Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Cultura clasica para as catro estacións primavera

471 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Cultura clasica para as catro estacións primavera

  1. 1. A primavera: renacer con VenusMúsica. Anna Luna. Spring is here José M. Otero
  2. 2. O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do oeste. Xa Venus Citerea rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as Gracias coas Ninfas baten a terra con pé rítmico. É a hora de coroar a cabeza de mirto e flores.A pálida morte pisa co mesmo pé as chozas dos pobres e os palacios dos ricos. A teima da vida breve néganos toda esperanza. (Adaptación de Horacio, Odas, 1,4 ) Winterhalter, Franz Xaver 1805-1873
  3. 3. Astronomicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21de marzo) no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de septembro nohemisferio sur), e remata co solsticio de verán (polo 21 de xuño) nohemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur).
  4. 4. O comezo da Primavera, é momento de preparar a terra e sementar a maioríados cultivos básicos para aproveitar a chegada próxima das chuvias; prántanse tamén unha grande variedade de árbores frutais, de hortalizas e legumes Les Très Riches Heures du Duc de Berry
  5. 5. Pracer de homes e deuses, alma Venus: debaixo da bóveda do ceo multiplicas os peixes do mar e fecundas as terras frutíferas; grazas a ti todo animal é concibido. Cando ti chegas, foxen os nubrados, dáche suaves flores a terra, as chairas do mar contigo rin, e brilla con luz intensa o claro ceo. Na hora que a galana primavera descobre a súa face e o Favonio desatado robustece o seu fecundo alento as lixeiras aves cantan a túa benvida, deusa, porque co amor traspasaches os seus peitos: por alegres prados retozan os gandos acesos, prendidos do feitizo das túas grazas morren todos os seres por seguirte cara a onde queres conducilos, deusa.Nos mares e nas serras, nos bosques frondosos das aves, no medio dos ríos desbordados e dos campos que verdecen, enchendo os seus peitos de brando amor, fas que as especies se propaguen.Soberana da natureza, non hai sen ti contento nin beleza. LUCRECIO, Da natureza das cousas. 1, 1 e ss.
  6. 6. Na mentalidade popular o mes de maio é concebido como o mes doesplendor da vexetación, o mes das festas e o mes amoroso por excelencia. vexetación O tres elementos, vexetación, festas e amor confúndense e compleméntanse. Les Très Riches Heures du Duc de Berry
  7. 7. Amado por Cibeles, castrouse e morreu polos celos da deusa. Deusfrixio da vexetación, espírito da árbore. A súa orixe explícase no mitoasí: a parte amputada de Cibele para conferir a esta exclusivamente osexo feminino fixo nacer un amendoeira; Nana, filla do río Sangario,cautivada polas beleza das súas flores, colleu unha delas e colocounano seu seo. A flor desapareceu e Nana quedou preñada. Ó nacer Attisé abandonado nun río e recollido por Cibeles, signo de estarpredestinado para algo grandioso. O núcleo do mito é a narración damorte e a resurrección.
  8. 8. É unha deusa – nai, que encarna as enerxías da terra, ligada ós fenómenos da vexetación. É señora dos animais. Reviste valores de fecundidade. O seu culto chega a Roma o 204 a.C, despois das guerras contra Aníbal.Música:Stan Getz/Astrud Gilberto. Is Might as Well be Spring
  9. 9. 22 de Marzo: Primeiro día das festas de Cibeles CERIMONIA DA ÁRBORE:Tállase un piñeiro do bosque que é trasladado ao santuario de Cibeles porunha congregación de porteadores de árbores. A árbore vai adornada conguirnaldas e violetas, nacidas do sangue de Attis, para conmemorar a súamorte e castración debaixo dun pino. Os fieis da deusa comenzan días de xexún.
  10. 10. Cibeles 24 de Marzo: Día do Sangue. Castración colectiva. O Archigallo ou gran sacerdote presentaba o seu sangue como unha ofrenda. Óestalo dos címbalos, ó redoble dos tambores e ó son de trompetas e flautas danzanfrenéticos os sacerdotes novicios, que ese día se castran colectivamente cun coitelode pedernal para salpicar co seu sangue a árbore sagrada e o altar. Despois lanzabanas partes mutiladas contra o altar da deusa Cibeles e enterrábanse como chamada a resurrección de Attis e aArchigallo natureza.
  11. 11. 25 de Marzo: Resurrección de Attis. Festa Hilaria ou Día da alegría.Este día é considerado como equinoccio de primavera. Dentro da festividadede Attis, coas primeiras luces deste día, o Archigalo anunciaba a resurrección do deus e a esperanza da salvación para os seus iniciados, despois do cal os fieis estalaban en violentas manifestacións de xúbilo. A xente viste cos máis variopintos disfraces nunha especie de carnaval.Mentres, os iniciados pertencentes á secta Cibeles inician unha cerimonia de renacemento e remisión dos pecados no santuario da Deusa, situado na cidade de Roma, sobre a colina Vaticana, actual emprazamento da basílica de San Pedro. ) Meynier Charles (1768-1832
  12. 12. 27 de Marzo: Festival de exaltación de CibelesFinalizaba esta festividade cunha procesión na que a imaxe en planta daDeusa, coa súa cara tallada en pedra negra, era conducida nun carro de prata ata o río Almo, onde se bañaba. O sacerdote, vestido de púrpura,o color da Deusa, lava a imaxe e demais obxectos sagrados. Con este rito aseguraban a chuvia e a fertilidade dos campos. Callet Antoine-François (1741-1823 )
  13. 13. Brueghel ‘o Vello, Jan Balen, Hendrik van .
  14. 14. Flora: deusa romana da vexetación, especialmente das flores. Asóciase frecuentemente a Céfiro
  15. 15. Copia de Venus Anadiomene de Apeles ? Pintura mural de Pompeia
  16. 16. NacementNacemento de Venus. Botticelli.
  17. 17. A primavera. Botticelli

×