Vida e obra de Uxío Novoneira. Selección de poemas do libro 'Os eidos' que inclúe tamén a 'Letanía de Galicia', acompañados todos eles por fotografías do Courel.
- Uxío Novoneyranaceu o 19/01/1930 en Parada de Moreda, unha aldea da Serra do Courel (Lugo). - Entre 1945-1948 estudou o Bacharelato en Lugo, onde coñece ao poeta Manuel María. - De 1949 a 1951 residiu en Madrid, onde se matriculou en Filosofía e Letras. Alí comezou a escribir en castelán e deu os primeiros recitais poéticos. - En 1952, volta a Galiza, onde coincide de novo con Manuel María e outros galeguistas da época como Ramón Piñeiro e Otero Pedrayo. - Entre 1953-1962 permanece illado no Caurel a causa dunha enfermidade, tempo no que escribe Os eidos . Casa de Uxío Novoneyra Con María Mariño, Saleta Goi e Manuel María
4.
- Entre 1962-1966volta a Madrid, onde traballou en programas de radio e televisión relacionados coa poesía e asistiu a tertulias literarias. Alí relacionouse tamén cos membros do grupo Brais Pinto, entre os que destacan Bernardino Graña e Ferrín, entre outros. - En 1966 regresa ao Courel por enfermidade dos pais. - En 1968 coñeceu en Lugo a Elva Rei, con quen casaría en 1973. Terían 3 fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. - Até 1983 viviría a cabalo entre Lugo e O Courel. - En 1983 estabeleceuse en Compostela, exercendo como presidente da AELG até 1986. - O 30/10/1999 finou en Compostela, sendo velado no Panteón de Galegos Ilustres e posteriormente soterrado no cemiterio lugués de San Froilán. Manuel María, Darío X. Cabana, Ferrín e Novoneyra
5.
POESÍA - 1955 : Os Eidos - 1966 : Elegías del Caurel y otros poemas. - 1974 : Os eidos-2 - 1979 : Poemas caligráficos - 1981 : Os eidos. Libro do Caurel - 1986 : Muller para lonxe - 1988 : Do Courel a Compostela - 1994 : Poemas da doada certeza i Este brillo premido entre as pálpebras NARRATIVA - 1991 : O cubil do xabarín - 1992 : Gorgorín e cabezón
6.
Courel dos tesoscumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home…
7.
Moreda das morodellas!Nogueiras freixos da Barxa! A Boca do Couto! As augas i a Devesa da Rogueira! Baixando terra fragosa dende a fontiña da Rosa hastr’o muiño das edras peta a auga nas pedras foza nas portas un touro tecen as mozas na tea un monte lonxe fumea e vai muñando o boi louro…
8.
Augas brancas daRogueira! Bouzas pechas d’uces e xestas!! Abrairas teixos faias xardois e [reboleiras! Outo bosco calado! Fontiñas do corzo! Carrozos picafondo! Non hai outro templo máis [vasto Nin outro credo Que este silencio…
9.
Cain as follas…. Sinto unha cousa Que se apousa en min e no me toca…
10.
Panos brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun caborco ou dunha valiña outa que nos acolla i os faga acougar! Fiañas da nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal !
11.
Neva e nonleva. Anque o ceo amoia o silencio aboia. Neva como eu poño naquil poema neva. Falopiña a falopiña vai branqueando a cortiña. Cada miniña o seu soño… cada copo a súa flairiña…
12.
Pacen as vacas na nabarega. Treme a pequena Que vai co’elas. Febreiro chove Febreiro xea Febreiro neva Neve lixeira…
13.
Cousos do lobo!Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir! Baixa o lobo polo ollo do bosco Movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e [máis medosa… Rastrexa párase e venta finca a pouta ergue a testa e oula [cara o ceo Con toda a sombra da noite na [boca O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
14.
GALICIA digo eu/ ún di GALICIA decimos todos hastra os que calan din e saben GALICIA da door chora GALICIA da tristura triste GALICIA do silencio calada GALICIA da fame emigrante GALICIA vendada cega GALICIA tapeada xorda GALICIA atrelada queda libre pra servir libre pra non ser libre pra morrer libre pra fuxir GALICIA labrega GALICIA mariñeira GALICIA obreira GALICIA GALICIA GALICIA sabemos á forza á forza á forza á forza á forza á forza á forza libre pra servir libre pra non ser libre pra morrer libre pra fuxir GALICIA nosa GALICIA nosa GALICIA nosa
15.
GALICIA irmandiña GALICIAviva aínda recóllote da TERRA recóllote do PUEBLO recóllote da HISTORIA recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa Sabemos que o home pode ser outra cousa