SlideShare a Scribd company logo
Protestan polo despido              Camiñando polo río
contra a banca e a patronal         vimos lixo a mogollón
rexeitan a tiranía                  a limpeza polo Gafos
que impón o capital.                aínda non ten solución.

Anda a xente indignada              Temos pancarta no cole
coa auga ao pescozo                 falando de educación
con tanto pago pendente             púxose antes da Pascua
hanse afogar no pozo.               coa santa bendición.

A salvación desta crise             A realeza é noticia
vén dos grandes empresarios         a prensa non dá falado
despiden traballadores              desde o neto ata o Rei
e a facerse millonarios.            con Iñaki de imputado.

 Esixentes son os amos,             Manda truco, mando truco,
pero máis cando os servimos         o que temos nas poltronas
por moito que traballemos           cazadores, carteiristas
sempre pensan que durmimos.         con infantas xoguetonas.

Díxolle unha muller a outra         Aínda ten moitos complexos
polo burato da porta                o galego na cidade
os ricos rouban aos pobres          non se fala nas escolas
e aos que mandan non lle importa.   temos pouca dignidade.

Para mostra un botón                O galego nosa Lingua
EREs,Gürtel ou Campión              outra vez abandonada
hai corruptela dabondo              se queremos que perviva
pero máis na construción.           todos debemos falala.

Tres anos vive un furón             Ser galego é moi grande,
tres furóns vive un can             ser pontevedrés xenial,
algúns políticos viven               os nados na boa vila
do que os amigos lle dan.           son dunha graza especial.

Novagalicia é un banco              Para a luz a deste día
que engana á clientela              para sombras o carballo
deixou a moitos galegos             para dar a despedida
máis tesos que unha vela.            esta copla de agasallo.

Abusou da confianza                 Aquí vai a derradeira
para pillarlle o aforro             xa nos temos que marchar     Chega ledo o noso Maio
agora que o precisan                agardamos que a crise        a esta praza de pedra
teñen que pedir socorro.            non nos faga emigrar.        cos olliños ben abertos
Un canto rexo no vento       Volven agromar as flores     Entrou con moita soberbia       Desde Europa tocan solfa
beixa o azul de mediodía     nos verdes eidos galegos     ocultando aos cidadáns          para que sexa guiado
son coplas de Campolongo     na primavera acendida        que tiña contas pendentes       e el presume de mando
que estalan na Ferraría.     óense cantar os merlos.      agochadas entre as mans.        co país hipotecado.

Vimos ledos a esta praza     Cada ano fanse obras         A Xunta que nos dirixe          Rubalcaba non remonta
para cantarlles o Maio       porque aumenta o alumnado    perde co paso do tempo          a perda de confianza
cada verso unha benvida      ao colexio Campolongo        co goberno de Galicia           ten unha lousa enriba
cada estrofa un regalo.      chámanlle o remendado.       aumenta o descontento.          cando lle lembran a herdanza.

Traemos letriñas novas       Os veciños desta vila        Aeroportos sen avións           Dirixentes da tesoira
coas as palabras da escola   non están todos a gusto      mausoleos no Gaiás              e da cultura do medo
se vos gusta o que dicimos   teñen prazas, teñen pontes   os cartos non dan chegado       baixo o paraugas do voto
botádenos unha esmola.       pero sóbenlle o tributo.     para tanto paspallás.           mandan á xente ao inferno.

Moita falta nos fará          Miguel Anxo e mais Louro    Ante este desconcerto           Recortan na educación
pois andamos apertados       forman parella de mando      pra contentar aos galegos       para poder aforrar
coas medidas de axuste       non se oe a oposición        Feijóo propón o milagre         non importa a calidade
rematamos abafados.          aínda seguen remando.        ofrecendo un plan de emprego.   nin o fracaso escolar.

Veñen tempos de carencias    Telmo foi para Madrid        Para atraer o voto              Máis horario de presenza
todo semella esfolado        con promesas na mochila      fai uso da oratoria             máis alumnado nas clases
as novas que escoitamos      que conto nos traerá         despois que o ten no peto       farán pastores aos mestres
déixannos moi amolados.      cando volva pola vila.       non logra facer memoria.        e rabaños aos rapaces.

Chega o Maio a Pontevedra    Moreira colle o relevo       Se hai que apertar o cinto      A sanidade de balde
cargadiño de ledicia         para ordenar o poleiro       vaille tocar aos de sempre      queren quitala do medio
os paus xa resoan forte      mentres desgasta a Lores     para financiar servizos         se prohiben enfermar
polas prazas de Galicia.     cos asuntos do diñeiro.       pídenlle esforzos á xente.     venlle do ceo o remedio.

 Moito traballo levamos      Entre outros obxectivos      Pachi Vázquez onde andas        Que non vos atente o demo
para vir a Ferraría          o dos cartos é importante    pouco se sabe de ti             ir pola quenda de urxencia
bulindo dun lado a outro     se non hai investimento      se queres ser presidente        se vos atopades mal
pola noite e polo día.       as obras non van adiante.    ensaia o DO-RE-MI.              botade man da carteira.

Flores fiúncho e pampullos    Miguel Anxo anda molesto    Coa muda de goberno             Deste xeito de seguro
non os demos atopado         polo tema cultural           chegou o cambio esperado        que o negocio funciona
coa seca que nos toca        non lle gustou que Louzán    sobe o paro e os impostos       o que non paga que aguante
só agroman os parados.       suprimira a Bienal.          e Rajoy segue calado.           quen ten cartos soluciona.

O maio da nosa escola        Gerardo Conde “o breve”      Ata o vinte de novembro         O vinte e nove de marzo
ten laranxas un millar       mandatario en Santiago       todo era anunciar               houbo unha folga xeral
tamén ten uns cantos ovos    tantos anos dando caña       agora que xa goberna            moita xente non acepta
que non son para tirar.      pra rematar imputado.        di que compre recortar.         a reforma laboral.

More Related Content

More from galefas

Unha escola con todas as cores
Unha escola con todas as coresUnha escola con todas as cores
Unha escola con todas as cores
galefas
 
Una escola a tot color 2
Una escola a tot color 2Una escola a tot color 2
Una escola a tot color 2
galefas
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
galefas
 
Cálculo galego..
Cálculo galego..Cálculo galego..
Cálculo galego..
galefas
 
Calculos na Crise
Calculos na CriseCalculos na Crise
Calculos na Crisegalefas
 
Prazas Xadrez
Prazas XadrezPrazas Xadrez
Prazas Xadrez
galefas
 
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríANota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
galefas
 
Proxecto Cuba Campolongo
Proxecto Cuba CampolongoProxecto Cuba Campolongo
Proxecto Cuba Campolongo
galefas
 
Fai Algo Por Alguen
Fai Algo Por AlguenFai Algo Por Alguen
Fai Algo Por Alguen
galefas
 
Revistaslideshare4
Revistaslideshare4Revistaslideshare4
Revistaslideshare4
galefas
 
Para que en Galego?
Para que en Galego?Para que en Galego?
Para que en Galego?
galefas
 

More from galefas (11)

Unha escola con todas as cores
Unha escola con todas as coresUnha escola con todas as cores
Unha escola con todas as cores
 
Una escola a tot color 2
Una escola a tot color 2Una escola a tot color 2
Una escola a tot color 2
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
Cálculo galego..
Cálculo galego..Cálculo galego..
Cálculo galego..
 
Calculos na Crise
Calculos na CriseCalculos na Crise
Calculos na Crise
 
Prazas Xadrez
Prazas XadrezPrazas Xadrez
Prazas Xadrez
 
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríANota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
 
Proxecto Cuba Campolongo
Proxecto Cuba CampolongoProxecto Cuba Campolongo
Proxecto Cuba Campolongo
 
Fai Algo Por Alguen
Fai Algo Por AlguenFai Algo Por Alguen
Fai Algo Por Alguen
 
Revistaslideshare4
Revistaslideshare4Revistaslideshare4
Revistaslideshare4
 
Para que en Galego?
Para que en Galego?Para que en Galego?
Para que en Galego?
 

Cantigas maio 2012 campolongo para imprimir

  • 1. Protestan polo despido Camiñando polo río contra a banca e a patronal vimos lixo a mogollón rexeitan a tiranía a limpeza polo Gafos que impón o capital. aínda non ten solución. Anda a xente indignada Temos pancarta no cole coa auga ao pescozo falando de educación con tanto pago pendente púxose antes da Pascua hanse afogar no pozo. coa santa bendición. A salvación desta crise A realeza é noticia vén dos grandes empresarios a prensa non dá falado despiden traballadores desde o neto ata o Rei e a facerse millonarios. con Iñaki de imputado. Esixentes son os amos, Manda truco, mando truco, pero máis cando os servimos o que temos nas poltronas por moito que traballemos cazadores, carteiristas sempre pensan que durmimos. con infantas xoguetonas. Díxolle unha muller a outra Aínda ten moitos complexos polo burato da porta o galego na cidade os ricos rouban aos pobres non se fala nas escolas e aos que mandan non lle importa. temos pouca dignidade. Para mostra un botón O galego nosa Lingua EREs,Gürtel ou Campión outra vez abandonada hai corruptela dabondo se queremos que perviva pero máis na construción. todos debemos falala. Tres anos vive un furón Ser galego é moi grande, tres furóns vive un can ser pontevedrés xenial, algúns políticos viven os nados na boa vila do que os amigos lle dan. son dunha graza especial. Novagalicia é un banco Para a luz a deste día que engana á clientela para sombras o carballo deixou a moitos galegos para dar a despedida máis tesos que unha vela. esta copla de agasallo. Abusou da confianza Aquí vai a derradeira para pillarlle o aforro xa nos temos que marchar Chega ledo o noso Maio agora que o precisan agardamos que a crise a esta praza de pedra teñen que pedir socorro. non nos faga emigrar. cos olliños ben abertos
  • 2. Un canto rexo no vento Volven agromar as flores Entrou con moita soberbia Desde Europa tocan solfa beixa o azul de mediodía nos verdes eidos galegos ocultando aos cidadáns para que sexa guiado son coplas de Campolongo na primavera acendida que tiña contas pendentes e el presume de mando que estalan na Ferraría. óense cantar os merlos. agochadas entre as mans. co país hipotecado. Vimos ledos a esta praza Cada ano fanse obras A Xunta que nos dirixe Rubalcaba non remonta para cantarlles o Maio porque aumenta o alumnado perde co paso do tempo a perda de confianza cada verso unha benvida ao colexio Campolongo co goberno de Galicia ten unha lousa enriba cada estrofa un regalo. chámanlle o remendado. aumenta o descontento. cando lle lembran a herdanza. Traemos letriñas novas Os veciños desta vila Aeroportos sen avións Dirixentes da tesoira coas as palabras da escola non están todos a gusto mausoleos no Gaiás e da cultura do medo se vos gusta o que dicimos teñen prazas, teñen pontes os cartos non dan chegado baixo o paraugas do voto botádenos unha esmola. pero sóbenlle o tributo. para tanto paspallás. mandan á xente ao inferno. Moita falta nos fará Miguel Anxo e mais Louro Ante este desconcerto Recortan na educación pois andamos apertados forman parella de mando pra contentar aos galegos para poder aforrar coas medidas de axuste non se oe a oposición Feijóo propón o milagre non importa a calidade rematamos abafados. aínda seguen remando. ofrecendo un plan de emprego. nin o fracaso escolar. Veñen tempos de carencias Telmo foi para Madrid Para atraer o voto Máis horario de presenza todo semella esfolado con promesas na mochila fai uso da oratoria máis alumnado nas clases as novas que escoitamos que conto nos traerá despois que o ten no peto farán pastores aos mestres déixannos moi amolados. cando volva pola vila. non logra facer memoria. e rabaños aos rapaces. Chega o Maio a Pontevedra Moreira colle o relevo Se hai que apertar o cinto A sanidade de balde cargadiño de ledicia para ordenar o poleiro vaille tocar aos de sempre queren quitala do medio os paus xa resoan forte mentres desgasta a Lores para financiar servizos se prohiben enfermar polas prazas de Galicia. cos asuntos do diñeiro. pídenlle esforzos á xente. venlle do ceo o remedio. Moito traballo levamos Entre outros obxectivos Pachi Vázquez onde andas Que non vos atente o demo para vir a Ferraría o dos cartos é importante pouco se sabe de ti ir pola quenda de urxencia bulindo dun lado a outro se non hai investimento se queres ser presidente se vos atopades mal pola noite e polo día. as obras non van adiante. ensaia o DO-RE-MI. botade man da carteira. Flores fiúncho e pampullos Miguel Anxo anda molesto Coa muda de goberno Deste xeito de seguro non os demos atopado polo tema cultural chegou o cambio esperado que o negocio funciona coa seca que nos toca non lle gustou que Louzán sobe o paro e os impostos o que non paga que aguante só agroman os parados. suprimira a Bienal. e Rajoy segue calado. quen ten cartos soluciona. O maio da nosa escola Gerardo Conde “o breve” Ata o vinte de novembro O vinte e nove de marzo ten laranxas un millar mandatario en Santiago todo era anunciar houbo unha folga xeral tamén ten uns cantos ovos tantos anos dando caña agora que xa goberna moita xente non acepta que non son para tirar. pra rematar imputado. di que compre recortar. a reforma laboral.