Quen somos?
Entreculturas é unha organización non gobernamental promovida polos Xesuítas
que defende o dereito á educación como medio de cambio social, xustiza e diálogo
entre as culturas
Que facemos?
Desde hai máis de dez anos apostamos pola promoción social das persoas excluídas
e, para isto, impulsamos unha educación de calidade. Estamos tamén convencidos
da necesidade de educar para a comprensión dun mundo interdependente e o
desenvolvemento dunha cidadanía comprometida e solidaria
Que queremos?
Queremos apoiar ás comunidades educativas nas que crecen e aprenden os nenos,
as nenas e os mozos e mozas, e no seu labor de formación humana e cidadá de cara
a contribuír á construción dun mundo máis xusto para todos e todas
Sobre o Encontro...
Celebramos o XIX Encontro da Rede Solidaria da Mocidade en Galicia. Un espazo no
que os mozos e mozas dos diferentes centros educativos participantes neste proxecto
educativo teñen oportunidade de coñecer a outros mozos e mozas comprometidos coa
solidariedade noutros lugares, intercambiar inquedanzas e experiencias de traballo,
xogar e formarse en cuestións relacionadas coa educación para a cidadanía global
(igualdade, dereitos humanos, cooperación, consumo responsable, voluntariado,
sustentabilidade, etc.). Neste Encontro, ademais, os mozos e mozas teñen o seu tempo
para planificar as actividades solidarias que logo levarán a cabo nos seus centros
educativos co apoio do seu profesorado. Desde Entreculturas ofrecemos este espazo
para que os estudantes e os seus profesores e profesoras gocen dun tempo privilexiado
para coñecerse, formarse, planificar, motivarse e formar unha rede máis ampla e
diversa pola solidariedade global.
Data do Encontro: 18 de novembro de 2017
Lugar: IES Arcebispo Xelmírez I. Rúa Poza de Bar, s/n (Campus Sur). SANTIAGO
Transporte: Entreculturas facilitará a xestión do transporte para os participantes,
docentes e alumnado.
Seguro: Todas as persoas asistentes estarán cubertas por un seguro colectivo de
accidentes e responsabilidade civil.
Xantar: Entreculturas ofrecerá ás persoas asistentes o xantar do mediodía, así como un
pequeno almorzo a media mañá e unha merenda pola tarde. As persoas asistentes
deberán levar un recipiente para a súa propia bebida en prol de ser o máis ecolóxicos e
sustentables posible.
Docentes: Cada grupo deberá ir acompañado polo menos dun/ha docente do seu
centro educativo. No Encontro, ademais, estarán acompañados/as polo persoal
voluntario e técnico de Entreculturas.
Data límite de inscrición: 14 de novembro de 2017
Persoa de contacto para dúbidas e preguntas:
Sandra Rodríguez Couso
Técnica de Entreculturas
Tlf. 695 87 34 70 / s.rodriguez@entreculturas.org
Inscrición
Nome e apelidos
............................................................................
Idade ...............................
Enderezo ...............................................................
Poboación ..............................................................
Código Postal............Provincia ..................................
Email.....................................................................
Centro educativo........................................................
Curso............................
En caso de ser menor de idade, é imprescindible a autorización do pai, nai ou titor/
a:
Eu,……………………………………………………………………………………con DNI…………………………………
en calidade de pai/nai/titor/a de…………………………………………………………………………………
con DNI………………………...., autorízolle a asistir ao XIX Encontro en Rede da Rede
Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que se celebrará o día 18 de novembro noIES
Xelmírez I de Santiago de Compostela. Así mesmo, autorizo a Entreculturas a un uso
pedagóxico e comunicativo, sen fins de lucro, das imaxes tomadas no Encontro nas que
meu fillo/a apareza.
En……………………………….... a……….. de………………………… de 2017
Asinado:
Alerxias alimenticias a mencionar:____________________________________
No cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/99 de Protección de Datos de carácter persoal, lles informamos de
que os seus datos persoais serán gardados nun ficheiro informatizado, do que é responsable a Fundación
Entreculturas, coa fin de xestionar os datos de cara á participación no XV Encontro en Rede. Pode exercer os seus
dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dirixíndose por escrito á Rúa Santo Agostiño, 2. 15704
Santiago de Compostela ou ben a s.rodriguez@entreculturas.org Pode consultar a nosa política de privacidade na
web www.entreculturas.org

Autorización

  • 1.
    Quen somos? Entreculturas éunha organización non gobernamental promovida polos Xesuítas que defende o dereito á educación como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre as culturas Que facemos? Desde hai máis de dez anos apostamos pola promoción social das persoas excluídas e, para isto, impulsamos unha educación de calidade. Estamos tamén convencidos da necesidade de educar para a comprensión dun mundo interdependente e o desenvolvemento dunha cidadanía comprometida e solidaria Que queremos? Queremos apoiar ás comunidades educativas nas que crecen e aprenden os nenos, as nenas e os mozos e mozas, e no seu labor de formación humana e cidadá de cara a contribuír á construción dun mundo máis xusto para todos e todas
  • 2.
    Sobre o Encontro... Celebramoso XIX Encontro da Rede Solidaria da Mocidade en Galicia. Un espazo no que os mozos e mozas dos diferentes centros educativos participantes neste proxecto educativo teñen oportunidade de coñecer a outros mozos e mozas comprometidos coa solidariedade noutros lugares, intercambiar inquedanzas e experiencias de traballo, xogar e formarse en cuestións relacionadas coa educación para a cidadanía global (igualdade, dereitos humanos, cooperación, consumo responsable, voluntariado, sustentabilidade, etc.). Neste Encontro, ademais, os mozos e mozas teñen o seu tempo para planificar as actividades solidarias que logo levarán a cabo nos seus centros educativos co apoio do seu profesorado. Desde Entreculturas ofrecemos este espazo para que os estudantes e os seus profesores e profesoras gocen dun tempo privilexiado para coñecerse, formarse, planificar, motivarse e formar unha rede máis ampla e diversa pola solidariedade global. Data do Encontro: 18 de novembro de 2017 Lugar: IES Arcebispo Xelmírez I. Rúa Poza de Bar, s/n (Campus Sur). SANTIAGO Transporte: Entreculturas facilitará a xestión do transporte para os participantes, docentes e alumnado. Seguro: Todas as persoas asistentes estarán cubertas por un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil. Xantar: Entreculturas ofrecerá ás persoas asistentes o xantar do mediodía, así como un pequeno almorzo a media mañá e unha merenda pola tarde. As persoas asistentes deberán levar un recipiente para a súa propia bebida en prol de ser o máis ecolóxicos e sustentables posible. Docentes: Cada grupo deberá ir acompañado polo menos dun/ha docente do seu centro educativo. No Encontro, ademais, estarán acompañados/as polo persoal voluntario e técnico de Entreculturas. Data límite de inscrición: 14 de novembro de 2017 Persoa de contacto para dúbidas e preguntas: Sandra Rodríguez Couso Técnica de Entreculturas Tlf. 695 87 34 70 / s.rodriguez@entreculturas.org Inscrición Nome e apelidos ............................................................................ Idade ............................... Enderezo ............................................................... Poboación .............................................................. Código Postal............Provincia .................................. Email..................................................................... Centro educativo........................................................ Curso............................ En caso de ser menor de idade, é imprescindible a autorización do pai, nai ou titor/ a: Eu,……………………………………………………………………………………con DNI………………………………… en calidade de pai/nai/titor/a de………………………………………………………………………………… con DNI………………………...., autorízolle a asistir ao XIX Encontro en Rede da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que se celebrará o día 18 de novembro noIES Xelmírez I de Santiago de Compostela. Así mesmo, autorizo a Entreculturas a un uso pedagóxico e comunicativo, sen fins de lucro, das imaxes tomadas no Encontro nas que meu fillo/a apareza. En……………………………….... a……….. de………………………… de 2017 Asinado: Alerxias alimenticias a mencionar:____________________________________ No cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/99 de Protección de Datos de carácter persoal, lles informamos de que os seus datos persoais serán gardados nun ficheiro informatizado, do que é responsable a Fundación Entreculturas, coa fin de xestionar os datos de cara á participación no XV Encontro en Rede. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dirixíndose por escrito á Rúa Santo Agostiño, 2. 15704 Santiago de Compostela ou ben a s.rodriguez@entreculturas.org Pode consultar a nosa política de privacidade na web www.entreculturas.org