1. - Unha voz grita no deserto:
Preparade o camiño do Señor, achanzade os seus vieiros;
elévense os vales, descendan os montes e outeiros…
E todos verán a salvación de Deus. Lucas 3, 2-6
2. O Advento recórdanos que o ser humano non se
esgota nas súas realizacións concretas.
A persoa non se identifica cos seus logros.
A esperanza mantennos en vixilancia para
imaxinar o futuro e para preparalo coas
nosas decisiónes actuais.
3. O Advento é un tempo de graza
que nos remite a Xesucristo:
á súa encarnación na nosa terra
e na nosa historia.
Deus fíxose humano en Xesús
para que nós poidamos aspirar a ser divinos
por El, con El e Nel.
4. Preparade o camiño do Señor.
Achanzade os seus vieiros.
Non son os vieiros
da estepa
os que han de endereitarse,
senón os costumes e os
hábitos das xentes.
É necesaria unha conversión
da vida toda.
5. Era o anuncio dirixido aos
xudeus deportados
a Babilonia.
Os camiños do deserto terían
que facerse
accesibles para unha
multitude que retornaba á súa
patria.
6. O pregón do Bautista culmina cun verso inesquecible:
Todos verán a salvación de Deus
Todos verán a salvación de Deus
7. A mensaxe proclamaba
a obra do Mesías
como unha salvación
realizada por Deus.
Moitos entenderíana en sentido político
fronte ao poder de Roma.
8. E outros moitos
como a liberación de todo
o que impedía ao ser
humano aceptar a Deus
como Deus.
9. rnos r
salva ide se
s pode s imp
Só Deu ue no ade.
o q de verd
de todo anos
hum
10.
11. José Román Flecha Andrés
Palabra del Señor, Salamanca , Editorial.Secretariado Trinitario,2007
Presentación: Antonia Castro Panero