HAITÍ NECESITA A TÚA AXUDA
                          Entreculturas movilízase para axudar a Haití

O país máis pobre do continente americano, cun 85% da poboación vivindo na pobreza, sufriu un terremoto
devastador que causou a morte de miles de persoas así coma milleiros de persoas desaparecidas.
Todo o sistema español e galego de cooperación está traballando para por en marcha actuacións no
país.
Porto Príncipe, a capital do país caribeño, viuse devastada a tarde do pasado martes (hora local) por un sismo
de 7,3 na escala de Richter. Os danos materiais foron cuantiosos e as vítimas mortais cóntanse por decenas
de miles. A cifra de mortos ascende xa a 80.000 persoas e calcúlanse máis de 3 millóns de afectados polo
sismo máis forte dos últimos 200 anos. A comunidade internacional reaccionou inmediatamente para
canalizar a axuda. Entreculturas e os seus principais contrapartes, Fe e Alegría e o Servizo Xesuíta a
Refuxiados, xa se mobilizaron para dar unha primeira resposta.
Pola súa banda, o Servizo Xesuíta a Refuxiados e Migrantes (SJRM) en República Dominicana formou dúas
comisións: unha de emerxencia humanitaria para recoller todos as aportacións de alimentos e medicamentos;
e outra, en conxunto con institucións do Estado, abocada a realizar un plan de continxencia para a acollida de
posibles fluxos migratorios provenientes de Haití.
Dadas as dimensións da traxedia, dende Entreculturas pedímosvos que na medida do posible, que
difundades esta información nos vosos centros e aos vosos achegados, e solicitamos a vosa colaboración
para apoiar os habitantes de Haití nesta situación de emerxencia e na futura reconstrucción do país.




                                Máis información: Tfno. 902 444 844




                                                                                Fundación Entreculturas
                                                                               Educar é dar Oportunidades
                                                                                  www.entreculturas.org
CENTRO PÚBLICO INTEGRADO “VIRXE DA CELA”
                                            O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA
                                               TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044
                                           Correo E.: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.es
                                        Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela




Queridas familias:


      Ante a situación de emerxencia que estase a vivir en Haití, Monferosolidario
movilízase organizando un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG
Entreculturas, no seu programa de Emerxencia en Haití. Por isto solicitamos a
vosa colaboración, podendo contribuír de maneira voluntaria aportando os obxectos
que estarán á venda no Rastro.

       Cada alumno/a poderá aportar un máximo de 3 obxectos.
       Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos...
        que estean en boas condicións, sen deterioro, e que non sexan moi
        voluminosos.
       Os alumno/as que desexen participar deberán entregar os obxectos a través
        das titorías entre o 20 e 27 de Xaneiro de 2010.
       Os obxectos estarán expostos á venda no Rastro Solidario que terá lugar o
        Venres día 29 de Xaneiro de 2010, en horario lectivo, situado na entrada
        do edificio de Secundaria. Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a,
        seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras. As
        familias poderán visitar o Rastro no seguinte horario: de 13:25 a 14:45, e de
        16:25 a 17:30.


      Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.


                                                         Monfero, a 19 de Xaneiro de 2010

emerxencia haití

  • 1.
    HAITÍ NECESITA ATÚA AXUDA Entreculturas movilízase para axudar a Haití O país máis pobre do continente americano, cun 85% da poboación vivindo na pobreza, sufriu un terremoto devastador que causou a morte de miles de persoas así coma milleiros de persoas desaparecidas. Todo o sistema español e galego de cooperación está traballando para por en marcha actuacións no país. Porto Príncipe, a capital do país caribeño, viuse devastada a tarde do pasado martes (hora local) por un sismo de 7,3 na escala de Richter. Os danos materiais foron cuantiosos e as vítimas mortais cóntanse por decenas de miles. A cifra de mortos ascende xa a 80.000 persoas e calcúlanse máis de 3 millóns de afectados polo sismo máis forte dos últimos 200 anos. A comunidade internacional reaccionou inmediatamente para canalizar a axuda. Entreculturas e os seus principais contrapartes, Fe e Alegría e o Servizo Xesuíta a Refuxiados, xa se mobilizaron para dar unha primeira resposta. Pola súa banda, o Servizo Xesuíta a Refuxiados e Migrantes (SJRM) en República Dominicana formou dúas comisións: unha de emerxencia humanitaria para recoller todos as aportacións de alimentos e medicamentos; e outra, en conxunto con institucións do Estado, abocada a realizar un plan de continxencia para a acollida de posibles fluxos migratorios provenientes de Haití. Dadas as dimensións da traxedia, dende Entreculturas pedímosvos que na medida do posible, que difundades esta información nos vosos centros e aos vosos achegados, e solicitamos a vosa colaboración para apoiar os habitantes de Haití nesta situación de emerxencia e na futura reconstrucción do país. Máis información: Tfno. 902 444 844 Fundación Entreculturas Educar é dar Oportunidades www.entreculturas.org
  • 2.
    CENTRO PÚBLICO INTEGRADO“VIRXE DA CELA” O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044 Correo E.: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.es Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela Queridas familias: Ante a situación de emerxencia que estase a vivir en Haití, Monferosolidario movilízase organizando un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Entreculturas, no seu programa de Emerxencia en Haití. Por isto solicitamos a vosa colaboración, podendo contribuír de maneira voluntaria aportando os obxectos que estarán á venda no Rastro.  Cada alumno/a poderá aportar un máximo de 3 obxectos.  Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos... que estean en boas condicións, sen deterioro, e que non sexan moi voluminosos.  Os alumno/as que desexen participar deberán entregar os obxectos a través das titorías entre o 20 e 27 de Xaneiro de 2010.  Os obxectos estarán expostos á venda no Rastro Solidario que terá lugar o Venres día 29 de Xaneiro de 2010, en horario lectivo, situado na entrada do edificio de Secundaria. Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras. As familias poderán visitar o Rastro no seguinte horario: de 13:25 a 14:45, e de 16:25 a 17:30. Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación. Monfero, a 19 de Xaneiro de 2010