con esta información
así como do total percibido en dietas e asistencias por cada un dos
concelleiros/as
9. Todos os cidadáns e as empresas teñen os
mesmos dereitos e oportunidaes a hora de ser
contratados polo Concello de Lalín.
Exemplo: listaxes de contratación laboral dos postos mais demandados,
procesos de selección sen entrevistas, exames de oposición tipo test , listaxe de
empresas contratistas, listaxe de facturación por empresas ao Concello.
10. Os medios de difusión do Concello estarán
rexidos por órganos plurais que garantan a
máxima imparcialidade .
Exemplo: web, Radio Local, boletíns, etc estarán rexidos e supervisados por un
consello no que estean representantes das organizacións políticas con
representación no Concello e dos distintos colectivos veciñais ,culturais, etc
elixidos democráticamente. O pleno do Concello aprobará un Regulamento de
funcionamento que determine a composición, fins e funcionamento dese
consello.
4. “ISTE DECÁLOGO SERÁ UN
COMPROMISO INELUDIBLE DO
NOSO GOBERNO COS
LALINENSES PARA O
SANEAMENTO DEMOCRÁTICO DA
NOSA VILA “
Manuel González Aller
Candidato á alcaldía de Lalín