1º LECTURA DOGRÁFICO IDENTIFICACIÓN DO GRÁFICO E DOS SEUS ELEMENTOS VISIBLES PROCESO PARA FACER UN COMENTARIO 2º OPERACIÓNS PREVIAS A PARTIR DA PIRÁMIDE 3º ANÁLISE DOS DATOS EXTRAÍDOS DA PIRÁMIDE 4º CONCLUSIÓNS
3.
1º LECTURA DOGRÁFICO IDENTIFICACIÓN DO GRÁFICO E DOS SEUS ELEMENTOS VISIBLES
4.
1. DEFINICIÓN DOTIPO DE GRÁFICO A pirámide de poboación é un tipo de gráfico de barras horizontais denominado histograma de frecuencia que recolle a frecuencia con que se repite un determinado fenómeno dentro de cada un dos diversos grupos e que dividimos este fenómeno Neste caso o fenómeno estudado é a poboación dun lugar, dividida en grupos de idade e sexo (ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN) Pirámide de poboación que representa a estrutura demográfica de España a 1 de xaneiro de 2007
5.
2. OBSERVACIÓN DOSDATOS DE LA PIRÁMIDE ESQUERDA HOMES (AZUL) DEREITA MULLRES (VERMELLO) Tanto por cento de compoñentes de cada grupo. Partindo de 0 na metade da gráfica, cara á esquerda e á dereita Grupos de idade en que se clasifica a poboación Normalmente adoitan aparecer grupos de 5 en 5 anos até os 80 ou 85 anos; a partir de aí habería un único grupo que englobaría a toda a poboación restante Lugar e data da pirámide. De non aparecer, haberá que deducilo Pode aparecer tamén a fonte ou orixe dos datos
3. OPERACIÓNS PREVIASA PARTIR DA PIRÁMIDE: b) División en grupos de idade Normalmente para analizar as pirámides de poboación divídese a poboación en tres grupos de idade: Maiores = poboación maior de 65 anos. Xubilados e, polo tanto, poboación dependente Adultos = Maiores de 16 anos; en idade de poder traballar (nas pirámides cuxos grupos de idade son tomados de 5 en 5 anos a división faise aos 15 anos) Xente nova = poboación menor de 16, non pode traballar, polo tanto é poboación dependente Esta información seranos útil para ver o grao de envellecemento da poboación e o grao de dependencia MAIORES ADULTOS XENTE NOVA
8.
3. OPERACIÓNS PREVIASA PARTIR DA PIRÁMIDE: c) Definición da forma da pirámide Para axudarnos a defiir a forma da pirámide trazaremos unhas liñas que homoxeinicen o perfil da pirámide. A partir de aí sinalaremos a forma que ten: PIRÁMIDE PROGRESIVA (EN FORMA DE PAGODA) PIRÁMIDE REGRESIVA (EN FORMA DE BULBO) PIRÁMIDE ESTANCADA (EN FORMA DE CAMPÁ)
9.
3. OPERACIÓNS PREVIASA PARTIR DA PIRÁMIDE: d) Sinalar irregularidades significativas no perfil e na distribución por sexos Entrante ou mella Saínte Entrante ou mella Saínte Entrante ou mella Saínte Saínte Entrante ou mella Máis homes que mulleres MáIs mulleres que homes Finalmente, antes de comezar o comentario cómpre sinalar as irregularidades que atopemos no perfil, ás que se deberá dar explicación en función de acontecementos históricos dese lugar
4. ANÁLISE DOSGRUPOS DE IDADE E SEXO MAYORES ADULTOS JÓVENES Unha vez definidos os grupos de idade, cómpre explicar: Se se trata dun país envellecido (cúspide ancha) ou un país con poboación nova (base ancha) Relación entre poboación activa e dependente . Problemas ou vantaxes desta distribución da poboación: pagamento de pensións, servizos sanitarios, infraestrutura necesaria (colexios, xeriátricos, etc.) Sex-ratio ou índice de masculinidade (que grupos presentan máis homes ca mulleres e ao revés). Normalmente nacen máis cativos ca cativas (105 a 100), mais a esperanza de vida das mulleres é maior ca dos homes. De non ocurrir así na pirámide, será preciso explicalo
12.
5. ANÁLISE DAFORMA Cada forma corresponde a un país de desenvolvemento socioeconómico diferente: Os países empobrecidos presentan unha pirámide progresiva, cunha alta natalidade e unha mortalidade aínda elevada, co que a esperanza de vida non é moi alta Os países enriquecidos presentan a pirámide regresiva, cunha natalidade moi reducida e cunha mortalidade tamén baixa. Conta con grandes efectivos poboacionais nas idades intermedias O paso dun país con tipo de pirámide progresiva a outro regresiva faise a través da pirámide estancada, que representa o momento en que se ten controlada a mortalidade e a natalidade comeza a baixar
13.
5. ANÁLISE DOPERFIL Por medio da análise do perfil intentamos dar explicación ás iregularidades que presenta a pirámide. Para analizala, cómpre coñecer a data de nacemento dos grupos de idade. As irregularidades débense a: Entrantes ou marcas: Falecementos masivos (epidemias, guerras, etc.) Emigración (que ademais produce unha xeración oca nos grupos de idade entre 20 e 40 anos posteriores) Poboación non nacida debido ás guerras, fames, epidemias, etc. (xeración oca) Saíntes: Aumento dos nacementos (política pronatalista, melloras económicas, etc.): Baby boom Inmigración (aumentan tanto os estratos intermedios –pais- coma os baixos –fillos– xa nados aquí ou non)
5. CONCLUSIÓNS: EVOLUCIÓNPASADA E FUTURA Para concluír, cómpre explicar: De non aparecer o lugar e a data no exercicio, teriamos que intentar localizalo, polo menos sinalando se estamos nun país enriquecido ou non. Pode ser que exista algún elemento identificador (por exemplo, que haxa unha sex-ratio diferente á normal que a poida facer identificable) No caso de que apareza o lugar e a data, faremos unha breve explicación da evolución da estrutura da poboación dese lugar até o momento da pirámide Sinalaremos os principais problemas demográficos do país no que se refire á natalidade, mortalidade, esperanza de vida, etc., así como as consecuencias sociais de ditos problemas Para finalizar, realizarase unha breve proxección de futuro, intentando prever cal vai ser a evolución desa pirámide Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ