A ESTRADA Estefanía Echevarrieta Laíño 3º ESO A
INFORMACIÓN O seu nome é A Estrada pertence a provincia de Pontevedra, a comarca de Tabeirós. Situase na conca do río Ulla, o municio conserva restos de castros celtas, a mamoa de Manuela, a igrexa románica de San Miguele os xardins e pazo de Oca.
HIMNO DE A ESTRADA A Estrada ten un   himno propio, escrito por Salvador García-Bodaño, con música de  Eulogio López Masid, e que reproducimos aquí:   Terra noble, fidalga e ben labrada, dende Montes a ollar fecundos ríos. Mociña florecida en amoríos que de cincuenta estrelas és gardada . De pazos e de pontes adornada, de castros e de rexos penedíos, de soutos e camposas, aduvíos da palabra que é lei dita na Estrada . Sosegan na paz túa os bos viaxeiros e medran os teus fillos na irmandade e na fidel memoria ós devanceiros. Con ramos de benvida e de lealtade sairemos todos xuntos ós carreiros cun cantar de esperanza e libertade: O himno novo das terras da bonanza a resoar polos vales e os outeiros ata onde o corazón á Patria alcanza.
POBOACIÓN e CAPITAL . Segundo o  IGE  no ano 2007 residían alí 21.904 persoas. No ano 2004 residían 307 estranxeiros no concello. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é  Estradense . Evolución da poboación de: A Estrada - desde 1900 ata 2004 -    1900    1930    1950    1981    2004   23.916  26.623  28.169  25.719   22.217 Provincia de Pontevedra, situación do concello da estrada  A súa capital municipal encontrase na Estrada
PARROQUIAS Concello da  estrada, situación das  parroquias da Estrada Agar, Aguións, Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei,  Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Riobó, Ribeira, Ribela, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Vea, Vinseiro
A  Estrada un concello rural sumamente extenso con 51 paroquias ou feligresas, e ben sabido que  a parroquia en Galicia reune caracteristicas moi especiais, non soamente un coxunto de feligreses  (fillos da Igrexa) se non ademais esta formada por persoas unidas con moi fortes lazos de  vecindade, usos, costumbres e tradicions que lle confiren unha recidumbre e puxanza particulares. .     E preciso resaltar sobor do feito de que 473 nucleos de poboacion componen esas 51 parroquias  e tenen en conta que incluso cada un de eses numerosos nucleos se sinten cinculados entre su de forma singular para pasar a pertencer en segundo lugar a ser vecinos dunha parroquia e despois a un concello. Tampn e certo que esas valoracions profundas cargadas de localismo esaxerado se  diluen con rapidez en favor dunha amplia convivencia social cun mellor entendemento a nivel municipal.  Deixaremos constancia moi sintetizada e por orden alfabetico de cada unha delas.
Economía Viven da: Agricultura, ganadería Industria madereira comercio
Comer e beber nas terras do Val do Ulla é todo un pracer. Aquí ofrecemos algunhas receitas de pratos galegos tal e como se preparan na zona, aínda que a forma de facelos varía dunha casa a outra. Os mellores lugares para degustalos son os campos da festa, se fai bo tempo e coincide conalgunha celebración festiva, e se non os  restaurantes da zona. Tortilla de pan Ingredientes: pan, azucre, aceite, leite ou viño da Ulla, sal e ovos. Preparación: Esfrangúllase o pan e  bótaselle azucre e a continuación leite ou viño tinto. Déixase enchoupar o pan e logo bótase a fritir en  aceite e dáselle volta. Cando está dourado, bótaselle o ovo e dáselle a volta coma a unha tortilla normal. Torta de Lestedo Trátase dunha torta de queixo de receita orixinal e que polo tanto non podemos ofrecer aquí,aínda que si  recomendar a súa degustación. Son elaboradas en Lestedo (Boqueixón), e pódense encontrar facilmente tamén en Santiago. Rosquillas Ingredientes: Tres cuartos de quilo de fariña, 250 gramos de manteiga, as reladuras dun limón, un pouco de sal,unha cullerada de azucre, 50 gramos de levadura, unha taza de leite, tres ovos, aceite de oliva. Preparación:xúntanse todos os ingredientes salvo o aceite de oliva, coidando de non botar a manteiga no  leite, que debe estarmorno, senón na masa. Amásase todo ata que faga unha pasta consistente, da que se fan as rosquillas. Logo estas métense no forno nunha bandexa aceitada e póñense a cocer ata que douren.
Caldo galego Ingredientes: Unha manchea de nabizas, patacas, un óso de xamón, outro de tenreira, unto, auga e sal.  Pódense botar tamén fabas e chourizo se se quere. Preparación: Poñemos unha pota ó lume coa auga, os ósos e o unto. Se botamos fabas, estas deben poñerse a remollo a véspera, e deberemos cocelas despois ata que estean no seu punto. Logo, engadimos as patacas e nabizas en anacos. Seguirá cocendo unha  media hora. Sálgase ó gusto. Hai quen cre que o caldo ten as súas orixes no cocido galego, serían os  restos dun cocido aproveitados e ós que se lle podían engadir outros ingredientes  Queimada Ingredientes: Augardente da Ulla, azucre (entre 100 e 200 gramos por litro, alternativamente mel). Hai quen usa tamén tona de limóns ou laranxas, grans de café e mesmo viño tinto da Ulla para  rebaixala. Preparación: Nunha cazola de barro colocamos a augardente e parte do azucre. Acendemos o lume e imos botando o azucre que temos apartado e faremos caramelo co lume da queimada. Este caramelo ímolo incorporando á queimada sen que se poña moi escuro. Déixase  cocer ata que a lapa vaia perdendo forza. Das castes de augardentes que se producen no Val do Ulla, afirma Álvaro Cunqueiro en "A Cociña Galega" que son "finas e suaves". Polbo á feira Ingredientes: Un polbo de tamaño mediano, un litro de aceite de oliva, pemento doce e picante e sal gordo. Preparación: Se o polbo é fresco, antes de nada convén mazalo para que estea máis brando. Ponse unha pota con auga, o tradicional é que sexa de cobre, ó lume, e  cando rompa a ferver botamos o polbo limpo. Se está ben mazado déixase cocer uns tres  cuartos de hora, senón un chisco máis, e despois apágase o lume. Deixar repousar na auga  un anaquiño. Para a degustación, córtase en anacos, bótaselle aceite, pemento doce e  picante e sal gordo por enriba. Nas festas sérvese en pratos de madeira. Orella de porco Ingredientes: orella de porco, sal, pemento picante, aceite. Preparación: Cocemos nunha pota con  abundante auga as orellas de porco; cando estas estean cocidas partímolas en anacos e colocamos nunha fonte. A seguir salferimos por enriba con sal, pemento picante e cunhas gotas de aceite.
No actual movemento temporal da poboación na búsqueda dunha sosegada holganza  corporal e anímica volve a ser A ESTRADA avanzadilla exemplar no Turismo Rural.  Nunha perfecta organización poden ofrecer 135 prazas que lles permiten atender  grupos coa máxima calidade.     Nos seus 15 diversos aloxamentos: antigas e ricas casas de labranza, históricas rectorais, casonas solariegas, situadas nunha impoluta natureza campesina han sido  adaptadas, con sencillez e bo gusto ó máis e sixente confort.     Se engadimos outros moitos atractivos: arte nas suas  igrexas románicas, nos seus pazos barrocos, caza, pesca, hípica, variado folclore, sendeirismo, deportes, (Turnauga), conseguindo a fórmula ideal para combatir o estrés.
QUE VISITAR? O PAZO DE OCA Na parroquia de Oca está situado o  Pazo de Oca .   Estilo barroco dominante na época da súa  construcción. Esta lectura arquitectónica atopase  tanto nos xardíns como nas fachadas e nos interiores do edificio. Foi construído por Andrés Gayoso no século XVIII sobre as ruínas dunha fortaleza  que fora do arcebispo Alonso I de Fonseca durante as guerras feudais e tamén casa forte de Suero de Oca. Posúe torre almeada e brasóns, e unha capela dedicada a  Santo Antonio de estilo barroco con torres xemelgas. Os seus xardíns, con fermosas fontes e estanques, foron cualificados como "o Versalles galego". A fortaleza anterior ó pazo pertenceu durante un tempo ó Arcebispado de Santiago, que lla cedeu ó rei  Felipe II para que a vendese. Comprouna a compostelá María de Neira por 195.775 marabedís en 1586. Anos despois, Gonzalo Neira legoulla á familia dos Gayoso que reedificaron a torre e construíron o corpo principal do Pazo.
* A do patrón San Xiao o  7 de xaneiro ; a Concepción en maio; o Santísimo en xuño; Santa Paderna, o domingo seguinte ao 19 de outubro; As Neves o domingo seguinte  ao 5 de agosto. * En Couso celébrase anualmente, normalmente o  14 de agosto , desde  1995 , a festa de música folk   As nosas músicas . Tamén se celebra a festa do  escalo  o primeiro domingo  de agosto. Na mesma organízase un concurso de  pesca  do mencionado peixe, así  como a posterior degustación do mesmo e doutros produtos típicos da zona.   *  A festa patronal celébrase o día  10 de xullo . Tamén se celebra o San Ramón o  primeiro sábado de setembro.
A RAPA DAS BESTAS En Sabucedo, na Estrada ten lugar o primeiro fin de semana de xulio  A RAPA DAS BESTAS  máis coñecida de Galicia, unha festa única pola sua espectacularidad, a conservación en Europa da mítica loita en estado puro, do home contra a besta en todo o seu entorno; e a aventura do monte, a garandeza do curro.  "Aloitador" intentando suxeitar a besta
ROMARÍAS,FERIAS E… Das celebracións das parroquias ullás, pódese sinalar a romaría da Nosa Señora dos  Milagres en Requián (anexo de San Xurxo de Vea), o 28 de agosto, e Santa Paterna ou  Paderna, na parroquia de Arnois, que ten lugar o 23 de outubro. Outras romarías de sona na Estrada, pero xa fóra do Val do Ulla, son as da Nosa Señora de Guadalupe, o 1 de  setembro en Codeseda e o 8 de setembro a Nosa Señora da Consolación en Tabeirós. Festas destacadas son as da Pascua na Estrada, as de San Paio tamén na Estrada, a finais de xuño, e as de San Martiño en novembro nas parroquias de Callobre e A Estrada, coincidindo coas cales se celebra unha popular feira. En canto ás de carácter  gastronómico, dicir que en maio secelebra a Festa do Salmón na Estrada. Nos últimos anos cobrou importancia a celebración dunha serie de certames como a  Feira do Moble e varias feiras de gando de distinta periodicidade. Finalmente, dicir que a manifestación festiva que sen dúbida lle ten dado máis sona á  Estrada é a Rapa das Bestas de San Lourenzo de Sabucedo, Festa de Interese Turístico Nacional, que ten lugar habitualmente no primeiro domingo de xullo. Nela, tras baixa-las bestas do monte, a separación das mesmas para a corta das crins faise entre varios  "aloitadores" sen axuda de cordas ou paos.
 
Primeiros Orixes      S e nos remontamos ao prinicipio do noso milenio e tomamos boa nota da   herencia de Estrabón, Plinio, Ptolomeo e outros, poderemos considerar que esta terra estaba habitada por familias máis ou menos numerosas e organizada en grupos xentilícios dos que se teñen referéncias de uns cincuenta núcleos relevantes de poboación. Algúns deles son sumamente coñecidos e estaban asentados, sobre todo próximos á costa e ós ríos principais: entre os ríos Ulla e Lérez habitaban os Cilenos que poideroninternarse por terras estradenses até os Plesamarcos e Caporos situadas ao norde do Ulla ainda que xa antes deles se falaba dos Saefes entre os primeiros poboadores.   Estas poboacións deron lugar a un "habitat" especial, o dos castros, especie de   fortificacións circulares u ovais cinxidas de parapetos concéntricos, terrapléns,a veces   con foxos con inxeniosos sistemas de protección nas entradas, todo terminado nunha   planada cha. Discutiuse se eran lugares permanentes de vivenda ou si eran únicamente   refuxio paras as noites, dado que estaban situadas no cumio dalgún outeiro e  o conxunto de edificacións reciben o nome de "citanas.     Destes castros temos na Estrada a moi considerable cifra de trinta. Máis tarde coa invasión dos romanos e despois de centos de anos de loitas ata o sometemento final e a pacificación, baixaron ou foron obrigados a  baixar dos seus castros, dos que se detallará máis información máis adiante.
Raíces históricas: Súas Visicitudes As terras que hoxe constitúen o concello de A Estrada noutros tempos estiveron   políticamente divididas en coutos e xurisdiccións, nas cais mandaban impoñendo  a sua lei o Señor, ou sendo en outros casos propiedade en grande parte da Mitra Compostelán coma terras achegadas á cidade do Apostol. Polos séculos XII a XV e posteriores, e particularmente no XIV. En tempos do Arzobispo Xelmirez estos cotos non estaban  perfectamente deslindados dependendo da maior ou menor forza dos Señores feudais  que os posuían, dominaban e asovasallaban ó  veciño imprantando a ley do máis forte.   Entonces contábamos cos seguíntes coutos ou xurisdiccións: Tabeirós: Era a maior xurisdicción, abarcando as parroquias de Agar, San Pedro Santomé de  Ancorados, Arca, Barbude, Berres, Callobre, Creixo, Cira, Dornelas, Gimarei, Lamas,  Limil, Moreira, Nigoi, Olives Orazo Paradela, Parada, Pardemarín, Piñeiro, REmesar,  Riobó, Ribeira, Rivela e Vinseiro. En total 29 parroquias nas que Cira, Dornelas e Piñeiro pertencen agora a Silleda.   Couto de Vea: Compostas por Aguións, Baloira, San Miguel e Santa Maríña de Barcala, Cora, Couso,  Frades, Matalobos, Santeles, Toedo e SanAndres, San Xulián, San Xorxe e Sta. Cristina.  A parroquia de Figueroa pertencía a esta parroquia, así como Teo que pertence agora a   Coruña..   Cuoto de Codeseda: Compostas soamente por esta parroquia e a de Liripio . Couto de Vega e Oca: Composta por Arnois, Oca i en ocasións San Miguel de Castro Couto do Viso: Estaba formado pola parroquia de Lagartóns e nalgunas  ocasión pola de Gimarei.
*O RELEVO* As formacións xeolóxicas que atopamos na Ulla non van se-las típicas dunha  rexión polar atravesada por glaciares, nin as dun deserto da zona intertropical.  Por iso se subimos ó Pico Sacro, o centro telúrico da rexión, non veremos ríos de xeo, nin dunas, nin un deserto de pedras, e moito menos unha paisaxe propia dunha terra atravesada por chemineas volcánicas. Porque en Galicia hai moito  tempo que desapareceron as primixenias estructuras eruptivas. O que observamos é unha serra que atravesa a zona dende o extremo noroccidental ata o sueste, e que non é senón un filón de seixo que pola súa singularidade será o noso principal centro de atención; este dique está fracturado por unha falla ransversal no lugar de San Xoán da Cova, circunstancia da que se aproveita o río Ulla, que o atravesa por aí, creando unha paisaxe de gran beleza e  espectacularidade. Pola súa resistencia ós axentes atmosféricos, este filón dá lugar á formación orográfica máis importante da rexión, a coñecida como Serra do Pico, que separa os concellos de Vedra e Boqueixón e está constituída polos altos de Penas Pardas, Couto da Granxa, Penedo Branco, Cruz do Couto, Pena do Corvo, Serra de Caldelas, O Castro  (de San Miguel) e A Coteira. O cume do Pico está a unha altitude de 533 metros, sobre o nivel medio do mar  Mediterráneo en Alacante; o resto de cumes da serra teñen altitudes menores. O Cronista Oficial de Galicia, Antón Fraguas, describe o Pico do seguinte xeito nun artigo publicado en O Correo Galego (1 de febreiro de 1998): "Un fermoso núcleo montañoso cun sombreiro de graníticos penedos que resisten chuvias e ventos, neves, granizos de pedruscos sarabelazos e as xiadas das longas noites de invernía cos máis  claros luares e as estrelas latexantes; un vello testemuño xeolóxico e un dos máis fermosos miradores de Galicia, onde, na noite serena e con vento favorable pode oírse a campá do reloxo da Catedral de Santiago. O couto de  550 metros de alto é como un faro que anuncia a illa que está a unha milla do peirao. O Pico Sacro é a  confirmación do camiño andado cando o peregrino vén polo Camiño Francés".
O tesouro de Nigoi Noutros tempos un veciño encontrouse cun descoñecido que viña lendo nun libro  e dicía: Ó baixar do Casteliño / na congostra do Gardal / hai unha pedra de forma  de ferradura / que non se pode arrincar. O veciño decatouse de que se trataba da paraxe onde estaban, pregoulle ó descoñecido que seguise lendo... mais este decatándose do veciño foise... e  seguiu lendo e di a xente que alí hai un tesouro, din tamén que as pedras nese  camiño non se gastan e peta a foco (estivemos alí e ¡claro que peta a foco!). Da mesma maneira esta lenda é ben coñecida na mesma paraxe: Entre Castro e Castrelo (Nigoi e Torreboredo) hai cinco mulas e un camello. Tesouros témolos en Amourelle en Curantes, no Pereiro en Berres e outros máis.  Lenda de Entrecastrelos (Ribela) Un veciño á noitiña baixou unha fortísima costa ata o muíño no Umia alá no fondo... entretívose arranxando a fariña e cando botou a porta fóra fixérase case de noite,  cubrírase de néboa e non encontraba o carreiro para subir a fortísima costa cara á casa. Foise poñendo nervioso e de súpeto sentiu como un forte trono,  aparecéuselle unha nube negra e o home desesperado tremendo de medo... ata  que preguntou: - ¿E logo que fago? E unha voz medoñenta respostoulle: - Métete aquí. Era un oco moi negro, era o cu do demo. Cando ía obedecela ocorréuselle facer o  sinal da cruz, e entón o demo desapareceu por encanto.  LeNdAs
ESCUDO E BANDEIRA
A ESTRADA Casa do Cantón   Hoxe totalmente desaparecida, esta casa da parroquia de Rubín foi sede do concello da Estrada. Casa Forte de Maíndo Situada en pleno corazón do Val do Ulla (Santa María de Couso) e con magníficas vistas a este río. Pertenceu ó conde de Ximonde e foi nalgunhas ocasións hospedería do xeneral Franco nas súas frecuentes estadías na zona, quen pescaba no couto de Couso, que está a escasos metros. Casa Miranda   En Santeles, na que se pode observar un escudo da Inquisición.  Casa de Recarei   Situada en San Miguel de Curantes. Cunha capela anexa, foi unha das casas máis sobranceiras  da zona  Casa Sesto   Enclavada en Ribela aínda conserva o escudo coas armas dos Gil e dos Taboada.  Casa de Valiñas   Encóntrase en San Martiño de Callobre; ten unida unha capela e ten un horreo dos máis  sobranceiros da zona.  Correáns   Desta casa señorial, enclavada na parroquia estradense de Santa Cristina de Vinseiro, aínda  quedan o pombal e mailo hórreo.
A Mota   Encóntrase no lugar da Mota, parroquia de Riobó. Está en moi bo estado de conservación e  sobrancean a súa fonte, o xardín ou a gran chimenea  Oca   Foi construído por Andrés Gayoso no século XVIII sobre as ruínas dunha fortaleza que fora do arcebispo Alonso I de Fonseca durante as guerras feudais e tamén casa forte de Suero de Oca.  Posúe torre almeada e brasóns, e unha capela dedicada a Santo Antonio de estilo barroco con  torres xemelgas. Os seus xardíns, con fermosas fontes e estanques, foron cualificados como  "o Versalles galego". A fortaleza anterior ó pazo pertenceu durante un tempo ó Arcebispado de  Santiago, que lla cedeu ó rei Felipe II para que a vendese. Comprouna a compostelá María de  Neira por 195.775 marabedís en 1586. Anos despois, Gonzalo Neira legoulla á familia dos  Gayoso que reedificaron a torre e construíron o corpo principal do Pazo.  Preguecido Situado en Santa María de Aguións, foi fundado no século XVI por Gómez de Soutomayor, cóengo da Igrexa de Santiago. Conta cun hórreo de gran tamaño e un pombal ben conservado. Quiñóns Está na parroquia de Oca, próxima ó famoso pazo. Consérvase moi próxima a esta casa a  estructura dunha capela na que se encontrou unha lápida cunha inscrición que fai referencia ó seu  fundador, Bartolomeu Reimóndez. San Paio de Figueroa   Ten entre os seus devanceiros a Xoán González de Figueroa; situada hoxe xa en pleno núcleo urbano de A Estrada está totalmente en ruínas, albiscándose só algunhas paredes e algún  escudo que falan dun pasado glorioso.
Torre de Guimarei   Situado na parroquia de San Xulián de Guimarei; o escudo da Estrada mantén nun dos seus lados unha torre que fai referencia a esta, hoxe en restauración. O pazo anexo a esta ten o teito de  pedra, fronte á madeira empregada habitualmente nos teitos dos edificios antigos.  Torre de Renda   Tamén a carón mesmo do río Ulla, en Santeles, onde se recadaban as rendas do contorno  Xerliz Tamén en Guimarei, trátase dunha casa, en estado ruinoso, que conserva a súa escalinata e o hórreo e maila capela. OCA
IGREXAS
FONTES

A Estrada

  • 1.
    A ESTRADA EstefaníaEchevarrieta Laíño 3º ESO A
  • 2.
    INFORMACIÓN O seunome é A Estrada pertence a provincia de Pontevedra, a comarca de Tabeirós. Situase na conca do río Ulla, o municio conserva restos de castros celtas, a mamoa de Manuela, a igrexa románica de San Miguele os xardins e pazo de Oca.
  • 3.
    HIMNO DE AESTRADA A Estrada ten un himno propio, escrito por Salvador García-Bodaño, con música de Eulogio López Masid, e que reproducimos aquí: Terra noble, fidalga e ben labrada, dende Montes a ollar fecundos ríos. Mociña florecida en amoríos que de cincuenta estrelas és gardada . De pazos e de pontes adornada, de castros e de rexos penedíos, de soutos e camposas, aduvíos da palabra que é lei dita na Estrada . Sosegan na paz túa os bos viaxeiros e medran os teus fillos na irmandade e na fidel memoria ós devanceiros. Con ramos de benvida e de lealtade sairemos todos xuntos ós carreiros cun cantar de esperanza e libertade: O himno novo das terras da bonanza a resoar polos vales e os outeiros ata onde o corazón á Patria alcanza.
  • 4.
    POBOACIÓN e CAPITAL. Segundo o IGE no ano 2007 residían alí 21.904 persoas. No ano 2004 residían 307 estranxeiros no concello. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Estradense . Evolución da poboación de: A Estrada - desde 1900 ata 2004 -   1900   1930   1950   1981   2004   23.916  26.623  28.169  25.719  22.217 Provincia de Pontevedra, situación do concello da estrada A súa capital municipal encontrase na Estrada
  • 5.
    PARROQUIAS Concello da estrada, situación das parroquias da Estrada Agar, Aguións, Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Riobó, Ribeira, Ribela, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Vea, Vinseiro
  • 6.
    A Estradaun concello rural sumamente extenso con 51 paroquias ou feligresas, e ben sabido que a parroquia en Galicia reune caracteristicas moi especiais, non soamente un coxunto de feligreses (fillos da Igrexa) se non ademais esta formada por persoas unidas con moi fortes lazos de vecindade, usos, costumbres e tradicions que lle confiren unha recidumbre e puxanza particulares. .   E preciso resaltar sobor do feito de que 473 nucleos de poboacion componen esas 51 parroquias e tenen en conta que incluso cada un de eses numerosos nucleos se sinten cinculados entre su de forma singular para pasar a pertencer en segundo lugar a ser vecinos dunha parroquia e despois a un concello. Tampn e certo que esas valoracions profundas cargadas de localismo esaxerado se diluen con rapidez en favor dunha amplia convivencia social cun mellor entendemento a nivel municipal. Deixaremos constancia moi sintetizada e por orden alfabetico de cada unha delas.
  • 7.
    Economía Viven da:Agricultura, ganadería Industria madereira comercio
  • 8.
    Comer e bebernas terras do Val do Ulla é todo un pracer. Aquí ofrecemos algunhas receitas de pratos galegos tal e como se preparan na zona, aínda que a forma de facelos varía dunha casa a outra. Os mellores lugares para degustalos son os campos da festa, se fai bo tempo e coincide conalgunha celebración festiva, e se non os restaurantes da zona. Tortilla de pan Ingredientes: pan, azucre, aceite, leite ou viño da Ulla, sal e ovos. Preparación: Esfrangúllase o pan e bótaselle azucre e a continuación leite ou viño tinto. Déixase enchoupar o pan e logo bótase a fritir en aceite e dáselle volta. Cando está dourado, bótaselle o ovo e dáselle a volta coma a unha tortilla normal. Torta de Lestedo Trátase dunha torta de queixo de receita orixinal e que polo tanto non podemos ofrecer aquí,aínda que si recomendar a súa degustación. Son elaboradas en Lestedo (Boqueixón), e pódense encontrar facilmente tamén en Santiago. Rosquillas Ingredientes: Tres cuartos de quilo de fariña, 250 gramos de manteiga, as reladuras dun limón, un pouco de sal,unha cullerada de azucre, 50 gramos de levadura, unha taza de leite, tres ovos, aceite de oliva. Preparación:xúntanse todos os ingredientes salvo o aceite de oliva, coidando de non botar a manteiga no leite, que debe estarmorno, senón na masa. Amásase todo ata que faga unha pasta consistente, da que se fan as rosquillas. Logo estas métense no forno nunha bandexa aceitada e póñense a cocer ata que douren.
  • 9.
    Caldo galego Ingredientes:Unha manchea de nabizas, patacas, un óso de xamón, outro de tenreira, unto, auga e sal. Pódense botar tamén fabas e chourizo se se quere. Preparación: Poñemos unha pota ó lume coa auga, os ósos e o unto. Se botamos fabas, estas deben poñerse a remollo a véspera, e deberemos cocelas despois ata que estean no seu punto. Logo, engadimos as patacas e nabizas en anacos. Seguirá cocendo unha media hora. Sálgase ó gusto. Hai quen cre que o caldo ten as súas orixes no cocido galego, serían os restos dun cocido aproveitados e ós que se lle podían engadir outros ingredientes Queimada Ingredientes: Augardente da Ulla, azucre (entre 100 e 200 gramos por litro, alternativamente mel). Hai quen usa tamén tona de limóns ou laranxas, grans de café e mesmo viño tinto da Ulla para rebaixala. Preparación: Nunha cazola de barro colocamos a augardente e parte do azucre. Acendemos o lume e imos botando o azucre que temos apartado e faremos caramelo co lume da queimada. Este caramelo ímolo incorporando á queimada sen que se poña moi escuro. Déixase cocer ata que a lapa vaia perdendo forza. Das castes de augardentes que se producen no Val do Ulla, afirma Álvaro Cunqueiro en "A Cociña Galega" que son "finas e suaves". Polbo á feira Ingredientes: Un polbo de tamaño mediano, un litro de aceite de oliva, pemento doce e picante e sal gordo. Preparación: Se o polbo é fresco, antes de nada convén mazalo para que estea máis brando. Ponse unha pota con auga, o tradicional é que sexa de cobre, ó lume, e cando rompa a ferver botamos o polbo limpo. Se está ben mazado déixase cocer uns tres cuartos de hora, senón un chisco máis, e despois apágase o lume. Deixar repousar na auga un anaquiño. Para a degustación, córtase en anacos, bótaselle aceite, pemento doce e picante e sal gordo por enriba. Nas festas sérvese en pratos de madeira. Orella de porco Ingredientes: orella de porco, sal, pemento picante, aceite. Preparación: Cocemos nunha pota con abundante auga as orellas de porco; cando estas estean cocidas partímolas en anacos e colocamos nunha fonte. A seguir salferimos por enriba con sal, pemento picante e cunhas gotas de aceite.
  • 10.
    No actual movementotemporal da poboación na búsqueda dunha sosegada holganza corporal e anímica volve a ser A ESTRADA avanzadilla exemplar no Turismo Rural. Nunha perfecta organización poden ofrecer 135 prazas que lles permiten atender grupos coa máxima calidade.     Nos seus 15 diversos aloxamentos: antigas e ricas casas de labranza, históricas rectorais, casonas solariegas, situadas nunha impoluta natureza campesina han sido adaptadas, con sencillez e bo gusto ó máis e sixente confort.     Se engadimos outros moitos atractivos: arte nas suas igrexas románicas, nos seus pazos barrocos, caza, pesca, hípica, variado folclore, sendeirismo, deportes, (Turnauga), conseguindo a fórmula ideal para combatir o estrés.
  • 11.
    QUE VISITAR? OPAZO DE OCA Na parroquia de Oca está situado o Pazo de Oca . Estilo barroco dominante na época da súa construcción. Esta lectura arquitectónica atopase tanto nos xardíns como nas fachadas e nos interiores do edificio. Foi construído por Andrés Gayoso no século XVIII sobre as ruínas dunha fortaleza que fora do arcebispo Alonso I de Fonseca durante as guerras feudais e tamén casa forte de Suero de Oca. Posúe torre almeada e brasóns, e unha capela dedicada a Santo Antonio de estilo barroco con torres xemelgas. Os seus xardíns, con fermosas fontes e estanques, foron cualificados como "o Versalles galego". A fortaleza anterior ó pazo pertenceu durante un tempo ó Arcebispado de Santiago, que lla cedeu ó rei Felipe II para que a vendese. Comprouna a compostelá María de Neira por 195.775 marabedís en 1586. Anos despois, Gonzalo Neira legoulla á familia dos Gayoso que reedificaron a torre e construíron o corpo principal do Pazo.
  • 12.
    * A dopatrón San Xiao o 7 de xaneiro ; a Concepción en maio; o Santísimo en xuño; Santa Paderna, o domingo seguinte ao 19 de outubro; As Neves o domingo seguinte ao 5 de agosto. * En Couso celébrase anualmente, normalmente o 14 de agosto , desde 1995 , a festa de música folk As nosas músicas . Tamén se celebra a festa do escalo o primeiro domingo de agosto. Na mesma organízase un concurso de pesca do mencionado peixe, así como a posterior degustación do mesmo e doutros produtos típicos da zona. * A festa patronal celébrase o día 10 de xullo . Tamén se celebra o San Ramón o primeiro sábado de setembro.
  • 13.
    A RAPA DASBESTAS En Sabucedo, na Estrada ten lugar o primeiro fin de semana de xulio A RAPA DAS BESTAS máis coñecida de Galicia, unha festa única pola sua espectacularidad, a conservación en Europa da mítica loita en estado puro, do home contra a besta en todo o seu entorno; e a aventura do monte, a garandeza do curro. "Aloitador" intentando suxeitar a besta
  • 14.
    ROMARÍAS,FERIAS E… Dascelebracións das parroquias ullás, pódese sinalar a romaría da Nosa Señora dos Milagres en Requián (anexo de San Xurxo de Vea), o 28 de agosto, e Santa Paterna ou Paderna, na parroquia de Arnois, que ten lugar o 23 de outubro. Outras romarías de sona na Estrada, pero xa fóra do Val do Ulla, son as da Nosa Señora de Guadalupe, o 1 de setembro en Codeseda e o 8 de setembro a Nosa Señora da Consolación en Tabeirós. Festas destacadas son as da Pascua na Estrada, as de San Paio tamén na Estrada, a finais de xuño, e as de San Martiño en novembro nas parroquias de Callobre e A Estrada, coincidindo coas cales se celebra unha popular feira. En canto ás de carácter gastronómico, dicir que en maio secelebra a Festa do Salmón na Estrada. Nos últimos anos cobrou importancia a celebración dunha serie de certames como a Feira do Moble e varias feiras de gando de distinta periodicidade. Finalmente, dicir que a manifestación festiva que sen dúbida lle ten dado máis sona á Estrada é a Rapa das Bestas de San Lourenzo de Sabucedo, Festa de Interese Turístico Nacional, que ten lugar habitualmente no primeiro domingo de xullo. Nela, tras baixa-las bestas do monte, a separación das mesmas para a corta das crins faise entre varios "aloitadores" sen axuda de cordas ou paos.
  • 15.
  • 16.
    Primeiros Orixes     S e nos remontamos ao prinicipio do noso milenio e tomamos boa nota da   herencia de Estrabón, Plinio, Ptolomeo e outros, poderemos considerar que esta terra estaba habitada por familias máis ou menos numerosas e organizada en grupos xentilícios dos que se teñen referéncias de uns cincuenta núcleos relevantes de poboación. Algúns deles son sumamente coñecidos e estaban asentados, sobre todo próximos á costa e ós ríos principais: entre os ríos Ulla e Lérez habitaban os Cilenos que poideroninternarse por terras estradenses até os Plesamarcos e Caporos situadas ao norde do Ulla ainda que xa antes deles se falaba dos Saefes entre os primeiros poboadores. Estas poboacións deron lugar a un "habitat" especial, o dos castros, especie de fortificacións circulares u ovais cinxidas de parapetos concéntricos, terrapléns,a veces con foxos con inxeniosos sistemas de protección nas entradas, todo terminado nunha planada cha. Discutiuse se eran lugares permanentes de vivenda ou si eran únicamente refuxio paras as noites, dado que estaban situadas no cumio dalgún outeiro e o conxunto de edificacións reciben o nome de "citanas.   Destes castros temos na Estrada a moi considerable cifra de trinta. Máis tarde coa invasión dos romanos e despois de centos de anos de loitas ata o sometemento final e a pacificación, baixaron ou foron obrigados a baixar dos seus castros, dos que se detallará máis información máis adiante.
  • 17.
    Raíces históricas: SúasVisicitudes As terras que hoxe constitúen o concello de A Estrada noutros tempos estiveron políticamente divididas en coutos e xurisdiccións, nas cais mandaban impoñendo a sua lei o Señor, ou sendo en outros casos propiedade en grande parte da Mitra Compostelán coma terras achegadas á cidade do Apostol. Polos séculos XII a XV e posteriores, e particularmente no XIV. En tempos do Arzobispo Xelmirez estos cotos non estaban perfectamente deslindados dependendo da maior ou menor forza dos Señores feudais que os posuían, dominaban e asovasallaban ó  veciño imprantando a ley do máis forte. Entonces contábamos cos seguíntes coutos ou xurisdiccións: Tabeirós: Era a maior xurisdicción, abarcando as parroquias de Agar, San Pedro Santomé de Ancorados, Arca, Barbude, Berres, Callobre, Creixo, Cira, Dornelas, Gimarei, Lamas, Limil, Moreira, Nigoi, Olives Orazo Paradela, Parada, Pardemarín, Piñeiro, REmesar, Riobó, Ribeira, Rivela e Vinseiro. En total 29 parroquias nas que Cira, Dornelas e Piñeiro pertencen agora a Silleda. Couto de Vea: Compostas por Aguións, Baloira, San Miguel e Santa Maríña de Barcala, Cora, Couso, Frades, Matalobos, Santeles, Toedo e SanAndres, San Xulián, San Xorxe e Sta. Cristina. A parroquia de Figueroa pertencía a esta parroquia, así como Teo que pertence agora a Coruña.. Cuoto de Codeseda: Compostas soamente por esta parroquia e a de Liripio . Couto de Vega e Oca: Composta por Arnois, Oca i en ocasións San Miguel de Castro Couto do Viso: Estaba formado pola parroquia de Lagartóns e nalgunas ocasión pola de Gimarei.
  • 18.
    *O RELEVO* Asformacións xeolóxicas que atopamos na Ulla non van se-las típicas dunha rexión polar atravesada por glaciares, nin as dun deserto da zona intertropical. Por iso se subimos ó Pico Sacro, o centro telúrico da rexión, non veremos ríos de xeo, nin dunas, nin un deserto de pedras, e moito menos unha paisaxe propia dunha terra atravesada por chemineas volcánicas. Porque en Galicia hai moito tempo que desapareceron as primixenias estructuras eruptivas. O que observamos é unha serra que atravesa a zona dende o extremo noroccidental ata o sueste, e que non é senón un filón de seixo que pola súa singularidade será o noso principal centro de atención; este dique está fracturado por unha falla ransversal no lugar de San Xoán da Cova, circunstancia da que se aproveita o río Ulla, que o atravesa por aí, creando unha paisaxe de gran beleza e espectacularidade. Pola súa resistencia ós axentes atmosféricos, este filón dá lugar á formación orográfica máis importante da rexión, a coñecida como Serra do Pico, que separa os concellos de Vedra e Boqueixón e está constituída polos altos de Penas Pardas, Couto da Granxa, Penedo Branco, Cruz do Couto, Pena do Corvo, Serra de Caldelas, O Castro (de San Miguel) e A Coteira. O cume do Pico está a unha altitude de 533 metros, sobre o nivel medio do mar Mediterráneo en Alacante; o resto de cumes da serra teñen altitudes menores. O Cronista Oficial de Galicia, Antón Fraguas, describe o Pico do seguinte xeito nun artigo publicado en O Correo Galego (1 de febreiro de 1998): "Un fermoso núcleo montañoso cun sombreiro de graníticos penedos que resisten chuvias e ventos, neves, granizos de pedruscos sarabelazos e as xiadas das longas noites de invernía cos máis claros luares e as estrelas latexantes; un vello testemuño xeolóxico e un dos máis fermosos miradores de Galicia, onde, na noite serena e con vento favorable pode oírse a campá do reloxo da Catedral de Santiago. O couto de 550 metros de alto é como un faro que anuncia a illa que está a unha milla do peirao. O Pico Sacro é a confirmación do camiño andado cando o peregrino vén polo Camiño Francés".
  • 19.
    O tesouro deNigoi Noutros tempos un veciño encontrouse cun descoñecido que viña lendo nun libro e dicía: Ó baixar do Casteliño / na congostra do Gardal / hai unha pedra de forma de ferradura / que non se pode arrincar. O veciño decatouse de que se trataba da paraxe onde estaban, pregoulle ó descoñecido que seguise lendo... mais este decatándose do veciño foise... e seguiu lendo e di a xente que alí hai un tesouro, din tamén que as pedras nese camiño non se gastan e peta a foco (estivemos alí e ¡claro que peta a foco!). Da mesma maneira esta lenda é ben coñecida na mesma paraxe: Entre Castro e Castrelo (Nigoi e Torreboredo) hai cinco mulas e un camello. Tesouros témolos en Amourelle en Curantes, no Pereiro en Berres e outros máis. Lenda de Entrecastrelos (Ribela) Un veciño á noitiña baixou unha fortísima costa ata o muíño no Umia alá no fondo... entretívose arranxando a fariña e cando botou a porta fóra fixérase case de noite, cubrírase de néboa e non encontraba o carreiro para subir a fortísima costa cara á casa. Foise poñendo nervioso e de súpeto sentiu como un forte trono, aparecéuselle unha nube negra e o home desesperado tremendo de medo... ata que preguntou: - ¿E logo que fago? E unha voz medoñenta respostoulle: - Métete aquí. Era un oco moi negro, era o cu do demo. Cando ía obedecela ocorréuselle facer o sinal da cruz, e entón o demo desapareceu por encanto. LeNdAs
  • 20.
  • 21.
    A ESTRADA Casado Cantón Hoxe totalmente desaparecida, esta casa da parroquia de Rubín foi sede do concello da Estrada. Casa Forte de Maíndo Situada en pleno corazón do Val do Ulla (Santa María de Couso) e con magníficas vistas a este río. Pertenceu ó conde de Ximonde e foi nalgunhas ocasións hospedería do xeneral Franco nas súas frecuentes estadías na zona, quen pescaba no couto de Couso, que está a escasos metros. Casa Miranda En Santeles, na que se pode observar un escudo da Inquisición. Casa de Recarei Situada en San Miguel de Curantes. Cunha capela anexa, foi unha das casas máis sobranceiras da zona Casa Sesto Enclavada en Ribela aínda conserva o escudo coas armas dos Gil e dos Taboada. Casa de Valiñas Encóntrase en San Martiño de Callobre; ten unida unha capela e ten un horreo dos máis sobranceiros da zona. Correáns Desta casa señorial, enclavada na parroquia estradense de Santa Cristina de Vinseiro, aínda quedan o pombal e mailo hórreo.
  • 22.
    A Mota Encóntrase no lugar da Mota, parroquia de Riobó. Está en moi bo estado de conservación e sobrancean a súa fonte, o xardín ou a gran chimenea Oca Foi construído por Andrés Gayoso no século XVIII sobre as ruínas dunha fortaleza que fora do arcebispo Alonso I de Fonseca durante as guerras feudais e tamén casa forte de Suero de Oca. Posúe torre almeada e brasóns, e unha capela dedicada a Santo Antonio de estilo barroco con torres xemelgas. Os seus xardíns, con fermosas fontes e estanques, foron cualificados como "o Versalles galego". A fortaleza anterior ó pazo pertenceu durante un tempo ó Arcebispado de Santiago, que lla cedeu ó rei Felipe II para que a vendese. Comprouna a compostelá María de Neira por 195.775 marabedís en 1586. Anos despois, Gonzalo Neira legoulla á familia dos Gayoso que reedificaron a torre e construíron o corpo principal do Pazo. Preguecido Situado en Santa María de Aguións, foi fundado no século XVI por Gómez de Soutomayor, cóengo da Igrexa de Santiago. Conta cun hórreo de gran tamaño e un pombal ben conservado. Quiñóns Está na parroquia de Oca, próxima ó famoso pazo. Consérvase moi próxima a esta casa a estructura dunha capela na que se encontrou unha lápida cunha inscrición que fai referencia ó seu fundador, Bartolomeu Reimóndez. San Paio de Figueroa Ten entre os seus devanceiros a Xoán González de Figueroa; situada hoxe xa en pleno núcleo urbano de A Estrada está totalmente en ruínas, albiscándose só algunhas paredes e algún escudo que falan dun pasado glorioso.
  • 23.
    Torre de Guimarei Situado na parroquia de San Xulián de Guimarei; o escudo da Estrada mantén nun dos seus lados unha torre que fai referencia a esta, hoxe en restauración. O pazo anexo a esta ten o teito de pedra, fronte á madeira empregada habitualmente nos teitos dos edificios antigos. Torre de Renda Tamén a carón mesmo do río Ulla, en Santeles, onde se recadaban as rendas do contorno Xerliz Tamén en Guimarei, trátase dunha casa, en estado ruinoso, que conserva a súa escalinata e o hórreo e maila capela. OCA
  • 24.
  • 25.