Número ….......
CIENCIAS DA NATUREZA – 1ºESO
Boletín de repaso dos temas 3 e 5
Responde as seguintes preguntas no teu caderno. Non é preciso que copies os
enunciados, sempre a cando non perdas este papel.
1. Fai un esquema onde apareza a clasificación dos distintos tipos de invertebrados, indicando un
exemplo de cada tipo.
2. Este debuxo representa o ciclo reproductor dos
cnidarios. Explícao.
3. Como poden diferenciarse a simple vista e de manera
moi sinxela os distintos tipos de artrópodos?
4. Una as características da esquerda co tipo de
invertebrados que a presentan. Lembra que unha
mesma característica pode pertencerlle a distintos tipos de invertebrados. Para unilos copia na
libreta o número da característica e, ó carón, as letras correpondentes da columna da dereita.
Ademais se unha característica por exemplo, non a presentan tódolos artrópodos, senón
soamente os insectos, indica ó lado da letra o subgrupo concreto. É dicir: 1.E: insectos.
1. O seu corpo está cuberto de poros.
2. Posúen tentáculos.
3. Aliméntanse por filtración A. Poríferos
4. Son acuáticos
5.Viven fixos ao substrato
6.Teñen antenas
7. Posúen un corpo alongado formado por múltples
B. Cnidarios
aneis
8.O seu corpo está formado por unha manto, no
interior do cal alóxanse os seus órganos, do que sae
un pé musculoso.
9. O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e C. Anélidos
abdome.
10. O seu corpo está dividido en cefalotorax e
abdome. D. Moluscos
11. A maioría están formados por un esqueleto de
placas calcarias do que sean espiñas recubertas de
pel. E. Artrópodos
12. Teñen exoesqueleto, é dicir, unha envoltura
externa dura.
13. Experimentan metamorfose
14. Teñen ás F. Equinodermos.
15. Desprázanse gracias ao sistema ambulacral.
16. Tienen oito patas.
17.Posúen cuncha
2.
5. Clasifica osseguintes animais segundo o grupo de invertebrados ao que pertenzan: gamba, lura,
milpés, tarántula, xoaniña, miñoca, holoturia (pepino mariño), ameixa, sepia, cangrexo, percebe,
escolopendra, medusa, esponxa, ourizo de mar, escorpión, piollo, polbo, verme mariño.
6. Define os seguintes conceptos:
a) Clitelo h) Relación
b) Sistema ambulacral i) Colonia
c) Sifón j) Vorticela
d) Célula k) Organismo unicelular
e) Célula procariota l) Microorganismo
f) Protozoo m) Respiración celular
g) Nutrición autótrofa n) Alga parda
7. Sinala alomenos cinco diferencias entre unha célula animal e unha célula vexetal.
8. Cal é a principal diferencia entre unha célula eucariota e unha procariota? Son células animais
ou vexetais?
9. Qué tipos de movementos poden presentar as células?Pon exemplos de células que presenten
cada tipo de movemento.
10. Explica como é a nutrición das células animais e das células vexetais.
11. Qué organismos pertencen ó reino protistas?Pon exemplos de cada tipo.
12. Explica brevemente como é a estructura dunha bacteria (axúdate dun debuxo se o prefires) e
indica como se poden clasificar segundo a súa forma.
13. Qué consecuencias tería a desaparición de todo tipo de microorganismos do medio?
14. Os virus son seres vivos ou non? Por qué? Dise que tódolos virus son patóxenos, que quere dicir
iso?
15. Como é a estructura dun virus?
16. Exercicio 31 da páxina 82 do libro.
17. Exercicio 37 da páxina 83 do libro.