2. Un dos grandes problemas da humanidade é a súa dependencia dos combustíbles fósiles, xa que provocan un forte impacto ambiental ademais de diversos trastornos económicos. O reto está en conseguir que as enerxías alternativas e renovables vaian substituindo a eses combustibles. A principal vantaxa das enerxías renovables é o do seu menor impacto ambiental xa que reducen o número de contaminantes á atmósfera pero ademais a súa distribución territorial é máis espallada e menos concentrada.
3. O uso continuado das chamadas enerxías suxas contribuiu ó cambio climático que provoca inundacións, fortes temporais, graves períodos de sequía, etc. co conseguinte perxuizo económico. Isto por sí só sería suficiente argumento para buscar unha alternativa menos destructiva, pero ademais o simple recordo dalgunhas das mareas negras que provocaron e o seu posterior poder devastador obríganos a que se busque de forma urxente unha solución ó problema.
4. Dúas vías de solución semellan especialmente prometedoras para facer fronte a esta importante problemática. Por unha parte, aproveitar máis eficientemente a enerxía, por outra, acudir a fontes de enerxía renovables .
5. As fontes renovables de enerxía poden dividirse en dúas categorías: non contaminantes ou limpas e contaminantes .
6. Entre as non contaminantes: O Sol: enerxía solar . O vento: enerxía eólica . Os ríos e correntes de auga doce: enerxía hidráulica . Os mares e océanos: enerxía mareomotriz . O calor da Terra: enerxía xeotérmica . As ondas: enerxía undimotriz . A chegada de masas de auga doce a masas de auga salgada: enerxía azul .
7. As contaminantes obtéñense a partires da materia orgánica ou biomasa , e poden empregarse directamente como combustible (madeira ou outra materia vexetal sólida), ben convertida en bioetanol o biogás mediante procesos de fermentación orgánica ou en biodiésel , mediante reaccións de transesterificación e dos residuos urbanos.