SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
A CANDELORIA
a festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos



                                       A Candeloria é unha festa relixiosa que se
                                       celebra o día 2 de febreiro. Consiste na
                                       bendición das candeas que despois serían
                                       utilizadas na celebración da Semana Santa
                                       (máis exactamente o xoves santo).

                                       Pero en Galicia ademais era considerada a
                                       data coma un preludio da chegada da
                                       primavera e con ela o renacer da natureza.

Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros
tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período
invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.

 Como sucede con outras moitas celebracións cristiáns, a festividade xurdiu para
suplir (no ano 492 o Papa Gelasio fixou o 2 de febreiro como a festa da
Purificación da Virxe María) outra festa pagán (que celebraban nestas datas
os celtas e os romanos).

Os celtas celebraban o primeiro día do mes de febreiro a festa coñecida como
“Brigantia”. O nome deriva da deusa celta Brigid que representaba á nova lúa, á
primavera e era a época das purificacións e do lume sagrado e Brigid era
honrada poñendo unha candea en cada habitación ou fiestra da casa.

Tamén os romanos nestas datas facían unha procesión con candeas acesas de
noite en honor de Proserpina, deusa relacionada co nacemento das sementes e
da primavera.

En Galicia, ademais, a Candeloria era unha festividade que marcaba un tempo:
a metade do inverno, tal e como reflicte o coñecido refrán:

 “Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra. Que chore, que chore,
       que deixe de chorar, a metade do inverno está aínda por pasar”.

Neste sentido, a festividade era tamén considerada o preludio da chegada da
primavera e do renacer a natureza; dicíase que era a época na que os paxaros
casaban nas árbores. É a festa do AMOR, do sentimento, da atracción física
e tamén o amor a familia, os amigos, os animais, ou a terra de nacencia.

                                                            EDLG CEIP BERGANTIÑOS

More Related Content

Viewers also liked

Book Vangard Eventos.
Book Vangard Eventos.Book Vangard Eventos.
Book Vangard Eventos.AlexHarbor
 
Que Es Globalizacion Ventajas Y Desventajas
Que Es Globalizacion Ventajas Y DesventajasQue Es Globalizacion Ventajas Y Desventajas
Que Es Globalizacion Ventajas Y Desventajasguolquer
 
Acadêmico | SOMMA
Acadêmico | SOMMAAcadêmico | SOMMA
Acadêmico | SOMMAFreelancer
 
3. actividade 1 inquerito
3. actividade 1   inquerito3. actividade 1   inquerito
3. actividade 1 inqueritoAndreia Janes
 
Ativ3 jullyana
Ativ3 jullyanaAtiv3 jullyana
Ativ3 jullyanajullyanars
 
Gráfico referente a planilha atividade 4.3
Gráfico referente a planilha   atividade 4.3Gráfico referente a planilha   atividade 4.3
Gráfico referente a planilha atividade 4.3beatrizproinfo100hs
 
Slid i e ii bimestre
Slid i e ii bimestreSlid i e ii bimestre
Slid i e ii bimestreclaudiadno12
 
Formatos Alcaldia
Formatos AlcaldiaFormatos Alcaldia
Formatos Alcaldia250k
 
Modulo01ativ16leonardoandrealeninhaleidyane2
Modulo01ativ16leonardoandrealeninhaleidyane2Modulo01ativ16leonardoandrealeninhaleidyane2
Modulo01ativ16leonardoandrealeninhaleidyane2Leonardo Lourenço
 
Projeto alimentação
Projeto alimentaçãoProjeto alimentação
Projeto alimentaçãopaulaseleri
 
Conceituando currículo em processo de integração de tecnologias.
Conceituando currículo em processo de integração de tecnologias.Conceituando currículo em processo de integração de tecnologias.
Conceituando currículo em processo de integração de tecnologias.Leonardo Lourenço
 
Guia del bechmarkig
Guia del bechmarkigGuia del bechmarkig
Guia del bechmarkigneldyjonaira
 
A silva, propaganda.
A silva, propaganda.A silva, propaganda.
A silva, propaganda.Pyter Sky
 

Viewers also liked (20)

Elizabete
ElizabeteElizabete
Elizabete
 
Mary
MaryMary
Mary
 
Book Vangard Eventos.
Book Vangard Eventos.Book Vangard Eventos.
Book Vangard Eventos.
 
Que Es Globalizacion Ventajas Y Desventajas
Que Es Globalizacion Ventajas Y DesventajasQue Es Globalizacion Ventajas Y Desventajas
Que Es Globalizacion Ventajas Y Desventajas
 
Acadêmico | SOMMA
Acadêmico | SOMMAAcadêmico | SOMMA
Acadêmico | SOMMA
 
3. actividade 1 inquerito
3. actividade 1   inquerito3. actividade 1   inquerito
3. actividade 1 inquerito
 
Ativ3 jullyana
Ativ3 jullyanaAtiv3 jullyana
Ativ3 jullyana
 
Trabajo Practico N4
Trabajo Practico N4Trabajo Practico N4
Trabajo Practico N4
 
Gráfico referente a planilha atividade 4.3
Gráfico referente a planilha   atividade 4.3Gráfico referente a planilha   atividade 4.3
Gráfico referente a planilha atividade 4.3
 
Slid i e ii bimestre
Slid i e ii bimestreSlid i e ii bimestre
Slid i e ii bimestre
 
Capa
CapaCapa
Capa
 
Formatos Alcaldia
Formatos AlcaldiaFormatos Alcaldia
Formatos Alcaldia
 
Kpresente
KpresenteKpresente
Kpresente
 
Modulo01ativ16leonardoandrealeninhaleidyane2
Modulo01ativ16leonardoandrealeninhaleidyane2Modulo01ativ16leonardoandrealeninhaleidyane2
Modulo01ativ16leonardoandrealeninhaleidyane2
 
Projeto alimentação
Projeto alimentaçãoProjeto alimentação
Projeto alimentação
 
Contextualizando a mudança
Contextualizando a mudançaContextualizando a mudança
Contextualizando a mudança
 
Formato de autoevaluacion
Formato de autoevaluacionFormato de autoevaluacion
Formato de autoevaluacion
 
Conceituando currículo em processo de integração de tecnologias.
Conceituando currículo em processo de integração de tecnologias.Conceituando currículo em processo de integração de tecnologias.
Conceituando currículo em processo de integração de tecnologias.
 
Guia del bechmarkig
Guia del bechmarkigGuia del bechmarkig
Guia del bechmarkig
 
A silva, propaganda.
A silva, propaganda.A silva, propaganda.
A silva, propaganda.
 

Similar to A candeloria 2

Similar to A candeloria 2 (9)

A candeloria
A candeloriaA candeloria
A candeloria
 
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galegoO samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
 
Solsticio de inverno
Solsticio de invernoSolsticio de inverno
Solsticio de inverno
 
Samahin
SamahinSamahin
Samahin
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntos
 

More from bcode

Concurso maquetas de contos
Concurso maquetas de contosConcurso maquetas de contos
Concurso maquetas de contosbcode
 
MAQUETAS DE CONTO
MAQUETAS DE CONTOMAQUETAS DE CONTO
MAQUETAS DE CONTObcode
 
Arturo y clementina
Arturo y clementinaArturo y clementina
Arturo y clementinabcode
 
Broche fieltro
Broche fieltroBroche fieltro
Broche fieltrobcode
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode
 
O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º cbcode
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode
 
O LIBRIÑO DE 3º A
O LIBRIÑO DE 3º AO LIBRIÑO DE 3º A
O LIBRIÑO DE 3º Abcode
 
A cebra camila
A cebra camilaA cebra camila
A cebra camilabcode
 
O galo quirico
O galo quiricoO galo quirico
O galo quiricobcode
 
A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULESA TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULESbcode
 
A TORRE DE HÉRCULES.
A TORRE DE HÉRCULES.A TORRE DE HÉRCULES.
A TORRE DE HÉRCULES.bcode
 
A catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de CompostelaA catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostelabcode
 
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O SOLDADIÑO DE CHUMBOO SOLDADIÑO DE CHUMBO
O SOLDADIÑO DE CHUMBObcode
 
Pintamos os nosos corazóns
Pintamos os nosos corazónsPintamos os nosos corazóns
Pintamos os nosos corazónsbcode
 
Adiviñas
AdiviñasAdiviñas
Adiviñasbcode
 
Adiviñas
AdiviñasAdiviñas
Adiviñasbcode
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroidobcode
 
Os cigarróns
Os cigarrónsOs cigarróns
Os cigarrónsbcode
 
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZPREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZbcode
 

More from bcode (20)

Concurso maquetas de contos
Concurso maquetas de contosConcurso maquetas de contos
Concurso maquetas de contos
 
MAQUETAS DE CONTO
MAQUETAS DE CONTOMAQUETAS DE CONTO
MAQUETAS DE CONTO
 
Arturo y clementina
Arturo y clementinaArturo y clementina
Arturo y clementina
 
Broche fieltro
Broche fieltroBroche fieltro
Broche fieltro
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 
O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º c
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 
O LIBRIÑO DE 3º A
O LIBRIÑO DE 3º AO LIBRIÑO DE 3º A
O LIBRIÑO DE 3º A
 
A cebra camila
A cebra camilaA cebra camila
A cebra camila
 
O galo quirico
O galo quiricoO galo quirico
O galo quirico
 
A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULESA TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULES
 
A TORRE DE HÉRCULES.
A TORRE DE HÉRCULES.A TORRE DE HÉRCULES.
A TORRE DE HÉRCULES.
 
A catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de CompostelaA catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela
 
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O SOLDADIÑO DE CHUMBOO SOLDADIÑO DE CHUMBO
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
 
Pintamos os nosos corazóns
Pintamos os nosos corazónsPintamos os nosos corazóns
Pintamos os nosos corazóns
 
Adiviñas
AdiviñasAdiviñas
Adiviñas
 
Adiviñas
AdiviñasAdiviñas
Adiviñas
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
Os cigarróns
Os cigarrónsOs cigarróns
Os cigarróns
 
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZPREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
 

A candeloria 2

  • 1. A CANDELORIA a festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos. Como sucede con outras moitas celebracións cristiáns, a festividade xurdiu para suplir (no ano 492 o Papa Gelasio fixou o 2 de febreiro como a festa da Purificación da Virxe María) outra festa pagán (que celebraban nestas datas os celtas e os romanos). Os celtas celebraban o primeiro día do mes de febreiro a festa coñecida como “Brigantia”. O nome deriva da deusa celta Brigid que representaba á nova lúa, á primavera e era a época das purificacións e do lume sagrado e Brigid era honrada poñendo unha candea en cada habitación ou fiestra da casa. Tamén os romanos nestas datas facían unha procesión con candeas acesas de noite en honor de Proserpina, deusa relacionada co nacemento das sementes e da primavera. En Galicia, ademais, a Candeloria era unha festividade que marcaba un tempo: a metade do inverno, tal e como reflicte o coñecido refrán: “Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra. Que chore, que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está aínda por pasar”. Neste sentido, a festividade era tamén considerada o preludio da chegada da primavera e do renacer a natureza; dicíase que era a época na que os paxaros casaban nas árbores. É a festa do AMOR, do sentimento, da atracción física e tamén o amor a familia, os amigos, os animais, ou a terra de nacencia. EDLG CEIP BERGANTIÑOS