3. • Durante os últimos anos foise incorporando unha necesaria e
adecuada tolerancia fronte ás restricións excesivas e asfixiantes nas
que se educaba antes, pero unha excesiva indulxencia pode provocar
que os nenos non aprenda a enfrontarse coa realidade, coas
inevitables frustracións da vida.
• Ideas equivocadas e mala comprensión do desenvolvemento
psicolóxico dos nenos paralízannos á hora de exercer a función de
pais.
4. “A forza de” non negarlles nada,
non chegan a desenvolver “a forza
para” conseguir as cousas por si
mesmos.
Os pais, actualmente, sentímonos
confusos e desorientados ao ter
que decidir entre seguir a propia
intuición, os modelos nos que
fomos educados e os exemplos
nos medios de comunicación. O
resultado é un comportamento
contraditorio.
5. “Eu dou, ti das”
É difícil esixir aos fillos que cumpran a parte do
trato implícito que supón a convivencia ”eu dou, ti
das”. Hai moitos motivos, vexamos algúns:
Nos asusta defraudalos.
Non sabemos ou non queremos dicir “non”.
Non queremos frustralos,…”xa sufriran cando sexan
maiores”.
Non queremos que sufran o que nos sufrimos.
Compensamos a falta de tempo e dedicación con
unha actitude indulxente (e culpable).
Temos medo ao conflito e as súas malas caras.
Parécenos que actuamos con egoísmo se impomos
normas que nos faciliten a vida.
6. Un ambiente familiar
suficientemente bo é aquel que
reacciona con agarimo á vez que
permite que o neno experimente, de
modo gradual e acorde coa súa
maduración, unha cantidade crecente
de frustración.
É necesario protexer ao neno pero
tamén deixar que se expoña
gradualmente a experiencias nas que
non logre todo o que desexa. A
capacidade para enfrontarse á
realidade depende desto.
7. A educación perfecta non existe, sobre todo si a
consideramos como un conxunto de normas
empregadas coma unha receta; non hai un neno igual
a outro nin siquiera na mesma familia, así que máis
que fórmulas estándar, podemos dispoñer de guías
para orientarnos en situacións diversas.
8. Algunhas ideas que poden servir de guía:
É importante ser espontáneos, a
intuición é necesaria porque
son os propios pais quen mellor
coñéce aos seus fillos e o modo
de axudarlles.
A nosa empatía, capacidade
para poñernos no seu lugar,
permitenenos entender os
motivos que eles teñen para
actuar e reaccionar ante unha
determinada situación.
9. A coherencia é tamén moi importante xa que un ten
que crer naquelo que quere ensinar. A contradición
entre o que se di e o que se fai invalida a norma que
ou ben non se cumpre ou leva á mentira. É
importante que os pais actúen con seguridade e sen
contradicións.
10. Non se trata de adestralo, convertelo en algo que
desexamos, teremos máis éxito se lle axudamos a
descubrir as súas capacidade, personalidade…e el
tamén.
11. Os castigos, en xeral, teñen poucos resultados, sobre
todo as humillacións. Os castigos en forma de malos
tratos físicos ou verbais, converten ao neno nunha
persoa agresiva ou, no outro extremo, en alguén
temeroso con serias dificultades para convivir.
12. Conclusións
Os pais debemos poñer as normas que
consideramos xustas, esixir que as
cumpran, actuar con seguridade e
firmeza, dese o coñecemento dos
nosos fillos e o cariño que lles temos,
sabendo que nos somos o modelo a
imitar e que a nosa valoración e
respecto, son unha meta e guía para
eles.
Deixémonos de medos e complexos:
nun ambiente favorable de afecto e
comunicación, exerzamos de pais e
esixamos que os nosos fillos cumpran
tamén a súa parte.
13. Como facer pactos.
Un dos mellores xeitos de conseguir unha relación
saudable entre fillos e pais é chegar a pactos. O pacto hai
que entendelo como un acordo entre as dúas partes.
En definitiva, preténdese que o neno aprenda a
responsabilizarse dunha obrigación e asumir unha
tarefa por algo que acorda previamente co seu pai ou
nai.
14. Deben aprender dende moi pequenos que existe unha
finalidade en todo o que facemos. Hai veces que lles
deixamos plena liberdade para que fagan o que
queiran sen ningún obxectivo definido e outras deben
ser conscientes de que fan algunhas actividades
porque chegaron a acordos previos e responsables cos
adultos.
15. Algúns consellos sinxelos.
Espere recibir do neno algo
que vostede necesite
realmente, ou que lle sería de
grande axuda, e non aquilo que
ao seu fillo lle guste facer ou
cumprir de todos modos.
Evite facer pactos a posteriori:
“Onte leveite á casa da túa
amiga, agora deberías facer
algo por min”.Isto fai que o
neno síntase culpable, non é
un bo trato.
16. Obrigue ao neno a cumprir a súa parte do trato pronto e
rapidamente. Os acordos contractuais a largo prazo
esquécense ou se modifican.
Cando o neno fai algo polo pai sen intentar chegar a un
trato (as veces ocorre), hai que devolver o favor canto
antes.
Hai que recordar aos nenos os pactos aos que se
comprometeron sen castigalos por non cumprir a súa
parte. A consecuencia será a negativa do pai a facer outro
pacto en breve espazo de tempo.
17. As imaxes que aparecen nesta
presentación foron obtidas de Internet. Se
algunha persoa considera que os seus
dereitos foron vulnerados pido que o faga
saber para poder ser retirada a imaxe.
Esta presentación ten un uso
exclusivamente educativo.