SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Maios2014
UNCAS COÑECE O CEREIXO
ESTAMOS NO MAIO
PASOU O MARZAL
ESCOITADE OS MAIOS
QUE OS IMOS CANTAR
O río Cereixo
viaxa amodiño
e leva as súas augas
ao seu río Miño.
E medran ao longo
toxos e xesteiras
salgueiros e breixos
tamén bidueiras.
Un grupo de profes
un día clariño
visitan o río
cachiño a cachiño
Tamén vai o Uncas
na nave espacial
levando na man
un fento real.
O Uncas entonces
moi ledo quedou
ao ver tanto ceo
a face mudou.
O Uncas e os mestres
sinten esta medra
e todos moi ledos
rematan na Pedra.
E Uncas ufano
co dedo da un beixo:
dicindo baixiño:
COÑECE O CEREIXO
No Río Cereixo
ti podes xogar
con moitos amigos
e ben disfrutar
Eu son o Cereixo
na Pedra ei pasar
ao meu pai Río Miño
a desembocar.
E moitos deportes
do noso colexio
o Uncas os fai
no Río cereixo.
ARTESOURANDO
Tamén vai o Uncas
nun carro fermozo
con picos, candeas
e un tentemozo.
Alá vai a nai lúa
alá vai que eu a vin
máis alta vai a fortuna
que Deus tiña para min.
Se o mar tivera barandas
Vache ver ao Brazil ¡
pero o mar non ten barandas
meu amor non pido ir.
Miña nai e máis a túa
quedan no río borrejando
por culpa dunha jaliña
que tiña amores co jalo.
Alá arriba naquel monte
había non sei que santo
rezándolle non sei que
gañábase non sei canto.
E ti de quen ves sendo?
Preguntou un chancarello
a suleta contestou:
non entendo, non entendo
Polo San Martiño
Antes do Nadal
matar o teu porquiño
e ter o argidal.
Na cancilla duha casa
dous cancareños dicían:
o carallo vintenove
que o trinta xa non nos pode
Pola códea baila o can
pola boca morre o peixe
mais vale paxaro en man
que un burro se non ten feixe
Por unha noite de gusto
nove meses de pesar
catro semanas na cama
e dous anos arrolar.
Unha de patacas
outra de cebolas
que son para fritir
nas miñas cacerolas.
Froitas de maio
doces todo o ano
os frutais de maio
cheos de ano en ano.
Moitas frores ten Tomiño
o mes de maio é principal
por iso queremos que sexa
o día da nosa nai.
Tomiño é boa vila
da de comer a quen pasa
froitos da nosa terra
nesta estrenada praza
Neste primeiro de maio
vamos todos a cantar
as cousiñas que nós temos
en Tomiño e no rural.
COUSAS VEREDES
SOMOS OS NENOS
DO PEDRO CASELLES
E VAMOS CANTAR
DE COUSAS VEREDES.
Aquí ven o MAIO
do Miñor do Val
e todos a pé
deixainos pasar.
Escoiten señores
vai, vai poltica
non hai máis que ver
botica, botica.
O Lois nas Berzas
estaba na cama
entrábanlle os cartos
por unha ventana.
Por outra ,
entráballe un cento
o Lois Lordanas
Por fin o pais
cambiou de ministros
andivo e andivo
e deu cos máis listos.
Recortes eiquí
quitan acolá
e di Peripepe
o bo xa virá ¡
Quen dixo que Alberte
non fala galego
siguro que é:
un neno labrego¡
Barcénas ten leña
o outro xa fai fume
e mentras Iñaqui
pon o pote ao lume.
8 Vai iste a cabalo
o outro nun mulo
algún a patíns
e ise nun burro.
Con tanto chourizos
que dan tanta perda
Revilla e o Pozo
darían en quebra.
Que é un programa?
pregunta un tal boi:
zapatos gastados
resposta Raxoi.
O boi non entende
muxe que te muxe
e di resoplando:
é Anxela Mente.
Os políticos dicen
que mexan colonia
pero todos pensamos
chucurruchú María Antonia.
QUE NINGUÉN SE SINTA
COS VERSOS MANCADO
ESTAMOS NO MES
DO MAIO MAIADO.
ASI LLE ATIZAMOS
A UNS E A OUTROS
O QUE CONTA SEMPRE
SON VOTOS E VOTOS
O DEPORTE
SOMOS OS RAPACES
DO MIÑOR DO VAL
ESCOITADE OS MAIOS
QUE OS IMOS CANTAR.
Aquí ven o maio
do Miñor do Val
e vimos co Uncas
na nave espacial
O noso colexio
por sempre procura
cumprindo co lema
deporte é cultura.
E asi participa
con gran ilusión
volante e raqueta
mesa de pin pón.
Mens sana por sempre
in corpore sano
deporte a miúdo
un ano tras ano.
O Celta con Vigo
e Vigo co Celta
todiños moi xuntos
quedar en primeira.
Celeste é a cor
olivo na testa
a nosa ilusión
con Vigo e co Celta.
Eu so o mellor
dicía o Guardiola
Mouriño contesta:
que trola, que trola.
Eu son deportista
e son o mellor
rompendo revistas
as luvas vou por.
Guardiola é filósofo
Mouriño o é
os dous se preguntan
por que e por que ?
Cristiano modesto:
eu son o mellor
e Messi sorrindo:
eu son salvador.
Chegou aquil home
coa voz que resopla
abaixo a cor branca¡
e a gaita xa toca.
Vergoña, vergoña
berrou Fergussón
que roubo, que roubo
tronou Ferlogón.
Pratica deporte
e xove serás
un bo pasaporte
saúde terás.
O noso colexio
é moi deportivo
e imos gañar
con moito motivo.
O tenis de mesa
ti tes que xogar
tirando, tirando
hai que machacar.
A roxa roxiña rosa
chega con moita ilusión
pedindo permiso sempre
para ser un campión.
Mais a canariña fala
untando pan e maiteca
o macaco polo se vello
nunca pousa en pola seca.
18 QUE NINGUÉN SE SINTA
COS VERSOS MANCADO
ESTAMOS NO TEMPO
DO MAIO MAIADO.
O COLE
DESPOIS DE INVENTAR
UN FEIXE DE MAIOS
OS IMOS CANTAR
COMO TODOS OS ANOS.
ESTAMOS NO MAIO
PASOU O MARZAL
ESCOITADE OS MAIOS
QUE OS IMOS CANTAR
No noso colexio
podemos xogar
pero antes de iso
temos que estudiar.
O noso colexio
temos que coidalo
pra o ano que ven
poder disfrutalo.
Os nenos de 5º
terán que aprobar
ao ano vindeiro
en sesto estudiar.
Olliños de pena
cariño de lúa
andas a chorar
sen causa ningunha.
Cosendo, cosendo
cantando, cantando
damos a benvida
e todos bailando.
Eu teño unha vaca
gordiña e grandiña
e vouna chamar
Xoana, Xoaniña.
Os nenos de 6º
vamoa aprobar
e ao ano seguinte
na ESO estudiar
Todas e todos
queren aprobar
mais antes que iso
deben estudiar.
E sempre cos profes
eilles de agradar
ainda que sempre
me fan traballar.
O noso colexio
expresa berrón
e sempre por sempre
quere un pavillón.
Viva a ecoloxía
viva o medio ambiente
quen diga o contrario
mellor que revente.
Con feitos natura
tamén nós coidamos
os seus dezaoito
mil metros cadrados.
Vivimos na Terra
con astros e estrelas
e todos felices
no noso Planeta.
Este ano o Entruido
dende Vilachá a Estás
costureiras, zapateiros...
chuvia de paspallás.
As vacanzas do verán
veñen, veñen longas
escapando todas xuntas
e non nos collerán.
Todos os días
no cole estudiar
pero na casa
e todo xogar.
O noso colexio
ímolo chorar
cando na ESO
nos toque estudiar
E todos cantamos
todos disfrutamos
cantando estes maios
que nos inventamos
Nós os de sexto
co profe Gerardo
cantamos os maios
no maio maiado.
AMIGAS E AMIGOS
EIQUÍ REMATAMOS
E ÍMONOS TODOS
A MAR DE ENCANTADOS
E VÉMONOS PRONTO
AO ANO QUE VEN
PENSANDO NOS MAIOS
QUE SAÍRON BEN.

More Related Content

Similar to Maios (20)

COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
O NOSO ENTROIDO - O DÍA DO GALO -
O NOSO ENTROIDO - O DÍA DO GALO -O NOSO ENTROIDO - O DÍA DO GALO -
O NOSO ENTROIDO - O DÍA DO GALO -
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 
Coplas 2021
Coplas 2021Coplas 2021
Coplas 2021
 
Coplas 2021
Coplas 2021Coplas 2021
Coplas 2021
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
Coplas 2016
Coplas 2016Coplas 2016
Coplas 2016
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
Festas segun Xeila!
Festas segun Xeila!Festas segun Xeila!
Festas segun Xeila!
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Andoriña nº 50
Andoriña nº 50Andoriña nº 50
Andoriña nº 50
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 

More from Cep Pedro Caselles (20)

Menú outubro 2020
Menú outubro 2020Menú outubro 2020
Menú outubro 2020
 
Menú setembro 2020
Menú setembro 2020Menú setembro 2020
Menú setembro 2020
 
Memoria Voz Natura 2020
Memoria Voz Natura 2020Memoria Voz Natura 2020
Memoria Voz Natura 2020
 
Día do LIBRO- El oso Simón- Traballos 1º primaria
Día do LIBRO- El oso Simón-  Traballos 1º primariaDía do LIBRO- El oso Simón-  Traballos 1º primaria
Día do LIBRO- El oso Simón- Traballos 1º primaria
 
Menú marzo 2020
Menú marzo 2020Menú marzo 2020
Menú marzo 2020
 
Menú febreiro 2020
Menú febreiro 2020Menú febreiro 2020
Menú febreiro 2020
 
Menú xaneiro 2020
Menú xaneiro 2020Menú xaneiro 2020
Menú xaneiro 2020
 
Menú novembro 2019
Menú novembro 2019Menú novembro 2019
Menú novembro 2019
 
Menú outubro 2019
Menú outubro 2019Menú outubro 2019
Menú outubro 2019
 
Menú setembro 2019
Menú setembro 2019Menú setembro 2019
Menú setembro 2019
 
Lista de libros e material de 4º Curso 2019/2020
Lista de libros e material de 4º Curso 2019/2020Lista de libros e material de 4º Curso 2019/2020
Lista de libros e material de 4º Curso 2019/2020
 
Lista de libros e material de 3º Curso 2019/2020
Lista de libros e material de 3º Curso 2019/2020Lista de libros e material de 3º Curso 2019/2020
Lista de libros e material de 3º Curso 2019/2020
 
Lista de libros e material de 2º Curso 2019/2020
Lista de libros e material de 2º Curso 2019/2020Lista de libros e material de 2º Curso 2019/2020
Lista de libros e material de 2º Curso 2019/2020
 
Prsentacion xapon
Prsentacion xaponPrsentacion xapon
Prsentacion xapon
 
Lecturas do mundo
Lecturas do mundoLecturas do mundo
Lecturas do mundo
 
Prsentacion xapon
Prsentacion xaponPrsentacion xapon
Prsentacion xapon
 
Lecturas do mundo
Lecturas do mundoLecturas do mundo
Lecturas do mundo
 
Prsentacion xapon
Prsentacion xaponPrsentacion xapon
Prsentacion xapon
 
Lecturas do mundo
Lecturas do mundoLecturas do mundo
Lecturas do mundo
 
Doc 2
Doc 2Doc 2
Doc 2
 

Maios

  • 1. Maios2014 UNCAS COÑECE O CEREIXO ESTAMOS NO MAIO PASOU O MARZAL ESCOITADE OS MAIOS QUE OS IMOS CANTAR O río Cereixo viaxa amodiño e leva as súas augas ao seu río Miño. E medran ao longo toxos e xesteiras salgueiros e breixos tamén bidueiras. Un grupo de profes un día clariño visitan o río cachiño a cachiño Tamén vai o Uncas na nave espacial levando na man un fento real. O Uncas entonces moi ledo quedou ao ver tanto ceo a face mudou. O Uncas e os mestres sinten esta medra e todos moi ledos rematan na Pedra. E Uncas ufano co dedo da un beixo: dicindo baixiño: COÑECE O CEREIXO No Río Cereixo ti podes xogar con moitos amigos e ben disfrutar Eu son o Cereixo na Pedra ei pasar ao meu pai Río Miño a desembocar. E moitos deportes do noso colexio o Uncas os fai no Río cereixo.
  • 2. ARTESOURANDO Tamén vai o Uncas nun carro fermozo con picos, candeas e un tentemozo. Alá vai a nai lúa alá vai que eu a vin máis alta vai a fortuna que Deus tiña para min. Se o mar tivera barandas Vache ver ao Brazil ¡ pero o mar non ten barandas meu amor non pido ir. Miña nai e máis a túa quedan no río borrejando por culpa dunha jaliña que tiña amores co jalo. Alá arriba naquel monte había non sei que santo rezándolle non sei que gañábase non sei canto. E ti de quen ves sendo? Preguntou un chancarello a suleta contestou: non entendo, non entendo Polo San Martiño Antes do Nadal matar o teu porquiño e ter o argidal. Na cancilla duha casa dous cancareños dicían: o carallo vintenove que o trinta xa non nos pode Pola códea baila o can pola boca morre o peixe mais vale paxaro en man que un burro se non ten feixe Por unha noite de gusto nove meses de pesar catro semanas na cama e dous anos arrolar. Unha de patacas outra de cebolas que son para fritir nas miñas cacerolas. Froitas de maio doces todo o ano os frutais de maio cheos de ano en ano. Moitas frores ten Tomiño o mes de maio é principal por iso queremos que sexa o día da nosa nai. Tomiño é boa vila da de comer a quen pasa froitos da nosa terra nesta estrenada praza Neste primeiro de maio vamos todos a cantar as cousiñas que nós temos en Tomiño e no rural.
  • 3. COUSAS VEREDES SOMOS OS NENOS DO PEDRO CASELLES E VAMOS CANTAR DE COUSAS VEREDES. Aquí ven o MAIO do Miñor do Val e todos a pé deixainos pasar. Escoiten señores vai, vai poltica non hai máis que ver botica, botica. O Lois nas Berzas estaba na cama entrábanlle os cartos por unha ventana. Por outra , entráballe un cento o Lois Lordanas Por fin o pais cambiou de ministros andivo e andivo e deu cos máis listos. Recortes eiquí quitan acolá e di Peripepe o bo xa virá ¡ Quen dixo que Alberte non fala galego siguro que é: un neno labrego¡ Barcénas ten leña o outro xa fai fume e mentras Iñaqui pon o pote ao lume. 8 Vai iste a cabalo o outro nun mulo algún a patíns e ise nun burro. Con tanto chourizos que dan tanta perda Revilla e o Pozo darían en quebra. Que é un programa? pregunta un tal boi: zapatos gastados resposta Raxoi. O boi non entende muxe que te muxe e di resoplando: é Anxela Mente. Os políticos dicen que mexan colonia pero todos pensamos chucurruchú María Antonia. QUE NINGUÉN SE SINTA COS VERSOS MANCADO ESTAMOS NO MES DO MAIO MAIADO. ASI LLE ATIZAMOS A UNS E A OUTROS O QUE CONTA SEMPRE SON VOTOS E VOTOS
  • 4. O DEPORTE SOMOS OS RAPACES DO MIÑOR DO VAL ESCOITADE OS MAIOS QUE OS IMOS CANTAR. Aquí ven o maio do Miñor do Val e vimos co Uncas na nave espacial O noso colexio por sempre procura cumprindo co lema deporte é cultura. E asi participa con gran ilusión volante e raqueta mesa de pin pón. Mens sana por sempre in corpore sano deporte a miúdo un ano tras ano. O Celta con Vigo e Vigo co Celta todiños moi xuntos quedar en primeira. Celeste é a cor olivo na testa a nosa ilusión con Vigo e co Celta. Eu so o mellor dicía o Guardiola Mouriño contesta: que trola, que trola. Eu son deportista e son o mellor rompendo revistas as luvas vou por. Guardiola é filósofo Mouriño o é os dous se preguntan por que e por que ? Cristiano modesto: eu son o mellor e Messi sorrindo: eu son salvador. Chegou aquil home coa voz que resopla abaixo a cor branca¡ e a gaita xa toca. Vergoña, vergoña berrou Fergussón que roubo, que roubo tronou Ferlogón. Pratica deporte e xove serás un bo pasaporte saúde terás. O noso colexio é moi deportivo e imos gañar con moito motivo. O tenis de mesa ti tes que xogar tirando, tirando hai que machacar. A roxa roxiña rosa chega con moita ilusión pedindo permiso sempre para ser un campión. Mais a canariña fala untando pan e maiteca o macaco polo se vello nunca pousa en pola seca. 18 QUE NINGUÉN SE SINTA COS VERSOS MANCADO ESTAMOS NO TEMPO DO MAIO MAIADO.
  • 5. O COLE DESPOIS DE INVENTAR UN FEIXE DE MAIOS OS IMOS CANTAR COMO TODOS OS ANOS. ESTAMOS NO MAIO PASOU O MARZAL ESCOITADE OS MAIOS QUE OS IMOS CANTAR No noso colexio podemos xogar pero antes de iso temos que estudiar. O noso colexio temos que coidalo pra o ano que ven poder disfrutalo. Os nenos de 5º terán que aprobar ao ano vindeiro en sesto estudiar. Olliños de pena cariño de lúa andas a chorar sen causa ningunha. Cosendo, cosendo cantando, cantando damos a benvida e todos bailando. Eu teño unha vaca gordiña e grandiña e vouna chamar Xoana, Xoaniña. Os nenos de 6º vamoa aprobar e ao ano seguinte na ESO estudiar Todas e todos queren aprobar mais antes que iso deben estudiar. E sempre cos profes eilles de agradar ainda que sempre me fan traballar. O noso colexio expresa berrón e sempre por sempre quere un pavillón. Viva a ecoloxía viva o medio ambiente quen diga o contrario mellor que revente. Con feitos natura tamén nós coidamos os seus dezaoito mil metros cadrados. Vivimos na Terra con astros e estrelas e todos felices no noso Planeta. Este ano o Entruido dende Vilachá a Estás costureiras, zapateiros... chuvia de paspallás. As vacanzas do verán veñen, veñen longas escapando todas xuntas e non nos collerán. Todos os días no cole estudiar pero na casa e todo xogar. O noso colexio ímolo chorar cando na ESO nos toque estudiar E todos cantamos todos disfrutamos cantando estes maios que nos inventamos Nós os de sexto co profe Gerardo cantamos os maios no maio maiado. AMIGAS E AMIGOS EIQUÍ REMATAMOS E ÍMONOS TODOS A MAR DE ENCANTADOS E VÉMONOS PRONTO AO ANO QUE VEN PENSANDO NOS MAIOS QUE SAÍRON BEN.