Mobile content market in Finland report, including mobile app, SMS, premium rate call, mobile marketing other mobile content market value. Additionally the report looks at the installed base of devices by OS.
1. Boletin novembro 2013_MaquetaciÛn 1 01/11/13 19:34 Página 1
SÍNODO DIOCESANO
O noso Arcebispo, D. Julián, convócanos e un Sinodo Diocesano baixo o
lema: Renovados en Comuñón desde
Cristo e dinos “non quixera que ningún
diocesano se sentise alleo a este acontecemento”.
¿Que é un sínodo diocesano?
• Un proceso convocado polo noso
Pastor no que toda a Igrexa Diocesana se
descobre protagonista do seu rumbo pastoral.
• Unha oportunidade para que, camiñando xuntos, tomemos conciencia de todo o
que leva consigo o noso bautismo.
• Un servizo á nosa Diocese de Santiago
e á nosa sociedade, ante os cambios que
estamos a vivir.
• Un pulo desde a Palabra de Deus para
a Nova Evanxelización e unha posta ao
día da nosa experiencia de fe.
• Un instrumento para optimizar as
nosas enerxías, actividades e estruturas
diocesanas.
PARROQUIA VIVA
PLAN PASTORAL
No último boletín anunciamos o Plan
Pastoral diocesano para o curso 20132014 “Polos seus froitos coñecerédelos” completando o ciclo de tres anos:
• A Palabra de Deus anunciada.
• A Palabra e Deus celebrada.
• A Palabra de Deus testemuñada.
En consecuencia, para este curso sinálase como obxectivo xeral: Descubrir
como a Palabra de Deus nos invita a
poñernos ao servizo dos nosos irmáns,
especialmente dos máis pobres, polo
testemuño da vida e da caridade.
De aí xorden uns compromisos ou
obxectivos concretos:
• Dar fe do valor precioso ante Deus de
todos os esforzos do home por construír
un mundo máis xusto e máis habitable.
• Denunciar, desde a Palabra de Deus,
as ambigüidades e as inxustizas.
• Recordar que o compromiso pola
xustiza e a transformación do mundo
forma parte da evanxelización.
• Defender e promover a dignidade e
os dereitos humanos de cada persoa
como característica impresa por Deus
Creador na súa criatura, asumida e
redimida por Xesucristo pola súa
encarnación, morte e resurrección.
CÁRITAS
Día 1.- Festa de Todos os Santos.
Día 2.- Misa por todos os familiares
e veciños defuntos, ás 20.
Día 11.- Reunión do grupo de liturxia, ás 20,30.
Día 13.- Reunión formativa de catequistas, ás 20,30.
Día 22.- Reunión do grupo das
Vodas de Prata parroquiais, ás
20,30.
Día 27.- Reunión do grupo de
Cáritas, ás 20,30.
Do relatorio que fixo o Delegado episcopal de Cáritas na Asemblea diocesana de Cátitas recollemos o seguinte:
A vida da primitiva comunidade cristiá, segundo Feitos dos Apóstolos,
(cap. 4-5) destacaba por un estilo de
vida moi particular e diferenciado:
• Eran constantes por medio da firmeza no seguimento de Xesús.
• Perseveraban escoitando o ensino
dos Apóstolos, é dicir, na fe da Igrexa.
• Vivían en comuñón, en unidade de
corazóns que se manifesta en ter un
mesmo sentir e en compartir os bens.
Os que tiñan máis socorren aos que
teñen menos.
• Celebraban a fracción do pan, ou
sexa a celebración instituída por
Xesús na Última Cea.
• Xunto á fracción do pan semanal en
memoria de Xesús e as oracións mantiñan a unión con Deus e entre eles.
• E todo isto facíano con alegría e de
todo corazón e este testemuño facíaos
creíbles ante os que os contemplaban
e escoitaban.
ACONTECEMENTOS
Bautismos:
Alejandro Moreira Hurtado,
de José Arturo e Mª Encarnación
(23-06-.2013).
Diego Boo Comojo, de Gustavo e
Vanesa (4-08-2013).
Leire Quintela Precedo, de Miguel
Angel e Mª Virginia (4-08-2013).
Pedro Baleirón Becerra, de Rafael e
Ana María (6-10-2013).
Lola Marie Rey Vega, de María
(12-10-2013).
Gabriela Iglesias González, de Rubén
e Carmen Ruth (27-10-2013).
Defuncións:
Tomás Trigo Díaz (3-08-2013).
Estamos en tempos difíciles, moitos
irmáns estano pasando mal e polo
medio hai nenos inocentes neste
mundo inxusto. Debemos ser solidarios na dimensión dunha caridade
compasiva e do compartir.
A cesta da parroquia espera a nosa boa
vontade e os petos a nosa solidariedade para poder comprar a algunhas
familias o necesario para sobrevivir a
esta longa crise.
2. Boletin novembro 2013_MaquetaciÛn 1 01/11/13 19:34 Página 2
SEGUIMOS PEREGRINANDO
E certo que os que estamos facendo o camiño francés a Santiago, comezado
o día 21 de Setembro, facémolo en nome propio pero tamén o facemos como
parte da comunidade parroquial de S. Francisco de Asís dos Tilos. É de todos
coñecido de que esta peregrinaxe, forma parte dunha especie de preparación
das vodas de prata parroquiais no ano 2015.
No mes de Outubro fixemos dúas etapas; unha desde Triacastela a Sarria, e
outra de Sarria a Portomarín. A experiencia está sento moi positiva a pesar
dalgunhas dificultades climatolóxicas e dalgún momento de cansazo nese
longo camiño.
Sempre comezamos cunha oración. En Triacastela na igrexa parroquial e en
Sarria acolléronos os P. Mercedarios. Ó rematar a terceira etapa atopámonos,
en Portomarín, coa igrexa pechada, pero esperamos que, o día 9 de
Novembro, poidamos comezar a cuarta etapa na histórica e bela igrexa parroquial deste fermoso pobo, que fora trasladada pedra a pedra da ubicación orixinal á beira do río cando se construíu o encoro de Belesar en 1962.
Dende esta tribuna do Boletín parroquial quero facer dúas invitacións: unha
dirixida a cantos, superando non poucas ocupacións, facemos este camiño e
a outra a tódolos membros da parroquia. Ós que peregrinamos, que o sigamos facendo conscientes de que somos seguidores, 800 anos despois, dun
ilustre peregrino, Francisco de
Asís. El foi mensaxeiro da paz, respectuoso coa natureza na que vía en
todo a presenza da obra de Deus.
Ós que quedades nos vosos fogares,
seguindo coa actividade diaria, que
tamén vos manteñades facendo realidade a mensaxe do himno de San
Francisco.
Onde queira que esteamos, sigamos
sendo testemuñas do Señor seguindo ás pegadas de S. Francisco de
Asís.
Remato co saúdo franciscano: “Paz
e Ben”.
BOLETIN PARROQUIAL
Nº 168 - Novembro 2013
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
NOVEMBRO, UN MES ESPECIAL
Hai un refrán que reza así: “Bendito mes que empeza por Santos e remata
con S. Andrés”. A este refrán hai que engadirlle que, dende a reforma do ano
litúrxico, este mes remata o ano cristián coa solemnidade de Xesucristo, rei
do Universo.
Comezar un mes celebrando a santidade como meta de tantos crentes que
“lavaron o seu manto no sangue do Cordeiro” e rematando coa festa de
Cristo, rei do universo, é unha invitación a reflexionar cal debe ser o balance que temos que facer cada un de nós como avaliación final dun ano máis.
A santidade é un estilo de vida guiado polo mesmo estilo de vida de Cristo.
É un reto que se vai facendo realidade na medida en que Cristo é o noso
referente cotián. O reinado de Cristo
é un reinado de servizo e entrega ós
demais; é un reinado de xustiza e de
amor; é un reinado de paz dentro e
fóra do noso corazón.
Novembro, trinta días, para recordar
a tantos e tantas persoas que, coñecidos por nós, son un exemplo a imitar. Son santos anónimos pero santos. Cristo é o cumio de toda santidade, “e o santo dos santos”.