Que é aenerxía?
É todo o que pode producir cambios.
Cando fregas as túas mans, quéntanse.
3.
De que formasse pode presentar a enerxía?
A enerxía preséntase de moitas formas:
A enerxía calorífica é a que posúenos corpos que
emiten calor. exemplo vitrocerámica, unha estufa, o
forno, etc.
A enerxía luminosa é a que teñen os corpos que
emiten luz. exemplo unha candea, o sol ou unha
lámpada.
4.
A enerxía químicaé a que se almacena nos
alimentos, nos combustibles e en todos os seres
vivos.
A enerxía eléctrica é a que posúen os raios das
tormentas e a que utilizan os aparatos eléctricos
como o ordenador, a lavadora, a torradora, etc.
5.
A enerxía cinéticaou mecánica está presente nos
corpos en movemento. Ex unha persoa correndo,
un avión voando, o balón cando lle damos unha
patada, etc.
A enerxía sonora é a que emiten algúns corpos ao
vibrar, como os instrumentos musicais, a radio, etc.
6.
Os cambios daenerxía
A enerxía non se crea nin se destrúe só se transforma.
. A enerxía eléctrica pódese
transformar en enerxía luminosa.
Ex: cando enchufas unha lámpada
. A enerxía química pódese transformar en
enerxía cinética. Grazas a enerxía química do
gasóleo un coche móvese, é dicir se transforma en
enerxía cinética ou mecánica.
7.
. A enerxíacinética pódese transformar
en enerxía sonora. Ex: cando movemos
as palmas das mans e aplaudimos
produce son.
. A enerxía eléctrica tamén se pode converter en
enerxía calorífica. Como pasa cando enchufas o
ferro de pasar para alisar a roupa ou cando
enchufas a torradora para facer as torradas do
almorzo.
8.
Como poden seras fontes de enerxía?
Poden ser : renovables e non renovables.
-As fontes de enerxía renovables son as que
non se esgotan cando as utilizamos. Son o sol, o
vento e a auga en movemento.
9.
-As fontes deenerxía non renovables son as que
poden chegar a esgotarse cando as consumimos
máis rápido do que se poden xerar. As máis
importantes son os combustibles fósiles como: o
carbón, o gas e o petróleo.
10.
A enerxía queobtemos do sol chámase
enerxía solar. Os aparatos que usamos para
recollela son os paneis solares. Hainos de
dous tipos:
. Os paneis que aproveitan
a enerxía calorífica do sol
para quentar a auga.
. Os paneis que transforman
a luz solar (enerxía eléctrica,
é dicir en electricidade.
11.
A enerxía queproduce o vento chámase
enerxía eólica. Os aparatos que usamos
para recollela son os aeroxeradores.
Transforman a enerxía cinética ou mecánica
do vento en enerxía eléctrica.
12.
A enerxía queobtemos da auga en
movemento (dos ríos, dos mares) chámase
enerxía hidráulica. Aprovéitase para
producir electricidade nas centrais
hidroeléctricas. Utilizan unhas turbinas.
Aproveitan a enerxía cinética da auga para
moven esas turbinas que a van a converter
en enerxía eléctrica.
13.
Os combustibles fósilesformáronse hai
miles de anos a partir de seres vivos
(animais e plantas) quedaron enterrados.
enterrados. Os combustibles fósiles máis
usados son: O carbón, o petróleo e o gas.
14.
Como se extraenos combustibles fósiles
e para que os usamos?
Extráense das minas e queimámolo para producir
enerxía calorífica e eléctrica.
15.
Extráese perforando osolo e utilízase, sobre todo
para a calefacción e para producir electricidade.
Como se formae como se extrae o petróleo?
-Animais e plantas quedaron
enterrados no fondo dos
océanos hai millóns de
anos.
- Estes restos quedaron
cubertos de lodo ata
converterse en rochas. Coa
calor, a presión e o osíxeno
transformáronse nun líquido
negro e espeso: o petróleo.
- O tempo que transcorreu para que se formase o
petróleo que se extrae hoxe é aproximadamente de
10 millóns de anos.
18.
Como se extraeno petróleo?
- Extráense do solo por medio de pozos petrolíferos.
- Una vez detectado o depósito realízanse os pozos
de produción empregando “torres de perforación ou
extracción”. Estas torres perforan a varios
kilómetros de profundidade. Logo bombéase e
lévase ao lugar onde se trata e transforma.
19.
Utilizamos a enerxíapara moitas tarefas, por
exemplo, para o transporte, para os traballos no
campo para habitar os edificios, para que
funcionen ás fábricas.
20.
- Enerxía parao transporte. Coches e camións
empregan gasolina ou gasóleo, mentres que
trens e metros usan a electricidade.
21.
- Enerxía parao campo. Case todas as
máquinas que usan os agricultores utilizan
gasolina ou gasóleo, que obtemos do petróleo.
22.
- Enerxía nosedificios. Nos fogares a
electricidade, fai que funcionen case todos os
aparatos que utilizamos. Estes aparatos
transforman a electricidade en enerxía sonora,
calorífica, luminosa, cinética…
23.
- Enerxía paraas fábricas. As máquinas das
fábricas utilizan case sempre a electricidade.
24.
Un gasto enormede enerxía pode traernos
consecuencias, como por exemplo:
• O abuso de combustibles fósiles (carbón, gas
ou petróleo) pode producir problemas de
abastecemento e chegar a esgotarse.
• Producir e consumir enerxía pode causar
problemas medioambientais: contaminación,
alteración da paisaxe ou desaparición de seres
vivos.
Esgotouse
contamina
25.
O uso doscombustibles fósiles libera a
atmosfera substancias tóxicas, polo tanto
contaminan. Ex: os gases que votan os coches
ou as fábricas.
26.
Os encoros, ospaneis solares ou os aeroxeradores
modifican a paisaxe e alteran a vida animal e
vexetal.
27.
O petróleo secae o mar contamina a auga. Facendo
que morran os seres vivos que habitan o mar.
28.
Reducir o consumode enerxía axuda a que
non se esgoten as fontes non renovables e
diminúe os problemas medioambientais
como a contaminación, a alteración da
paisaxe ou a desaparición dos seres vivos.