No ano 384,a finais do século IV, unha muller escribiu no seu caderno de viaxes:
“Como son un tanto curiosa, quero velo todo”.
Esa muller chamábase, Exeria.
Entre os anos 381 e 384, fixo unha viaxe
de máis de 5000 quilómetros,
maioritariamente ao lombo dun burro (ou
unha mula), cruzou tres continentes, e
hoxe en día é considerada a primeira gran
viaxeira e peregrina da que se ten noticia e
tamén, en deixar documento escrito da
súa viaxe.
Retrato de Exeria
3.
Exeria foi escritorasen buscalo e aventureira sen propoñerllo.
Era culta, profundamente relixiosa,
aínda que moitos descartan que fose
monxa xa que ese concepto aínda non
existía naquela época.
Con motivo do XVI Centenario da viaxe
da monxa Exeria ao Oriente Bíblico
(381-384) creouse un selo impreso pola
Fábrica Nacional de Moeda e Timbre de
España en 1984
Crese tamén que foi abadesa dun convento e que tiña
coñecementos de grego, literatura e xeografía.
Selo conmemorativo no que
se ve a Exeria como unha
monxa
Retrato de Exeria
4.
Santa Silvia deAquitania
Discutíronse varias hipóteses sobre a época e a
identidade da muller que levou a cabo estas cartas.
Gamarrini identificouna con Silvia ou Silvina de
Aquitania, de quen se coñecía unha peregrinación
similar polo próximo oriente, visitando mosteiros e
lugares santos de Constantinopla, Exipto e
Xerusalén.
Durante case vinte anos, consolidouse esta
hipótese, ata que no ano 1903 o monxe
benedictino Mario Ferotín, publica un estudo na
Revista de Cuestións Históricas, no que atribúe a
súa autoría á galaica Exeria. A partir de entón, será
recordada como a primeira escritora hispana de
nome coñecido, autora do primeiro libro español
de viaxes.
´
5.
Manuscrito das viajesde Exeria (siglo XI), conservado na
Biblioteca Comunale de Arezzo (Italia)
Exeria vai narrando, en forma de carta,
todo canto ve nas súas viaxes. Estas cartas van
dirixidas ás súas “lonxanas señoras e irmás” que
quedaron na patria, en Gallaecia (Galicia).
Para moitos estudosos da historia do
conxunto das cartas que escribiu durante o seu
periplo, ao que bautizou como Itinerarium
Egeriae, dende o que aspiraba a velo todo,
pode considerarse un dos primeiros
antecedentes da literatura de viaxes. Este
códice, en pergamiño e de 37 folios, está
incompleto xa que falta o principio e o final.
Está dividido en dúas partes, a primera narra
exhaustivamente as súas aventuras e a segunda
describe os lugares, os costumes de cada lugar
e as personas que coñeceu.
O seu relato, copiado por algún monxe no
século XI, foi descuberto en 1884, por un
erudito italiano, Juan Francisco Gamarrini,
na biblioteca italiana de Arezzo.
´
6.
Os primeiros pasosde Exeria arrancan na zona de Gallaecia (Galicia), segue por
Tarraco (Tarragona), cruza o río Ródano polo sur da Galia (hoxe Francia), atravesa
Italia, embarca cara a Constantinopla na que é seguro que estivo no ano 381. De ahí
partiu cara a Xerusalén e visitou: Xericó, Nazaret, Galilea e Cafarnaún. Nesta viaxe
describe meticulosamente templos e santuarios.
Permaneceu algún tempo nesa zona organizando outras expedicións.
No ano 382 visita Alexandría e percorre Tebas polo Nilo; regresa a Xerusalén
ata o Mar Vermello, o monte Sinaí…
En varios tramos do seu percorrido
estivo acompañada de soldados romanos
pois eran paraxes perigosos, moi difíciles de
transitar e climas extremos.
Tamén foi escoltada e acompañada
polos personaxes que atopaba polo camiño,
dende sacerdotes ata altos cargos militares,
quen consideraban unha honra acompañala.
Itinerario da viaxe de Exeria
´
7.
Logo de viaxardurante máis de tres
anos, Exeria emprende regreso á casa
seguindo outra ruta para coñecer distintos
lugares. Visita Antioquía (en Turquía),
Mesopotamia, atravesa o río Eúfrates e o
territorio de Siria. Non puido entrar en
Persia polo que decidiu continuar ata
Constantinopla (actual Estambul).
Aquí remata o seu diario e o resto da
súa existencia é un misterio. Crese que
comezaba a sentirse enferma xa que nos
seus derradeiros escritos, fala do gran
cansancio que ten e non se sabe se
finalmente regresou a Galicia.
8.
As mulleres peregrinasnon eran nada comúns naquel entón e o
extraordinario de Exeria era que, ademais de ter o valor de emprender unha
aventura desas características, deixou constancia por escrito do seu periplo.
Nalgún documento medieval, como nunha carta dun monxe chamado
Valerio do Bierzo, defínese a Exeria como unha muller audaz e valente, “máis
forte ca todos os homes”, e a propia Exeria di dela mesma que é unha persoa
curiosa que non cansa de facer preguntas.
A súa recia personalidade, foi admirada por algunhas persoas e severamente criticada por
outras pois, naquela época, ningunha muller “de bo berce”, saía soa e non digamos do seu
país, nin sequera da súa vila. Exeria é un exemplo de que en todas as épocas existiron
mulleres capaces de desafiar os límites estabrecidos para ellas por sociedades dominadas.
A viaxe de Exeria foi un xesto de liberdade
soberana que retou a todo o mundo coñecido.
Converteuse nun claro referente de valentía e
sabiduría, tanto para as mulleres daquela época
como para as que chegaron detrás.
Exeria e outras mulleres viaxeiras ao longo da historia
Ilustración de Nuria Díaz
no libro “Pionerias” de Anaír Rodríguez
´
9.
El viaje deEgeria
Ana Muncharaz
Viaje de Egeria
Carlos Pascual
Mujeres viajeras
de la antigüedad
Eduardo Otero
Pereira
Las olvidadas
Ángeles Caso
Mujeres que
pisan fuerte
Karen Sagner
Pioneiras galegas
que abriron
camiño
Anaír Rodríguez
Siempre estuvieron ellas.
Galería histórica de
hispanas memorables.
Javier Santamarta
Viajeras intrépidas y
aventureras
Cristina Morató
EXERIA.
Viaxe a Terra Santa
X. Eduardo López
Pereira
´
10.
➢
Viaje de Egeria.El primer relato de una viajera hispana.
Carlos Pascual
La línea del Horizonte, 2017
➢
Pioneiras galegas que abriron camiño.
Anaír Rodríguez
Xerais, 2018
➢
https://unrinconenlahistoria.wordpress.com/tag/santa-silvia-de-aquitania/
➢
https://xacopedia.com/Egeria
➢
https://www.mujeresenlahistoria.com/2012/08/el-primer-viaje-egeria-siglo-iv.html
➢
https://www.yorokobu.es/egeria-la-primera-viajera/
➢
https://misteriosleyendasdegaliciayasturias.wordpress.com/2018/01/30/la-monja-gallega-
egeria-la-primera-viajera-espanola-de-la-historia/
´
´