SlideShare a Scribd company logo
C
Boletín de Novidades Abril
2018
C
Boletín de Novidade
Esta guía pretende difundir a colección e as últimas incorporacións á
Biblioteca na sección de libros electrónicos.
Ademáis, podes consultar o catálogo
música e outros materiais
http://www.dacoruna.gal/Biblioteca
Boletín de Novidades
Esta guía pretende difundir a colección e as últimas incorporacións á
Biblioteca na sección de libros electrónicos.
odes consultar o catálogo do resto de libros, películas,
música e outros materiais en:
http://www.dacoruna.gal/Biblioteca
Abril
2018
Esta guía pretende difundir a colección e as últimas incorporacións á
do resto de libros, películas,
http://www.dacoruna.gal/Biblioteca
C
Boletín de Novidades Abril
2018
C
Boletín de Novidades Abril
2018
1
Aleixandre, Marilar
O cóitelo en novembro
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: ¿Que papel teñen as historias na nosa vida?
¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non
sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos
entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante?
Neste libro, tal vez unha novela, tal vez un mando de relatos,
as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os
contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é
que non son todos inventados. Desde os anos en que nos
montes de Lugo se temían encontros máis perigosos que
lobos ou porcos bravos, a tempos nos que os libros compiten
con obxectos que de libros só teñen a aparencia; da voz
dunha viúva desafiuzada a Xoana de Arco, remitindo un
formulario de apostasía; dos nomes gardados baixo a lingua
á muller que convoca ás avésporas como último recurso
fronte a cemento e cobiza.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031841
Aleixandre, Marilar
Teoría do caos
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa
Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a
quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita
por tres disparos. Nesa noite, Paco recordaba o que lle
dixera Lucía, cando os dous eran militantes dun partido
clandestino formado por a penas un cento de
revolucionarios: ¿deixar de ser novo era cifrar as aspiracións
dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a
alcalde dunha vila de segunda? Podería ser certo, pero para
este médico, dedicado á actividade política, a vida
tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido
conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña
con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da
extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o
desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino
do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que
quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un
vertedoiro para o tratamento dos residuos.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031844
C
Boletín de Novidades Abril
2018
2
Alfaya, An
Illa soidade
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura
Xuvenil, 2007 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro
Xuvenil, 2007. Lucía, a piques de iniciar os estudos de
xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa
relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando
pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes
que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela
iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón
e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o
respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e
concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo
nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela
retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen
teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas
persoas é unha illa deshabitada que vai conformando
arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un
pouco de luz para todas elas.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031845
Benito Reza, Xosé
Terradentro
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a
vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo
onde a luz a puñan os paisanos das aldeas que daban de
comer aos vilegos e as sombras proviñan da memoria da
guerra civil e dos fuxidos, daquela aínda ben presentes.
Neste escenario desenvolve a súa vida o avogado da vila,
considerado como un home perspicaz, que se verá enleado
en tres misteriosos asuntos cuxa orixe pretenderá desvelar: a
morte violenta dun vello fidalgo no seu casarío, un “home
arisco illado do mundo no seu cotarelo”; a busca na
penechaira espida da fronteira dos “tesouros que deixaron
ocultos os mouros en lugares cheos de trampas”; e a
inesperada aparición da cadela do alcalde pintada de
verde. “
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031834
C
Boletín de Novidades Abril
2018
3
Blanco, Alberte
O códice esmeralda
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a
Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da
batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete
na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa
viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de
Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro
oculto, protexido por un estraño enigma que deberían resolver
os seus sucesores. A busca das claves para esclarecer o
misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura
sorprendente na que vai descubrindo a recóndita
personalidade do seu devanceiro, envolta en novos enigmas.
Mais ao protagonista asáltano uns estraños soños simbólicos
que se entrelazan coa realidade e cun mundo que
descoñece, creándolle unha enorme confusión que o impulsa
a afondar máis na investigación. Emporiso, o que busca
Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é en realidade un
antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, que os
levará a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un
camiño iniciático no que irá sacando as capas de cebola que
ocultan a realidade.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031818
C
Boletín de Novidades Abril
2018
4
Boullón Agrelo, Ana Isabel
Estudar toponimia : aproximacións metodolóxicas e
interpretativas
[Santiago de Compostela] : Servizo de Publicacións
e Intercambio Científicos da USC, 2017
1 recurso en línea (100 p.)
Resumo: Neste volume recóllense unha serie de traballos dos
maiores especialistas en toponimia galega, sobre a
metodoloxía, a historiografía e a interpretación etimolóxica. A
partir deles propóñense pautas de actuación á hora de
estudar a toponimia, tales como a necesidade dunha
perspectiva multidisciplinar, non só lingüística, senón tamén
histórica e xeográfica, entre outras. Tamén se ofrecen achegas
sobre a interrelación cos nomes de persoas, a clasificación
semántica da toponimia, o estrato prelatino, a especificidade
que comporta o estudo da toponimia medieval e o estatus
xurídico dos nomes de lugar. Finalmente, engádese unha
bibliografía escollida como guía breve de inicio para o estudo
da toponimia.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031857
Bóveda, Jorge Emilio
As sete mortes de Leopoldo Pardo
[Vigo] : Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo
vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como
axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día
recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar
sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que
están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de
Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete
contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo
deberá documentar graficamente a existencia deses
antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa
considerada fácil en primeira instancia… Bóveda ofrece, agora
en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do
inefable Leopoldo Pardo, comezadas en "Asasinato no centro
comercial" e continuadas en "A morte vén en chancletas".
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031858
C
Boletín de Novidades Abril
2018
5
Caamaño, Adolfo
O paxaro do mel
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil,
e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás
afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o
agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible míster
Angus Harris e a súa banda de zaireños que secuestraron a
Saíhda, a súa nai, e a outros veciños da aldea danákil para
vendelos como escravos. Os tres afoutos rapaces, coa
intención de liberar aos seus, emprenderán unha difícil
persecución da caravana de escravos véndose obrigados a
atravesar a selva prohibida, onde entre as ruínas dun estraño
gran edificio atoparán a árbore do saber, o mono do papiro e
seguirán a estela da cor vermella do paxaro do mel. Unha
extraordinaria e engaiolante novela de aventuras, ambientada
na Abisinia ocupada polos italianos a finais do século XIX.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031856
Cajaraville, Héctor
Once portas
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme
Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela
para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no
gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes
proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí
escoite lle cambiará a vida para sempre. Desde entón
Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa
antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo
que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes
elementos, a presenza permanente do número once, unha
cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme
deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031820
C
Boletín de Novidades Abril
2018
6
Calveiro, Marcos
Todos somos
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa
non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a
súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e
dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans
do demo dende que a nova da desaparición de Natalia,
compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por
toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de
desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo
cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a
cousa ía en serio.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031847
Canal, Alberto
Conexión Tubinga
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Finalista do Premio Xerais de Novela, 2008. O padre
Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng,
no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se
intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales
son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista
aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta
desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un
intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga,
onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a
Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O
castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do
amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero,
ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu
futuro.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031846
C
Boletín de Novidades Abril
2018
7
Canal, Alberto
O trapecista da malla de rombos
[Vigo] : Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con
converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos.
Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de
Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os
nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que
quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de
diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo
amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide
entón embarcarse na aventura de salvar o circo das
gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da
malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a
todos os recunchos do planeta.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031862
Canosa, María
Muriel
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. A Muriel
custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas
coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e
os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que
curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta
de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E
o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e
todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando
coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031853
C
Boletín de Novidades Abril
2018
8
Casal, Uxía
O faro de arealonga
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Cando un mide cento trece centímetros, é xornalista
e ten un carácter impulsivo, as cousas non resultan fáciles.
Arealonga, a vila natal pode ser un refuxio onde aclarar ideas,
visitar vellos amigos e descansar coa familia. Pero o que
agarda a Rosalía é unha trama chea de puntos escuros na
que o pasado de Néstor, fareiro, antigo científico e, sobre
todo, prezado amigo, volve ao presente cunha forza que
sacode o que ata ese momento semellaba firme como as
rochas. A desaparición duns cons, os estraños movementos do
mar preto da praia onde está a Cova do Mouro e a presenza
na vila mariñeira de catro traxeados xaponeses
desencadearán as indagacións da xornalista que a dirixirá a
coñecer a existencia do proxecto APRETA, dirixido á creación
dun aparello reductor do tamaño, e do proxecto TRAMA, un
transportador de materia.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031825
Castro, Rosalía de
Conto gallego
[S.l.] : Rosalía de Castro, 2017
1 recurso en línea
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00029894
Castro, Rosalía de
Poesías de Rosalía de Castro
[S.l.] : Rosalía de Castro, 2017
1 recurso en línea
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00029895
C
Boletín de Novidades Abril
2018
9
Cortizas, Antón
Leonel
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Leonel, a primeira novela xuvenil de Cortizas, narra a
historia de Miguel, un mozo estudante que se despraza á
aldea dos avós que a penas coñecía para pasar o verán
estudiando o que suspendera. Miguel non imaxinaba que este
verán sería o máis apaixonante da súa vida. E non só porque
se ía atopar un mundo fascinante, aínda que alleo á súa vida
da cidade; nin porque se vería mergullado na solución dun
apaixonante misterio; nin porque había de coñecer a Leonel
e a Metralla; nin porque se namoraría de Ana...
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031824
Costas, Ledicia
As peripecias de Extravaganzza Pérez
[Vigo] : Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella
un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona.
Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á
sua filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta
deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada.
Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena...
agás se os teus pais non dan sinais de vida durante semanas.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031869
Costas, Ledicia
A señorita Buble
[Vigo] : Xeras, 2017
1 recurso en línea
Resumo: A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita
Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora
apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un
convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela
vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona
polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de
vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no
interior da mansión da señorita Bubble.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031842
C
Boletín de Novidades Abril
2018
10
Darriba, Manuel
Elefante
[Vigo] : Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: Relatos sobre mundos que integran un mundo
poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións
comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza.
Manuel Darriba reivindica a etiqueta de «escritor transxénero».
A súa narrativa está infiltrada de elementos poéticos. A súa
poesía incorpora elementos narrativos. O autor segue a
desenvolver un programa artístico propio, conducindo o
discurso por camiños pouco explorados.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031859
Díaz Valladares, Francisco
Tras a sombra do bruxo (Premio Edebé Xuvenil 2017)
[A Coruña] : Rodeira, 2018
1 recurso en línea
Resumo: Aínda que a súa pel era branca, Xián nacera no
continente africano e nunca se sentira estraño alí. Nin xamais
percibira nos congoleses sinais de animadversión cara á súa
persoa. E, a pesar de que agora estudaba en Estados Unidos,
seguía amando aquela terra. Por iso arelaba reencontrarse
coa paisaxe, coa selva, de cores tan intensas: verdes,
amarelas, grises, laranxas, marróns... Regresaba á casa do seu
avó, director do Parque Nacional de Virunga; regresaba ao
seu fogar. O que non esperaba era que a súa chegada
coincidise cos ataques dun vello león solitario, nin que o
feiticeiro Buku puxese a xente dos poboados en contra da súa
familia. E tampouco esperaba que a súa compañeira de
xogos se convertera nunha beleza de ollos brillantes que
destacaban no óvalo do seu rostro escuro coma a noite.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031863
C
Boletín de Novidades Abril
2018
11
Docampo, Xabier P.
A nena do abrigo de astracán
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos
acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que
algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes
como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha
forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla;
Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a
rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou
Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia
vida¿ son algúns dos personaxes centrais desta novela de
vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe
Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá
abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil.
As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de
coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema
pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle
di como é o mundo de verdade, o que está alén de
Ribadaínsua.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031848
Esmorís Casais, Erica
O poder de Amabel
Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Todos os membros da familia de Amabel teñen
superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio,
unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de
facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa
habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en
aventuras ben peculiares.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031797
C
Boletín de Novidades Abril
2018
12
Falconi, María Inés
Caídos do mapa 1: o comezo
Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Graciela, Paula, Fabián e Fede foxen da clase de
Xeografía e agóchanse no soto da escola. Un bo plan se non
fosen sorprendidos por Miriam, a acusona da clase. Así
comeza a serie Caídos do mapa, que narrará as aventuras
destes catro amigos no seu paso do colexio ao instituto.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031800
Falconi, María Inés
Caídos do mapa 2: cun pé no autobús
Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Paula, Graciela, Fabián e Fede preparan con
emoción a viaxe de fin de curso longamente agardada.
Porén, ven con horror que os acompañará a profesora máis
repelente do colexio.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031796
Falconi, María Inés
Caídos do mapa 3: a viaxe de fin de curso
Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Os catro amigos de Caídos do mapa emprenden a
viaxe de fin de curso, mais no autobús atopan un tripulante
agochado. Entre el e a mestra que os acompaña darán pé a
unha chea de situacións disparatadas.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031801
C
Boletín de Novidades Abril
2018
13
Falconi, María Inés
Caídos do mapa 4: adeus sétimo
Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Chegou o último día do colexio. A ledicia por
rematar a Primaria mestúrase coa tristeza pola separación dos
compañeiros. Ao mesmo tempo, os rapaces decátanse de
que crecen e teñen novos intereses, pero finalmente
prevalecerá a relación de camaradería que os une.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031798
Falconi, María Inés
Ruído nunha noite de verán
Cangas do morrazo: Rinoceronte, 2017
Resumo: Un Puck distraído en perseguir coellos, unha Titania
despeitada, un Oberón con pouca capacidade de mando,
un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no
bosque e un grupo de artesáns zoupóns protagonizan esta
versión de Soño dunha noite de verán de William
Shakespeare, que reforza os delirios do texto orixinal cunha
linguaxe accesible para os máis novos.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031802
C
Boletín de Novidades Abril
2018
14
Feijoo, Pedro
Os fillos do lume
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Poucas cousas cambian a vida dunha persoa.
Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha
festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns
poucos saben o que está a piques de acontecer. E, sen
embargo, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde
de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde
botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo
dunha investigación que nos levará dous séculos atrás,
perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os
silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas
de sinais esquecidos, e imaxes que non son o que aparentan.
Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese
lugar á vista de todos.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031838
Fraga, Antonio Manuel
Escaquis e Romeu
[Vigo] : Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: «É coma un neno», dicían de Romeu os seus
coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a
súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre
cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das
plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis
apareceu misteriosamente para poñer patas arriba a súa
existencia. Esta estraña nena contaba cun poder moi
especial: era quen de abrir portas a outras realidades! Romeu
e mais os seus amigos tentarán descubrir a súa orixe para
axudarlle a retornar ao seu mundo.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031872
C
Boletín de Novidades Abril
2018
15
Gallego Abad, Elena
O xogo de Babel
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: «Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso
amor non ten futuro.» Ou si? Atreveríaste a acudir a unha cita
a cegas? Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta¿
Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de
temporal¿ E Patricia, agora casada co profesor que un día
dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na
pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que
regresa para atormentala. Alén dunha simple aventura, O
xogo de Babel traza, desde os distintos puntos de vista e
circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso
complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade
que, desde a infancia, une marido e amante.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031836
García Mañá, Luis Manuel
O grito do Ipiranga
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Nemesio Castro, o investigador que colabora de
forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da
raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de
negocios acadara unha posición de prestixio, para
desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de
África. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva,
outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola policía
con motivo da desaparición de Agostinho, o fillo mulato da
súa dona, acusado da morte de Cipriano Monteiro, un
poderoso facendeiro do Val do Paraíba. Os fíos das vidas de
ambos dous veciños das Terras dos Mixtos cruzaranse en
Lisboa, despois de pasar por A Valeta e Barcelona, e
permitirán desvelar a misteriosa desaparición do mozo e
abortar o crime político preparado polo Piquete Brasileiro
Antiabolicionista oposto as reformas previstas polo goberno
do emperador do Pedro II, presidido por Zacarias de Góis e
Vasconcelos.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031821
C
Boletín de Novidades Abril
2018
16
Graña, Bernardino
O neno mariñeiro
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de
Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos
tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu
irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde
sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte,
dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e
había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e
rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con
ventos que galgaban e miañaban como grandes feras.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031843
Guerra, Mar
Norteáns
[Vigo]: Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro
do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido,
anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos
de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres,
Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá,
desafían as sagradas leis norteás. Mentres, Pruno, un escravo
liberto, prende a isca da rebelión dos argolados, os servos aos
que se identificaba por levar un pecho de ferro ao redor da
gorxa.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031850
C
Boletín de Novidades Abril
2018
17
Kipling, Rudyard
O libro da selva
Cangas do morrazo: Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este
apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que
rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo
que tamén lle ensina o valor da amizade. Publicado
orixinalmente en inglés en 1894, o libro recolle unha serie de
historias ambientadas na selva india, protagonizadas por
animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031803
Kirkegaard, Ole Lund
Albert
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: A nai de Albert querería un fillo con ollos azuis,
ordenado e obediente. Pola contra, o neno saíulle un pouco
salvaxe e sempre o cachan en situacións comprometidas.
Pero no fondo é bo rapaz. Cheo de vida e de ideas, Albert
sempre está disposto á aventura.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031812
Kirkegaard, Ole Lund
A aventura de Hodia Piort
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Hodia soña con abandonar a tranquila cidade de
Piort, en Bulguislavia, e ver mundo. Un día chega ás súas mans
unha alfombra voadora, o maior desexo do sultán.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031807
C
Boletín de Novidades Abril
2018
18
Kirkegaard, Ole Lund
Frode e outros pícaros
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Frode vive na mesma casa có señor Storm (que odia
a comida case tanto coma os nenos) e as señoras Irene TV e
Ravn. No faiado instalouse un ser misterioso ó que Frode e os
outros pícaros intentarán poñer rostro.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031810
Kirkegaard, Ole Lund
Orla Tragarrás
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Disque Orla tragou unha ra de pequeno e dende
entón non deixa de meterse cos cativos, pero estes sempre
conseguen estragar os seus malvados plans. A chegada do
Circo Benito á aldea revolucionará o seu día a día.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031805
Kirkegaard, Ole Lund
Otto é un rinoceronte
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Co seu lapis máxico, Topper debuxa un rinoceronte
que cobra vida e causa un gran rebumbio na veciñanza.
Entre todos tratarán de solucionar a peculiar situación
provocada por este novo inquilino.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031804
C
Boletín de Novidades Abril
2018
19
Kirkegaard, Ole Lund
O pequeño Virgil
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: No galiñeiro dunha casa vive un neno chamado o
pequeno Virgil. El e os seus amigos Oskar e Carl Emil pásano
moi ben buscando tesouros, capturando dragóns e facendo
regalos de aniversario moi especiais.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031809
Kirkegaard, Ole Lund
Per e o pequeño Mads
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Per e o pequeno Mads pasan a meirande parte do
seu tempo gastándolle bromas ó vello Mikkel Paelg. Un día
chega unha nena nova á escola e pensan nela como nova
vítima das súas falcatruadas. Pero tal vez ela non quede atrás.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031808
Kirkegaard, Ole Lund
Tarzán de goma
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Ivan Olsen é obxecto de todas as burlas no seu
colexio, un desastre como estudante e unha decepción para
o seu pai, que ten a Tarzán como modelo de home. Porén, un
día Ivan bate con alguén que lle axuda a que isto cambie.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031806
C
Boletín de Novidades Abril
2018
20
Kirkegaard, Ole Lund
Tippe Tophat
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Tippe Tophat é un libro de relatos variopintos. Polas
súas páxinas pasan unha avoa descomunal, un neno que
acaba casando, sen comelo nin bebelo, uns rapaces que van
á escola para lanzar bocadillos de maionesa ao encerado, un
ferreiro toleirán que conta historias incribles e un personaxe
que se rebela contra o escritor.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031811
Lopo, Santiago
A arte de trobar
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Premio Xerais de Novela 2017. No século XIII, unha
"troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia
percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de
cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en
cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias
expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-
portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice
oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da
alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha
engaiolante trama nunha novela con grandes doses de
intriga.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031855
C
Boletín de Novidades Abril
2018
21
Lourenzo González, Manuel
Ceiba de Luz
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. O
achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña
humana, de ouro macizo e fasquía precolombina,
desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un
grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e
comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na
aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de
dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura
das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga
cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e
traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031852
Lozano Garbala, David
Descoñecidos
[A Coruña] : Rodeira, 2018
1 recurso en línea
Resumo: Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través
das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo
misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus
temores, pero non a súa identidade. Axiña darán o seguinte
paso: unha cita ás cegas. Con todo, atoparse cun
descoñecido sempre encerra riscos: porque todos ocultamos
segredos… Un cadáver. O corpo dun rapaz, desfigurado pola
violencia da caída. Unha vida moza arruinada para sempre,
unha morte que suscita máis preguntas ca respostas. Dúas
historias, a mesma noite e unha escura sospeita.
Enlace:
https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031873
C
Boletín de Novidades Abril
2018
22
MaLone, Marleen
Noites de Safari
[Vigo] : Edicións Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: Farta de, en materia de sedución, agardar
resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen
MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para
evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero
non contou con que os traumas e desafectos pasados
podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que,
mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba
sobre os seus amantes carencias; como réplica, eles, ansiosos
por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos,
consumaban os foguetes embebidos de extravío. Humor,
amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio
de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un
oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu
corazón.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031868
Misa, Iria
Segredos no Solpor
[Vigo] : Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: En Bico durante os meses de vacacións todas as
noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece
tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella
quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a
máis velocidade da debida levouna por diante, e o
condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen
a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fronte ao
paso de peóns situado diante do hotel dos seus pais, xusto
aquel día, pareceulle unha broma pesada. Outro máis dos
enigmas incrustados nas paredes do antigo edificio, baixo as
vellas fotografías de Bico que decoran os cuartos e os
corredores. A chegada de Antón e os seus pais, xunto coa
aparición dunha nota entre os libros do tío Paco, axudaranlle
a comprender os segredos que garda o hotel e a desvelar as
razóns de tan estraño atropelo. Unha engaiolante novela de
intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía dos erros
pasados e as violencias visibles, e tamén invisibles, que sofren
as mulleres.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031871
C
Boletín de Novidades Abril
2018
23
Moure, Teresa
A intervención
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta,
estudante universitario, e mais unha das súas profesoras na
facultade de Historia reúnense para constituíren un comando
artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance
un tanto particular, a medio camiño entre a creación
estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé
das montañas do Courel, este grupo de rebeldes pretende
sensibilizar a cidadanía cunha intervención que enlace arte e
natureza. Mentres levan a cabo o seu escrupuloso plano, a
chegada inesperada dunha nova personaxe, unha psiquiatra
vienesa, obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades
clandestinas.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031831
Osés García, Beatriz
Son unha noz
[A Coruña] : Rodeira, 2018
1 recurso en línea (128 p.)
Resumo: A avogada Rossana Marinetti é unha muller
implacable e amargada que denunciou a case todo o
mundo. A súa vida cambia o día en que Omar H, un neno
refuxiado (parece que sirio) cae da póla da súa nogueira. O
neno transforma a súa vida por completo e, para poder
quedar con el, di que é unha noz e que, segundo unha
antiga lei, todo froito que caia da súa árbore no seu xardín
pertencelle. O xuíz e o fiscal, incrédulos, escoitan as
testemuñas: o veciño botánico (a quen lle ensina Omar a
coidar as plantas), a modista (unha anciá solitaria que bota
de menos o seu neto e á que Omar fai compaña)…
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031874
C
Boletín de Novidades Abril
2018
24
Paz, Xabier
Aníbal e a Pintora
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a
historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta
verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista
descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un
mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de
cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación
que rematará por mirrar o esforzado amador. Un amigo seu
recollerá os escritos deixados por Aníbal e tentará elucidar
esa relación internándose, tamén el, no impensable
sorbedoiro dunha paixón quimérica. Nos papeis de Aníbal,
recreados polo seu amigo, un rodopío de personaxes
famosos, papas e artistas enchen as páxinas do gran fresco
barroco onde se entretecen as artes coas paixóns humanas
no epicentro da gran cultura europea do século XVII.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031819
Paz, Xabier
Renacer
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Despois da morte do pornógrafo Aretino, a súa filla
Adria navega pola súa intimidade, esculca no seu interior na
procura de verdade acerca do pai, amante, xuíz e verdugo
que marcou a súa existencia dende o afastamento
convertido en fantasía permanente. O canon da época, as
diferentes concepcións pictóricas e literarias da Venecia do
século XVI proxéctanse sobre os personaxes, interactúan con
eles até crear unha amálgama onde as obras e autores son
protagonistas.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031832
C
Boletín de Novidades Abril
2018
25
Redondo, Dolores
Todo isto che darei
[Vigo] : Edicións Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que
rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a
Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a
investigación sobre o caso se pechou con demasiada
rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os
Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra
a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, dirixe á
familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a
sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna
que se enmascarou como accidental. Lucas, un crego amigo
da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na
reconstrución da vida secreta de quen crían coñecer ben.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031816
Reimóndez, María
Corredcra
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North
Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era
correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a
guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a
esmolar polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí,
vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe,
un médico e voluntario da federación de atletismo que,
sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón
adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará,
como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren
contra si mesmas sen fin.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031833
C
Boletín de Novidades Abril
2018
26
Reimóndez, María
As cousas que non queremos oir
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe
con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no
sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da
Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da
orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A
proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a
vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese
lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas
máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a
súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara
adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu
traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha
vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031849
Rexes, Lionel
A raíña das velutinas
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey
Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en
torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A
casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría
de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas,
acaben participando nalgunhas actividades programadas
por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e
maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado
detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada
será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración
sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra,
aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola
convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os
que orixinarán, cando a situación o requira, tensións
ocasionais e impulsos de solidariedade.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031854
C
Boletín de Novidades Abril
2018
27
Reza, Xosé Benito
Terradentro
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a
vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo
onde a luz a puñan os paisanos das aldeas que daban de
comer aos vilegos e as sombras proviñan da memoria da
guerra civil e dos fuxidos, daquela aínda ben presentes. Neste
escenario desenvolve a súa vida o avogado da vila,
considerado como un home perspicaz, que se verá enleado
en tres misteriosos asuntos cuxa orixe pretenderá desvelar: a
morte violenta dun vello fidalgo no seu casarío, un “home
arisco illado do mundo no seu cotarelo”; a busca na
penechaira espida da fronteira dos “tesouros que deixaron
ocultos os mouros en lugares cheos de trampas”; e a
inesperada aparición da cadela do alcalde pintada de
verde.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031834
Ríos, Eli
Luns
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua
Galega, 2016. Nerea ten a vida organizada. Pode
considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que
marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo,
casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un
diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai
morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas
pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi
pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a
súa realidade non lle permite encontrar un modo de se
enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en
cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non
sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz
do día.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031835
C
Boletín de Novidades Abril
2018
28
Rouco, Moncho
Soño de infancia
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: A medio camiño entre a lembranza pausada propia
dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de
aventuras, "Soño de infancia" recrea con orixinalidade, humor
e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un
rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que
foron nenos ata finais dos anos sesenta –última fronteira entre
os xogos da rúa e a tecnoloxía— accede ás grandes
aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031830
Ruiz Garzón, Ricard
A inmortal
[A Coruña] : Rodeira, 2018
1 recurso en línea (198 p.)
Resumo: Judit é unha nena a piques de facer os doce anos
que debuxa moi ben. Vive con súa nai e co seu avó en
Xenebra. O pai, un famoso pintor, marchou para Hungría
cando era pequena. Mentres Judit se está a preparar para
participar nun concurso de debuxo, o xadrez crúzaselle
inesperadamente no camiño e comeza a afeccionarse. Judit
xogará moitas partidas, pero unha delas vaille cambiar a
vida. O seu contrincante será Mr. Aliyat, un estraño mestre do
xadrez, nacido en Irán, que se comunica con ela a través de
enigmáticas notas.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031866
C
Boletín de Novidades Abril
2018
29
Santos, Care
Verdade
[A Coruña] : Rodeira, 2018
1 recurso en línea (260 p.)
Resumo: Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do
que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar
a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores tras
catro anos de internamento feito xa un mozo. Con todo, a
reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille
resultar aínda máis dura: non volver caer na delincuencia
cando todo ao seu redor o empuxa cara aí, continuar os seus
estudos, atopar un traballo, apartar do seu barrio. Xenia
axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían
infranqueables pero, será o amor unha forza suficiente para
superar as dificultades agora?
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031864
Santos, Care
Mentira
[A Coruña] : Rodeira, 2018
1 recurso en línea (239 p.)
Resumo: Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada
pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu
rendemento académico está baixando. O que ocorre é que
Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón
dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa
que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende
coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar
unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por
sorpresa. Cos poucos datos de que dispón, inicia unha
investigación e descobre que todo é mentira: nin a foto nin o
nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da
súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus
estudos, confésallelo todo aos seus pais, convencida de que
foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada,
recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz
co que compartiu as súas máis íntimas emocións. Procede do
cárcere de menores e contén a historia dun asasino..
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031865
C
Boletín de Novidades Abril
2018
30
Shaffer, Mary Ann
A sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca
de Guernsey
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Xaneiro de 1946: A escritora Juliet Ashton recibe
unha carta dun descoñecido, membro fundador da
Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de
Guernsey. Así comeza unha excepcional historia sobre a illa
de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club de
lectura tan extraordinario coma o seu nome.Unha novela
divertida e orixinal sobre o curioso mundo dos clubs de
lectura.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031815
Soseki, Natsume
Botchan
Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Botchan é un mestre criado en Toquio que vai
traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase
en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras
dos seus colegas. Baseado na propia experiencia do autor,
Botchan é considerada o Huckleberry Finn nipón e
comparada con’O vixía entre o centeo.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031814
C
Boletín de Novidades Abril
2018
31
Taibo, Nacho
Os tres de nunca
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se
homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do
Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben
diferentes entre si, por clase social, formación, traballo,
mesmo aparencia física, aos que decontado separará a
Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria
onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros
personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola
sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos
canzorros de todas as igrexas rurais. Non é este un relato
sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies,
Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue
os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia,
Inglaterra e sobre todo en Galiza.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031817
Tizón, Antonio
Un home estraño
[Vigo] : Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro,
enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o
crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no
Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino.
Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de
entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa
Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha
figura extravagante que aparece de súpeto no medio da
calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada
na Galicia preautonómica de 1980, é unha novela que
pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a
chamada Transición, a partir dunha tripla indagación
identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o
poder, a investigación sobre unha determinada concepción
da loucura e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo
que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes
esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031875
C
Boletín de Novidades Abril
2018
32
Toro, Suso de
Ambulancia
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Ambulancia é unha novela negra e redonda, que
unha vez rematada deixa moi bo sabor de boca. Suso de
Toro non só consegue unha novela negra senón tamén unha
certa epopea urbana. As pantasmas da cidade e as súas
paixóns circulan por ambulancia como formas extremas do
vivir de cada día. As imaxes desgarradas e a paisaxe de
homes sen atributos constitúen o cerne da novela.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031823
Toro, Suso de
Conta saldada
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que
morrera no despacho da súa xestoría, probablemente
asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao
narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a
Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que
Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se
colabora con ela na descuberta do autor do crime. "Conta
saldada" iníciase como unha historia de fantasmas,
desenvolvéndose como unha novela trepidante de intriga e
acción na que dous rapaces de ambientes sociais moi
diferentes asumen os riscos de desentrañar as misteriosas
circunstancias da morte do pai, nunha indagación onde
tamén mudarán os seus sentimentos ás portas da idade
adulta. Este feito, aparecido de improviso nas súas vidas,
levaraos a descubrir, como no Hamlet de Shakespeare, que
quizais ningún dos dous é como pensaba ser e que deben
tomar decisións.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031840
C
Boletín de Novidades Abril
2018
33
Toro, Suso de
Fóra de si
[Vigo] : Xerais, 2018
1 recurso en línea
Resumo: Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián
Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en
exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas
que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte
recente. Está atravesando un momento profesional moi
humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa
situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital,
a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente
dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas
relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha
enorme carga moral nun momento en que rompe con todo
o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha
historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031870
Toro, Suso de
Non volvas
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: A nova e agardada novela de Suso de Toro, despois
da grande acollida de Calzados Lola, Non volvas recupera a
historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade
reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está
prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que
non volvese. Fóra da súa vida e fóra do tempo pisa con paso
fantasmal un lugar de sombras, unha aldea maldita, para
desvelar os misterios da súa orixe. A xustiza pola man.
Camiños dun territorio que só existe no tempo do soño, do
pesadelo; como Comala, como Yoknapatawpha, como
Macondo. Unha viaxe cara atrás, á raíz dos nosos días, á
nosa Historia colectiva oculta e á historia persoal dunha xinea
de mulleres construídas a poder dunha linguaxe literaria que
quere atrapar o tempo íntimo e o tempo épico. E que nos
arrastra coa protagonista nunha viaxe ao fondo do noso
corazón e da nosa memoria.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031829
C
Boletín de Novidades Abril
2018
34
Toro, Suso de
Polaroid
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto
coa cultura underground dos anos setenta como co tempo
da cultura pop, da produción de obxectos industriais de
consumo en serie, do tempo dos medios de comunicación
audiovisuais e da cultura da música pop anglosaxona. Mais
tamén é un libro que trata das linguaxes, da lingua e os seus
diversos niveis e usos; que xoga e experimenta coa linguaxe
narrativa; que ironiza sobre a literatura e as súas retóricas;
que utiliza, a partir da oralidade, todo tipo de materiais
atopados, creados, manipulados para facer literatura.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031828
Toro, Xelís de
Riofero
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As
personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro,
suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou
aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río.
Un Riofero de lendas e pantasmas. Un Riofero de humanos
que tornan feras e vidas que esvaen ata converterse en
sombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña
dunha curiosa tropa de personaxes na búsqueda do crisol da
literatura, a maxia, o secreto talismán, en palabras do autor
“eu apuntar apuntei ao corazón da literatura, mais era de
noite e a besta movíase, pero eu apuntar apuntei e disparar
disparei, iso é o único que importa”.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031827
C
Boletín de Novidades Abril
2018
35
Uribe, Kirmen
A hora de espertarmos xuntos
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa
Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela
decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu
pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe
abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a
formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao
que será o seu home, o músico Txomin Letamendi. Xuntos
percorren media Europa até que, a piques de caer París en
mans dos alemáns, foxen a Venezuela. Xaora, a Historia
irrompe de novo na súa vida. Cando Txomin decide sumarse
aos servizos secretos vascos, a familia regresa en plena
Segunda Guerra Mundial a Europa, onde el realiza labores de
espionaxe contra os nazis até que é apresado en Barcelona,
baixo unha ditadura á que non sobrevivirá. Karmele terá que
arriscar a súa vida e partir, soa desta volta, coa esperanza
cega de quen deixa atrás o máis prezado.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031837
Vázquez Freire, Miguel
Demos de verán
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade
da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas
desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista
Francisco Bouzón. Acuña e Bouzón forxaran a súa amizade
moitos anos antes, en pleno franquismo, mentres indagaban
un escuro suceso nunha vila mariñeira da costa galega.
Radia Ludescu, un profesor romanés refuxiado en España e
protexido da Falanxe, o cego Luís Ruzo e o falanxista Paco,
que tiveran algo que ver naquel suceso, reaparecen case
corenta anos despois en Roma para abrir un novo caso no
que se mesturan o achado dun vello papiro, crenzas
esotéricas e unha posible conxura político-relixiosa. Doroteo
Acuña, coa insólita colaboración dunha singular monxa,
vaise ver envolto nese enredo, malia estar seguro, desde o
primeiro momento, de que a súa solución está fóra do
alcance dun tranquilo policía xubilado.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031839
C
Boletín de Novidades Abril
2018
36
Vázquez Freire, Miguel
Proxecto pomba dourada
[Vigo] : Xerais, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola,
atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias
aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de
oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias.
Arno soubo con total seguridade que a traxedia ocorría na
súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel
sobranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de
televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co
micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a
deixalo pasar ó interior. «Comprendo como te sentes, ¿díxolle
o inspector Lesoto¿, pero seguramente terás interese en que
descubramos os culpables deste crime».
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031822
Wyke-Smith, E.A.
O marabilloso país dos snergs
Cangas do Morrazo: Rinoceronte, 2017
1 recurso en línea
Resumo: Joe e Sylvia foxen en busca de aventura e dos
snergs, unhas pequenas criaturas que viven no bosque. Así
atoparán non só a Gorbo o snerg, senón tamén reis,
cabaleiros, ogros e unha bruxa malvada que intenta
capturalos.
Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031813
C
Boletín de Novidades Abril
2018
37
Recorda que podes acceder ó préstamo de libros
electrónicos a través das plataformas da Biblioteca da
Deputación. Ademáis, se non tes un lector de libros
electrónicos, na planta de préstamo e información
dispoñemos dun servizo de préstamo destes dispositivos.

More Related Content

What's hot

Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
iessalvabiblio
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Xenza
 
As cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosAs cordas líricas de curros
As cordas líricas de curros
Loli Cid Cid
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castrotrafegandoronseis
 
Álvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiroÁlvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiro
nataliasaancheez
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
jessica fernandez prado
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
jessica fernandez prado
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
Ismael Verde Costas
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
biblioteca_ies_poio
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.
nataliasaancheez
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Marlou
 
Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na manDinche o corazón na man
Dinche o corazón na man
Marlou
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Marlou
 

What's hot (19)

Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
As cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosAs cordas líricas de curros
As cordas líricas de curros
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
Álvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiroÁlvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiro
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.
 
pondal
pondalpondal
pondal
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
 
Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na manDinche o corazón na man
Dinche o corazón na man
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 

Similar to Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018

A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
xenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
xenevra
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
iessalvabiblio
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
angelciencia
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
xenevra
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
trafegandoronseis
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
blogpousadas
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
Xoán Díaz
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
iessalvabiblio
 
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNA prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
Marlou
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
xenevra
 
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
Mariquiña Terremoto
 
Prosa galega entre _1936_e_1976
Prosa galega entre _1936_e_1976Prosa galega entre _1936_e_1976
Prosa galega entre _1936_e_1976
olgaamigodevesa
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
trafegandoronseis
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
xenevra
 

Similar to Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018 (20)

A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
risco
riscorisco
risco
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNA prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
 
Literatura 6
Literatura 6Literatura 6
Literatura 6
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
 
Prosa galega entre _1936_e_1976
Prosa galega entre _1936_e_1976Prosa galega entre _1936_e_1976
Prosa galega entre _1936_e_1976
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 

More from Bibliotecadicoruna

Boletín de novidades da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades da Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades dixitais eBibliodaCoruna
Boletín de novidades dixitais eBibliodaCorunaBoletín de novidades dixitais eBibliodaCoruna
Boletín de novidades dixitais eBibliodaCoruna
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de Luísa Villalta na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
Boletín de Luísa Villalta na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfBoletín de Luísa Villalta na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
Boletín de Luísa Villalta na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
Bibliotecadicoruna
 
Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abrilBiblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
Bibliotecadicoruna
 
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfMarzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Bibliotecadicoruna
 
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Bibliotecadicoruna
 
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBoletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Bibliotecadicoruna
 
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Bibliotecadicoruna
 
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
Bibliotecadicoruna
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Bibliotecadicoruna
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Bibliotecadicoruna
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Bibliotecadicoruna
 
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfLibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBoletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Bibliotecadicoruna
 

More from Bibliotecadicoruna (20)

Boletín de novidades da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades da Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
 
Boletín de novidades dixitais eBibliodaCoruna
Boletín de novidades dixitais eBibliodaCorunaBoletín de novidades dixitais eBibliodaCoruna
Boletín de novidades dixitais eBibliodaCoruna
 
Boletín de Luísa Villalta na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
Boletín de Luísa Villalta na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfBoletín de Luísa Villalta na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
Boletín de Luísa Villalta na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
 
Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abrilBiblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
 
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfMarzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
 
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
 
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBoletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
 
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
 
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
 
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
 
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
 
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
 
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfLibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
 
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBoletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
 

Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018

  • 1.
  • 3. C Boletín de Novidade Esta guía pretende difundir a colección e as últimas incorporacións á Biblioteca na sección de libros electrónicos. Ademáis, podes consultar o catálogo música e outros materiais http://www.dacoruna.gal/Biblioteca Boletín de Novidades Esta guía pretende difundir a colección e as últimas incorporacións á Biblioteca na sección de libros electrónicos. odes consultar o catálogo do resto de libros, películas, música e outros materiais en: http://www.dacoruna.gal/Biblioteca Abril 2018 Esta guía pretende difundir a colección e as últimas incorporacións á do resto de libros, películas, http://www.dacoruna.gal/Biblioteca
  • 5. C Boletín de Novidades Abril 2018 1 Aleixandre, Marilar O cóitelo en novembro [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: ¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, tal vez unha novela, tal vez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados. Desde os anos en que nos montes de Lugo se temían encontros máis perigosos que lobos ou porcos bravos, a tempos nos que os libros compiten con obxectos que de libros só teñen a aparencia; da voz dunha viúva desafiuzada a Xoana de Arco, remitindo un formulario de apostasía; dos nomes gardados baixo a lingua á muller que convoca ás avésporas como último recurso fronte a cemento e cobiza. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031841 Aleixandre, Marilar Teoría do caos [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos. Nesa noite, Paco recordaba o que lle dixera Lucía, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: ¿deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda? Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031844
  • 6. C Boletín de Novidades Abril 2018 2 Alfaya, An Illa soidade [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2007 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2007. Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031845 Benito Reza, Xosé Terradentro [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo onde a luz a puñan os paisanos das aldeas que daban de comer aos vilegos e as sombras proviñan da memoria da guerra civil e dos fuxidos, daquela aínda ben presentes. Neste escenario desenvolve a súa vida o avogado da vila, considerado como un home perspicaz, que se verá enleado en tres misteriosos asuntos cuxa orixe pretenderá desvelar: a morte violenta dun vello fidalgo no seu casarío, un “home arisco illado do mundo no seu cotarelo”; a busca na penechaira espida da fronteira dos “tesouros que deixaron ocultos os mouros en lugares cheos de trampas”; e a inesperada aparición da cadela do alcalde pintada de verde. “ Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031834
  • 7. C Boletín de Novidades Abril 2018 3 Blanco, Alberte O códice esmeralda [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma que deberían resolver os seus sucesores. A busca das claves para esclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura sorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seu devanceiro, envolta en novos enigmas. Mais ao protagonista asáltano uns estraños soños simbólicos que se entrelazan coa realidade e cun mundo que descoñece, creándolle unha enorme confusión que o impulsa a afondar máis na investigación. Emporiso, o que busca Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é en realidade un antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, que os levará a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un camiño iniciático no que irá sacando as capas de cebola que ocultan a realidade. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031818
  • 8. C Boletín de Novidades Abril 2018 4 Boullón Agrelo, Ana Isabel Estudar toponimia : aproximacións metodolóxicas e interpretativas [Santiago de Compostela] : Servizo de Publicacións e Intercambio Científicos da USC, 2017 1 recurso en línea (100 p.) Resumo: Neste volume recóllense unha serie de traballos dos maiores especialistas en toponimia galega, sobre a metodoloxía, a historiografía e a interpretación etimolóxica. A partir deles propóñense pautas de actuación á hora de estudar a toponimia, tales como a necesidade dunha perspectiva multidisciplinar, non só lingüística, senón tamén histórica e xeográfica, entre outras. Tamén se ofrecen achegas sobre a interrelación cos nomes de persoas, a clasificación semántica da toponimia, o estrato prelatino, a especificidade que comporta o estudo da toponimia medieval e o estatus xurídico dos nomes de lugar. Finalmente, engádese unha bibliografía escollida como guía breve de inicio para o estudo da toponimia. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031857 Bóveda, Jorge Emilio As sete mortes de Leopoldo Pardo [Vigo] : Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia… Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en "Asasinato no centro comercial" e continuadas en "A morte vén en chancletas". Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031858
  • 9. C Boletín de Novidades Abril 2018 5 Caamaño, Adolfo O paxaro do mel [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible míster Angus Harris e a súa banda de zaireños que secuestraron a Saíhda, a súa nai, e a outros veciños da aldea danákil para vendelos como escravos. Os tres afoutos rapaces, coa intención de liberar aos seus, emprenderán unha difícil persecución da caravana de escravos véndose obrigados a atravesar a selva prohibida, onde entre as ruínas dun estraño gran edificio atoparán a árbore do saber, o mono do papiro e seguirán a estela da cor vermella do paxaro do mel. Unha extraordinaria e engaiolante novela de aventuras, ambientada na Abisinia ocupada polos italianos a finais do século XIX. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031856 Cajaraville, Héctor Once portas [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre. Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031820
  • 10. C Boletín de Novidades Abril 2018 6 Calveiro, Marcos Todos somos [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031847 Canal, Alberto Conexión Tubinga [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Finalista do Premio Xerais de Novela, 2008. O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031846
  • 11. C Boletín de Novidades Abril 2018 7 Canal, Alberto O trapecista da malla de rombos [Vigo] : Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide entón embarcarse na aventura de salvar o circo das gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a todos os recunchos do planeta. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031862 Canosa, María Muriel [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031853
  • 12. C Boletín de Novidades Abril 2018 8 Casal, Uxía O faro de arealonga [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Cando un mide cento trece centímetros, é xornalista e ten un carácter impulsivo, as cousas non resultan fáciles. Arealonga, a vila natal pode ser un refuxio onde aclarar ideas, visitar vellos amigos e descansar coa familia. Pero o que agarda a Rosalía é unha trama chea de puntos escuros na que o pasado de Néstor, fareiro, antigo científico e, sobre todo, prezado amigo, volve ao presente cunha forza que sacode o que ata ese momento semellaba firme como as rochas. A desaparición duns cons, os estraños movementos do mar preto da praia onde está a Cova do Mouro e a presenza na vila mariñeira de catro traxeados xaponeses desencadearán as indagacións da xornalista que a dirixirá a coñecer a existencia do proxecto APRETA, dirixido á creación dun aparello reductor do tamaño, e do proxecto TRAMA, un transportador de materia. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031825 Castro, Rosalía de Conto gallego [S.l.] : Rosalía de Castro, 2017 1 recurso en línea Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00029894 Castro, Rosalía de Poesías de Rosalía de Castro [S.l.] : Rosalía de Castro, 2017 1 recurso en línea Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00029895
  • 13. C Boletín de Novidades Abril 2018 9 Cortizas, Antón Leonel [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Leonel, a primeira novela xuvenil de Cortizas, narra a historia de Miguel, un mozo estudante que se despraza á aldea dos avós que a penas coñecía para pasar o verán estudiando o que suspendera. Miguel non imaxinaba que este verán sería o máis apaixonante da súa vida. E non só porque se ía atopar un mundo fascinante, aínda que alleo á súa vida da cidade; nin porque se vería mergullado na solución dun apaixonante misterio; nin porque había de coñecer a Leonel e a Metralla; nin porque se namoraría de Ana... Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031824 Costas, Ledicia As peripecias de Extravaganzza Pérez [Vigo] : Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á sua filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás se os teus pais non dan sinais de vida durante semanas. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031869 Costas, Ledicia A señorita Buble [Vigo] : Xeras, 2017 1 recurso en línea Resumo: A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031842
  • 14. C Boletín de Novidades Abril 2018 10 Darriba, Manuel Elefante [Vigo] : Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza. Manuel Darriba reivindica a etiqueta de «escritor transxénero». A súa narrativa está infiltrada de elementos poéticos. A súa poesía incorpora elementos narrativos. O autor segue a desenvolver un programa artístico propio, conducindo o discurso por camiños pouco explorados. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031859 Díaz Valladares, Francisco Tras a sombra do bruxo (Premio Edebé Xuvenil 2017) [A Coruña] : Rodeira, 2018 1 recurso en línea Resumo: Aínda que a súa pel era branca, Xián nacera no continente africano e nunca se sentira estraño alí. Nin xamais percibira nos congoleses sinais de animadversión cara á súa persoa. E, a pesar de que agora estudaba en Estados Unidos, seguía amando aquela terra. Por iso arelaba reencontrarse coa paisaxe, coa selva, de cores tan intensas: verdes, amarelas, grises, laranxas, marróns... Regresaba á casa do seu avó, director do Parque Nacional de Virunga; regresaba ao seu fogar. O que non esperaba era que a súa chegada coincidise cos ataques dun vello león solitario, nin que o feiticeiro Buku puxese a xente dos poboados en contra da súa familia. E tampouco esperaba que a súa compañeira de xogos se convertera nunha beleza de ollos brillantes que destacaban no óvalo do seu rostro escuro coma a noite. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031863
  • 15. C Boletín de Novidades Abril 2018 11 Docampo, Xabier P. A nena do abrigo de astracán [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida¿ son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031848 Esmorís Casais, Erica O poder de Amabel Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031797
  • 16. C Boletín de Novidades Abril 2018 12 Falconi, María Inés Caídos do mapa 1: o comezo Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Graciela, Paula, Fabián e Fede foxen da clase de Xeografía e agóchanse no soto da escola. Un bo plan se non fosen sorprendidos por Miriam, a acusona da clase. Así comeza a serie Caídos do mapa, que narrará as aventuras destes catro amigos no seu paso do colexio ao instituto. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031800 Falconi, María Inés Caídos do mapa 2: cun pé no autobús Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Paula, Graciela, Fabián e Fede preparan con emoción a viaxe de fin de curso longamente agardada. Porén, ven con horror que os acompañará a profesora máis repelente do colexio. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031796 Falconi, María Inés Caídos do mapa 3: a viaxe de fin de curso Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Os catro amigos de Caídos do mapa emprenden a viaxe de fin de curso, mais no autobús atopan un tripulante agochado. Entre el e a mestra que os acompaña darán pé a unha chea de situacións disparatadas. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031801
  • 17. C Boletín de Novidades Abril 2018 13 Falconi, María Inés Caídos do mapa 4: adeus sétimo Cangas do morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Chegou o último día do colexio. A ledicia por rematar a Primaria mestúrase coa tristeza pola separación dos compañeiros. Ao mesmo tempo, os rapaces decátanse de que crecen e teñen novos intereses, pero finalmente prevalecerá a relación de camaradería que os une. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031798 Falconi, María Inés Ruído nunha noite de verán Cangas do morrazo: Rinoceronte, 2017 Resumo: Un Puck distraído en perseguir coellos, unha Titania despeitada, un Oberón con pouca capacidade de mando, un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no bosque e un grupo de artesáns zoupóns protagonizan esta versión de Soño dunha noite de verán de William Shakespeare, que reforza os delirios do texto orixinal cunha linguaxe accesible para os máis novos. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031802
  • 18. C Boletín de Novidades Abril 2018 14 Feijoo, Pedro Os fillos do lume [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, sen embargo, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos, e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031838 Fraga, Antonio Manuel Escaquis e Romeu [Vigo] : Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: «É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para poñer patas arriba a súa existencia. Esta estraña nena contaba cun poder moi especial: era quen de abrir portas a outras realidades! Romeu e mais os seus amigos tentarán descubrir a súa orixe para axudarlle a retornar ao seu mundo. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031872
  • 19. C Boletín de Novidades Abril 2018 15 Gallego Abad, Elena O xogo de Babel [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: «Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.» Ou si? Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas? Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta¿ Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal¿ E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala. Alén dunha simple aventura, O xogo de Babel traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031836 García Mañá, Luis Manuel O grito do Ipiranga [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola policía con motivo da desaparición de Agostinho, o fillo mulato da súa dona, acusado da morte de Cipriano Monteiro, un poderoso facendeiro do Val do Paraíba. Os fíos das vidas de ambos dous veciños das Terras dos Mixtos cruzaranse en Lisboa, despois de pasar por A Valeta e Barcelona, e permitirán desvelar a misteriosa desaparición do mozo e abortar o crime político preparado polo Piquete Brasileiro Antiabolicionista oposto as reformas previstas polo goberno do emperador do Pedro II, presidido por Zacarias de Góis e Vasconcelos. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031821
  • 20. C Boletín de Novidades Abril 2018 16 Graña, Bernardino O neno mariñeiro [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031843 Guerra, Mar Norteáns [Vigo]: Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis norteás. Mentres, Pruno, un escravo liberto, prende a isca da rebelión dos argolados, os servos aos que se identificaba por levar un pecho de ferro ao redor da gorxa. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031850
  • 21. C Boletín de Novidades Abril 2018 17 Kipling, Rudyard O libro da selva Cangas do morrazo: Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade. Publicado orixinalmente en inglés en 1894, o libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031803 Kirkegaard, Ole Lund Albert Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: A nai de Albert querería un fillo con ollos azuis, ordenado e obediente. Pola contra, o neno saíulle un pouco salvaxe e sempre o cachan en situacións comprometidas. Pero no fondo é bo rapaz. Cheo de vida e de ideas, Albert sempre está disposto á aventura. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031812 Kirkegaard, Ole Lund A aventura de Hodia Piort Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Hodia soña con abandonar a tranquila cidade de Piort, en Bulguislavia, e ver mundo. Un día chega ás súas mans unha alfombra voadora, o maior desexo do sultán. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031807
  • 22. C Boletín de Novidades Abril 2018 18 Kirkegaard, Ole Lund Frode e outros pícaros Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Frode vive na mesma casa có señor Storm (que odia a comida case tanto coma os nenos) e as señoras Irene TV e Ravn. No faiado instalouse un ser misterioso ó que Frode e os outros pícaros intentarán poñer rostro. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031810 Kirkegaard, Ole Lund Orla Tragarrás Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Disque Orla tragou unha ra de pequeno e dende entón non deixa de meterse cos cativos, pero estes sempre conseguen estragar os seus malvados plans. A chegada do Circo Benito á aldea revolucionará o seu día a día. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031805 Kirkegaard, Ole Lund Otto é un rinoceronte Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Co seu lapis máxico, Topper debuxa un rinoceronte que cobra vida e causa un gran rebumbio na veciñanza. Entre todos tratarán de solucionar a peculiar situación provocada por este novo inquilino. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031804
  • 23. C Boletín de Novidades Abril 2018 19 Kirkegaard, Ole Lund O pequeño Virgil Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: No galiñeiro dunha casa vive un neno chamado o pequeno Virgil. El e os seus amigos Oskar e Carl Emil pásano moi ben buscando tesouros, capturando dragóns e facendo regalos de aniversario moi especiais. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031809 Kirkegaard, Ole Lund Per e o pequeño Mads Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Per e o pequeno Mads pasan a meirande parte do seu tempo gastándolle bromas ó vello Mikkel Paelg. Un día chega unha nena nova á escola e pensan nela como nova vítima das súas falcatruadas. Pero tal vez ela non quede atrás. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031808 Kirkegaard, Ole Lund Tarzán de goma Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Ivan Olsen é obxecto de todas as burlas no seu colexio, un desastre como estudante e unha decepción para o seu pai, que ten a Tarzán como modelo de home. Porén, un día Ivan bate con alguén que lle axuda a que isto cambie. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031806
  • 24. C Boletín de Novidades Abril 2018 20 Kirkegaard, Ole Lund Tippe Tophat Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Tippe Tophat é un libro de relatos variopintos. Polas súas páxinas pasan unha avoa descomunal, un neno que acaba casando, sen comelo nin bebelo, uns rapaces que van á escola para lanzar bocadillos de maionesa ao encerado, un ferreiro toleirán que conta historias incribles e un personaxe que se rebela contra o escritor. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031811 Lopo, Santiago A arte de trobar [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Premio Xerais de Novela 2017. No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego- portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031855
  • 25. C Boletín de Novidades Abril 2018 21 Lourenzo González, Manuel Ceiba de Luz [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031852 Lozano Garbala, David Descoñecidos [A Coruña] : Rodeira, 2018 1 recurso en línea Resumo: Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus temores, pero non a súa identidade. Axiña darán o seguinte paso: unha cita ás cegas. Con todo, atoparse cun descoñecido sempre encerra riscos: porque todos ocultamos segredos… Un cadáver. O corpo dun rapaz, desfigurado pola violencia da caída. Unha vida moza arruinada para sempre, unha morte que suscita máis preguntas ca respostas. Dúas historias, a mesma noite e unha escura sospeita. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031873
  • 26. C Boletín de Novidades Abril 2018 22 MaLone, Marleen Noites de Safari [Vigo] : Edicións Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: Farta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero non contou con que os traumas e desafectos pasados podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que, mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba sobre os seus amantes carencias; como réplica, eles, ansiosos por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos, consumaban os foguetes embebidos de extravío. Humor, amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu corazón. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031868 Misa, Iria Segredos no Solpor [Vigo] : Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fronte ao paso de peóns situado diante do hotel dos seus pais, xusto aquel día, pareceulle unha broma pesada. Outro máis dos enigmas incrustados nas paredes do antigo edificio, baixo as vellas fotografías de Bico que decoran os cuartos e os corredores. A chegada de Antón e os seus pais, xunto coa aparición dunha nota entre os libros do tío Paco, axudaranlle a comprender os segredos que garda o hotel e a desvelar as razóns de tan estraño atropelo. Unha engaiolante novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía dos erros pasados e as violencias visibles, e tamén invisibles, que sofren as mulleres. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031871
  • 27. C Boletín de Novidades Abril 2018 23 Moure, Teresa A intervención [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e mais unha das súas profesoras na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé das montañas do Courel, este grupo de rebeldes pretende sensibilizar a cidadanía cunha intervención que enlace arte e natureza. Mentres levan a cabo o seu escrupuloso plano, a chegada inesperada dunha nova personaxe, unha psiquiatra vienesa, obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades clandestinas. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031831 Osés García, Beatriz Son unha noz [A Coruña] : Rodeira, 2018 1 recurso en línea (128 p.) Resumo: A avogada Rossana Marinetti é unha muller implacable e amargada que denunciou a case todo o mundo. A súa vida cambia o día en que Omar H, un neno refuxiado (parece que sirio) cae da póla da súa nogueira. O neno transforma a súa vida por completo e, para poder quedar con el, di que é unha noz e que, segundo unha antiga lei, todo froito que caia da súa árbore no seu xardín pertencelle. O xuíz e o fiscal, incrédulos, escoitan as testemuñas: o veciño botánico (a quen lle ensina Omar a coidar as plantas), a modista (unha anciá solitaria que bota de menos o seu neto e á que Omar fai compaña)… Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031874
  • 28. C Boletín de Novidades Abril 2018 24 Paz, Xabier Aníbal e a Pintora [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforzado amador. Un amigo seu recollerá os escritos deixados por Aníbal e tentará elucidar esa relación internándose, tamén el, no impensable sorbedoiro dunha paixón quimérica. Nos papeis de Aníbal, recreados polo seu amigo, un rodopío de personaxes famosos, papas e artistas enchen as páxinas do gran fresco barroco onde se entretecen as artes coas paixóns humanas no epicentro da gran cultura europea do século XVII. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031819 Paz, Xabier Renacer [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Despois da morte do pornógrafo Aretino, a súa filla Adria navega pola súa intimidade, esculca no seu interior na procura de verdade acerca do pai, amante, xuíz e verdugo que marcou a súa existencia dende o afastamento convertido en fantasía permanente. O canon da época, as diferentes concepcións pictóricas e literarias da Venecia do século XVI proxéctanse sobre os personaxes, interactúan con eles até crear unha amálgama onde as obras e autores son protagonistas. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031832
  • 29. C Boletín de Novidades Abril 2018 25 Redondo, Dolores Todo isto che darei [Vigo] : Edicións Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, dirixe á familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental. Lucas, un crego amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na reconstrución da vida secreta de quen crían coñecer ben. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031816 Reimóndez, María Corredcra [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a esmolar polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031833
  • 30. C Boletín de Novidades Abril 2018 26 Reimóndez, María As cousas que non queremos oir [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031849 Rexes, Lionel A raíña das velutinas [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031854
  • 31. C Boletín de Novidades Abril 2018 27 Reza, Xosé Benito Terradentro [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo onde a luz a puñan os paisanos das aldeas que daban de comer aos vilegos e as sombras proviñan da memoria da guerra civil e dos fuxidos, daquela aínda ben presentes. Neste escenario desenvolve a súa vida o avogado da vila, considerado como un home perspicaz, que se verá enleado en tres misteriosos asuntos cuxa orixe pretenderá desvelar: a morte violenta dun vello fidalgo no seu casarío, un “home arisco illado do mundo no seu cotarelo”; a busca na penechaira espida da fronteira dos “tesouros que deixaron ocultos os mouros en lugares cheos de trampas”; e a inesperada aparición da cadela do alcalde pintada de verde. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031834 Ríos, Eli Luns [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016. Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031835
  • 32. C Boletín de Novidades Abril 2018 28 Rouco, Moncho Soño de infancia [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras, "Soño de infancia" recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta –última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía— accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031830 Ruiz Garzón, Ricard A inmortal [A Coruña] : Rodeira, 2018 1 recurso en línea (198 p.) Resumo: Judit é unha nena a piques de facer os doce anos que debuxa moi ben. Vive con súa nai e co seu avó en Xenebra. O pai, un famoso pintor, marchou para Hungría cando era pequena. Mentres Judit se está a preparar para participar nun concurso de debuxo, o xadrez crúzaselle inesperadamente no camiño e comeza a afeccionarse. Judit xogará moitas partidas, pero unha delas vaille cambiar a vida. O seu contrincante será Mr. Aliyat, un estraño mestre do xadrez, nacido en Irán, que se comunica con ela a través de enigmáticas notas. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031866
  • 33. C Boletín de Novidades Abril 2018 29 Santos, Care Verdade [A Coruña] : Rodeira, 2018 1 recurso en línea (260 p.) Resumo: Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores tras catro anos de internamento feito xa un mozo. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille resultar aínda máis dura: non volver caer na delincuencia cando todo ao seu redor o empuxa cara aí, continuar os seus estudos, atopar un traballo, apartar do seu barrio. Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían infranqueables pero, será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora? Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031864 Santos, Care Mentira [A Coruña] : Rodeira, 2018 1 recurso en línea (239 p.) Resumo: Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cos poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira: nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confésallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súas máis íntimas emocións. Procede do cárcere de menores e contén a historia dun asasino.. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031865
  • 34. C Boletín de Novidades Abril 2018 30 Shaffer, Mary Ann A sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Xaneiro de 1946: A escritora Juliet Ashton recibe unha carta dun descoñecido, membro fundador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Así comeza unha excepcional historia sobre a illa de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club de lectura tan extraordinario coma o seu nome.Unha novela divertida e orixinal sobre o curioso mundo dos clubs de lectura. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031815 Soseki, Natsume Botchan Cangas do Morrazo : Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. Baseado na propia experiencia do autor, Botchan é considerada o Huckleberry Finn nipón e comparada con’O vixía entre o centeo. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031814
  • 35. C Boletín de Novidades Abril 2018 31 Taibo, Nacho Os tres de nunca [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais. Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031817 Tizón, Antonio Un home estraño [Vigo] : Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031875
  • 36. C Boletín de Novidades Abril 2018 32 Toro, Suso de Ambulancia [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Ambulancia é unha novela negra e redonda, que unha vez rematada deixa moi bo sabor de boca. Suso de Toro non só consegue unha novela negra senón tamén unha certa epopea urbana. As pantasmas da cidade e as súas paixóns circulan por ambulancia como formas extremas do vivir de cada día. As imaxes desgarradas e a paisaxe de homes sen atributos constitúen o cerne da novela. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031823 Toro, Suso de Conta saldada [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime. "Conta saldada" iníciase como unha historia de fantasmas, desenvolvéndose como unha novela trepidante de intriga e acción na que dous rapaces de ambientes sociais moi diferentes asumen os riscos de desentrañar as misteriosas circunstancias da morte do pai, nunha indagación onde tamén mudarán os seus sentimentos ás portas da idade adulta. Este feito, aparecido de improviso nas súas vidas, levaraos a descubrir, como no Hamlet de Shakespeare, que quizais ningún dos dous é como pensaba ser e que deben tomar decisións. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031840
  • 37. C Boletín de Novidades Abril 2018 33 Toro, Suso de Fóra de si [Vigo] : Xerais, 2018 1 recurso en línea Resumo: Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031870 Toro, Suso de Non volvas [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: A nova e agardada novela de Suso de Toro, despois da grande acollida de Calzados Lola, Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese. Fóra da súa vida e fóra do tempo pisa con paso fantasmal un lugar de sombras, unha aldea maldita, para desvelar os misterios da súa orixe. A xustiza pola man. Camiños dun territorio que só existe no tempo do soño, do pesadelo; como Comala, como Yoknapatawpha, como Macondo. Unha viaxe cara atrás, á raíz dos nosos días, á nosa Historia colectiva oculta e á historia persoal dunha xinea de mulleres construídas a poder dunha linguaxe literaria que quere atrapar o tempo íntimo e o tempo épico. E que nos arrastra coa protagonista nunha viaxe ao fondo do noso corazón e da nosa memoria. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031829
  • 38. C Boletín de Novidades Abril 2018 34 Toro, Suso de Polaroid [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto coa cultura underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, do tempo dos medios de comunicación audiovisuais e da cultura da música pop anglosaxona. Mais tamén é un libro que trata das linguaxes, da lingua e os seus diversos niveis e usos; que xoga e experimenta coa linguaxe narrativa; que ironiza sobre a literatura e as súas retóricas; que utiliza, a partir da oralidade, todo tipo de materiais atopados, creados, manipulados para facer literatura. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031828 Toro, Xelís de Riofero [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantasmas. Un Riofero de humanos que tornan feras e vidas que esvaen ata converterse en sombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña dunha curiosa tropa de personaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, o secreto talismán, en palabras do autor “eu apuntar apuntei ao corazón da literatura, mais era de noite e a besta movíase, pero eu apuntar apuntei e disparar disparei, iso é o único que importa”. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031827
  • 39. C Boletín de Novidades Abril 2018 35 Uribe, Kirmen A hora de espertarmos xuntos [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi. Xuntos percorren media Europa até que, a piques de caer París en mans dos alemáns, foxen a Venezuela. Xaora, a Historia irrompe de novo na súa vida. Cando Txomin decide sumarse aos servizos secretos vascos, a familia regresa en plena Segunda Guerra Mundial a Europa, onde el realiza labores de espionaxe contra os nazis até que é apresado en Barcelona, baixo unha ditadura á que non sobrevivirá. Karmele terá que arriscar a súa vida e partir, soa desta volta, coa esperanza cega de quen deixa atrás o máis prezado. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031837 Vázquez Freire, Miguel Demos de verán [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista Francisco Bouzón. Acuña e Bouzón forxaran a súa amizade moitos anos antes, en pleno franquismo, mentres indagaban un escuro suceso nunha vila mariñeira da costa galega. Radia Ludescu, un profesor romanés refuxiado en España e protexido da Falanxe, o cego Luís Ruzo e o falanxista Paco, que tiveran algo que ver naquel suceso, reaparecen case corenta anos despois en Roma para abrir un novo caso no que se mesturan o achado dun vello papiro, crenzas esotéricas e unha posible conxura político-relixiosa. Doroteo Acuña, coa insólita colaboración dunha singular monxa, vaise ver envolto nese enredo, malia estar seguro, desde o primeiro momento, de que a súa solución está fóra do alcance dun tranquilo policía xubilado. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031839
  • 40. C Boletín de Novidades Abril 2018 36 Vázquez Freire, Miguel Proxecto pomba dourada [Vigo] : Xerais, 2017 1 recurso en línea Resumo: Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias. Arno soubo con total seguridade que a traxedia ocorría na súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel sobranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ó interior. «Comprendo como te sentes, ¿díxolle o inspector Lesoto¿, pero seguramente terás interese en que descubramos os culpables deste crime». Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031822 Wyke-Smith, E.A. O marabilloso país dos snergs Cangas do Morrazo: Rinoceronte, 2017 1 recurso en línea Resumo: Joe e Sylvia foxen en busca de aventura e dos snergs, unhas pequenas criaturas que viven no bosque. Así atoparán non só a Gorbo o snerg, senón tamén reis, cabaleiros, ogros e unha bruxa malvada que intenta capturalos. Enlace: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00031813
  • 41. C Boletín de Novidades Abril 2018 37 Recorda que podes acceder ó préstamo de libros electrónicos a través das plataformas da Biblioteca da Deputación. Ademáis, se non tes un lector de libros electrónicos, na planta de préstamo e información dispoñemos dun servizo de préstamo destes dispositivos.