SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
“ABORDELANDO” MONFERO. FESTIVAL GRELO FOLC
Por Marta Fernández Sanjuán
Fai anos visitei o festival Grelo Folc coa miña familia e nunca me parara a pensar no sentido
deste evento. Fai unhos días entrevistei a unha das pioneiras, Ana Belén Gonzalez Jove, que me
comentou con todo detalle como nacera esta iniciativa:
MF.-En que ano se empezou a facer o evento?
AG.- No 1999 fixemos o primeiro festival no Río do Dez en Xestoso e despois xa se trasladou ao
Mosteiro por motivos ecolóxicos.
MF.- Como xurdiu esta iniciativa?
AG.- O festival xurdeu a finais da década dos 90. Foron eses anos moi movidos no panorama
musical e cultural galego. Eramos rapazas e rapaces da aldea, moitas de nós, xa tiveramos que
marchar á cidade a estudar, nunha ​idade máis nova da que se marcha agora, xa que o bacharelato xa
se empezaba con 13-14 anos. Os prexuízos cara a aldea e todo o que significaba o galego estaban
moi presentes, supoño que ao que máis e ao que menos iso marcounos. De repente xurdeu un
movemento que se chamou o “Movemento Bravú”. Era como un agromar cultural e musical que se
daba nas cidades, nas vilas e nas aldeas que poñía en valor e levantaba a autoestima de todo o que
nós sentíamos que éramos e que alguén aí fóra nos estaba dicindo que non valía ou que era menos
que o outro. De repente, ser da aldea e falar galego era guai!! e iso para moitas de nós foi como un
respiro.
Estoume enrollando moito pero podedes investigar un pouco sobre este movemento nas
redes e darávos moitas pistas do que se sentía nese momento. Ao redor dese movemento naceron
moitos grupos de música de moitos estilos diferentes, tendo de base o amor polo tradicional pero
metendo outros xéneros que ata daquela eran exclusivos do castelán, ninguén ata ese momento
fixera rock ou rap en galego. Ao redor do bravú tamén houbo publicacións de revistas culturais,
literatura, xornadas, etc.
Nós, desde Xestoso, eramos un grupiño pequeno de xente que xa íamos ao ​Festival de
Pardiñas, por cercanía. Aí respirábase a música e a cultura propia valorizada, e nós queríamos
tamén facer unha xornada así na nosa aldea. Fixémolo primerio no Río do Dez, facía dous anos que
se declarara Parque Natural as Fragas do Eume e o Dez estaba dentro dos límites do parque natural.
Para nós ao principio era como normal e sen problema facer alí un festival, pero un grupo
ecoloxísta que había nas Pontes chamáranos a atención. Para nós foi unha sorpresa porque daquela
aínda non tiñamos nada de conciencia ecoloxista pero en vez de reaccionar con este toque de
atención, dímonos conta de que, efectivamente, o respeto ao medio ambiente e á natureza era
incompatible con facer un festival nun sitio protexido. Ese ano aprendimos moitas cousas. Eramos
rapaces de 18-20 anos e estábamos descubrindo un mundo…
No ano 2000 xa se cambiou a ubiación para o Mosteiro de Monfero por ser a icona do
concello e un lugar marabilloso tamén.
MF.- Cantos sodes na organización?
AG.- Na organización non hai un número fixo de persoas. Comezamos sendo un grupo de amigos
cos mesmos intereses pero ao pasar o tempo constituímonos nunha Asociación Cultural e
Medioambiental que se chama 'O Abordelo'. O concepto Abordelo e o verbo 'Abordelar' é un verbo
xa en desuso pero que se usaba moito nas sociedades labregas. Abordelar é cando dous bois tiraban
por un carro moi pesado ou por camiños moi costos e non podían coa carga e había que
engancharlles outra parella de bois ou do animal de carga que fóra. Nós chamámonos Abordelo,
porque tiñamos intención de abordelar Monfero aportando o noso graíño de area na actividade
cultural do concello.
Actualmente o grupo máis activo da asociación compónse dunhas dez persoas e a maiores
hai moita xente que colabora o mesmo día do festival de distintas maneiras.
MF.- Que actividades hai, de que vai a festa ou que se fai?
AG.- Pois o Festival Grelo Folc comezou sendo un festival de música en galego pola noite.
Normalmente adoitaban vir catro grupos musicais e tentamos sempre traer distintos estilos de
música, iso si, para tocar no ​Grelo Folc os grupos que veñen teñen que usar o galego como lingua
principal e usar letras non sexistas. Ademáis da música tamén queremos que ser respecten certos
valores para nós importantes.
Agora a xornada é de todo o día. Comezamos ás dúas da tarde cunha sesión vermú seguido
dun xantar. Pola tarde hai un festival que cada ano é máis concorrido que lle chamamos 'A
Nabiciña'. É un festival para público infantil no que sempre traemos algunha actuación ou ben
musical ou teatro, ou circo.... ten moito éxito e remata cunha merenda para as crianzas. Pola noite
segue o festival cos grupos de música.
MF.- Vai dirixido a persoas de calqueira idade ou en xeral?
AG.- Pois polo festival pasa xente de todas as idades, precisamente ao haber actividades durante
todo o día é un ir e vir de xente continuamente. Ao mediodía é público xeral de calquera idade e á
foliada que se dá despois de comer hai bastante xente maior. Á tarde está concorrida por público
familiar de mamás e papás coas súas fillas e fillos e á noite é maioritariamente xente máis moza.
MF.- Participa moita xente?
AG.- Ahahah diríache que me definiras 'moita'. Non, a verdade é que non é un acontecemento
multitudinario, como che comentei ao longo do día hai un ir e vir continuo de xente pero en ningún
momento hai demasiada xente. É moi curioso que co público local, o máis cercano cóstanos máis.
Ven moita xente da comarca, sube xente de Pontedeume, das cidades, etc. O público de Monfero
vai aumentando moi timidamente, pero a base de ser constantes no tempo…
Evidentemente non son eventos que arrastren a moita xente, e se tes á panorama ou calquera
outra orquestra perto xa non hai nada que facer. De todas formas, nós mantémonos coa ilusión de
simplemente ofrecer diversidade e alternativas, non temos ánimo de cambiar o gusto das persoas
nin moito menos, pero que unha vez ao ano en Monfero haxa unha opción cultural, musical e de
lecer diferente ás festas patronais, que realmente é a única oferta que temos no concello, pensamos
que é enriquecedor para o territorio.
MF.-Tedes logotipo?
AG.- Temos o logotipo da asociacion que son un grupo de persoas tirando polo debuxo do concello
de monfero, abordelando “haha” e o logotipo do festival do Grelo Folc si
MF.- Véndese algun obxecto, como bolis, camisetas...??
AG.- Si claro, para cada edición sacamos unha tirada de camisetas con distintos deseños que
encargamos a deseñadores gráficos, para nós é unha fonte de ingresos fundamental para poder
costear todos os cartos que gastamos facendo o festival.
MF.- En que época do ano se celebra??
AG.- No outono, o terceiro sábado de outubro, cando comezan os cogumelos... e as nabizas ;)
Despois desta interesante entrevista e como conclusión quería dar as grazas ao esforzo de
Ana Belén González Jove e mais da miña profesora de músca Véronica Dopico, xa que fun quen de
levar a cabo este proxecto. E un chamamento á mocidade: espero e desexo que a xente nova como
nós tamén poidamos contribuír a manter viva a nosa cultura e patrimonio.
Marta Fernández Sanjuán.
Monfero, 23 marzo 2020

More Related Content

What's hot

Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e EmmaEntroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e EmmaMarta Pérez Lage
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticarmplugo
 
MULLER MIRA MULLER :RELACIÓN DE ARTISTAS MULLERES PROXECTOS REDE MUSEISTICA LUGO
MULLER MIRA MULLER :RELACIÓN DE ARTISTAS MULLERES PROXECTOS REDE MUSEISTICA LUGOMULLER MIRA MULLER :RELACIÓN DE ARTISTAS MULLERES PROXECTOS REDE MUSEISTICA LUGO
MULLER MIRA MULLER :RELACIÓN DE ARTISTAS MULLERES PROXECTOS REDE MUSEISTICA LUGOEncarna Lago
 
Letras galegas 2012
Letras galegas 2012Letras galegas 2012
Letras galegas 2012Sambade
 
Guía para exposición traballo dos muíños
Guía para exposición traballo dos muíñosGuía para exposición traballo dos muíños
Guía para exposición traballo dos muíñossatelite1
 

What's hot (8)

Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 
3. presentacion 2 e 3 ciclo
3. presentacion 2 e 3 ciclo3. presentacion 2 e 3 ciclo
3. presentacion 2 e 3 ciclo
 
Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e EmmaEntroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museística
 
MULLER MIRA MULLER :RELACIÓN DE ARTISTAS MULLERES PROXECTOS REDE MUSEISTICA LUGO
MULLER MIRA MULLER :RELACIÓN DE ARTISTAS MULLERES PROXECTOS REDE MUSEISTICA LUGOMULLER MIRA MULLER :RELACIÓN DE ARTISTAS MULLERES PROXECTOS REDE MUSEISTICA LUGO
MULLER MIRA MULLER :RELACIÓN DE ARTISTAS MULLERES PROXECTOS REDE MUSEISTICA LUGO
 
Letras galegas 2012
Letras galegas 2012Letras galegas 2012
Letras galegas 2012
 
Guía para exposición traballo dos muíños
Guía para exposición traballo dos muíñosGuía para exposición traballo dos muíños
Guía para exposición traballo dos muíños
 
Lingua galega e axentes culturais. Alberto García
Lingua galega e axentes culturais. Alberto GarcíaLingua galega e axentes culturais. Alberto García
Lingua galega e axentes culturais. Alberto García
 

Similar to Marta grelo folc

Cintia breve historia da música
Cintia breve historia da músicaCintia breve historia da música
Cintia breve historia da músicasatelite1
 
Fiadeiro 2014
Fiadeiro 2014Fiadeiro 2014
Fiadeiro 2014moibon
 
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E ProgramaMuseo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E ProgramaEncarna Lago
 
Muiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríosMuiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríossatelite1
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaPrograma nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaAna Ferro Fernández
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
A MúSica Galega Quintela, ViañO, Gomez, MañA
A MúSica Galega   Quintela, ViañO, Gomez, MañAA MúSica Galega   Quintela, ViañO, Gomez, MañA
A MúSica Galega Quintela, ViañO, Gomez, MañAguest6fd070
 
A MÚ S I C A G A L E G A Quintela, Viaño, Gomez, Maña
A  MÚ S I C A  G A L E G A    Quintela,  Viaño,  Gomez,  MañaA  MÚ S I C A  G A L E G A    Quintela,  Viaño,  Gomez,  Maña
A MÚ S I C A G A L E G A Quintela, Viaño, Gomez, Mañaguest6fd070
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013trasnoparoleiro
 
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoCaderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoFran Bouso
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Aquis Fala
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013rmplugo
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 

Similar to Marta grelo folc (20)

Cintia breve historia da música
Cintia breve historia da músicaCintia breve historia da música
Cintia breve historia da música
 
Fiadeiro 2014
Fiadeiro 2014Fiadeiro 2014
Fiadeiro 2014
 
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E ProgramaMuseo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Muiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríosMuiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríos
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
 
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaPrograma nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
A MúSica Galega Quintela, ViañO, Gomez, MañA
A MúSica Galega   Quintela, ViañO, Gomez, MañAA MúSica Galega   Quintela, ViañO, Gomez, MañA
A MúSica Galega Quintela, ViañO, Gomez, MañA
 
A MÚ S I C A G A L E G A Quintela, Viaño, Gomez, Maña
A  MÚ S I C A  G A L E G A    Quintela,  Viaño,  Gomez,  MañaA  MÚ S I C A  G A L E G A    Quintela,  Viaño,  Gomez,  Maña
A MÚ S I C A G A L E G A Quintela, Viaño, Gomez, Maña
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
 
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoCaderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
Os Maios
Os MaiosOs Maios
Os Maios
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Marta grelo folc

  • 1. “ABORDELANDO” MONFERO. FESTIVAL GRELO FOLC Por Marta Fernández Sanjuán Fai anos visitei o festival Grelo Folc coa miña familia e nunca me parara a pensar no sentido deste evento. Fai unhos días entrevistei a unha das pioneiras, Ana Belén Gonzalez Jove, que me comentou con todo detalle como nacera esta iniciativa: MF.-En que ano se empezou a facer o evento? AG.- No 1999 fixemos o primeiro festival no Río do Dez en Xestoso e despois xa se trasladou ao Mosteiro por motivos ecolóxicos. MF.- Como xurdiu esta iniciativa? AG.- O festival xurdeu a finais da década dos 90. Foron eses anos moi movidos no panorama musical e cultural galego. Eramos rapazas e rapaces da aldea, moitas de nós, xa tiveramos que marchar á cidade a estudar, nunha ​idade máis nova da que se marcha agora, xa que o bacharelato xa se empezaba con 13-14 anos. Os prexuízos cara a aldea e todo o que significaba o galego estaban moi presentes, supoño que ao que máis e ao que menos iso marcounos. De repente xurdeu un movemento que se chamou o “Movemento Bravú”. Era como un agromar cultural e musical que se daba nas cidades, nas vilas e nas aldeas que poñía en valor e levantaba a autoestima de todo o que nós sentíamos que éramos e que alguén aí fóra nos estaba dicindo que non valía ou que era menos que o outro. De repente, ser da aldea e falar galego era guai!! e iso para moitas de nós foi como un respiro. Estoume enrollando moito pero podedes investigar un pouco sobre este movemento nas redes e darávos moitas pistas do que se sentía nese momento. Ao redor dese movemento naceron moitos grupos de música de moitos estilos diferentes, tendo de base o amor polo tradicional pero metendo outros xéneros que ata daquela eran exclusivos do castelán, ninguén ata ese momento fixera rock ou rap en galego. Ao redor do bravú tamén houbo publicacións de revistas culturais, literatura, xornadas, etc. Nós, desde Xestoso, eramos un grupiño pequeno de xente que xa íamos ao ​Festival de Pardiñas, por cercanía. Aí respirábase a música e a cultura propia valorizada, e nós queríamos tamén facer unha xornada así na nosa aldea. Fixémolo primerio no Río do Dez, facía dous anos que se declarara Parque Natural as Fragas do Eume e o Dez estaba dentro dos límites do parque natural. Para nós ao principio era como normal e sen problema facer alí un festival, pero un grupo ecoloxísta que había nas Pontes chamáranos a atención. Para nós foi unha sorpresa porque daquela aínda non tiñamos nada de conciencia ecoloxista pero en vez de reaccionar con este toque de atención, dímonos conta de que, efectivamente, o respeto ao medio ambiente e á natureza era incompatible con facer un festival nun sitio protexido. Ese ano aprendimos moitas cousas. Eramos rapaces de 18-20 anos e estábamos descubrindo un mundo… No ano 2000 xa se cambiou a ubiación para o Mosteiro de Monfero por ser a icona do concello e un lugar marabilloso tamén.
  • 2. MF.- Cantos sodes na organización? AG.- Na organización non hai un número fixo de persoas. Comezamos sendo un grupo de amigos cos mesmos intereses pero ao pasar o tempo constituímonos nunha Asociación Cultural e Medioambiental que se chama 'O Abordelo'. O concepto Abordelo e o verbo 'Abordelar' é un verbo xa en desuso pero que se usaba moito nas sociedades labregas. Abordelar é cando dous bois tiraban por un carro moi pesado ou por camiños moi costos e non podían coa carga e había que engancharlles outra parella de bois ou do animal de carga que fóra. Nós chamámonos Abordelo, porque tiñamos intención de abordelar Monfero aportando o noso graíño de area na actividade cultural do concello. Actualmente o grupo máis activo da asociación compónse dunhas dez persoas e a maiores hai moita xente que colabora o mesmo día do festival de distintas maneiras. MF.- Que actividades hai, de que vai a festa ou que se fai? AG.- Pois o Festival Grelo Folc comezou sendo un festival de música en galego pola noite. Normalmente adoitaban vir catro grupos musicais e tentamos sempre traer distintos estilos de música, iso si, para tocar no ​Grelo Folc os grupos que veñen teñen que usar o galego como lingua principal e usar letras non sexistas. Ademáis da música tamén queremos que ser respecten certos valores para nós importantes. Agora a xornada é de todo o día. Comezamos ás dúas da tarde cunha sesión vermú seguido dun xantar. Pola tarde hai un festival que cada ano é máis concorrido que lle chamamos 'A Nabiciña'. É un festival para público infantil no que sempre traemos algunha actuación ou ben musical ou teatro, ou circo.... ten moito éxito e remata cunha merenda para as crianzas. Pola noite segue o festival cos grupos de música. MF.- Vai dirixido a persoas de calqueira idade ou en xeral? AG.- Pois polo festival pasa xente de todas as idades, precisamente ao haber actividades durante todo o día é un ir e vir de xente continuamente. Ao mediodía é público xeral de calquera idade e á foliada que se dá despois de comer hai bastante xente maior. Á tarde está concorrida por público familiar de mamás e papás coas súas fillas e fillos e á noite é maioritariamente xente máis moza. MF.- Participa moita xente? AG.- Ahahah diríache que me definiras 'moita'. Non, a verdade é que non é un acontecemento multitudinario, como che comentei ao longo do día hai un ir e vir continuo de xente pero en ningún momento hai demasiada xente. É moi curioso que co público local, o máis cercano cóstanos máis. Ven moita xente da comarca, sube xente de Pontedeume, das cidades, etc. O público de Monfero vai aumentando moi timidamente, pero a base de ser constantes no tempo… Evidentemente non son eventos que arrastren a moita xente, e se tes á panorama ou calquera outra orquestra perto xa non hai nada que facer. De todas formas, nós mantémonos coa ilusión de simplemente ofrecer diversidade e alternativas, non temos ánimo de cambiar o gusto das persoas nin moito menos, pero que unha vez ao ano en Monfero haxa unha opción cultural, musical e de lecer diferente ás festas patronais, que realmente é a única oferta que temos no concello, pensamos que é enriquecedor para o territorio.
  • 3. MF.-Tedes logotipo? AG.- Temos o logotipo da asociacion que son un grupo de persoas tirando polo debuxo do concello de monfero, abordelando “haha” e o logotipo do festival do Grelo Folc si MF.- Véndese algun obxecto, como bolis, camisetas...?? AG.- Si claro, para cada edición sacamos unha tirada de camisetas con distintos deseños que encargamos a deseñadores gráficos, para nós é unha fonte de ingresos fundamental para poder costear todos os cartos que gastamos facendo o festival. MF.- En que época do ano se celebra?? AG.- No outono, o terceiro sábado de outubro, cando comezan os cogumelos... e as nabizas ;) Despois desta interesante entrevista e como conclusión quería dar as grazas ao esforzo de Ana Belén González Jove e mais da miña profesora de músca Véronica Dopico, xa que fun quen de levar a cabo este proxecto. E un chamamento á mocidade: espero e desexo que a xente nova como nós tamén poidamos contribuír a manter viva a nosa cultura e patrimonio. Marta Fernández Sanjuán. Monfero, 23 marzo 2020