SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
[Escriba texto] [Escriba texto]
Caderno de viaxe
Lembrádesvos da viaxe que emprendemos hai xa sete meses? Naquel momento
levabamos unha equipaxe moi lixeira, cargada de expectativas, dúbidas e un bocexo de
calendario inicial no que ir anotando os grandes fitos do percorrido. Agora que xa
rematamos a viaxe a mochila está chea de historias, actividades, anécdotas,
que vos parece se as relatamos brevemente neste Caderno de viaxe?
 A idea desta proposta é coñecer as impresións e sensacións que tivestes ao longo do
proceso do proxecto para poder corrixir e mellorar cuestións metodolóxicas,
temáticas e organizativas de cara ao proxecto do curso 2014-2015.
 Trátase dun caderno de redacción libre e extensión persoal (cada quen ocupa as liñas
que precise). Para refrescar a memoria, aquí vos deixamos un pequeno mapa do que
foi o noso percorrido polo Mundo que queremos
 Tamén se trata dun caderno valorativo e sensitivo. Gustaríanos coñecer o relato das
vosas sensacións, anhelos, frustracións, enfados, momentos de estres e de ledicia.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODA A COLABORACIÓN!
Primeira reunión:
entrevista presentación
e diagnóstico
Obradoiro sobre
Cooperación
Internacional e ODM
Obradoiros de radio e
televisión
Teatro da Oprimida: A
viaxe de Ana
Entrega de traballos
feitos polo alumnado
Visita de Radio
Tehuacán
Encontro
intercentros
[Escriba texto] [Escriba texto]
Diario de abordo de .CPI Virxe da Cela.
Nautilius-Monferosolidario, 24 de xuño de 2014
Tras unha longa travesía de 10 meses a nosa nave chega a porto para repoñer forzas e revisar esta
aventura que levamos a cabo tres profesoras do CPI Virxe da Cela xunto cos nosos alumnos/as de ESO. Atrás
quedan moitos recordos, desde o noso inicio, neste pequeno camarote atiborrado de obxectos diversos para a
nosa expedición, aquel día que nos reunimos cos armadores de Cooperación Internacional para definir o rumbo
do Mundo que Queremos. Tras aquela primeira impresión sabiamos que a nosa viaxe ía ser exitosa, contábamos
cunha espléndida nave e unha formada tripulación. Queremos agradecer especialmente a María Caride por
todo o seu traballo de planificación, e os numerosos contactos que establecimos vía telegráfica.
Coincidimos con outras naves no medio do océano, tripuladas por Rosa López Miramontes que
dirixía os ODM desde unha perspectiva lúdica, contaxiando moitísimo entusiasmo entre os nosos
mariñeiros/as. Posteriormente topámonos coa nave AGARESO, patroneada por Montse Fernández e Óscar
Vázquez, que nos guiaron nas artes da radio e da fotografía. Meses máis tarde coincidimos coa nave de piratas
Cen Tolas, mulleres con grande forza que tratan de dar solucións aos conflitos a través do Teatro do Oprimido.
Surcamos os mares do sur acompañados da fragata Radio Tehuacán, baixo o mando de Iris, Jasmin e José
Manuel, que nos mostraron como é a vida nesas latitudes, facéndonos valorar o que temos e que habitualmente
nos pasa desapercibido.
E como momento culminante do noso periplo, o Paso do Ecuador, celebrouse mar adentro, na terra do
Apóstolo, xuntándonos a bailar e celebrar un divertido Acto de Clausura na Sala Capitol. Non esquecemos o
chiculate ben quente que paladeamos nunha reunión clandestina no camarote do Almirantazgo, tendo a
oportunidade de coñecer aos outros/as capitáns da escuadra que viaxaron en paralelo.
Enarbolamos as bandeiras da Cooperación Internacional e Rexional e atracamos o noso navío no
astaleiro para poñelo a punto cara a próxima singladura. E agora que estamos en terra, deixaremos que o
destino nos volva a unir nalgunha rúa coruñesa a horas intempestivas da madrugada.
Teresa, Yolanda e Verónica

More Related Content

More from mackerel100

Auga laura s e sofía correx
Auga   laura s e sofía correxAuga   laura s e sofía correx
Auga laura s e sofía correxmackerel100
 
Desar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manuDesar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manumackerel100
 
Globalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correxGlobalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correxmackerel100
 
Impactos ambientais aire vex correx
Impactos ambientais aire vex correxImpactos ambientais aire vex correx
Impactos ambientais aire vex correxmackerel100
 
Contaminacions boas ou malas personajes
Contaminacions boas ou malas personajesContaminacions boas ou malas personajes
Contaminacions boas ou malas personajesmackerel100
 
Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxecta
Teresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxectaTeresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxecta
Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxectamackerel100
 
Entreculturas y ayuda en acción correx
Entreculturas y ayuda en acción correxEntreculturas y ayuda en acción correx
Entreculturas y ayuda en acción correxmackerel100
 
As on gs galegas manuel e rocío correx
As on gs galegas   manuel e rocío correxAs on gs galegas   manuel e rocío correx
As on gs galegas manuel e rocío correxmackerel100
 
Rel entre natu e correx
Rel entre natu e  correxRel entre natu e  correx
Rel entre natu e correxmackerel100
 
Os fenom. migratorios correx adrián e brais
Os fenom. migratorios correx adrián e braisOs fenom. migratorios correx adrián e brais
Os fenom. migratorios correx adrián e braismackerel100
 
Rel entre natu e correx
Rel entre natu e  correxRel entre natu e  correx
Rel entre natu e correxmackerel100
 
Historia con nome de mulller. cooeperación galega
Historia con nome de mulller. cooeperación galegaHistoria con nome de mulller. cooeperación galega
Historia con nome de mulller. cooeperación galegamackerel100
 
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegaTeresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegamackerel100
 
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegaTeresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegamackerel100
 
Asist san usa rocio nina correx no
Asist san usa rocio nina correx noAsist san usa rocio nina correx no
Asist san usa rocio nina correx nomackerel100
 
Ai paises nordico s laura m not no
Ai  paises nordico s laura m not noAi  paises nordico s laura m not no
Ai paises nordico s laura m not nomackerel100
 

More from mackerel100 (20)

Contaminacións
ContaminaciónsContaminacións
Contaminacións
 
Contaminacións
ContaminaciónsContaminacións
Contaminacións
 
Auga laura s e sofía correx
Auga   laura s e sofía correxAuga   laura s e sofía correx
Auga laura s e sofía correx
 
Contaminacións
ContaminaciónsContaminacións
Contaminacións
 
Contaminacións
ContaminaciónsContaminacións
Contaminacións
 
Desar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manuDesar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manu
 
Globalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correxGlobalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correx
 
Impactos ambientais aire vex correx
Impactos ambientais aire vex correxImpactos ambientais aire vex correx
Impactos ambientais aire vex correx
 
Contaminacions boas ou malas personajes
Contaminacions boas ou malas personajesContaminacions boas ou malas personajes
Contaminacions boas ou malas personajes
 
Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxecta
Teresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxectaTeresa losada  memoria rces 2013 14 plan proxecta
Teresa losada memoria rces 2013 14 plan proxecta
 
Entreculturas y ayuda en acción correx
Entreculturas y ayuda en acción correxEntreculturas y ayuda en acción correx
Entreculturas y ayuda en acción correx
 
As on gs galegas manuel e rocío correx
As on gs galegas   manuel e rocío correxAs on gs galegas   manuel e rocío correx
As on gs galegas manuel e rocío correx
 
Rel entre natu e correx
Rel entre natu e  correxRel entre natu e  correx
Rel entre natu e correx
 
Os fenom. migratorios correx adrián e brais
Os fenom. migratorios correx adrián e braisOs fenom. migratorios correx adrián e brais
Os fenom. migratorios correx adrián e brais
 
Rel entre natu e correx
Rel entre natu e  correxRel entre natu e  correx
Rel entre natu e correx
 
Historia con nome de mulller. cooeperación galega
Historia con nome de mulller. cooeperación galegaHistoria con nome de mulller. cooeperación galega
Historia con nome de mulller. cooeperación galega
 
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegaTeresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
 
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegaTeresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
 
Asist san usa rocio nina correx no
Asist san usa rocio nina correx noAsist san usa rocio nina correx no
Asist san usa rocio nina correx no
 
Ai paises nordico s laura m not no
Ai  paises nordico s laura m not noAi  paises nordico s laura m not no
Ai paises nordico s laura m not no
 

Diario de abordo_profesorado cpi virxe da cela

  • 1. [Escriba texto] [Escriba texto] Caderno de viaxe Lembrádesvos da viaxe que emprendemos hai xa sete meses? Naquel momento levabamos unha equipaxe moi lixeira, cargada de expectativas, dúbidas e un bocexo de calendario inicial no que ir anotando os grandes fitos do percorrido. Agora que xa rematamos a viaxe a mochila está chea de historias, actividades, anécdotas, que vos parece se as relatamos brevemente neste Caderno de viaxe?  A idea desta proposta é coñecer as impresións e sensacións que tivestes ao longo do proceso do proxecto para poder corrixir e mellorar cuestións metodolóxicas, temáticas e organizativas de cara ao proxecto do curso 2014-2015.  Trátase dun caderno de redacción libre e extensión persoal (cada quen ocupa as liñas que precise). Para refrescar a memoria, aquí vos deixamos un pequeno mapa do que foi o noso percorrido polo Mundo que queremos  Tamén se trata dun caderno valorativo e sensitivo. Gustaríanos coñecer o relato das vosas sensacións, anhelos, frustracións, enfados, momentos de estres e de ledicia. MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODA A COLABORACIÓN! Primeira reunión: entrevista presentación e diagnóstico Obradoiro sobre Cooperación Internacional e ODM Obradoiros de radio e televisión Teatro da Oprimida: A viaxe de Ana Entrega de traballos feitos polo alumnado Visita de Radio Tehuacán Encontro intercentros
  • 2. [Escriba texto] [Escriba texto] Diario de abordo de .CPI Virxe da Cela. Nautilius-Monferosolidario, 24 de xuño de 2014 Tras unha longa travesía de 10 meses a nosa nave chega a porto para repoñer forzas e revisar esta aventura que levamos a cabo tres profesoras do CPI Virxe da Cela xunto cos nosos alumnos/as de ESO. Atrás quedan moitos recordos, desde o noso inicio, neste pequeno camarote atiborrado de obxectos diversos para a nosa expedición, aquel día que nos reunimos cos armadores de Cooperación Internacional para definir o rumbo do Mundo que Queremos. Tras aquela primeira impresión sabiamos que a nosa viaxe ía ser exitosa, contábamos cunha espléndida nave e unha formada tripulación. Queremos agradecer especialmente a María Caride por todo o seu traballo de planificación, e os numerosos contactos que establecimos vía telegráfica. Coincidimos con outras naves no medio do océano, tripuladas por Rosa López Miramontes que dirixía os ODM desde unha perspectiva lúdica, contaxiando moitísimo entusiasmo entre os nosos mariñeiros/as. Posteriormente topámonos coa nave AGARESO, patroneada por Montse Fernández e Óscar Vázquez, que nos guiaron nas artes da radio e da fotografía. Meses máis tarde coincidimos coa nave de piratas Cen Tolas, mulleres con grande forza que tratan de dar solucións aos conflitos a través do Teatro do Oprimido. Surcamos os mares do sur acompañados da fragata Radio Tehuacán, baixo o mando de Iris, Jasmin e José Manuel, que nos mostraron como é a vida nesas latitudes, facéndonos valorar o que temos e que habitualmente nos pasa desapercibido. E como momento culminante do noso periplo, o Paso do Ecuador, celebrouse mar adentro, na terra do Apóstolo, xuntándonos a bailar e celebrar un divertido Acto de Clausura na Sala Capitol. Non esquecemos o chiculate ben quente que paladeamos nunha reunión clandestina no camarote do Almirantazgo, tendo a oportunidade de coñecer aos outros/as capitáns da escuadra que viaxaron en paralelo. Enarbolamos as bandeiras da Cooperación Internacional e Rexional e atracamos o noso navío no astaleiro para poñelo a punto cara a próxima singladura. E agora que estamos en terra, deixaremos que o destino nos volva a unir nalgunha rúa coruñesa a horas intempestivas da madrugada. Teresa, Yolanda e Verónica