C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro(Lugo)
 982870633// 982870634
 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
Estimadas familias:
Nos medios de comunicación vemos cada día a dramática situación dos
refuxiados e refuxiadas sirios, especialmente coa ola de frío que afecta a
Europa, poñendo en perigo a súa vida, especialmente no caso dos nenos e
nenas.
Dende o centro decidimos poñer en marcha a
campaña de recollida de roupa e alimentos para
poder axudar aos refuxiados nos campos como o
creado en Lesbos, ao que chegan miles de persoas
cada día. Neste caso precisan axuda os refuxiados
da área de Thesalonika.
Nesta iniciativa colaboran os centros da montaña
lucense, é dicir, o centro de Seoane do Courel, de
Navia de Suarna e o noso. Esta axuda é canalizada
a través da ONG Families4Peace e coa
colaboración da Fundación Seur.
Podemos axudar con:
- Roupa de abrigo en bo estado
- Mantas
- Calzado de inverno
- Alimentos enlatados ou non perecedoiros (conservas, marmelo, galletas,
cuscús, arroz, azucre, té, café)
- Sacos de durmir.
- Produtos de hixiene.
Na entrada do centro teremos unha caixa de recollida ata o LUNS 23 DE
XANEIRO DE 2017, xa que a axuda é inminente polas
condicións moi adversas que están vivindo.
MOITAS GRAZAS.

Ayuda refuxiados

  • 1.
    C.P.I. UXÍO NOVONEIRA EstradaCervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro(Lugo)  982870633// 982870634  982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira Estimadas familias: Nos medios de comunicación vemos cada día a dramática situación dos refuxiados e refuxiadas sirios, especialmente coa ola de frío que afecta a Europa, poñendo en perigo a súa vida, especialmente no caso dos nenos e nenas. Dende o centro decidimos poñer en marcha a campaña de recollida de roupa e alimentos para poder axudar aos refuxiados nos campos como o creado en Lesbos, ao que chegan miles de persoas cada día. Neste caso precisan axuda os refuxiados da área de Thesalonika. Nesta iniciativa colaboran os centros da montaña lucense, é dicir, o centro de Seoane do Courel, de Navia de Suarna e o noso. Esta axuda é canalizada a través da ONG Families4Peace e coa colaboración da Fundación Seur. Podemos axudar con: - Roupa de abrigo en bo estado - Mantas - Calzado de inverno - Alimentos enlatados ou non perecedoiros (conservas, marmelo, galletas, cuscús, arroz, azucre, té, café) - Sacos de durmir. - Produtos de hixiene. Na entrada do centro teremos unha caixa de recollida ata o LUNS 23 DE XANEIRO DE 2017, xa que a axuda é inminente polas condicións moi adversas que están vivindo. MOITAS GRAZAS.