SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
CEIP “Xesús San Luís Romero”
Curso 2011-12
ENDL
En Galicia o 2 de febreiro día da Candeloria, é a festa do amor.
Segundo a crenza popular neste día casan os paxaros nas árbores (“a
partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, reza o dito) , comeza a
tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é
pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza .
Tamén é unha data clave para
predicir o tempo que fará o resto do
inverno como podedes ver nos refráns de
máis abaixo no caso da nosa terra, ou coa
celebración do “día da marmota” noutros
lugares.
E para os mariñeiros tamén marcaba o
comezo da navegación despois de ter
amarrados os barcos durante o
inverno.
A Candeloria marcaba a metade do inverno. Era considerada
tradicionalmente como o preludio da chegada da primavera, do renacer da
natureza, a Festa da luz, porque os días nótanse xa máis longos polas
tardes.
Orixe
Por estas datas era a celebración celta da chegada da primavera, o
Imbolc e quizais de aí veñan as súas orixes.
En moitas parroquias galegas, este día é costume que o párroco
bendiga as candeas que a xente mantén acesas durante a misa e que
despois levarán para a casa pois se lles atribúen poderes máxicos como
calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este
mundo, pois a elas encoméndase a alma de quen sofre a agonía.
En tempos antigos, o primeiro día
do mes de febreiro era moi celebrado
nas terras habitadas polos pobos celtas.
Esta festa tamén coñecida coma
“Brigantia”, “Candlemas”, “Brigid's
day”, deriva do seu nome en gaélico
irlandés “Ambiwolka”, que traducido
ó idioma dos celtas, é Imbolc. O
nome Brigantia deriva de Brighid o
Brigid, deusa celta moi poderosa. Era
a figura da nova lúa, da primavera
anual e das correntes mariñas. Esta
época do ano, era das purificacións e
do lume sagrado que liberaba a terra,
propiciando a fertilidade e o
espertar do sol, despois do frío e
gris inverno. Era tamén a época dos
nacementos dos cordeiros e cando as
ovellas producían leite. Brighid era a
protectora dos rabaños.
Os ritos de predicción e matrimonio celebrábanse nestas datas
baixo a proteccións dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante
esta festividade.
Considerábase o remate do inverno, o festival de purificación para
prepara-lo camiño para o retorno da primavera e do sol. Brighid era
honrada, poñendo unha candea en cada habitación ou en cada fiestra da
casa.
Co paso do tempo e a mestura da
cultura celta co cristianismo, esta festa
do lume será homologada na celebración da
Candeloria . A deusa Brighid foi asimilada
coma Santa Brígida en Irlanda, sendo a súa
santa patroa.
Os romanos tiñan tamén una celebración nesas datas. Facían unha
procesión con candeas acendidas de noite, repetindo pregarias a
“Proserpina” (palabra asociada ó termo grego, “persétone”, e á deusa que
daba orixe ás sementes, “proserpere”).
Esta festa romana do lume , en honor da fertilidade era chamada
"Lupercales"
No ano 492, o Papa Gelasio, para substituír esta celebración pagá e
asimilala ó cristianismo, crea a festa da Purificación da Virxe María, que
é conmemorada o 2 de febreiro.
O nome da Candeloria está orixinado
pola procesión realizada dentro da
igrexa con candeas benditas.
En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso,
senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” .
Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”.
Considerábase a esta festa coma “a do amor e do apareamento no reino
animal”.
Nalgunhas comarcas, tamén era considerado o día do
encantamento das cobras, pois, entre os labregos, era moi común dicir :
“Santa Candeloria me ampare esta cobra”, invocando poder para manter
lonxe calquera tipo de serpe.
Hai outro refrán que di: “Cando a Candeloria chora, medio inverno
vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por
pasar”.
Para o pobo campesiño a Candelaria significaba o final do inverno, o
fin das longas noites e dos dias sen luz, e tamén o comezo do ano agrícola
posto que a vida retornaba gradualmente aos campos e aos cultivos. De
modo que a candea que se acendia en cada lar para conmemorar esa data
simbolizaba o regreso da luz.
TRADICIÓN E RELIXIÓN
Neste día, a igrexa recorda a purificación da
Virxe María.
Ata non hai moito tempo as mulleres despois do
parto aínda debían agardar un tempo de purificación
ata poder entrar na igrexa. Cando chegaba o día
agardaban na porta a que o cura mailo sancristán
fosen recibilas para entrar na casa de Deus cunha
candea na man.
Esta é a explicación de que nos nosos días as
igrexas se enchan o dous de febreiro de candeas e
de que os fieis asistan á misa con elas acendidas.
Considérase que as candeas que os devotos levaban á igrexa para que as
bendixese o sacerdote na misa dese día, dquirian poderes sobrenaturais
para afastar aos malos espíritos, ás treboadas que puidesen ameazar aos
sementados e tamén para axudar a calquera nos difícis trances dos ritos
de paso á morte e na enfermidade .
Nalgunhas aldeas da bisbarra de
Verín (Ourense) púñase mesmo unha
candea na man dos moribundos .
A xente das poboazóns costeiras
de Guipúzcoa dáballe especial
importancia ás candeas bendicidas ese
dia, sobre todo as mulleres dos
pescadores, que acostumaban acendelas
cando a treboada ruxía no mar, pois se
sentían angustiadas ante a posibilidade
de que os seus homes o estivesen a
pasar mal en medio do temporal, e
esperaban unha melloría do tempo co
poder milagroso desas candeas .
Na vispera da Candelaria os campesiños escoceses acendían candeas en
torno a unha morea de centeo e palla para simbolizar a victoria do sol
sobre as trebas do inverno. As candeas representaban o poder divino,
vitalizador do sol do que dependían as colleitas.
Nalgunhas aldeas galegas levábase
pan á misa da Candelaria. Nas aldeas
da vertente Sul de Corda
(Mondoñedo, Lugo) as mulleres
levaban á igrexa cestos de vimbio
cubertos cunha servilleta de liño.
Dentro traían un pan caseiro e uns pequenos boliños, case como
avelás, un por cada membro da família para que recibisen a bendizón.
Ao tornar ás suas casas repartían os boliños entre toda a familia e
acostumaban levalos nas faltriqueras durante todo o ano debido ao
poder que lles atribuían.
Tamén na parroquia de Loureses (Ourense)
utilizábase o pan como medio de protección ou
profiláctico; sobre todo os nenos, aos que lles
metían entre as súas roupas ou colgábanlles do
pescozo un pedazo de pan para protexelos contra as
meigas e o mal de ollo.
A CANDELORIA (por Luís Amado Carballo)
Na catedral do abrente
oxe cásans' os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.
Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibens soben no lonxe
como rosarios d' encenso.
O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.
Vai tocando pol-o campo
a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.
O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dalles a beizón nupcial.
Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa d' esta noite
estrena un luar o campo.
REFRÁNS
• A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
• Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra.
• Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta,
aínda entra.
• Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se ri, o inverno quere
vir.
• Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que
deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.
Para saber máis….
http://dalleuncolinho.blogspot.com/2010/01/recursos-
para-candeloria-2-de-febreiro.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Fiesta_de_la_Candelaria
http://www.elalmanaque.com/Calendarios/candelari
a.http

More Related Content

Viewers also liked

Viewers also liked (6)

O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
Guía de lectura nadal 2014 pdf
Guía de lectura nadal 2014 pdfGuía de lectura nadal 2014 pdf
Guía de lectura nadal 2014 pdf
 
Xogos do magosto
Xogos do magostoXogos do magosto
Xogos do magosto
 
Magosto
MagostoMagosto
Magosto
 
Vanessa ferrero 25575552. renacimiento. historia ii
Vanessa ferrero 25575552. renacimiento. historia iiVanessa ferrero 25575552. renacimiento. historia ii
Vanessa ferrero 25575552. renacimiento. historia ii
 
El Renacimiento
El RenacimientoEl Renacimiento
El Renacimiento
 

Similar to A candeloria

A candeloria 2
A candeloria 2A candeloria 2
A candeloria 2bcode
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntosEva Garea
 
Samain 2012
Samain 2012 Samain 2012
Samain 2012 noenunez
 
A Estrada 2
A Estrada 2A Estrada 2
A Estrada 2nonpodo
 
A estrada
A estradaA estrada
A estradanonpodo
 
A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNSanti P
 
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galegoO samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galegoScriado
 
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERACICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERAChelo Alvarez Veira
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magostonoagaliza
 
O Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaO Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaPaulaReySilva
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalBibliotecadicoruna
 
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxicoFotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxicoMUSEO ETNOLOXICO
 

Similar to A candeloria (20)

A candeloria 2
A candeloria 2A candeloria 2
A candeloria 2
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntos
 
Samain 2012
Samain 2012 Samain 2012
Samain 2012
 
Samahin
SamahinSamahin
Samahin
 
A Estrada 2
A Estrada 2A Estrada 2
A Estrada 2
 
A estrada
A estradaA estrada
A estrada
 
Tempo de Samaín
Tempo de Samaín Tempo de Samaín
Tempo de Samaín
 
Os maios
Os maiosOs maios
Os maios
 
A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíN
 
Cultura clasica para as catro estacións primavera
Cultura clasica para as catro estacións primaveraCultura clasica para as catro estacións primavera
Cultura clasica para as catro estacións primavera
 
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galegoO samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
 
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERACICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Samaín
Samaín Samaín
Samaín
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
 
O Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaO Samaín en Galicia
O Samaín en Galicia
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de Carnaval
 
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxicoFotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
 

More from Chelo Alvarez Veira (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Programación plambe
Programación plambeProgramación plambe
Programación plambe
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdadeGuia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 

A candeloria

  • 1. CEIP “Xesús San Luís Romero” Curso 2011-12 ENDL
  • 2. En Galicia o 2 de febreiro día da Candeloria, é a festa do amor. Segundo a crenza popular neste día casan os paxaros nas árbores (“a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, reza o dito) , comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza . Tamén é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos refráns de máis abaixo no caso da nosa terra, ou coa celebración do “día da marmota” noutros lugares. E para os mariñeiros tamén marcaba o comezo da navegación despois de ter amarrados os barcos durante o inverno. A Candeloria marcaba a metade do inverno. Era considerada tradicionalmente como o preludio da chegada da primavera, do renacer da natureza, a Festa da luz, porque os días nótanse xa máis longos polas tardes.
  • 3. Orixe Por estas datas era a celebración celta da chegada da primavera, o Imbolc e quizais de aí veñan as súas orixes. En moitas parroquias galegas, este día é costume que o párroco bendiga as candeas que a xente mantén acesas durante a misa e que despois levarán para a casa pois se lles atribúen poderes máxicos como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo, pois a elas encoméndase a alma de quen sofre a agonía. En tempos antigos, o primeiro día do mes de febreiro era moi celebrado nas terras habitadas polos pobos celtas. Esta festa tamén coñecida coma “Brigantia”, “Candlemas”, “Brigid's day”, deriva do seu nome en gaélico irlandés “Ambiwolka”, que traducido ó idioma dos celtas, é Imbolc. O nome Brigantia deriva de Brighid o Brigid, deusa celta moi poderosa. Era a figura da nova lúa, da primavera anual e das correntes mariñas. Esta época do ano, era das purificacións e do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol, despois do frío e gris inverno. Era tamén a época dos nacementos dos cordeiros e cando as ovellas producían leite. Brighid era a protectora dos rabaños.
  • 4. Os ritos de predicción e matrimonio celebrábanse nestas datas baixo a proteccións dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante esta festividade. Considerábase o remate do inverno, o festival de purificación para prepara-lo camiño para o retorno da primavera e do sol. Brighid era honrada, poñendo unha candea en cada habitación ou en cada fiestra da casa. Co paso do tempo e a mestura da cultura celta co cristianismo, esta festa do lume será homologada na celebración da Candeloria . A deusa Brighid foi asimilada coma Santa Brígida en Irlanda, sendo a súa santa patroa. Os romanos tiñan tamén una celebración nesas datas. Facían unha procesión con candeas acendidas de noite, repetindo pregarias a “Proserpina” (palabra asociada ó termo grego, “persétone”, e á deusa que daba orixe ás sementes, “proserpere”). Esta festa romana do lume , en honor da fertilidade era chamada "Lupercales" No ano 492, o Papa Gelasio, para substituír esta celebración pagá e asimilala ó cristianismo, crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas.
  • 5. En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” . Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. Considerábase a esta festa coma “a do amor e do apareamento no reino animal”. Nalgunhas comarcas, tamén era considerado o día do encantamento das cobras, pois, entre os labregos, era moi común dicir : “Santa Candeloria me ampare esta cobra”, invocando poder para manter lonxe calquera tipo de serpe. Hai outro refrán que di: “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”. Para o pobo campesiño a Candelaria significaba o final do inverno, o fin das longas noites e dos dias sen luz, e tamén o comezo do ano agrícola posto que a vida retornaba gradualmente aos campos e aos cultivos. De modo que a candea que se acendia en cada lar para conmemorar esa data simbolizaba o regreso da luz.
  • 6. TRADICIÓN E RELIXIÓN Neste día, a igrexa recorda a purificación da Virxe María. Ata non hai moito tempo as mulleres despois do parto aínda debían agardar un tempo de purificación ata poder entrar na igrexa. Cando chegaba o día agardaban na porta a que o cura mailo sancristán fosen recibilas para entrar na casa de Deus cunha candea na man. Esta é a explicación de que nos nosos días as igrexas se enchan o dous de febreiro de candeas e de que os fieis asistan á misa con elas acendidas. Considérase que as candeas que os devotos levaban á igrexa para que as bendixese o sacerdote na misa dese día, dquirian poderes sobrenaturais para afastar aos malos espíritos, ás treboadas que puidesen ameazar aos sementados e tamén para axudar a calquera nos difícis trances dos ritos de paso á morte e na enfermidade . Nalgunhas aldeas da bisbarra de Verín (Ourense) púñase mesmo unha candea na man dos moribundos . A xente das poboazóns costeiras de Guipúzcoa dáballe especial importancia ás candeas bendicidas ese dia, sobre todo as mulleres dos pescadores, que acostumaban acendelas cando a treboada ruxía no mar, pois se sentían angustiadas ante a posibilidade de que os seus homes o estivesen a pasar mal en medio do temporal, e esperaban unha melloría do tempo co poder milagroso desas candeas .
  • 7. Na vispera da Candelaria os campesiños escoceses acendían candeas en torno a unha morea de centeo e palla para simbolizar a victoria do sol sobre as trebas do inverno. As candeas representaban o poder divino, vitalizador do sol do que dependían as colleitas. Nalgunhas aldeas galegas levábase pan á misa da Candelaria. Nas aldeas da vertente Sul de Corda (Mondoñedo, Lugo) as mulleres levaban á igrexa cestos de vimbio cubertos cunha servilleta de liño. Dentro traían un pan caseiro e uns pequenos boliños, case como avelás, un por cada membro da família para que recibisen a bendizón. Ao tornar ás suas casas repartían os boliños entre toda a familia e acostumaban levalos nas faltriqueras durante todo o ano debido ao poder que lles atribuían. Tamén na parroquia de Loureses (Ourense) utilizábase o pan como medio de protección ou profiláctico; sobre todo os nenos, aos que lles metían entre as súas roupas ou colgábanlles do pescozo un pedazo de pan para protexelos contra as meigas e o mal de ollo.
  • 8. A CANDELORIA (por Luís Amado Carballo) Na catedral do abrente oxe cásans' os paxaros, con nubens de neve e ouro está o ceo galanado. Ficou o día ancorado na ría donda do ceo. Os roibens soben no lonxe como rosarios d' encenso. O xantar do casamento, roibo, na palma da man das eiras madrugadoras xa está arranxado no val. Vai tocando pol-o campo a sua zanfona o rego e canta o vento nas farpas sonorosas dos piñeiros. O campo as montanas ruzas envolve en capa pluvial co hisopo do sol mollado dalles a beizón nupcial. Do casebre nugallán soben os vivas dos galos e na festa d' esta noite estrena un luar o campo.
  • 9. REFRÁNS • A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa. • Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra. • Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra. • Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se ri, o inverno quere vir. • Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar. Para saber máis…. http://dalleuncolinho.blogspot.com/2010/01/recursos- para-candeloria-2-de-febreiro.html http://es.wikipedia.org/wiki/Fiesta_de_la_Candelaria http://www.elalmanaque.com/Calendarios/candelari a.http