O Covelo precisa
dun cambio que só é
posíbel co BNG
Número 1. Epoca 1ª / Novembro 2010
Impresopostalsenenderezo
O BNG leva mais de dez anos com-
prometido cos veciños e veciñas
do Covelo. O Bloque Nacionalista
Galego esta en condicións de asu-
mir responsabilidades de goberno.
O Bloque é a única forza política do
Covelo con credibilidade para go-
bernar. O BNG comezou fai mais de
dez anos a traballar no noso mu-
nicipio. Os homes e mulleres que
forman parte do nacionalismo no
municipio, poñen por riba de todo
os intereses dos veciños e veciñas,
antes das aspiracións persoais.
Isto esta enfrontado co que aconte-
ce no PP covelense. Os dirixentes
do PP non teñen claro quen vai ser
o relevo xeracional e o debate esta
aberto entre eles, que só aspiran
a ocupar sillón. Á parálise que so-
fre o Concello hai que sumarlle as
liortas internas do PP. Isto prexudi-
ca claramente aos proxectos e ao
funcionamento da institución mu-
nicipal.
Todo isto afecta ao futuro do Cove-
lo e prexudica aos veciños e veci-
ñas. Diante disto o BNG preséntase
con persoas comprometidas nun
proxecto de futuro, que non é outro
que poñer o Concello ao servizo da
xente.
O BNG, comprometido e preparado para
sacar adiante O Covelo
Xosé Manuel Sendín, portavoz do BNG do Covelo
www.bng-galiza.org
Edita: BNG O Covelo
BloqueO Covelo
O goberno do PP “enchufa” aos seus amigos no Concello,
discriminando a gran maioría dos veciños e veciñas de O Covelo
O BNG vén facendo seguimento das
contratacións que fai o goberno lo-
cal do PP no Concello. Ultimamente
fanse convocatorias á postos de
traballo á medida de persoas moi
próximas ao alcalde. Curiosamen-
te membros da candidatura do PP
atopan unha vez si e outra tamén
acubillo laboral no Concello. As
convocatorias fanse tendo o posto
a cubrir designado a unha persoa.
As persoas que se presentan te-
ñen moi difícil acceder a un posto
de traballo no Concello. Mesmo a
Deputación Provincial segue este
xogo, dando preferencia a persoas
vinculadas ao PP covelense. O
Partido Popular do Covelo fai o de
sempre, paga os favores prestados
nas eleccións dando traballo aos
seuse discriminando a outros que
poden demostrar maior capacidade
e mérito, e o sen testemuñas, sen
a participación do BNG que sería
unha garantía de respectar os de-
reitos de veciños e veciñas sen tra-
ballo ou que queiran aspirar a unha
praza no Concello.
2
actualidade
A Lei de Augas de Galiza aprobada polo
Goberno do PP substitúe o actual ca-
non de saneamento por dous novos tri-
butos, o canon da auga e o coeficiente
de vertido, coa única intención de au-
mentar a recadación por parte
do goberno de Feijóo, a costa
de familias e particulares.
Mentres o Goberno da Xunta
prepara novas rebaixas imposi-
tivas para a adquisición de se-
gundas vivendas, sen límite de
prezo nin de renda dos seus ti-
tulares, o PP incrementa de xei-
to brutal e desproporcionado a
imposición sobre o uso ou con-
sumo de auga, nomeadamente
para os usos domésticos, que
serán os que soporten a maior
suba de impostos.
Deste xeito, unha persoa que
viva soa e que teña un consumo
medio, duns 3 m3
. ao mes, verá
como a carga tributaria do seu
recibo da auga se incrementa en
máis dun 363%; e unha familia
de tres membros, con ese mes-
mo consumo por persoa, terá
que soportar un incremento do
171%.
Esta é unha lei que foi elaborada sen
consultar aos concellos galegos, sen
discusión previa, obviando a realidade
local e a grave situación económica que
se sofre no país.
Ademais, reducen os consumos asi-
milábeis a domésticos, pasando dos
3.000 m3
/ao ano actuais a 2.000 m3
/ao
ano, o que terá consecuencias moi im-
portantes na suba que van experimentar
colexios, centros de saúde, pequenos
negocios, hostalaría, etc.
Impostos para os pozos particulares
e as traídas veciñais
Por se fose pouco, o Goberno do PP
na Xunta, neste proxecto de lei suprime
as exencións existentes na actualidade
para os núcleos de menos de 2.000
habitantes, prexudicando especialmen-
te aos veciños e veciñas do rural, que
terán que pagar o canon polo aprovei-
tamento da auga dos seus propios po-
zos, ou de traídas veciñais, do que hoxe
están exentos, e ademais aínda que non
teñan servizos públicos de abastece-
mento de auga ou de saneamento. Só
no caso de que non dispoñan de ningún
destes dous servizos públicos poderán
aplicar a redución prevista na lei, pero
aínda non tendo ningún servizo terán
que tributar polo canon da auga.
Este proxecto de lei obriga tamén a
instalar contadores homologados nos
pozos particulares, baixo a ameaza de
multas de até 30.000 euros.
A Lei de Augas do Goberno do PP
vén ser outro incremento inxusto
da imposición indirecta, que so-
portarán os galegos e galegas, in-
dependentemente dos seus ingre-
sos, que só responde ao interese
do goberno do PP que ven de facer
recaer o incremento da recadación
sobre as familias, mentres conti-
núan a permitir a fraude fiscal aos
grandes consumidores de auga
cunha elevada carga contaminan-
te, e néganse no Parlamento gale-
go a estabelecer impostos para as
grandes fortunas, para as rendas
superiores a 1 millón de euros.
Por todo isto o BNG esíxelle ao
Goberno do PP que retire esta lei
inxusta e antisocial que prexudica
á maioría da xente de Galiza, xusto
nun momento de grave crise eco-
nómica e no que máis de 200.000
galegos e galegas están no paro.
O Partido Popular quere
cobrar máis pola auga aos veci-
ños e veciñas do Covelo
Ante esta situación, o BNG presentou
unha iniciativa no Pleno do Concello do
Covelo, coa finalidade de retirar a Lei de
Augas. Non obstante, tanto José Cos-
ta, alcalde do Covelo como o Partido
Popular ignoraron todo isto e votaron
en contra da iniciativa presentada polo
BNG, para a retirada desta lei tan nega-
tiva e inxusta para o rural galego e para
os veciños e veciñas do Covelo.
O Goberno do PP sobe o prezo da auga para
familias e obriga a pagar impostos polos
pozos particulares e traídas veciñais
O PP de O Covelo vota en contra dunha iniciativa do BNG que quere a
anulación desta lei
3
actualidade
Gabriel Martínez Giraldez, deputado do BNG na Deputación
de Pontevedra, reuniuse co portavoz municipal, Xosé Ma-
nuel Sendín. A reunión serviu para poñer en coñecemento
do BNG do Covelo os investimentos previstos pola Deputa-
ción no municipio. O Parque Industrial foi o tema de máis
interese, dado o forte atraso que sofre na súa execución.
Gabriel Martínez realizou preguntas sobre o Parque Indus-
trial e outras obra comprometidas pola Deputación de Pon-
tevedra. Porén, as respostas foron do máis variado, sempre
esquivando calquera compromiso de data para realizar as
obras. Outro tanto acontece co campo de fútbol de herba
artificial, comprometido nas ultimas eleccións municipais.
A Deputación aprobou no seu dia un presuposto de 500.000
euros coa finalidade de facer o campo e acondicionar os
vestiarios, pero estas obras non están feitas a dia de hoxe.
O deputado provincial do
BNG reúnese con Xosé
Manuel Sendin
Xosé Manuel Sendín, portavoz do Grupo Municipal e Gabriel Martínez,
deputado provincial
Polígono industrial, outro fracaso do alcalde e do PP no Covelo
O 26 de xullo do ano 1997 o alcalde do
Covelo, José Costa, aseguraba que en
dous anos estarían á venda as parcelas
do polígono industrial. Pasados os anos
o polígono só conta cun valado publi-
citario, colocado nas ultimas eleccións
municipais, no 2007.
O Partido Popular non amosa o máis
mínimo respecto polos veciños e ve-
ciñas do Covelo, que ven como pasan
os anos e o polígono industrial segue
sen facerse. O PP só se acorda desta
importante obra cando se aproximan as
eleccións municipais.
Na Deputación responderon a unha pre-
gunta presentada no seu día polo depu-
tado do BNG, Gabriel Martínez
Giráldez, que o horizonte or-
zamentario para facer realida-
de do polígono industrial seria
para o ano 2011, xusto o ano
das eleccións municipais.
Na foto pode verse como é
abandono que ofrece a par-
cela onde estará o polígono
industrial. Ao PP só lle inte-
resa o polígono industrial nas
eleccións Municipais, así
apresúrase a limpar a par-
cela coa finalidade de dar a
sensación de que se está a
facer algo.
O campo de fútbol do Covelo
precisa o investimento prometido
A Deputación de Pontevedra aprobou un investimento de
500.000 euros nun campo de herba artificial. Fai máis de
cinco anos as categorías sénior, xuvenil e cadetes desapa-
receron do Covelo. Pablo Castillo era daquela o Concellei-
ro responsábel de Deportes e a desaparición do deporte
base do Covelo é consecuencia directa da mala xestión do
Tenente Alcalde.
O investimento está sen executar e o PP do Covelo non
é quen de facerse valer na Deputación. Os intereses dos
veciños e veciñas do noso concello quedan por baixo dos
intereses propios do Partido Popular. Mentres non se exe-
cuta o orzamento aprobado, os usuarios e usuarias do
campo de fútbol do Covelo padecen uns vestiarios seria-
mente deteriorados e un campo en mal estado. Isto obriga
aos veciños e veciñas do Covelo a acudir a outros conce-
llos próximos a realizar actividades deportivas en instala-
cións dignas de uso. O Covelo padece un goberno local do
PP inútil e irresponsábel que deixa escapar oportunidades
de investimento.
Aspecto de abandono do polígono industrial
Impresoenpapelreciclado
Como contactar co BNG Nacional:
Sede Nacional. Avenida Rodríguez de Viguri. 16 baixo.
15703 Santiago de Compostela. 981 555 850
www.bng-galiza.org
nacional@bng-galiza.org
Como contactar co BNG de O Covelo:
Sede Comarcal: Alfonso Vázquez Fraile, 8-baixo
36860 Ponteareas
condado@bng-galiza.org
Teléfonos 986.644.026 - 986.644.602
Correo local: benegacovelo@yahoo.es
0 de xaneiro de 2009: o candidato do PP
á presidencia da Xunta de Galiza, Alberto
Núñez Feijóo presenta en Lugo o seu pro-
grama de Sanidade: “ningún paciente agar-
dará máis de 45 días por unha consulta ou
proba nin máis de 60 para unha interven-
ción cirúrxica. (....) e espera cero para os
pacientes con cancro ou outras patoloxías
graves”.
Outubro de 2010: dezasete meses de Go-
berno do Partido Popular na Xunta levaron
á sanidade galega a esta situación:
Galiza ten a terceira peor sanidade do
Estado
Afírmao o último informe da Federación
de Asociacións para a Defensa da Sanida-
de Pública, onde se conclúe que Galiza é
a Comunidade coa terceira peor sanidade
do Estado. No anterior informe, de 2009,
o último ano do Goberno bipartito, no que
tivo participación o BNG, a sanidade públi-
ca galega estaba nun posto intermedio, en
sétimo lugar.
Un ano despois de Goberno do Partido Po-
pular en Galiza somos a Comunidade con
menor investimento sanitario per cápita e
nas que unha persoa ten menos posibilida-
de de ter cita co especialista no prazo de
15 días.
Máis persoas e máis tempo en lista de
espera
As listas de espera para ser atendidos no
SERGAS convertéronse nunha auténtica
odisea. Moitas persoas teñen que ir direc-
tamente por Urxencias para seren atendi-
das porque en moitos casos as consultas
para especialistas ou para unha operación
tardan até un ano, algo totalmente inadmi-
síbel e que dá mostra da incompetencia e
irresponsabilidade do Goberno de Feijóo
para xestionar algo tan fundamental como
é a sanidade pública.
Para disfrazar a súa nefasta xestión, o
Goberno de Feijóo maquilla e manipula as
listas de espera para mellorar os datos e
enganar aos galegos e galegas.
A isto teríamos que engadir a toda a xente
que non ten cita que cada vez é máis e que
da que o goberno de Feijóo se nega a facer
públicos os datos.
Son casos reais, casos dos que todas e
todos temos coñecemento por persoas ve-
ciñas, amigas, familiares...
O PP quere privatizar a sanidade galega
para entregarlla aos bancos e construtoras
Pero co Goberno de Feijóo non só temos
que esperar máis para ser atendidos na
sanidade senón que está sendo privatiza-
da. O PP suprimiu o Plan de Infraestrutu-
ras Sanitarias do Goberno bipartito, que
garantía que os novos hospitais de Vigo, a
ampliación do de Montecelo e as melloras
dos restantes, se farían con cartos públi-
cos e optou polo sistema de financiamento
privado (PFI).
Esta é unha forma de privatización encu-
berta pola cal as empresas privadas cons-
trúen o edificio e logo alúganllo á Xunta a
cambio do pago dun canon anual e de que
lle entregue ás empresas privadas servizos
hospitalarios como cociña, lavandería, lim-
peza ou mantemento.
Lembras como lle foi a Galiza coa AP-9, a
Autopista do Atlántico, pola cal todos os
galegos teñen que seguir pagando peaxe
até o 2047? Pois con esta fórmula do Go-
berno do PP pasaranos igual coa sanidade:
sairanos moito máis caro, será un negocio
para bancos e construtoras e, en definiti-
va, teremos unha sanidade moito peor e ao
servizo non da sociedade, senón do lucro
duns poucos.
Un exemplo: o Goberno de Feijóo quere
construír o novo Hospital de Vigo con esta
fórmula PFI. Sabes canto teremos que
pagar os galegos e galegas ás empresas
privadas? 71,67 millóns de euros durante
30 anos, segundo os datos da propia Con-
sellaría de Sanidade. É dicir, 1.433 millóns
de euros, 450 millóns máis que co sistema
público do Goberno bipartito.
Co Goberno do PP, a sanidade no rural
vai a peor
A xente que vive no rural galego xa está su-
frindo nas súas carnes a política sanitaria
do Goberno do PP: nada máis chegaron á
Xunta suprimiron as unidades móbiles de
prevención do cancro de mama que lle per-
mitían a moitas mulleres do rural realizar
unha mamografía sen teren que desprazar-
se ás cidades.
Ademais, queren suprimir ás áreas sani-
tarias ligadas aos hospitais comarcais da
Mariña, O Salnés, Valdeorras e Monforte,
para facelos depender das cidades. Unha
política que fará que os territorios do rural
saian prexudicados na distribución dos re-
cursos e na capacidade de planificación e
xestión.
Temos que defender a sanidade pública!
O 21 de novembro manifestación en
Compostela
Non podemos aceptar isto! O día 21 de
novembro ás 12:00 horas na Alameda de
Santiago de Compostela haberá unha mani-
festación onde teremos que acudir todos e
todas para defender a sanidade pública por
ser garantía de benestar para as persoas e
o maior instrumento de redistribución da ri-
queza, e que o Partido Popular non pode po-
ñer en risco por unha mala xestión, prepo-
tente e xorda, nin por priorizar por riba deses
dereitos cidadáns os intereses económicos
de empresas privadas. O BNG naturalmente
estará alí. Todas e todos debemos acudir!
OPartidoPopularponengraveperigoasanidadepúblicagalega

O covelo novembro 2010

  • 1.
    O Covelo precisa duncambio que só é posíbel co BNG Número 1. Epoca 1ª / Novembro 2010 Impresopostalsenenderezo O BNG leva mais de dez anos com- prometido cos veciños e veciñas do Covelo. O Bloque Nacionalista Galego esta en condicións de asu- mir responsabilidades de goberno. O Bloque é a única forza política do Covelo con credibilidade para go- bernar. O BNG comezou fai mais de dez anos a traballar no noso mu- nicipio. Os homes e mulleres que forman parte do nacionalismo no municipio, poñen por riba de todo os intereses dos veciños e veciñas, antes das aspiracións persoais. Isto esta enfrontado co que aconte- ce no PP covelense. Os dirixentes do PP non teñen claro quen vai ser o relevo xeracional e o debate esta aberto entre eles, que só aspiran a ocupar sillón. Á parálise que so- fre o Concello hai que sumarlle as liortas internas do PP. Isto prexudi- ca claramente aos proxectos e ao funcionamento da institución mu- nicipal. Todo isto afecta ao futuro do Cove- lo e prexudica aos veciños e veci- ñas. Diante disto o BNG preséntase con persoas comprometidas nun proxecto de futuro, que non é outro que poñer o Concello ao servizo da xente. O BNG, comprometido e preparado para sacar adiante O Covelo Xosé Manuel Sendín, portavoz do BNG do Covelo www.bng-galiza.org Edita: BNG O Covelo BloqueO Covelo O goberno do PP “enchufa” aos seus amigos no Concello, discriminando a gran maioría dos veciños e veciñas de O Covelo O BNG vén facendo seguimento das contratacións que fai o goberno lo- cal do PP no Concello. Ultimamente fanse convocatorias á postos de traballo á medida de persoas moi próximas ao alcalde. Curiosamen- te membros da candidatura do PP atopan unha vez si e outra tamén acubillo laboral no Concello. As convocatorias fanse tendo o posto a cubrir designado a unha persoa. As persoas que se presentan te- ñen moi difícil acceder a un posto de traballo no Concello. Mesmo a Deputación Provincial segue este xogo, dando preferencia a persoas vinculadas ao PP covelense. O Partido Popular do Covelo fai o de sempre, paga os favores prestados nas eleccións dando traballo aos seuse discriminando a outros que poden demostrar maior capacidade e mérito, e o sen testemuñas, sen a participación do BNG que sería unha garantía de respectar os de- reitos de veciños e veciñas sen tra- ballo ou que queiran aspirar a unha praza no Concello.
  • 2.
    2 actualidade A Lei deAugas de Galiza aprobada polo Goberno do PP substitúe o actual ca- non de saneamento por dous novos tri- butos, o canon da auga e o coeficiente de vertido, coa única intención de au- mentar a recadación por parte do goberno de Feijóo, a costa de familias e particulares. Mentres o Goberno da Xunta prepara novas rebaixas imposi- tivas para a adquisición de se- gundas vivendas, sen límite de prezo nin de renda dos seus ti- tulares, o PP incrementa de xei- to brutal e desproporcionado a imposición sobre o uso ou con- sumo de auga, nomeadamente para os usos domésticos, que serán os que soporten a maior suba de impostos. Deste xeito, unha persoa que viva soa e que teña un consumo medio, duns 3 m3 . ao mes, verá como a carga tributaria do seu recibo da auga se incrementa en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, con ese mes- mo consumo por persoa, terá que soportar un incremento do 171%. Esta é unha lei que foi elaborada sen consultar aos concellos galegos, sen discusión previa, obviando a realidade local e a grave situación económica que se sofre no país. Ademais, reducen os consumos asi- milábeis a domésticos, pasando dos 3.000 m3 /ao ano actuais a 2.000 m3 /ao ano, o que terá consecuencias moi im- portantes na suba que van experimentar colexios, centros de saúde, pequenos negocios, hostalaría, etc. Impostos para os pozos particulares e as traídas veciñais Por se fose pouco, o Goberno do PP na Xunta, neste proxecto de lei suprime as exencións existentes na actualidade para os núcleos de menos de 2.000 habitantes, prexudicando especialmen- te aos veciños e veciñas do rural, que terán que pagar o canon polo aprovei- tamento da auga dos seus propios po- zos, ou de traídas veciñais, do que hoxe están exentos, e ademais aínda que non teñan servizos públicos de abastece- mento de auga ou de saneamento. Só no caso de que non dispoñan de ningún destes dous servizos públicos poderán aplicar a redución prevista na lei, pero aínda non tendo ningún servizo terán que tributar polo canon da auga. Este proxecto de lei obriga tamén a instalar contadores homologados nos pozos particulares, baixo a ameaza de multas de até 30.000 euros. A Lei de Augas do Goberno do PP vén ser outro incremento inxusto da imposición indirecta, que so- portarán os galegos e galegas, in- dependentemente dos seus ingre- sos, que só responde ao interese do goberno do PP que ven de facer recaer o incremento da recadación sobre as familias, mentres conti- núan a permitir a fraude fiscal aos grandes consumidores de auga cunha elevada carga contaminan- te, e néganse no Parlamento gale- go a estabelecer impostos para as grandes fortunas, para as rendas superiores a 1 millón de euros. Por todo isto o BNG esíxelle ao Goberno do PP que retire esta lei inxusta e antisocial que prexudica á maioría da xente de Galiza, xusto nun momento de grave crise eco- nómica e no que máis de 200.000 galegos e galegas están no paro. O Partido Popular quere cobrar máis pola auga aos veci- ños e veciñas do Covelo Ante esta situación, o BNG presentou unha iniciativa no Pleno do Concello do Covelo, coa finalidade de retirar a Lei de Augas. Non obstante, tanto José Cos- ta, alcalde do Covelo como o Partido Popular ignoraron todo isto e votaron en contra da iniciativa presentada polo BNG, para a retirada desta lei tan nega- tiva e inxusta para o rural galego e para os veciños e veciñas do Covelo. O Goberno do PP sobe o prezo da auga para familias e obriga a pagar impostos polos pozos particulares e traídas veciñais O PP de O Covelo vota en contra dunha iniciativa do BNG que quere a anulación desta lei
  • 3.
    3 actualidade Gabriel Martínez Giraldez,deputado do BNG na Deputación de Pontevedra, reuniuse co portavoz municipal, Xosé Ma- nuel Sendín. A reunión serviu para poñer en coñecemento do BNG do Covelo os investimentos previstos pola Deputa- ción no municipio. O Parque Industrial foi o tema de máis interese, dado o forte atraso que sofre na súa execución. Gabriel Martínez realizou preguntas sobre o Parque Indus- trial e outras obra comprometidas pola Deputación de Pon- tevedra. Porén, as respostas foron do máis variado, sempre esquivando calquera compromiso de data para realizar as obras. Outro tanto acontece co campo de fútbol de herba artificial, comprometido nas ultimas eleccións municipais. A Deputación aprobou no seu dia un presuposto de 500.000 euros coa finalidade de facer o campo e acondicionar os vestiarios, pero estas obras non están feitas a dia de hoxe. O deputado provincial do BNG reúnese con Xosé Manuel Sendin Xosé Manuel Sendín, portavoz do Grupo Municipal e Gabriel Martínez, deputado provincial Polígono industrial, outro fracaso do alcalde e do PP no Covelo O 26 de xullo do ano 1997 o alcalde do Covelo, José Costa, aseguraba que en dous anos estarían á venda as parcelas do polígono industrial. Pasados os anos o polígono só conta cun valado publi- citario, colocado nas ultimas eleccións municipais, no 2007. O Partido Popular non amosa o máis mínimo respecto polos veciños e ve- ciñas do Covelo, que ven como pasan os anos e o polígono industrial segue sen facerse. O PP só se acorda desta importante obra cando se aproximan as eleccións municipais. Na Deputación responderon a unha pre- gunta presentada no seu día polo depu- tado do BNG, Gabriel Martínez Giráldez, que o horizonte or- zamentario para facer realida- de do polígono industrial seria para o ano 2011, xusto o ano das eleccións municipais. Na foto pode verse como é abandono que ofrece a par- cela onde estará o polígono industrial. Ao PP só lle inte- resa o polígono industrial nas eleccións Municipais, así apresúrase a limpar a par- cela coa finalidade de dar a sensación de que se está a facer algo. O campo de fútbol do Covelo precisa o investimento prometido A Deputación de Pontevedra aprobou un investimento de 500.000 euros nun campo de herba artificial. Fai máis de cinco anos as categorías sénior, xuvenil e cadetes desapa- receron do Covelo. Pablo Castillo era daquela o Concellei- ro responsábel de Deportes e a desaparición do deporte base do Covelo é consecuencia directa da mala xestión do Tenente Alcalde. O investimento está sen executar e o PP do Covelo non é quen de facerse valer na Deputación. Os intereses dos veciños e veciñas do noso concello quedan por baixo dos intereses propios do Partido Popular. Mentres non se exe- cuta o orzamento aprobado, os usuarios e usuarias do campo de fútbol do Covelo padecen uns vestiarios seria- mente deteriorados e un campo en mal estado. Isto obriga aos veciños e veciñas do Covelo a acudir a outros conce- llos próximos a realizar actividades deportivas en instala- cións dignas de uso. O Covelo padece un goberno local do PP inútil e irresponsábel que deixa escapar oportunidades de investimento. Aspecto de abandono do polígono industrial
  • 4.
    Impresoenpapelreciclado Como contactar coBNG Nacional: Sede Nacional. Avenida Rodríguez de Viguri. 16 baixo. 15703 Santiago de Compostela. 981 555 850 www.bng-galiza.org nacional@bng-galiza.org Como contactar co BNG de O Covelo: Sede Comarcal: Alfonso Vázquez Fraile, 8-baixo 36860 Ponteareas condado@bng-galiza.org Teléfonos 986.644.026 - 986.644.602 Correo local: benegacovelo@yahoo.es 0 de xaneiro de 2009: o candidato do PP á presidencia da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo presenta en Lugo o seu pro- grama de Sanidade: “ningún paciente agar- dará máis de 45 días por unha consulta ou proba nin máis de 60 para unha interven- ción cirúrxica. (....) e espera cero para os pacientes con cancro ou outras patoloxías graves”. Outubro de 2010: dezasete meses de Go- berno do Partido Popular na Xunta levaron á sanidade galega a esta situación: Galiza ten a terceira peor sanidade do Estado Afírmao o último informe da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanida- de Pública, onde se conclúe que Galiza é a Comunidade coa terceira peor sanidade do Estado. No anterior informe, de 2009, o último ano do Goberno bipartito, no que tivo participación o BNG, a sanidade públi- ca galega estaba nun posto intermedio, en sétimo lugar. Un ano despois de Goberno do Partido Po- pular en Galiza somos a Comunidade con menor investimento sanitario per cápita e nas que unha persoa ten menos posibilida- de de ter cita co especialista no prazo de 15 días. Máis persoas e máis tempo en lista de espera As listas de espera para ser atendidos no SERGAS convertéronse nunha auténtica odisea. Moitas persoas teñen que ir direc- tamente por Urxencias para seren atendi- das porque en moitos casos as consultas para especialistas ou para unha operación tardan até un ano, algo totalmente inadmi- síbel e que dá mostra da incompetencia e irresponsabilidade do Goberno de Feijóo para xestionar algo tan fundamental como é a sanidade pública. Para disfrazar a súa nefasta xestión, o Goberno de Feijóo maquilla e manipula as listas de espera para mellorar os datos e enganar aos galegos e galegas. A isto teríamos que engadir a toda a xente que non ten cita que cada vez é máis e que da que o goberno de Feijóo se nega a facer públicos os datos. Son casos reais, casos dos que todas e todos temos coñecemento por persoas ve- ciñas, amigas, familiares... O PP quere privatizar a sanidade galega para entregarlla aos bancos e construtoras Pero co Goberno de Feijóo non só temos que esperar máis para ser atendidos na sanidade senón que está sendo privatiza- da. O PP suprimiu o Plan de Infraestrutu- ras Sanitarias do Goberno bipartito, que garantía que os novos hospitais de Vigo, a ampliación do de Montecelo e as melloras dos restantes, se farían con cartos públi- cos e optou polo sistema de financiamento privado (PFI). Esta é unha forma de privatización encu- berta pola cal as empresas privadas cons- trúen o edificio e logo alúganllo á Xunta a cambio do pago dun canon anual e de que lle entregue ás empresas privadas servizos hospitalarios como cociña, lavandería, lim- peza ou mantemento. Lembras como lle foi a Galiza coa AP-9, a Autopista do Atlántico, pola cal todos os galegos teñen que seguir pagando peaxe até o 2047? Pois con esta fórmula do Go- berno do PP pasaranos igual coa sanidade: sairanos moito máis caro, será un negocio para bancos e construtoras e, en definiti- va, teremos unha sanidade moito peor e ao servizo non da sociedade, senón do lucro duns poucos. Un exemplo: o Goberno de Feijóo quere construír o novo Hospital de Vigo con esta fórmula PFI. Sabes canto teremos que pagar os galegos e galegas ás empresas privadas? 71,67 millóns de euros durante 30 anos, segundo os datos da propia Con- sellaría de Sanidade. É dicir, 1.433 millóns de euros, 450 millóns máis que co sistema público do Goberno bipartito. Co Goberno do PP, a sanidade no rural vai a peor A xente que vive no rural galego xa está su- frindo nas súas carnes a política sanitaria do Goberno do PP: nada máis chegaron á Xunta suprimiron as unidades móbiles de prevención do cancro de mama que lle per- mitían a moitas mulleres do rural realizar unha mamografía sen teren que desprazar- se ás cidades. Ademais, queren suprimir ás áreas sani- tarias ligadas aos hospitais comarcais da Mariña, O Salnés, Valdeorras e Monforte, para facelos depender das cidades. Unha política que fará que os territorios do rural saian prexudicados na distribución dos re- cursos e na capacidade de planificación e xestión. Temos que defender a sanidade pública! O 21 de novembro manifestación en Compostela Non podemos aceptar isto! O día 21 de novembro ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela haberá unha mani- festación onde teremos que acudir todos e todas para defender a sanidade pública por ser garantía de benestar para as persoas e o maior instrumento de redistribución da ri- queza, e que o Partido Popular non pode po- ñer en risco por unha mala xestión, prepo- tente e xorda, nin por priorizar por riba deses dereitos cidadáns os intereses económicos de empresas privadas. O BNG naturalmente estará alí. Todas e todos debemos acudir! OPartidoPopularponengraveperigoasanidadepúblicagalega