SlideShare a Scribd company logo
1
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
LUGAR: casa do Concello da Baña
DATA: 1 de agosto de 2017
HORA DE COMEZO: 14:00 h en primeira convocatoria
HORA DE REMATE: 15:48 h
ASISTENTES:
Alcalde: José Andrés García Cardeso
Concelleiros:
Manuel Tourís Fernández
José Manuel Landeira Liñares
Sandra López Fernández
Roberto Rial Calvo
José Antonio Pereira Gil
Jesús Manuel Pena Varela
Margarita Suárez Otero
Ana Paramos Cebey
César Ramos Domínguez
Secretario da Corporación:
Celestino Amigo Liñares
Non asiste
Alicia Blanco Sande
ORDE DO DÍA
I. PARTE RESOLUTIVA
1. Dar conta das Resolucións do Alcalde.
II. PARTE DE CONTROL
2. Mocións
3. Rogos e preguntas
2
1. Dar conta das Resolucións do Alcalde.
O Pleno queda informado das resolucións ditadas pola Alcaldía dende a última sesión
ordinaria realizada, de conformidade co preceptuado no artigo 42 do RD 2568/86, do 28 de
novembro, aprobatorio do regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico
das entidades locais.
(Incorpórase o concelleiro D. Roberto Rial)
2. MOCIÓNS
César Ramos Domínguez , concelleiro da actual Corporación Municipal e representante local
de Compromiso por Galicia no Concello da Baña ao abeiro da lexislación vixente, presenta a
seguinte moción para ser tratada pola corporación municipal.
2.1. Moción pola defensa da biodiversidade fronte á eucaliptización
Exposición de motivos
No Real Decreto 630/2013 de 2 de agosto entra en vigor o Catálogo Español de Especies
Exóticas e Invasoras (EEI), co obxecto de reforzar a protección do medio ambiente e a
biodiversidade. O problema causado polas especies invasoras foi considerado prioritario
dentro da estratexia da biodiversidade da Unión Europea para o ano 2020, aprobando o
Regulamento 2016/1141 sobre especies exóticas e invasoras.
Unha EII é entendida como “aquela que se introduce ou establece nun ecosistema ou
hábitat natural ou seminatural e que é un axente de cambio e ameaza para a diversidade
biolóxica nativa”.
Dende os anos 60, Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e sur-oeste de Andalucía
foron territorios repoboados coa especie exótica eucalipto, para abastecer as fábricas de
pasta de papel con esta madeira. O que nun principio pareceu que se trataba de dispor dun
número determinado de hectáreas do ano 1973 (segundo o primeiro inventario forestal do
estado: IFN), ata en 2016 chega a ocupar en Galicia máis de 400.000 ha. entre masas
puras e mixtas (con outras especies), o que representa practicamente a quinta parte do
monte galego. E dicir, os eucaliptos medraron en superficie un 300% en 43 anos.
Dito incremento asóciase a varias causas. Aparte das repoboacións voluntarias apoiadas e
subvencionadas dende a administración como único cultivo forestal alternativo, destaca o
avance descontrolado de plantacións incontroladas en terreos de labradío , agravado polos
incendios forestais, cando se dan as mellores condicións de propagación pola velocidade do
lume e o lanzamento de muxicas (poden chegar a máis dun km, cos conseguintes riscos
para a poboación do entorno).
3
Ademais, os eucaliptais convértense en terreos con escasa biodiversidade, debido aos
aceites esenciais das follas, que forman ao caer unha capa sobre o chan cunha baixa taxa
de descomposición. Por outra banda, as raíces procuran humidade a auga chegando a
percorrer máis de 50 m en eucaliptos de 25 m de altura, penetrando en depósitos e
mananciais, e creando unha maraña superficial que impide a filtración das augas cara aos
acuíferos.
O Plan Forestal de Galicia de 1992, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego para
un período de 40 anos, que contemplaba poñer freo ás repoboacións de eucalipto, resultou
un auténtico fracaso, xa que no período de control previsto, só entre 1992 e 1998, a
superficie de eucalipto aumentou en 60.000 hectáreas; é dicir, en seis anos excédense as
previsións totais do plan de 40 anos.
Asemade, a proliferación do eucalipto ven acompañada de pragas e enfermidades,
(algunhas foráneas, que chegaron coa importación de madeira desa especie), insectos
comoa Phoracantha semipunctata, ou Gonipterus scutellatus (gorgullo do eucalipto) e
fungos. Isto leva aos produtores e ás empresas pasteiras a aplicar insecticidas e funxicidas
de forma extensiva e intensiva, con grande contestación social por empregar glifosato (de
efectos nocivos para a saúde animal)para diminuír a carga do sotobosque, flufenoxurón (co
nome comercial de “Cascade”, altamente perigoso) para combater o gorgullo, a loita
biolóxica coa solta de avispillas Anaphens nitens, insecto foráneo.
A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) tense
pronunciado sobre as plantacións de eucaliptais novos (12-15 anos), que son os que
chegan á quenda de corta ideal das fábricas de pasta de papel. Segundo a FAO, estas
especies de medra rápida “non regulan tan ben o caudal hídrico coma os bosques naturais,
as fortes e longas raíces superficiais fan que compitan coa vexetación rasante e cos cultivos
veciños cando a auga escasea. Os eucaliptos non dan bos resultados para conter a erosión
en condicións de seca, rematan coa vexetación rasante absorbendo a auga coas súas
raíces. A tala continuada de eucaliptos orixina un rápido esgotamento dos nutrientes do
solo e impide o desenvolvemento de plantas-herbas de ciclo anual. Os eucaliptos desprazan
os ecosistemas anteriores, apenas se constata a existencia de fauna, e reducen a
biodiversidade”.
Se analizamos a aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe, Florencia 2000, que entrou en
vigor no Estado en 2008, adaptado en Galicia coa Lei 07/2008 de Protección da Paisaxe de
Galicia, e a Directiva Europea 201/52/UE que avalía os proxectos públicos e privados sobre
o medio ambiente, sendo de aplicación as repoboacións e intervencións nos montes, pode
comprobarse que as administracións responsables fan caso omiso das recomendacións. É
evidente o impacto que as repoboacións con eucaliptos e o seu espallamento tiveron, teñen
e terán repercusión sobre o territorio galego de non modificarse as condicións actuais, nas
que se ignoran os aspectos recollidos nas directivas europeas e na lexislación estatal e
autonómica en material de protección da paisaxe.
Polo tanto, existen modificacións suficientes para que o Ministerio de Medio Ambiente,
Medio Rural e Mariño proceda á inclusión do eucalipto como especie exótica e invasora no
4
Catálogo de Especies exóticas e Invasoras do Estado Español e que se adopten unha serie
de medidas a curto prazo que permita facer unha xestión axeitada das plantacións de
eucaliptos do noso Concello.
Por todo o anterior Compromiso por Galicia A Baña propón ao Pleno do Concello da Baña a
adopción dos seguintes acordos:
1. Que o Concello da Baña se declare a prol da biodiversidade, do mantemento,
conservación e recuperación sostible da flora e fauna autóctona da nosa terra e que se
elabore unha ordenanza municipal que inclúa beneficios para os propietarios de plantacións
con especies autóctonas.
2. Solicitar do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a inscrición do eucalipto
no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do estado español.
3. Solicitar á Xunta de Galicia colaboración para elaborar un plan municipal de prevención
de lumes con especies autóctonas como xa se está a facer noutros Concellos galegos.
4. Facer cumprir con carácter urxente as distancias mínimas especificadas no anexo II da
Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, para:
-Afastar debidamente esta especie de mananciais, regatos e ríos.
-Separar de calquera ben inmoble, dos pastos e das zonas agrarias.
-Afastar as plantacións das estradas convencionais e liñas eléctricas.
-Romper a continuidade das masas forestais de eucalipto con distancias mínimas de
separación.
O Sr. Pereira declara que non ten nada que engadir.
O alcalde maniféstase a favor da biodiversidade, pero non quixera facer unha colleita
propia, e alude ao artigo publicado na Voz de Galicia do 23 de xullo pasado por Juan Picos.
Non se trata de prohibir, se non que se trata de ordenar. Desde o concello remitimos unha
circular sobre a necesidade de xestión da biomasa e deu resultados positivos. Ten
conciencia de que a ordenación levará o seu tempo, pero tampouco se poden obviar os
efectos económicos.
O Sr. Ramos pregunta se se está cumprindo a normativa reguladora.
Manifesta o alcalde que se está cumprindo en moitos casos e todos saben que o
incumprimento acarrea consecuencias. Afirma que o concello pon os medios dos que dispón
e relata diversos casos nos que se actuou o se está a actuar. Reitera os argumentos
anteriores concluíndo que debe esixirse o obrigado cumprimento das distancias establecidas
legalmente e avaliar os efectos económicos das políticas de ordenación.
O Sr. Ramos manifesta que en ningún caso se pretende incumprir coa normativa, todo o
contrario, que se cumpra estritamente.
5
En canto o artigo de referencia, considera que se trata dunha opinión particular e hai outras
cen opinións distintas.
O alcalde matiza que a opinión de Juan Picos está avalada pola súa cualificación
profesional.
O Sr. Ramos explica que en resume, trátase de que se cumpra a Lei de Montes, que se
ordenen os recursos forestais e se incentiven as plantacións de especies autóctonas.
O alcalde comenta que está propoñendo a aprobación dunha ordenanza cando xa existe
unha regulación legal.
O Sr. Ramos entende que non son incompatibles e de feito hai concellos nos que se están
plantando especies autóctonas porque reciben beneficios.
O alcalde recorda que todo isto foi un verdadeiro caos a todos os niveis; primeiro
convertéronse montes en prados, despois prados en montes, etc. Considera que dentro da
Lei poden producirse estas iniciativas particulares, e existen axudas.
Afirma retoricamente o Sr. Ramos que entón deixar isto así.
Proponlle o alcalde ao concelleiro que lle pregunte aos veciños se queren ou non eucaliptos,
xa que dá a entender que son unha peste.
O Sr. Ramos conclúe que en ningún caso se fai tal afirmación e remítese aos argumentos e
consideracións da Moción.
O presidente somete o asunto a votación, co seguinte resultado:
Votos a favor: cinco (5), concelleiros/as do grupo socialista e CxG
Votos en contra: cinco (5), concelleiros do grupo do Partido Popular
Abstencións: cero (0).
Ao resultar empate de votos, conforme ao disposto na vixente normativa, decide o voto de
calidade do presidente, polo que a Moción resulta rexeitada por maioría simple.
MOCIÓN GRUPO SOCIALISTA
2.2. Moción para instar ao Concello da Baña a redactar unha ordenanza
municipal para que o Concello participe na construción e canalización das minas
de auga veciñais, co fin de facilitar o reparto de auga a tódolos veciños da Baña
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
6
A auga é un ben primordial para a vida. Dende sempre marcou a situación xeográfica das
civilizacións, e hoxe en días segue a ser así.
O noso Concello aínda que con importantes ríos que o atravesan sufre grave limitacións a
hora de dotar de auga as vivendas que conforman as nosas quince parroquias. En varias
delas (Monte, S. Cibrán, S. Vicenzo, Barcala, etc.) os veciños sofren a falta deste ben nas
súas vivendas.
Correspóndelle ao Concello, de conformidade co establecido na lexislación de réxime local,
o abastecemento de auga potable as vivendas que forman o Concello.
A Baña carece deste servizo agás no núcleo de poboación da parroquia de San Vicenzo, o
que sitúa o 95% do Concello nunha situación de abandono no que ao subministro de auga
se refire.
A falta dunha rede de subministro de auga potable municipal, fai que os veciños teñan que
subministrarse dos mananciais privados que de maneira individual ou comunitario, van
facendo nas distintas parroquias. Dada a controversia sobre a propiedade da auga, acotío
quedan vivendas sen poder formar parte destas minas de auga veciñais e por conseguinte
sen subministro de auga.
A falta dunha rede de subministro municipal de auga, limita a construción de novas
vivendas, e o asentamento de novos veciños no Concello, outro dos factores a ter en conta
na constante perda de poboación.
Por outra banda, distintos casos de colaboración do Concello na elaboración destas minas
veciñais, foron un auténtico calvario para os veciños, como no caso da parroquia de
Cabanas, do desmarque ao final do Concello no pago de parte da obra.
É por isto, que queremos impulsar unha ordenanza na que se regule a construción destas
minas, que recolla un compromiso por parte do Concello na construción, canalización e
mantemento, e se garante o servizo a aquelas vivendas que aínda non tendo propiedade na
auga, acrediten a necesidade da mesma.
ACORDO
Instar á Corporación, a redactar unha ordenanza municipal para que o Concello participe na
construción, canalización e mantemento das minas de auga veciñais, co fin de garantir o
reparto da auga a tódolos veciños da Baña.
O Sr. Ramos declara o seu acordo en asegurar o acceso de todos ao servizo da auga, e
recorda que de feito xa se ten solicitado ao Pleno o de San Cibrán, polo que anuncia o seu
voto favorable. Engade que en primeiro lugar debería coñecerse o estado de todo o
municipio para coñecer as necesidades reais e considera unha mágoa que haxa xente sen
auga, non é propio deste século.
O alcalde aclara que debemos distinguir entre o servizo municipal de abastecemento de
auga e as comunidades de usuarios a nivel particular.
Independentemente do servizo público existen mais de trinta comunidades de usuarios
recoñecidas, pero de feito existen máis de cen.
Desde sempre veuse axudando aos usuarios con asistencia técnica e material.
7
O Sr. Pereira manifesta que ese é precisamente o sentido da moción, pero regulando as
condicións. Pon o exemplo de Buchaín onde segundo parece se lles dixo que minaran o que
quixesen que o concello deixa a pala e autoriza o enganche na iluminación pública, e
pregúntase se esa actuación é regular.
Aclara o alcalde que o de Buchaín estivo hoxe mesmo solicitando todas as licenzas. E relata
outros casos, tales como o de Vilar da Torre ou o de Paraxó, onde houbo que actuar por
razóns de emerxencia, anque non todos o comprendía, en resume, axúdaselle a todos sen
exclusión. Así sucedeu igualmente en Seoane, en Cabanas, etc.
O Sr. Pereira insiste en que non se está en contra das axudas, o que propón é que se
regulen.
O alcalde insiste en que sempre se presta axuda na tramitación documental, disposición da
pala e en algúns casos a reposición, entende que a axuda non é un problema.
O Sr. Pereira considera que se estivera legalizada non habería problemas. Do que se trata é
de que o concello participe de forma regulamentaria, por iso insiste na proposta que se
contén na moción.
O Sr. Ramos coida que hai que regular este asunto, igual que todos os demais aspectos,
como por exemplo as subvencións do entroido, etc, etc, para que non haxa discriminación.
O alcalde pregunta como hai que actuar no caso das traídas cando cho piden sete veciños
en agosto e desafía a que se lle diga se hai unha sola traída que non se atendera.
O Sr. Pereira insiste nos argumentos xa expresados da necesidade de regulación por
cuestións de igualdade.
O Sr. Tourís manifesta que cando se fan as traídas novas non é partidario de prestar a pala
municipal, porque hai empresas na Baña que poden verse perxudicadas.
O alcalde pensa que en calquera caso pode estudiarse e elaborar un proxecto de liñas de
actuación.
O Sr. Pena comenta casos en que dispoñendo de dereitos de traída, carécese de servizo e a
quen debe pedirse unha solución é ao concello, que ao seu xuízo debera implicarse e
resolver as carencias.
O presidente somete o asunto a votación co seguinte resultado:
Votos a favor: cinco (5), concelleiros/as do grupo socialista e CxG
Votos en contra: cinco (5), concelleiros do grupo do Partido Popular
Abstencións: cero (0).
8
Ao resultar empate de votos, conforme ao disposto na vixente normativa, decide o voto de
calidade do presidente, polo que a Moción resulta rexeitada por maioría simple.
Previas desculpas abandona a sala o concelleiro Sr. Tourís.
3. Rogos e preguntas
O Sr. Alcalde procede a dar respostas as preguntas formuladas no último Pleno ordinario
que corresponde ao ordinario con data do 31 de maio de 2017 formuladas polo PSOE:
1) Solicitamos que se aclare a resposta á pregunta 3 do anterior pleno,
referente á obra do arranxo da subida de Vilela.
Como dixen, vanse revisar e desatascar os bueiros que non quedaron ben limpos e se é
necesario, poñerase unha nova. As entradas aos terreos particulares serán por conta
dos propietarios.
A petición do Sr. Pereira, aclara o alcalde que a obra está en garantía.
2) Por petición dos veciños da parroquia da Riba, solicitamos unha actuación de
mellora no camiño de Brandian (Ferreiros ) e no camiño das Sachas (A Costa),
dado o mal estado do firme.
Como dixen moitas veces, sería bo que nos facilitasen o plano do camiño referido para ir
con certeza pois polos nomes non sabemos cal é. Non obstante, hai actuacións no Plan
marco.
3) Por petición dos veciños da parroquia de San Vicenzo solicitamos a limpeza e
a mellora do camiño que bordea o monte Penedo dende Paredes e que vai
cara a Marcelle.
Xa fomos velo e comprobamos as necesidades. Realmente onde máis o precisa é nos
primeiros 250 m debido ás laxas que hai.
4) Hai 2 anos arranxouse a entrada do camiño de Pedralba (o tramo de entrada
dende a estrada), o certo é que o resto do camiño está nun estado lamentable
polo que solicitamos se repare xa que incluso os tractores están a ter
problemas para circular.
Estamos a traballar nas melloras dos camiños en todas as parroquias. É certo que falta
un tramo en Pedralba pero pediría un pouco de comprensión para poder actuar. Por
exemplo, é prioritario o camiño de Vesía á Lagoa e outros moitos e aí estamos
traballando.
5) O Concello da Baña é coñecido entre moitas cousas por ser un concello cuns
importantes ríos para practicar o deporte da pesca. Estamos a ter numerosas
9
queixas polo mal estado no que se encontran os nosos ríos, multitude de
árbores caídas, e nalgúns casos (Reiverde) o lixo, dificultan o paso da auga e
a entrada de luz. Polo que solicitamos que se formule a petición de limpeza á
autoridade competente.
É certo que na beira dos ríos hai lixo e árbores e nós (o Concello) tiñamos autorización
para limpar cando foi o Obradoiro de Emprego. Falamos con Augas de Galicia para
ampliar esa autorización.
6) Gustaríanos saber se se ten planificada algunha actividade conciliadora para
os nenos cara ao remate do curso escolar (campamentos urbanos).
Creo que teñen xa a programación todos e todas das actividades que se están a
desenvolver durante o verán para os nenos e nenas.
7) O Concello de Negreira limpou o denominado camiño da Cereixeira ata o
límite do Concello da Baña, polo que solicitamos que se retome a súa limpeza
na parte que é do noso concello.
A Brigada do Concello no primeiro mes de xuño e de xullo dedicouse a limpar os núcleos
e os espazos públicos agás os da rozadoira. Desde primeiros de xullo tamén a Brigada
de Incendios realiza esa misión. É necesario que acheguen un plano do camiño da
Cereixa.
8) En Fampousa , temos constancia dunha problemática cun arboredo próximo
ás vivendas. No último ano fixéronse varias reclamacións no Concello.
Gustaríanos saber que ten pensado facer o Concello xa que agora temos unha
ordenanza que regula estas situacións.
A Fampousa foi o técnico igual que a outros moitos sitios para ver a situación de
arboredo. Fixo o correspondente informe técnico e mandóuselle ás partes implicadas
para que limpen.
Non hai moito, desde o Concello mandouse unha circular para recordar e concienciar a
veciñanza sobre esta norma co fin de que se cumpra.
O Sr. Pereira advirte que o informe é do 21 de marzo e pregunta cando se pensa actuar.
Responde o alcalde que xa se ten avisado en dúas ocasións e se non acata a orde do
concello, procederase á execución subsidiaria.
O Sr. Pereira recorda que xa transcorreron cinco meses e estamos en época de risco.
O alcalde manifesta que debe seguirse a tramitación
O Sr. Pereira insiste en que se lle diga con precisión cando se actuará
10
Manifesta o alcalde que inmediatamente ordenará aos servizos técnicos as
comprobacións necesarias e actuarase en consecuencia.
En canto aos decretos aprobados, gustaríanos que se nos aclarara os pagos
feitos por "asistencia a sesións primeiro trimestre" e que se nos explique que
sesións foron, data na que se realizaron etc.
En Tesourería está a relación por asistencia a sesións no primeiro trimestre, todo
detallado; o mesmo sobre a liquidación de asistencias para selección de persoal.
Tamén queremos que se nos aclare a " liquidación de asistencias a selección
de persoal" e a "liquidación asistencias grupo mixto de selección de persoal e
alumnos Obradoiro Xallas- Dubra- Barcala III. Se se realizou en horario de
traballo, cantas horas se dedicaron, onde se realizaron etc, xa que hai
pagamentos individuais por valores de mais de 1277€, cantidade superior ao
salario mensual de moitos funcionarios.
A liquidación destas asistencias realizáronse segundo o convenio asinado entre concellos
e Xunta e leva consigo un traballo dun mes ou mes e medio polo persoal do tribunal:
dous por parte dos concellos, dous pola Xunta. Estes gastos son sufragados a partes
iguais polos concellos beneficiarios do Obradoiro
9) Este mes cómprese a metade da lexislatura, e queremos recordarlle
algunhas das nosas solicitudes expostas en distintos plenos que a data de
hoxe seguen sen facerse.
-A colocación de quitamedos na ponte do Muiño da Picona ( Corneira ), no
camiño que vai dende o campo de fútbol a Folgueira.
-O arranxo da fochanca no Vilariño (casa Manolo da Chona).
-A colocación dun pasamáns na subida da igrexa de Corneira, así como unha
mellora para acceder a esta co fin de evitar as perigosas escaleiras (Antiga
entrada principal).
-Medidas urxentes, concretas, un plan de choque que poña freo á perda de
poboación que sofre o Concello.
- Queremos saber se xa se tomou unha decisión sobre o problema das
cunetas en Marcelle no lugar do Outeiro.
- Solicitamos que na entrada ás escolas vellas se instalen unhas portas de
peche automático.
- Que se amplíe o horario da biblioteca.
-Que se arranxen os taboleiros de anuncios que hai nas parroquias.
-Que se quiten as rodas que hai tiradas na cuneta, á altura do nº10 no Espiño
e que se instale un quitamedos.
- A retirada da maleza da área recreativa de Lañas
- A colocación da reixa no chan á entrada do local social de Fiopáns.
- A instalación dun quitamedos na baixada de Buchaín
- Solucionar o problema na curva das Bousiñas (Ferreiros).
11
-O arranxo da entrada da pista Trascortellas na Carballeira, que ten un tubo
en moi mal estado o que dificulta a entrada dos tractores nesta.
- A colocación dun espello para o cruce no lugar de Ferreiros.
-O desatasque do bueiro á altura do número 10 de Cotobade.
- A instalación dun espello para facilitar a incorporación dos vehículos á
estrada xeral na saída de Corneira (casa de Roberto).
- Un plan de mantemento das cunetas e bueiros das estradas e pistas do
concello.
- Que se corrixa a forma de limpar as cunetas, xa que cada vez se está
arrimando mais o asfalto e quedan as estradas mais estreitas.
- Arranxo do camiño da Bouza en Ferreiros ( tubos e saburra).
-O cambio das marquesiñas en mal estado.
- En canto á obra que vai de Vilar da Torre a Vilar de Suso, solicitamos que se
cemente canto antes a subida cara ao monte
-No Barro solicitamos o arranxo do camiño do Cotón Grande.
-Solicitamos que se tomen as medidas necesarias coa casa en ruínas en
Guende.
- Que se subministre auga ao local social de S. Cibrán.
-Que se rematen as obras pendentes do POS e do PAS e se repoñan os sinais
viarios en mal estado.
Moitas actuacións a que te refires neste punto están a punto de realizarse, outras están
en marcha e outras rematadas. Por citar algunha: o POS e PAS están terminadas todas
as obras excepto unha polos motivos que sabedes e houbo que volver a licitar (PAI); os
sinais en mal estado están sendo reparados; o camiño do Cotón Grande está planificado
dentro do Plan marco e así outros temas. Teño que dicir que a resolución definitiva da
Deputación para obras e servizos municipais aprobouse definitivamente o 07.07.2017.
O Sr. Alcalde procede a dar respostas as preguntas formuladas no último Pleno ordinario
que corresponde ao ordinario con data do 31 de maio de 2017 formuladas polo CxG:
1) Nas respostas á pregunta número 19 contéstasenos que o Concello non
contratou ningún persoal para levar as redes sociais e a prensa. Podedes
aclarar isto?
Non houbo ningún contrato novo específico para estes temas. O persoal do Concello
tamén fai ese traballo.
2) Ante a chegada do bo tempo e a poucos días de que comece o verán
solicitamos que se realicen a limpeza e posta a punto das instalacións da
piscina municipal con suficiente antelación para que non demore a súa
apertura e se o bo tempo o permite, valorar abrir as instalacións antes do 1
de xullo de igual forma que fan os concellos limítrofes. Consecuentemente
con isto, queremos solicitar que se amplíe o espazo de sombra nas
12
instalacións (instalando un toldo, parasol ou similar), xa que é unha demanda
habitual dos usuarios da piscina.
A piscina estivo perfectamente adecuada e limpa así como os respectivos controis
sanitarios para o día 1 de xullo. En canto ao tema das instalacións, queremos darlle un
xeito adecuado con melloras substanciais.
3) Queremos que se lle transmita á brigada municipal os parabéns polo bo
traballo e a boa disposición na limpeza da ruta do Camiño de Santiago cara a
Muxía e solicitamos que nesta ruta se fagan habitualmente limpezas dos
camiños para telos en condicións idóneas para o paso. Así mesmo, aínda que
esta ruta do Camiño cara a Muxía aínda non está recoñecida, queremos que o
Concello valore realizar actividades de promoción desta, elaboración de
trípticos ou carteis informativos, tamén a través do técnico de información,
publicidade e información turística (A Baña, Negreira e Val do Dubra) e que
dende o Concello se anime a todos os colectivos do concello á posta en valor
desta ruta.
Xa lle transmitín á Brigada Municipal os parabéns polo traballo que fixeron na ruta do
Camiño de Santiago cara a Muxía. O Concello está a traballar na elaboración de carteis
informativos ou trípticos así como en poñer en valor esta ruta. Así foi o pasado 22 de
xullo cando, desde a Axencia de Desenvolvemento Local, se fixo unha camiñada de 5
Km aproximadamente e participaron cerca de 75 persoas.
4) No pleno de marzo de 2016 fixemos unha pregunta referente á numeración
das vivendas do noso concello e contestóusenos, tal como figura na acta dese
pleno, que se empezara un traballo de numeración das vivendas en S. Vicenzo
e S. Mamede e que se mandara comezar este mesmo traballo no resto das
parroquias. Máis dun ano despois queremos saber se se fixo algo ao respecto
ou seguimos igual, coas casas sen numeración e con dificultade para situalas.
A empresa que fixo o traballo de San Vicenzo e San Mamede tamén estiveron facendo o
traballo de campo das outras parroquias. Pero nunha reunión que mantivemos,
solicitamos que nos propuxeran ou presentaran os traballos das parroquias que sexan
máis fáciles para adiantar o traballo.
5) Queremos solicitar que se valore situar un paso de peóns ou similar
fronte a área recreativa de Chans xa que é un tramo perigoso para cruzar cara
a senda peonil que se sitúa no outro extremo e que vai cara ás instalacións da
piscina municipal, sobre todo cando se cruza en grupo, por exemplo os nenos
e nenas que participan no campamento de verán.
Os técnicos da Xunta estiveron varias veces así como a Brigada de Tráfico para resolver
varias cuestións na AC-546 AC-444: O Seilán, Barreiros, Espesedo, Agra de Chans,
Outeiro-Marcelle, etc. pois consideramos que algunhas delas teñen moita prioridade.
13
6) A marquesiña da parada do bus do Seilán está rota pedimos que se
arranxe.
O Servizo de Conservación de Estradas tomou medidas para o metacrilato pois é
competencia do Estado.
7) Solicitamos que se busque unha solución canto antes aos problemas de
subministración de auga na parroquia de S. Cibrán, ademais dos problemas
puntuais dalgunha casa (que xa falamos tanto coa Alcaldía como cos Servizos
Sociais), sabemos que novas construcións tamén teñen problemas coa
subministración de auga. É necesario buscar unha solución conxunta para
todas as vivendas da parroquia.
Desde o equipo de Goberno, ofreceuse toda a dispoñibilidade para resolver este
problema e tamén o da casa a través de Servizos Sociais. Dixeron que falaban entre os
veciños pero aínda non dixeron algo ao respecto. Os depósitos así como as arquetas
están no terreo do campo de San Cibrán e hai que falar cos propietarios.
8) Nun lateral do Campo de Fútbol de Cartas hai unha varanda que está
caída solicitamos que se recoloque.
Comunicámoslle esta actuación á Brigada de Obras do Concello.
9) Solicitamos que se limpe a estrada onde está o local social de Fiopáns xa
que os laterais están cubertos de terra e coas choivas pode dar lugar a que
ocorra un accidente de tráfico. Do mesmo xeito solicitamos a limpeza despois
de Señor na estrada que vai para S. Cibrán (Achegamos fotos).
Fíxose a limpeza integral de todo o terreo onde está o local social de Fiopáns, xa foi o
pasado mes de xuño.
10) Temos constancia de que moitos veciños e veciñas de varias parroquias
teñen dificultade para recibir correctamente o sinal de televisión; solicitamos
que se busque unha solución conxunta para este problema.
Comuniqueille este problema á Xunta para que actuase e comentáronme a través dun
correo electrónico que a entidade LLega800 leva a cabo as actuacións técnicas
necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT e son gratuítas para os
veciños afectados.
11) Volvemos solicitar, igual que fixemos no Pleno de xuño de 2016, que se
elabore un "plan organizado de limpeza e rozas en todas as parroquias"
cunha temporalización organizada e non a criterio dos operarios ou segundo
vaian protestando os veciños e veciñas.
A Brigada do Concello conxuntamente cos traballadores das rozadoiras mecánicas e a
Brigada (a través do PEL da Deputación) que comezou o día 1 de xullo fixeron unha
14
limpeza exhaustiva e completa de todas as parroquias e fixeron fincapé naquelas que
tiñas as festas parroquiais.
12) Queremos saber como está o tema da casa en estado ruinoso de Guende
da que xa se falou noutro Pleno ordinario. O alcalde confirmou que se lle ía
buscar unha solución e a día de hoxe os propietarios da casa anexa
coméntannos que segue todo igual. Pedimos que se lle busque unha solución
a este problema con urxencia.
Os traballadores da Oficina Técnica foron in situ comprobar para emitir o
correspondente informe e así poder esixir o cumprimento da legalidade.
13) A fonte da área recreativa de Chans despois das melloras realizadas
segue sen ter bo desaugadoiro polo que a auga estáncase formando un
charco. Solicitamos que se arranxe. Relacionado con esta área recreativa o
cartel que puxeron ten un erro, xa que di "CHIANS", gustaríanos saber se se
vai corrixir ou xa queda así de forma permanente.
Como se pode comprobar, tanto o desaugadoiro como o cartel Agra de Chans está
correctamente.
Seguidamente exprésanse as preguntas formuladas polos distintos grupos políticos para o
seguinte Pleno ordinario.
PREGUNTAS FORMULADAS POLO GRUPO SOCIALISTA
1.Temos constancia de varias denuncias de augas de Galicia na parroquia de
Troitosende por vertidos de augas residuais . Isto vai supoñer a sanción a varios
veciños coa correspondente multa e a realización de custosas obras para solucionar
o problema. Esta situación repítese en todas as parroquias do noso concello, xa que
carecen todas elas dunha rede de saneamento, o que, segundo a Lei reguladora
das bases do réxime local, é competencia e obrigación do concello.
En 22 anos de goberno as actuacións neste senso foron escasas polo que
solicitamos se tomen as medidas oportunas para solucionar este grave problema.
Anticipa o alcalde que en asunto de vertidos, en cada casa teñen que ser conscientes de
que non se pode verter á vía pública. En Troitosende non houbo nada diso, foi polo pozo.
2. Queremos solicitar a colocación de dúas alfombras na biblioteca. Unha na zona
que utilizan para xogos e a outra na entrada onde realizan conta-contos, co fin de
que os nenos non estean sentados no chan.
3. Levamos mais dun ano pedindo Pleno tras Pleno que se nos informe sobre a
solución que se lle vai dar á problemática que aconteceu tras a obra do Outeiro.
Queremos unha resposta concreta .
15
Anticipa o alcalde que quedaron a un compromiso co técnico, fíxoselles o que pedían e
están empeñadas en que se rebaixe toda a estrada.
O Sr. Pereira de que a estrada está apoiada no valo.
O alcalde expón os antecedentes da cuestión e insiste na solución pactada.
4. A maior parte dos veciños recibiron nas súas casas unha notificación do Concello
coa que se recordan as medidas de prevención e defensa contra os incendios
forestais. Ata aí todo correcto.
No caso de incumprimento da xestión da biomasa vexetal, correspóndelle ao
Concello a realización e execución forzosa da limpeza, de acordo co establecido no
artigo 22 da presente lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente
sancionador.
Agora ben, queremos saber que ten pensado facer o Concello xa que varios veciños
notificaron a situación de risco das súas vivendas pola falta de limpeza dos terreos
lindeiros e ata o día de hoxe no se fixo nada.
Anticipa o alcalde que desde o Concello comunícanselle á veciñanza as circulares
correspondentes para concienciar e pouco a pouco vaise avanzando neste sentido.
O Sr. Pereira comenta que cando é obrigación do Distrito actúase en consecuencia e
cando é obrigación do concello non se actúa. Desexa que se actúe antes de que acabe o
verán,
5. Hai ano e medio solicitamos a reparación do tellado do muíño de Fiopans. Vostede
comprometeuse a reparalo e incluso a encintalo sempre e cando accederan todos os
propietarios á realización das obras. Hai un ano presentáronse as firmas de todos os
propietarios pero ata o día de hoxe todo segue igual.
Cando se van facer as obras de restauración?
6. No pleno do día 2 de febreiro solicitámoslle un plan ao Concello para facer fronte a
continua perda de poboación; dous meses despois o que se nos contesta é nada, é o
mesmo. Que hai que facer un estudo, que ten que haber unha coordinación entre o
Concello, a Xunta e a Deputación.
Señor alcalde dende fai 20 anos estamos a perder poboación, nos últimos 10 somos
1000 veciños menos e vostedes seguen sen facer nada. Vostede siga esperando, e
cando pechen o colexio, o centro médico e desaparezan os poucos servizos
privados como Abanca, o Pastor, despois si que non vai haber plan que valla
Pedímoslle que tomen medidas urxentes e que o fagan xa.
16
7.-A Baña é un dos concellos menos industrializados da provincia, circunstancia que
incide de forma directa na alta taxa de paro que padecemos.
Este feito non é unha casualidade xa que somos uns dos poucos concellos que
carecen de solo industrial, dun polígono onde poidan establecerse as empresas, o
que obriga, en moitos casos, a veciños do noso Concello a levar as súas PIMES aos
concellos limítrofes, como son Santa Comba ou Negreira.
Nestes 2 anos de lexislatura da Corporación, non escoitamos unha soa palabra de
como está a situación dese polígono fantasma que temos na Baña, xa que o letreiro
está, pero nin hai autorización, nin hai polígono. É por isto que lle pedimos que se
nos informe de como está nestes momentos a tramitación para que os terreos pasen
a ser solo industrial .
8. Queremos felicitar o Concello por organizar a camiñada para dar a coñecer o
tramo da antiga ruta do Camiño de Santiago cara a Muxía o paso polo noso Concello.
Certo é que o día escollido non se prestaba para todo o mundo, ao ser un venres, día
laborable, polo que no afán de seguir con ese labor de promoción e tras varias
peticións dos veciños, deixando pasar o mes de agosto por mor das vacacións de
moitos deles, comentar que imos organizar unha camiñada o día 3 de setembro. Un
domingo para eses veciños que o pasado dia non puideron asistir por motivos
laborais.
9. Varios veciños preguntáronos se se podía facer uso das barbacoas nas áreas
recreativas durante estes meses de verán.
Polo que sabemos non se pode agás que o concello teña solicitado o uso destas e
que estean debidamente sinalizada a autorización por parte do concello.
Gustaríanos que se nos aclarase esta situación.
Anticipa o alcalde que en Agra de Chans e Fiopáns non hai problema. Precisamente hai
uns días estivo o SEPRONA e non houbo problema algún.
O Sr. Pereira considera que está estritamente prohibido.
10.- Un clásico do rogos e preguntas. Seguimos sen recibir as actas das Comisións
de Goberno, o que impide facer o noso labor de control sobre os acordos que nelas
se toman.
Esiximos que se nos faciliten as ditas actas, tal e como establece a lexislación de
réxime local.
Este tema creo que está resolto por parte de Secretaría.
17
PREGUNTAS FORMULADAS POR CxG
1. Primeiro queremos facer unha alusión á Reitoral de S. Mamede: non entendemos a
finalidade da publicación no Facebook oficial do Concello nin a nota de prensa
enviada aos medios, xa que había un compromiso por parte da alcaldía de adoptar
unha decisión co consenso da Corporación. Que finalidade ten enviar esa
información, tres días antes da celebración do pleno ordinario? Gustaríanos que o
alcalde, xa que a palabra dimisión non figura no dicionario de determinados partidos,
que asuma as súas responsabilidades e que o proxecto da Reitoral de S. Mamede foi
un auténtico desastre na xestión.
Anticipa o alcalde que o publicado na prensa non é mais que o que está na Acta. O resto
dos comentarios son apreciacións da prensa.
O Sr. Ramos pensa que o alcalde é responsable do comunicado. Está claro que o seu
grupo ten maioría e resulta evidente que a decisión xa está tomada, polo que suxire que se
asuman responsabilidades e se asuma que o proxecto foi un fracaso.
2. Xa que o alcalde di non ter responsabilidade nas publicacións do Facebook oficial
do Concello da Baña queremos saber qué persoa é a encargada de xestionar esa
rede social.
3. Volvemos solicitar que as preguntas do anterior pleno, a ser posible se nos
entreguen con maior antelación para poder preparar o pleno con máis tempo.
Comenta o alcalde que enviar as preguntas e contestacións do anterior Pleno con
antelación é unha cortesía do alcalde.
4. Con respecto ás preguntas do anterior pleno ordinario queremos que nos
aclaredes a pregunta nº 4 sobre a numeración das vivendas na que respondedes: A
empresa que fixo o traballo de San Vicenzo e San Mamede tamén estiveron facendo
o traballo de campo das outras parroquias. Pero nunha reunión que mantivemos,
solicitamos que nos propuxeran ou presentaran os traballos das parroquias que
sexan máis fáciles para adiantar o traballo.
Que se vai facer e cando?
5. Queremos saber qué problema hai co alumeado público de S. Vicente que moitas
non funciona e a vila queda completamente a escuras. O 1 de xullo que se celebrou a
XVI edición da Festa Rachada non había ningún punto en toda a vila. Solicitamos a
petición dos veciños e veciñas que se solucione este problema canto antes.
6. Con respecto á sentenza do xulgado do Social nº 3 que obriga ao Concello a pagar
a antigüidade aos traballadores municipais queremos saber cando se lles vai pagar,
cal é a cantidade que lles debe e de qué forma se van xustificar esas cantidade.
Solicitamos que se nos informe sobre como está este tema e que se actúe con
celeridade.
18
7. O cruce no Quinteiro na parroquia de Suevos volve a ter mala visibilidade, xa o
ano pasado se nos comentou que se ía solucionar o problema e a día de hoxe volve
estar así. Solicitamos que se solucione este problema canto antes para evitar
posibles accidentes.
8. Queremos saber como está o tema da homenaxe a Pousa Antelo, tanto de nomealo
"fillo predilecto"como o cambio de denominación ao CPI de S.Vicente, unha vez que
a comunidade educativa votou por unanimidade o cambio de denominación do
mesmo. Pedimos novamente que o grupo de goberno actúe con celeridade e non
poña impedimentos para que se cumpra o acordado no consello escolar.
9. Hai mocións que presentamos ao longo da lexislatura e foron aprobadas en sesión
plenaria que aínda non foron cumpridos os seus acordos. Lembramos que os puntos
das mocións aprobadas en pleno deben ser cumpridos, así pois, é de obrigado
cumprimento a instalación de colectores de aceite en cada parroquia e facer unha
campaña informativa sobre a reciclaxe (aprobado en xullo do 2016), medición dos
niveis de gas radón nos espazos públicos do Concello e unha campaña informativa
sobre este gas, así como adquirir desfibriladores (DESA) e que se celebren os
pertinentes cursos de formación prometidos polo grupo de goberno (puntos
aprobados no pleno de xaneiro deste mesmo ano). Se o grupo de goberno non ten
vontade de poñer en práctica as iniciativas propostas polo noso grupo político é
mellor que se voten e contra, unha vez que están aprobadas son de obrigado
cumprimento.
10. Solicitamos que o Concello faga as xestións oportunas para que pinten a estrada
que vai de Lañas a Cabanas xa que en varios tramos as liñas son totalmente
imperceptibles.
11. O colector de papel que esta situado ao lado da lavandería municipal está en moi
mal estado, solicitamos que se arranxe ou se cambie (adxuntamos fotos).
12. As árbores que están na rúa Xacinto Rodríguez dificultan o paso polas beirarrúas,
pedimos que se corten as polas debidamente para facilitar que a xente circule polas
mesmas. Así mesmo, no peno de novembro do ano pasado solicitamos que se
limparan as beirarrúas xa que están cheas de herbas que dan mala estética ás
mesmas, volvemos pedir que se limpen axeitadamente.
13. A biblioteca municipal perdeu varias subvencións por non ter os libros
rexistrados no proxecto MEIGA, xa hai máis dun ano que solicitamos que a
Concellaría de Cultura se ocupara disto. Queremos saber se os libros xa están
rexistrados en MEIGA e de non ser así volvemos pedir que se faga con urxencia para
non perder de novo unha importante subvención para a mellora da nosa biblioteca.
14. A Xunta de Galicia anunciou que este ano o Concello da Baña non contará con
ningún obradoiro de emprego de carácter xeral nin de garantía xuvenil. Cal é o
motivo?
19
15. En setembro de 2016 a alcaldía respondendo a una pregunta formulada por CxG
no pleno comentounos que ían tentar actualizar a páxina web do Concello "canto
antes", o certo é que a día de hoxe continúa desactualizada, con seccións en
construcción, o listado de asociacións sen actualizar (continúa nalgunha a figurar
como responsable persoas que faleceron hai case 10 anos), as fotos da corporación
que primeiro nos solicitaron e despois que nos fixeron seguen sen publicarse, etc...
lembramos que a actualización da web é importante para ter á veciñanza informada e
queremos saber se se vai actualizar algún día ou xa queda así definitivamente.
16. Gustaríanos saber se o Concello fixo algo ou ten pensado realizar algún proxecto
para mellorar a conexión a internet nas diferentes parroquias do Concello, xa que o
servizo é moi deficiente en comparación con concellos limítrofes.
17. Segundo comentan no Centro Médico da Baña non hai servizo de pediatría por
vacacións ata o 17 deste mes. En varias sesións plenarias anteriormente xa se falou
deste tema e pedimos que o Concello solicite á Consellería de Sanidade que se envíe
un pediatra substituto para que non se interrompa este servizo no verán.
Anticipa o alcalde que xa explicou que eses 15 días asumen o servizo os médicos e noutro
caso derívanse a Negreira.
18 Sobre se as Xuntas de Goberno Local deben ser públicas, legalmente non. Non
obstante, sobre o escrito presentado, soliciteille ao secretario un informe detallado
ao respecto a maior abastanza.
E non habendo máis asuntos que tratar o Presidente levanta a sesión á hora e na data que
se expresa no encabezamento, do que eu, como Secretario, dou fe.

More Related Content

Similar to ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA

AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
jignacioYosy
 
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinezTraballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Encarna Mariño Villa
 
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeAs paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeRosacidgalante
 
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente MacUnidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente Maccamposseijo
 
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumoTema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
luis gomez amoedo
 
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Mª José Presa Tomé
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento SustentableDesenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento Sustentable
nancyespana
 
Módulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambientalMódulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambientalJuan Santolino
 
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Vane Siso Calvo
 
As Paisaxes Naturais E A Acción Antrópica
As Paisaxes Naturais E A Acción AntrópicaAs Paisaxes Naturais E A Acción Antrópica
As Paisaxes Naturais E A Acción AntrópicaAulagalicia Hxg
 
Usos Da Auga
Usos Da  AugaUsos Da  Auga
Usos Da Augapri inter
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Dudas-Historia
 
U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteEvaPaula
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
guestd00645
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
jignacioYosy
 
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
jignacioYosy
 

Similar to ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA (20)

AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
 
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinezTraballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
 
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeAs paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
 
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente MacUnidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
 
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumoTema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
 
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
Desenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento SustentableDesenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento Sustentable
 
Módulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambientalMódulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambiental
 
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019
 
As Paisaxes Naturais E A Acción Antrópica
As Paisaxes Naturais E A Acción AntrópicaAs Paisaxes Naturais E A Acción Antrópica
As Paisaxes Naturais E A Acción Antrópica
 
Usos Da Auga
Usos Da  AugaUsos Da  Auga
Usos Da Auga
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
 
U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parte
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
 

More from PSOE A BAÑA

Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
PSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
PSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
PSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
PSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
PSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
PSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
PSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
PSOE A BAÑA
 
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
PSOE A BAÑA
 
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A BañaActa núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
PSOE A BAÑA
 
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A BañaActa núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
PSOE A BAÑA
 
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
 PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ... PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
PSOE A BAÑA
 
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
PSOE A BAÑA
 
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
PSOE A BAÑA
 
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
PSOE A BAÑA
 
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
PSOE A BAÑA
 
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
PSOE A BAÑA
 
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, SeilánEnsanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
PSOE A BAÑA
 
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
PSOE A BAÑA
 
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
PSOE A BAÑA
 

More from PSOE A BAÑA (20)

Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
 
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
 
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A BañaActa núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
 
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A BañaActa núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
 
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
 PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ... PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
 
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
 
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
 
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
 
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
 
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
 
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, SeilánEnsanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
 
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
 
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
 

ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA

  • 1. 1 ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA LUGAR: casa do Concello da Baña DATA: 1 de agosto de 2017 HORA DE COMEZO: 14:00 h en primeira convocatoria HORA DE REMATE: 15:48 h ASISTENTES: Alcalde: José Andrés García Cardeso Concelleiros: Manuel Tourís Fernández José Manuel Landeira Liñares Sandra López Fernández Roberto Rial Calvo José Antonio Pereira Gil Jesús Manuel Pena Varela Margarita Suárez Otero Ana Paramos Cebey César Ramos Domínguez Secretario da Corporación: Celestino Amigo Liñares Non asiste Alicia Blanco Sande ORDE DO DÍA I. PARTE RESOLUTIVA 1. Dar conta das Resolucións do Alcalde. II. PARTE DE CONTROL 2. Mocións 3. Rogos e preguntas
  • 2. 2 1. Dar conta das Resolucións do Alcalde. O Pleno queda informado das resolucións ditadas pola Alcaldía dende a última sesión ordinaria realizada, de conformidade co preceptuado no artigo 42 do RD 2568/86, do 28 de novembro, aprobatorio do regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. (Incorpórase o concelleiro D. Roberto Rial) 2. MOCIÓNS César Ramos Domínguez , concelleiro da actual Corporación Municipal e representante local de Compromiso por Galicia no Concello da Baña ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte moción para ser tratada pola corporación municipal. 2.1. Moción pola defensa da biodiversidade fronte á eucaliptización Exposición de motivos No Real Decreto 630/2013 de 2 de agosto entra en vigor o Catálogo Español de Especies Exóticas e Invasoras (EEI), co obxecto de reforzar a protección do medio ambiente e a biodiversidade. O problema causado polas especies invasoras foi considerado prioritario dentro da estratexia da biodiversidade da Unión Europea para o ano 2020, aprobando o Regulamento 2016/1141 sobre especies exóticas e invasoras. Unha EII é entendida como “aquela que se introduce ou establece nun ecosistema ou hábitat natural ou seminatural e que é un axente de cambio e ameaza para a diversidade biolóxica nativa”. Dende os anos 60, Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e sur-oeste de Andalucía foron territorios repoboados coa especie exótica eucalipto, para abastecer as fábricas de pasta de papel con esta madeira. O que nun principio pareceu que se trataba de dispor dun número determinado de hectáreas do ano 1973 (segundo o primeiro inventario forestal do estado: IFN), ata en 2016 chega a ocupar en Galicia máis de 400.000 ha. entre masas puras e mixtas (con outras especies), o que representa practicamente a quinta parte do monte galego. E dicir, os eucaliptos medraron en superficie un 300% en 43 anos. Dito incremento asóciase a varias causas. Aparte das repoboacións voluntarias apoiadas e subvencionadas dende a administración como único cultivo forestal alternativo, destaca o avance descontrolado de plantacións incontroladas en terreos de labradío , agravado polos incendios forestais, cando se dan as mellores condicións de propagación pola velocidade do lume e o lanzamento de muxicas (poden chegar a máis dun km, cos conseguintes riscos para a poboación do entorno).
  • 3. 3 Ademais, os eucaliptais convértense en terreos con escasa biodiversidade, debido aos aceites esenciais das follas, que forman ao caer unha capa sobre o chan cunha baixa taxa de descomposición. Por outra banda, as raíces procuran humidade a auga chegando a percorrer máis de 50 m en eucaliptos de 25 m de altura, penetrando en depósitos e mananciais, e creando unha maraña superficial que impide a filtración das augas cara aos acuíferos. O Plan Forestal de Galicia de 1992, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego para un período de 40 anos, que contemplaba poñer freo ás repoboacións de eucalipto, resultou un auténtico fracaso, xa que no período de control previsto, só entre 1992 e 1998, a superficie de eucalipto aumentou en 60.000 hectáreas; é dicir, en seis anos excédense as previsións totais do plan de 40 anos. Asemade, a proliferación do eucalipto ven acompañada de pragas e enfermidades, (algunhas foráneas, que chegaron coa importación de madeira desa especie), insectos comoa Phoracantha semipunctata, ou Gonipterus scutellatus (gorgullo do eucalipto) e fungos. Isto leva aos produtores e ás empresas pasteiras a aplicar insecticidas e funxicidas de forma extensiva e intensiva, con grande contestación social por empregar glifosato (de efectos nocivos para a saúde animal)para diminuír a carga do sotobosque, flufenoxurón (co nome comercial de “Cascade”, altamente perigoso) para combater o gorgullo, a loita biolóxica coa solta de avispillas Anaphens nitens, insecto foráneo. A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) tense pronunciado sobre as plantacións de eucaliptais novos (12-15 anos), que son os que chegan á quenda de corta ideal das fábricas de pasta de papel. Segundo a FAO, estas especies de medra rápida “non regulan tan ben o caudal hídrico coma os bosques naturais, as fortes e longas raíces superficiais fan que compitan coa vexetación rasante e cos cultivos veciños cando a auga escasea. Os eucaliptos non dan bos resultados para conter a erosión en condicións de seca, rematan coa vexetación rasante absorbendo a auga coas súas raíces. A tala continuada de eucaliptos orixina un rápido esgotamento dos nutrientes do solo e impide o desenvolvemento de plantas-herbas de ciclo anual. Os eucaliptos desprazan os ecosistemas anteriores, apenas se constata a existencia de fauna, e reducen a biodiversidade”. Se analizamos a aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe, Florencia 2000, que entrou en vigor no Estado en 2008, adaptado en Galicia coa Lei 07/2008 de Protección da Paisaxe de Galicia, e a Directiva Europea 201/52/UE que avalía os proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, sendo de aplicación as repoboacións e intervencións nos montes, pode comprobarse que as administracións responsables fan caso omiso das recomendacións. É evidente o impacto que as repoboacións con eucaliptos e o seu espallamento tiveron, teñen e terán repercusión sobre o territorio galego de non modificarse as condicións actuais, nas que se ignoran os aspectos recollidos nas directivas europeas e na lexislación estatal e autonómica en material de protección da paisaxe. Polo tanto, existen modificacións suficientes para que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño proceda á inclusión do eucalipto como especie exótica e invasora no
  • 4. 4 Catálogo de Especies exóticas e Invasoras do Estado Español e que se adopten unha serie de medidas a curto prazo que permita facer unha xestión axeitada das plantacións de eucaliptos do noso Concello. Por todo o anterior Compromiso por Galicia A Baña propón ao Pleno do Concello da Baña a adopción dos seguintes acordos: 1. Que o Concello da Baña se declare a prol da biodiversidade, do mantemento, conservación e recuperación sostible da flora e fauna autóctona da nosa terra e que se elabore unha ordenanza municipal que inclúa beneficios para os propietarios de plantacións con especies autóctonas. 2. Solicitar do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a inscrición do eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do estado español. 3. Solicitar á Xunta de Galicia colaboración para elaborar un plan municipal de prevención de lumes con especies autóctonas como xa se está a facer noutros Concellos galegos. 4. Facer cumprir con carácter urxente as distancias mínimas especificadas no anexo II da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, para: -Afastar debidamente esta especie de mananciais, regatos e ríos. -Separar de calquera ben inmoble, dos pastos e das zonas agrarias. -Afastar as plantacións das estradas convencionais e liñas eléctricas. -Romper a continuidade das masas forestais de eucalipto con distancias mínimas de separación. O Sr. Pereira declara que non ten nada que engadir. O alcalde maniféstase a favor da biodiversidade, pero non quixera facer unha colleita propia, e alude ao artigo publicado na Voz de Galicia do 23 de xullo pasado por Juan Picos. Non se trata de prohibir, se non que se trata de ordenar. Desde o concello remitimos unha circular sobre a necesidade de xestión da biomasa e deu resultados positivos. Ten conciencia de que a ordenación levará o seu tempo, pero tampouco se poden obviar os efectos económicos. O Sr. Ramos pregunta se se está cumprindo a normativa reguladora. Manifesta o alcalde que se está cumprindo en moitos casos e todos saben que o incumprimento acarrea consecuencias. Afirma que o concello pon os medios dos que dispón e relata diversos casos nos que se actuou o se está a actuar. Reitera os argumentos anteriores concluíndo que debe esixirse o obrigado cumprimento das distancias establecidas legalmente e avaliar os efectos económicos das políticas de ordenación. O Sr. Ramos manifesta que en ningún caso se pretende incumprir coa normativa, todo o contrario, que se cumpra estritamente.
  • 5. 5 En canto o artigo de referencia, considera que se trata dunha opinión particular e hai outras cen opinións distintas. O alcalde matiza que a opinión de Juan Picos está avalada pola súa cualificación profesional. O Sr. Ramos explica que en resume, trátase de que se cumpra a Lei de Montes, que se ordenen os recursos forestais e se incentiven as plantacións de especies autóctonas. O alcalde comenta que está propoñendo a aprobación dunha ordenanza cando xa existe unha regulación legal. O Sr. Ramos entende que non son incompatibles e de feito hai concellos nos que se están plantando especies autóctonas porque reciben beneficios. O alcalde recorda que todo isto foi un verdadeiro caos a todos os niveis; primeiro convertéronse montes en prados, despois prados en montes, etc. Considera que dentro da Lei poden producirse estas iniciativas particulares, e existen axudas. Afirma retoricamente o Sr. Ramos que entón deixar isto así. Proponlle o alcalde ao concelleiro que lle pregunte aos veciños se queren ou non eucaliptos, xa que dá a entender que son unha peste. O Sr. Ramos conclúe que en ningún caso se fai tal afirmación e remítese aos argumentos e consideracións da Moción. O presidente somete o asunto a votación, co seguinte resultado: Votos a favor: cinco (5), concelleiros/as do grupo socialista e CxG Votos en contra: cinco (5), concelleiros do grupo do Partido Popular Abstencións: cero (0). Ao resultar empate de votos, conforme ao disposto na vixente normativa, decide o voto de calidade do presidente, polo que a Moción resulta rexeitada por maioría simple. MOCIÓN GRUPO SOCIALISTA 2.2. Moción para instar ao Concello da Baña a redactar unha ordenanza municipal para que o Concello participe na construción e canalización das minas de auga veciñais, co fin de facilitar o reparto de auga a tódolos veciños da Baña EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
  • 6. 6 A auga é un ben primordial para a vida. Dende sempre marcou a situación xeográfica das civilizacións, e hoxe en días segue a ser así. O noso Concello aínda que con importantes ríos que o atravesan sufre grave limitacións a hora de dotar de auga as vivendas que conforman as nosas quince parroquias. En varias delas (Monte, S. Cibrán, S. Vicenzo, Barcala, etc.) os veciños sofren a falta deste ben nas súas vivendas. Correspóndelle ao Concello, de conformidade co establecido na lexislación de réxime local, o abastecemento de auga potable as vivendas que forman o Concello. A Baña carece deste servizo agás no núcleo de poboación da parroquia de San Vicenzo, o que sitúa o 95% do Concello nunha situación de abandono no que ao subministro de auga se refire. A falta dunha rede de subministro de auga potable municipal, fai que os veciños teñan que subministrarse dos mananciais privados que de maneira individual ou comunitario, van facendo nas distintas parroquias. Dada a controversia sobre a propiedade da auga, acotío quedan vivendas sen poder formar parte destas minas de auga veciñais e por conseguinte sen subministro de auga. A falta dunha rede de subministro municipal de auga, limita a construción de novas vivendas, e o asentamento de novos veciños no Concello, outro dos factores a ter en conta na constante perda de poboación. Por outra banda, distintos casos de colaboración do Concello na elaboración destas minas veciñais, foron un auténtico calvario para os veciños, como no caso da parroquia de Cabanas, do desmarque ao final do Concello no pago de parte da obra. É por isto, que queremos impulsar unha ordenanza na que se regule a construción destas minas, que recolla un compromiso por parte do Concello na construción, canalización e mantemento, e se garante o servizo a aquelas vivendas que aínda non tendo propiedade na auga, acrediten a necesidade da mesma. ACORDO Instar á Corporación, a redactar unha ordenanza municipal para que o Concello participe na construción, canalización e mantemento das minas de auga veciñais, co fin de garantir o reparto da auga a tódolos veciños da Baña. O Sr. Ramos declara o seu acordo en asegurar o acceso de todos ao servizo da auga, e recorda que de feito xa se ten solicitado ao Pleno o de San Cibrán, polo que anuncia o seu voto favorable. Engade que en primeiro lugar debería coñecerse o estado de todo o municipio para coñecer as necesidades reais e considera unha mágoa que haxa xente sen auga, non é propio deste século. O alcalde aclara que debemos distinguir entre o servizo municipal de abastecemento de auga e as comunidades de usuarios a nivel particular. Independentemente do servizo público existen mais de trinta comunidades de usuarios recoñecidas, pero de feito existen máis de cen. Desde sempre veuse axudando aos usuarios con asistencia técnica e material.
  • 7. 7 O Sr. Pereira manifesta que ese é precisamente o sentido da moción, pero regulando as condicións. Pon o exemplo de Buchaín onde segundo parece se lles dixo que minaran o que quixesen que o concello deixa a pala e autoriza o enganche na iluminación pública, e pregúntase se esa actuación é regular. Aclara o alcalde que o de Buchaín estivo hoxe mesmo solicitando todas as licenzas. E relata outros casos, tales como o de Vilar da Torre ou o de Paraxó, onde houbo que actuar por razóns de emerxencia, anque non todos o comprendía, en resume, axúdaselle a todos sen exclusión. Así sucedeu igualmente en Seoane, en Cabanas, etc. O Sr. Pereira insiste en que non se está en contra das axudas, o que propón é que se regulen. O alcalde insiste en que sempre se presta axuda na tramitación documental, disposición da pala e en algúns casos a reposición, entende que a axuda non é un problema. O Sr. Pereira considera que se estivera legalizada non habería problemas. Do que se trata é de que o concello participe de forma regulamentaria, por iso insiste na proposta que se contén na moción. O Sr. Ramos coida que hai que regular este asunto, igual que todos os demais aspectos, como por exemplo as subvencións do entroido, etc, etc, para que non haxa discriminación. O alcalde pregunta como hai que actuar no caso das traídas cando cho piden sete veciños en agosto e desafía a que se lle diga se hai unha sola traída que non se atendera. O Sr. Pereira insiste nos argumentos xa expresados da necesidade de regulación por cuestións de igualdade. O Sr. Tourís manifesta que cando se fan as traídas novas non é partidario de prestar a pala municipal, porque hai empresas na Baña que poden verse perxudicadas. O alcalde pensa que en calquera caso pode estudiarse e elaborar un proxecto de liñas de actuación. O Sr. Pena comenta casos en que dispoñendo de dereitos de traída, carécese de servizo e a quen debe pedirse unha solución é ao concello, que ao seu xuízo debera implicarse e resolver as carencias. O presidente somete o asunto a votación co seguinte resultado: Votos a favor: cinco (5), concelleiros/as do grupo socialista e CxG Votos en contra: cinco (5), concelleiros do grupo do Partido Popular Abstencións: cero (0).
  • 8. 8 Ao resultar empate de votos, conforme ao disposto na vixente normativa, decide o voto de calidade do presidente, polo que a Moción resulta rexeitada por maioría simple. Previas desculpas abandona a sala o concelleiro Sr. Tourís. 3. Rogos e preguntas O Sr. Alcalde procede a dar respostas as preguntas formuladas no último Pleno ordinario que corresponde ao ordinario con data do 31 de maio de 2017 formuladas polo PSOE: 1) Solicitamos que se aclare a resposta á pregunta 3 do anterior pleno, referente á obra do arranxo da subida de Vilela. Como dixen, vanse revisar e desatascar os bueiros que non quedaron ben limpos e se é necesario, poñerase unha nova. As entradas aos terreos particulares serán por conta dos propietarios. A petición do Sr. Pereira, aclara o alcalde que a obra está en garantía. 2) Por petición dos veciños da parroquia da Riba, solicitamos unha actuación de mellora no camiño de Brandian (Ferreiros ) e no camiño das Sachas (A Costa), dado o mal estado do firme. Como dixen moitas veces, sería bo que nos facilitasen o plano do camiño referido para ir con certeza pois polos nomes non sabemos cal é. Non obstante, hai actuacións no Plan marco. 3) Por petición dos veciños da parroquia de San Vicenzo solicitamos a limpeza e a mellora do camiño que bordea o monte Penedo dende Paredes e que vai cara a Marcelle. Xa fomos velo e comprobamos as necesidades. Realmente onde máis o precisa é nos primeiros 250 m debido ás laxas que hai. 4) Hai 2 anos arranxouse a entrada do camiño de Pedralba (o tramo de entrada dende a estrada), o certo é que o resto do camiño está nun estado lamentable polo que solicitamos se repare xa que incluso os tractores están a ter problemas para circular. Estamos a traballar nas melloras dos camiños en todas as parroquias. É certo que falta un tramo en Pedralba pero pediría un pouco de comprensión para poder actuar. Por exemplo, é prioritario o camiño de Vesía á Lagoa e outros moitos e aí estamos traballando. 5) O Concello da Baña é coñecido entre moitas cousas por ser un concello cuns importantes ríos para practicar o deporte da pesca. Estamos a ter numerosas
  • 9. 9 queixas polo mal estado no que se encontran os nosos ríos, multitude de árbores caídas, e nalgúns casos (Reiverde) o lixo, dificultan o paso da auga e a entrada de luz. Polo que solicitamos que se formule a petición de limpeza á autoridade competente. É certo que na beira dos ríos hai lixo e árbores e nós (o Concello) tiñamos autorización para limpar cando foi o Obradoiro de Emprego. Falamos con Augas de Galicia para ampliar esa autorización. 6) Gustaríanos saber se se ten planificada algunha actividade conciliadora para os nenos cara ao remate do curso escolar (campamentos urbanos). Creo que teñen xa a programación todos e todas das actividades que se están a desenvolver durante o verán para os nenos e nenas. 7) O Concello de Negreira limpou o denominado camiño da Cereixeira ata o límite do Concello da Baña, polo que solicitamos que se retome a súa limpeza na parte que é do noso concello. A Brigada do Concello no primeiro mes de xuño e de xullo dedicouse a limpar os núcleos e os espazos públicos agás os da rozadoira. Desde primeiros de xullo tamén a Brigada de Incendios realiza esa misión. É necesario que acheguen un plano do camiño da Cereixa. 8) En Fampousa , temos constancia dunha problemática cun arboredo próximo ás vivendas. No último ano fixéronse varias reclamacións no Concello. Gustaríanos saber que ten pensado facer o Concello xa que agora temos unha ordenanza que regula estas situacións. A Fampousa foi o técnico igual que a outros moitos sitios para ver a situación de arboredo. Fixo o correspondente informe técnico e mandóuselle ás partes implicadas para que limpen. Non hai moito, desde o Concello mandouse unha circular para recordar e concienciar a veciñanza sobre esta norma co fin de que se cumpra. O Sr. Pereira advirte que o informe é do 21 de marzo e pregunta cando se pensa actuar. Responde o alcalde que xa se ten avisado en dúas ocasións e se non acata a orde do concello, procederase á execución subsidiaria. O Sr. Pereira recorda que xa transcorreron cinco meses e estamos en época de risco. O alcalde manifesta que debe seguirse a tramitación O Sr. Pereira insiste en que se lle diga con precisión cando se actuará
  • 10. 10 Manifesta o alcalde que inmediatamente ordenará aos servizos técnicos as comprobacións necesarias e actuarase en consecuencia. En canto aos decretos aprobados, gustaríanos que se nos aclarara os pagos feitos por "asistencia a sesións primeiro trimestre" e que se nos explique que sesións foron, data na que se realizaron etc. En Tesourería está a relación por asistencia a sesións no primeiro trimestre, todo detallado; o mesmo sobre a liquidación de asistencias para selección de persoal. Tamén queremos que se nos aclare a " liquidación de asistencias a selección de persoal" e a "liquidación asistencias grupo mixto de selección de persoal e alumnos Obradoiro Xallas- Dubra- Barcala III. Se se realizou en horario de traballo, cantas horas se dedicaron, onde se realizaron etc, xa que hai pagamentos individuais por valores de mais de 1277€, cantidade superior ao salario mensual de moitos funcionarios. A liquidación destas asistencias realizáronse segundo o convenio asinado entre concellos e Xunta e leva consigo un traballo dun mes ou mes e medio polo persoal do tribunal: dous por parte dos concellos, dous pola Xunta. Estes gastos son sufragados a partes iguais polos concellos beneficiarios do Obradoiro 9) Este mes cómprese a metade da lexislatura, e queremos recordarlle algunhas das nosas solicitudes expostas en distintos plenos que a data de hoxe seguen sen facerse. -A colocación de quitamedos na ponte do Muiño da Picona ( Corneira ), no camiño que vai dende o campo de fútbol a Folgueira. -O arranxo da fochanca no Vilariño (casa Manolo da Chona). -A colocación dun pasamáns na subida da igrexa de Corneira, así como unha mellora para acceder a esta co fin de evitar as perigosas escaleiras (Antiga entrada principal). -Medidas urxentes, concretas, un plan de choque que poña freo á perda de poboación que sofre o Concello. - Queremos saber se xa se tomou unha decisión sobre o problema das cunetas en Marcelle no lugar do Outeiro. - Solicitamos que na entrada ás escolas vellas se instalen unhas portas de peche automático. - Que se amplíe o horario da biblioteca. -Que se arranxen os taboleiros de anuncios que hai nas parroquias. -Que se quiten as rodas que hai tiradas na cuneta, á altura do nº10 no Espiño e que se instale un quitamedos. - A retirada da maleza da área recreativa de Lañas - A colocación da reixa no chan á entrada do local social de Fiopáns. - A instalación dun quitamedos na baixada de Buchaín - Solucionar o problema na curva das Bousiñas (Ferreiros).
  • 11. 11 -O arranxo da entrada da pista Trascortellas na Carballeira, que ten un tubo en moi mal estado o que dificulta a entrada dos tractores nesta. - A colocación dun espello para o cruce no lugar de Ferreiros. -O desatasque do bueiro á altura do número 10 de Cotobade. - A instalación dun espello para facilitar a incorporación dos vehículos á estrada xeral na saída de Corneira (casa de Roberto). - Un plan de mantemento das cunetas e bueiros das estradas e pistas do concello. - Que se corrixa a forma de limpar as cunetas, xa que cada vez se está arrimando mais o asfalto e quedan as estradas mais estreitas. - Arranxo do camiño da Bouza en Ferreiros ( tubos e saburra). -O cambio das marquesiñas en mal estado. - En canto á obra que vai de Vilar da Torre a Vilar de Suso, solicitamos que se cemente canto antes a subida cara ao monte -No Barro solicitamos o arranxo do camiño do Cotón Grande. -Solicitamos que se tomen as medidas necesarias coa casa en ruínas en Guende. - Que se subministre auga ao local social de S. Cibrán. -Que se rematen as obras pendentes do POS e do PAS e se repoñan os sinais viarios en mal estado. Moitas actuacións a que te refires neste punto están a punto de realizarse, outras están en marcha e outras rematadas. Por citar algunha: o POS e PAS están terminadas todas as obras excepto unha polos motivos que sabedes e houbo que volver a licitar (PAI); os sinais en mal estado están sendo reparados; o camiño do Cotón Grande está planificado dentro do Plan marco e así outros temas. Teño que dicir que a resolución definitiva da Deputación para obras e servizos municipais aprobouse definitivamente o 07.07.2017. O Sr. Alcalde procede a dar respostas as preguntas formuladas no último Pleno ordinario que corresponde ao ordinario con data do 31 de maio de 2017 formuladas polo CxG: 1) Nas respostas á pregunta número 19 contéstasenos que o Concello non contratou ningún persoal para levar as redes sociais e a prensa. Podedes aclarar isto? Non houbo ningún contrato novo específico para estes temas. O persoal do Concello tamén fai ese traballo. 2) Ante a chegada do bo tempo e a poucos días de que comece o verán solicitamos que se realicen a limpeza e posta a punto das instalacións da piscina municipal con suficiente antelación para que non demore a súa apertura e se o bo tempo o permite, valorar abrir as instalacións antes do 1 de xullo de igual forma que fan os concellos limítrofes. Consecuentemente con isto, queremos solicitar que se amplíe o espazo de sombra nas
  • 12. 12 instalacións (instalando un toldo, parasol ou similar), xa que é unha demanda habitual dos usuarios da piscina. A piscina estivo perfectamente adecuada e limpa así como os respectivos controis sanitarios para o día 1 de xullo. En canto ao tema das instalacións, queremos darlle un xeito adecuado con melloras substanciais. 3) Queremos que se lle transmita á brigada municipal os parabéns polo bo traballo e a boa disposición na limpeza da ruta do Camiño de Santiago cara a Muxía e solicitamos que nesta ruta se fagan habitualmente limpezas dos camiños para telos en condicións idóneas para o paso. Así mesmo, aínda que esta ruta do Camiño cara a Muxía aínda non está recoñecida, queremos que o Concello valore realizar actividades de promoción desta, elaboración de trípticos ou carteis informativos, tamén a través do técnico de información, publicidade e información turística (A Baña, Negreira e Val do Dubra) e que dende o Concello se anime a todos os colectivos do concello á posta en valor desta ruta. Xa lle transmitín á Brigada Municipal os parabéns polo traballo que fixeron na ruta do Camiño de Santiago cara a Muxía. O Concello está a traballar na elaboración de carteis informativos ou trípticos así como en poñer en valor esta ruta. Así foi o pasado 22 de xullo cando, desde a Axencia de Desenvolvemento Local, se fixo unha camiñada de 5 Km aproximadamente e participaron cerca de 75 persoas. 4) No pleno de marzo de 2016 fixemos unha pregunta referente á numeración das vivendas do noso concello e contestóusenos, tal como figura na acta dese pleno, que se empezara un traballo de numeración das vivendas en S. Vicenzo e S. Mamede e que se mandara comezar este mesmo traballo no resto das parroquias. Máis dun ano despois queremos saber se se fixo algo ao respecto ou seguimos igual, coas casas sen numeración e con dificultade para situalas. A empresa que fixo o traballo de San Vicenzo e San Mamede tamén estiveron facendo o traballo de campo das outras parroquias. Pero nunha reunión que mantivemos, solicitamos que nos propuxeran ou presentaran os traballos das parroquias que sexan máis fáciles para adiantar o traballo. 5) Queremos solicitar que se valore situar un paso de peóns ou similar fronte a área recreativa de Chans xa que é un tramo perigoso para cruzar cara a senda peonil que se sitúa no outro extremo e que vai cara ás instalacións da piscina municipal, sobre todo cando se cruza en grupo, por exemplo os nenos e nenas que participan no campamento de verán. Os técnicos da Xunta estiveron varias veces así como a Brigada de Tráfico para resolver varias cuestións na AC-546 AC-444: O Seilán, Barreiros, Espesedo, Agra de Chans, Outeiro-Marcelle, etc. pois consideramos que algunhas delas teñen moita prioridade.
  • 13. 13 6) A marquesiña da parada do bus do Seilán está rota pedimos que se arranxe. O Servizo de Conservación de Estradas tomou medidas para o metacrilato pois é competencia do Estado. 7) Solicitamos que se busque unha solución canto antes aos problemas de subministración de auga na parroquia de S. Cibrán, ademais dos problemas puntuais dalgunha casa (que xa falamos tanto coa Alcaldía como cos Servizos Sociais), sabemos que novas construcións tamén teñen problemas coa subministración de auga. É necesario buscar unha solución conxunta para todas as vivendas da parroquia. Desde o equipo de Goberno, ofreceuse toda a dispoñibilidade para resolver este problema e tamén o da casa a través de Servizos Sociais. Dixeron que falaban entre os veciños pero aínda non dixeron algo ao respecto. Os depósitos así como as arquetas están no terreo do campo de San Cibrán e hai que falar cos propietarios. 8) Nun lateral do Campo de Fútbol de Cartas hai unha varanda que está caída solicitamos que se recoloque. Comunicámoslle esta actuación á Brigada de Obras do Concello. 9) Solicitamos que se limpe a estrada onde está o local social de Fiopáns xa que os laterais están cubertos de terra e coas choivas pode dar lugar a que ocorra un accidente de tráfico. Do mesmo xeito solicitamos a limpeza despois de Señor na estrada que vai para S. Cibrán (Achegamos fotos). Fíxose a limpeza integral de todo o terreo onde está o local social de Fiopáns, xa foi o pasado mes de xuño. 10) Temos constancia de que moitos veciños e veciñas de varias parroquias teñen dificultade para recibir correctamente o sinal de televisión; solicitamos que se busque unha solución conxunta para este problema. Comuniqueille este problema á Xunta para que actuase e comentáronme a través dun correo electrónico que a entidade LLega800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT e son gratuítas para os veciños afectados. 11) Volvemos solicitar, igual que fixemos no Pleno de xuño de 2016, que se elabore un "plan organizado de limpeza e rozas en todas as parroquias" cunha temporalización organizada e non a criterio dos operarios ou segundo vaian protestando os veciños e veciñas. A Brigada do Concello conxuntamente cos traballadores das rozadoiras mecánicas e a Brigada (a través do PEL da Deputación) que comezou o día 1 de xullo fixeron unha
  • 14. 14 limpeza exhaustiva e completa de todas as parroquias e fixeron fincapé naquelas que tiñas as festas parroquiais. 12) Queremos saber como está o tema da casa en estado ruinoso de Guende da que xa se falou noutro Pleno ordinario. O alcalde confirmou que se lle ía buscar unha solución e a día de hoxe os propietarios da casa anexa coméntannos que segue todo igual. Pedimos que se lle busque unha solución a este problema con urxencia. Os traballadores da Oficina Técnica foron in situ comprobar para emitir o correspondente informe e así poder esixir o cumprimento da legalidade. 13) A fonte da área recreativa de Chans despois das melloras realizadas segue sen ter bo desaugadoiro polo que a auga estáncase formando un charco. Solicitamos que se arranxe. Relacionado con esta área recreativa o cartel que puxeron ten un erro, xa que di "CHIANS", gustaríanos saber se se vai corrixir ou xa queda así de forma permanente. Como se pode comprobar, tanto o desaugadoiro como o cartel Agra de Chans está correctamente. Seguidamente exprésanse as preguntas formuladas polos distintos grupos políticos para o seguinte Pleno ordinario. PREGUNTAS FORMULADAS POLO GRUPO SOCIALISTA 1.Temos constancia de varias denuncias de augas de Galicia na parroquia de Troitosende por vertidos de augas residuais . Isto vai supoñer a sanción a varios veciños coa correspondente multa e a realización de custosas obras para solucionar o problema. Esta situación repítese en todas as parroquias do noso concello, xa que carecen todas elas dunha rede de saneamento, o que, segundo a Lei reguladora das bases do réxime local, é competencia e obrigación do concello. En 22 anos de goberno as actuacións neste senso foron escasas polo que solicitamos se tomen as medidas oportunas para solucionar este grave problema. Anticipa o alcalde que en asunto de vertidos, en cada casa teñen que ser conscientes de que non se pode verter á vía pública. En Troitosende non houbo nada diso, foi polo pozo. 2. Queremos solicitar a colocación de dúas alfombras na biblioteca. Unha na zona que utilizan para xogos e a outra na entrada onde realizan conta-contos, co fin de que os nenos non estean sentados no chan. 3. Levamos mais dun ano pedindo Pleno tras Pleno que se nos informe sobre a solución que se lle vai dar á problemática que aconteceu tras a obra do Outeiro. Queremos unha resposta concreta .
  • 15. 15 Anticipa o alcalde que quedaron a un compromiso co técnico, fíxoselles o que pedían e están empeñadas en que se rebaixe toda a estrada. O Sr. Pereira de que a estrada está apoiada no valo. O alcalde expón os antecedentes da cuestión e insiste na solución pactada. 4. A maior parte dos veciños recibiron nas súas casas unha notificación do Concello coa que se recordan as medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais. Ata aí todo correcto. No caso de incumprimento da xestión da biomasa vexetal, correspóndelle ao Concello a realización e execución forzosa da limpeza, de acordo co establecido no artigo 22 da presente lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador. Agora ben, queremos saber que ten pensado facer o Concello xa que varios veciños notificaron a situación de risco das súas vivendas pola falta de limpeza dos terreos lindeiros e ata o día de hoxe no se fixo nada. Anticipa o alcalde que desde o Concello comunícanselle á veciñanza as circulares correspondentes para concienciar e pouco a pouco vaise avanzando neste sentido. O Sr. Pereira comenta que cando é obrigación do Distrito actúase en consecuencia e cando é obrigación do concello non se actúa. Desexa que se actúe antes de que acabe o verán, 5. Hai ano e medio solicitamos a reparación do tellado do muíño de Fiopans. Vostede comprometeuse a reparalo e incluso a encintalo sempre e cando accederan todos os propietarios á realización das obras. Hai un ano presentáronse as firmas de todos os propietarios pero ata o día de hoxe todo segue igual. Cando se van facer as obras de restauración? 6. No pleno do día 2 de febreiro solicitámoslle un plan ao Concello para facer fronte a continua perda de poboación; dous meses despois o que se nos contesta é nada, é o mesmo. Que hai que facer un estudo, que ten que haber unha coordinación entre o Concello, a Xunta e a Deputación. Señor alcalde dende fai 20 anos estamos a perder poboación, nos últimos 10 somos 1000 veciños menos e vostedes seguen sen facer nada. Vostede siga esperando, e cando pechen o colexio, o centro médico e desaparezan os poucos servizos privados como Abanca, o Pastor, despois si que non vai haber plan que valla Pedímoslle que tomen medidas urxentes e que o fagan xa.
  • 16. 16 7.-A Baña é un dos concellos menos industrializados da provincia, circunstancia que incide de forma directa na alta taxa de paro que padecemos. Este feito non é unha casualidade xa que somos uns dos poucos concellos que carecen de solo industrial, dun polígono onde poidan establecerse as empresas, o que obriga, en moitos casos, a veciños do noso Concello a levar as súas PIMES aos concellos limítrofes, como son Santa Comba ou Negreira. Nestes 2 anos de lexislatura da Corporación, non escoitamos unha soa palabra de como está a situación dese polígono fantasma que temos na Baña, xa que o letreiro está, pero nin hai autorización, nin hai polígono. É por isto que lle pedimos que se nos informe de como está nestes momentos a tramitación para que os terreos pasen a ser solo industrial . 8. Queremos felicitar o Concello por organizar a camiñada para dar a coñecer o tramo da antiga ruta do Camiño de Santiago cara a Muxía o paso polo noso Concello. Certo é que o día escollido non se prestaba para todo o mundo, ao ser un venres, día laborable, polo que no afán de seguir con ese labor de promoción e tras varias peticións dos veciños, deixando pasar o mes de agosto por mor das vacacións de moitos deles, comentar que imos organizar unha camiñada o día 3 de setembro. Un domingo para eses veciños que o pasado dia non puideron asistir por motivos laborais. 9. Varios veciños preguntáronos se se podía facer uso das barbacoas nas áreas recreativas durante estes meses de verán. Polo que sabemos non se pode agás que o concello teña solicitado o uso destas e que estean debidamente sinalizada a autorización por parte do concello. Gustaríanos que se nos aclarase esta situación. Anticipa o alcalde que en Agra de Chans e Fiopáns non hai problema. Precisamente hai uns días estivo o SEPRONA e non houbo problema algún. O Sr. Pereira considera que está estritamente prohibido. 10.- Un clásico do rogos e preguntas. Seguimos sen recibir as actas das Comisións de Goberno, o que impide facer o noso labor de control sobre os acordos que nelas se toman. Esiximos que se nos faciliten as ditas actas, tal e como establece a lexislación de réxime local. Este tema creo que está resolto por parte de Secretaría.
  • 17. 17 PREGUNTAS FORMULADAS POR CxG 1. Primeiro queremos facer unha alusión á Reitoral de S. Mamede: non entendemos a finalidade da publicación no Facebook oficial do Concello nin a nota de prensa enviada aos medios, xa que había un compromiso por parte da alcaldía de adoptar unha decisión co consenso da Corporación. Que finalidade ten enviar esa información, tres días antes da celebración do pleno ordinario? Gustaríanos que o alcalde, xa que a palabra dimisión non figura no dicionario de determinados partidos, que asuma as súas responsabilidades e que o proxecto da Reitoral de S. Mamede foi un auténtico desastre na xestión. Anticipa o alcalde que o publicado na prensa non é mais que o que está na Acta. O resto dos comentarios son apreciacións da prensa. O Sr. Ramos pensa que o alcalde é responsable do comunicado. Está claro que o seu grupo ten maioría e resulta evidente que a decisión xa está tomada, polo que suxire que se asuman responsabilidades e se asuma que o proxecto foi un fracaso. 2. Xa que o alcalde di non ter responsabilidade nas publicacións do Facebook oficial do Concello da Baña queremos saber qué persoa é a encargada de xestionar esa rede social. 3. Volvemos solicitar que as preguntas do anterior pleno, a ser posible se nos entreguen con maior antelación para poder preparar o pleno con máis tempo. Comenta o alcalde que enviar as preguntas e contestacións do anterior Pleno con antelación é unha cortesía do alcalde. 4. Con respecto ás preguntas do anterior pleno ordinario queremos que nos aclaredes a pregunta nº 4 sobre a numeración das vivendas na que respondedes: A empresa que fixo o traballo de San Vicenzo e San Mamede tamén estiveron facendo o traballo de campo das outras parroquias. Pero nunha reunión que mantivemos, solicitamos que nos propuxeran ou presentaran os traballos das parroquias que sexan máis fáciles para adiantar o traballo. Que se vai facer e cando? 5. Queremos saber qué problema hai co alumeado público de S. Vicente que moitas non funciona e a vila queda completamente a escuras. O 1 de xullo que se celebrou a XVI edición da Festa Rachada non había ningún punto en toda a vila. Solicitamos a petición dos veciños e veciñas que se solucione este problema canto antes. 6. Con respecto á sentenza do xulgado do Social nº 3 que obriga ao Concello a pagar a antigüidade aos traballadores municipais queremos saber cando se lles vai pagar, cal é a cantidade que lles debe e de qué forma se van xustificar esas cantidade. Solicitamos que se nos informe sobre como está este tema e que se actúe con celeridade.
  • 18. 18 7. O cruce no Quinteiro na parroquia de Suevos volve a ter mala visibilidade, xa o ano pasado se nos comentou que se ía solucionar o problema e a día de hoxe volve estar así. Solicitamos que se solucione este problema canto antes para evitar posibles accidentes. 8. Queremos saber como está o tema da homenaxe a Pousa Antelo, tanto de nomealo "fillo predilecto"como o cambio de denominación ao CPI de S.Vicente, unha vez que a comunidade educativa votou por unanimidade o cambio de denominación do mesmo. Pedimos novamente que o grupo de goberno actúe con celeridade e non poña impedimentos para que se cumpra o acordado no consello escolar. 9. Hai mocións que presentamos ao longo da lexislatura e foron aprobadas en sesión plenaria que aínda non foron cumpridos os seus acordos. Lembramos que os puntos das mocións aprobadas en pleno deben ser cumpridos, así pois, é de obrigado cumprimento a instalación de colectores de aceite en cada parroquia e facer unha campaña informativa sobre a reciclaxe (aprobado en xullo do 2016), medición dos niveis de gas radón nos espazos públicos do Concello e unha campaña informativa sobre este gas, así como adquirir desfibriladores (DESA) e que se celebren os pertinentes cursos de formación prometidos polo grupo de goberno (puntos aprobados no pleno de xaneiro deste mesmo ano). Se o grupo de goberno non ten vontade de poñer en práctica as iniciativas propostas polo noso grupo político é mellor que se voten e contra, unha vez que están aprobadas son de obrigado cumprimento. 10. Solicitamos que o Concello faga as xestións oportunas para que pinten a estrada que vai de Lañas a Cabanas xa que en varios tramos as liñas son totalmente imperceptibles. 11. O colector de papel que esta situado ao lado da lavandería municipal está en moi mal estado, solicitamos que se arranxe ou se cambie (adxuntamos fotos). 12. As árbores que están na rúa Xacinto Rodríguez dificultan o paso polas beirarrúas, pedimos que se corten as polas debidamente para facilitar que a xente circule polas mesmas. Así mesmo, no peno de novembro do ano pasado solicitamos que se limparan as beirarrúas xa que están cheas de herbas que dan mala estética ás mesmas, volvemos pedir que se limpen axeitadamente. 13. A biblioteca municipal perdeu varias subvencións por non ter os libros rexistrados no proxecto MEIGA, xa hai máis dun ano que solicitamos que a Concellaría de Cultura se ocupara disto. Queremos saber se os libros xa están rexistrados en MEIGA e de non ser así volvemos pedir que se faga con urxencia para non perder de novo unha importante subvención para a mellora da nosa biblioteca. 14. A Xunta de Galicia anunciou que este ano o Concello da Baña non contará con ningún obradoiro de emprego de carácter xeral nin de garantía xuvenil. Cal é o motivo?
  • 19. 19 15. En setembro de 2016 a alcaldía respondendo a una pregunta formulada por CxG no pleno comentounos que ían tentar actualizar a páxina web do Concello "canto antes", o certo é que a día de hoxe continúa desactualizada, con seccións en construcción, o listado de asociacións sen actualizar (continúa nalgunha a figurar como responsable persoas que faleceron hai case 10 anos), as fotos da corporación que primeiro nos solicitaron e despois que nos fixeron seguen sen publicarse, etc... lembramos que a actualización da web é importante para ter á veciñanza informada e queremos saber se se vai actualizar algún día ou xa queda así definitivamente. 16. Gustaríanos saber se o Concello fixo algo ou ten pensado realizar algún proxecto para mellorar a conexión a internet nas diferentes parroquias do Concello, xa que o servizo é moi deficiente en comparación con concellos limítrofes. 17. Segundo comentan no Centro Médico da Baña non hai servizo de pediatría por vacacións ata o 17 deste mes. En varias sesións plenarias anteriormente xa se falou deste tema e pedimos que o Concello solicite á Consellería de Sanidade que se envíe un pediatra substituto para que non se interrompa este servizo no verán. Anticipa o alcalde que xa explicou que eses 15 días asumen o servizo os médicos e noutro caso derívanse a Negreira. 18 Sobre se as Xuntas de Goberno Local deben ser públicas, legalmente non. Non obstante, sobre o escrito presentado, soliciteille ao secretario un informe detallado ao respecto a maior abastanza. E non habendo máis asuntos que tratar o Presidente levanta a sesión á hora e na data que se expresa no encabezamento, do que eu, como Secretario, dou fe.