PRESENTACIÓN DE ACCIÓNS SOLIDARIAS: PROXECTO MÓVETE
E chegou o momento tan esperado. Despois de varias semanas de intenso traballo o
alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela presentou a proposta de acción solidaria
desenvolvida no noso centro dentro do Proxecto "Móvete", nunha xuntanza celebrada o día15
de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
Esta xornada especial estivo inaugurada por Cecilia Vázquez, Directora Xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado, quen xa visitou o noso centro fai un par de meses, na presentación
oficial do Proxecto Móvete. Cecilia agradeceu ao profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela
a súa participación, así como aos outros centros participantes, o CEIP A Lomba (Villagarcía de
Arousa) e o CEIP das Fontiñas.
Como podemos apreciar si observamos o panel "Soño rural", que xunto con trípticos e
pegatinas constitúen os materias impresos que levamos para a presentación do noso proxecto, o
CPI Virxe da Cela centrou o seu traballo na revalorización do rural, e o traballo presentado foi
unha síntese de todas as aportacións realizadas grazas ao traballo de todo o alumnado e
profesorado do centro, incluíndo as etapas de educación infantil e ESO. Os outros centros
fixeron os seus esforzos cara a protección de animais e para axudar a cubrir as necesidades
básicas ao seu redor.
Este evento tan importante estivo amenizado pola música de Paco Nogueiras, autor e
protagonista do videoclip "Móvete", quen ofreceu un concerto en directo e deixou no aire a súa
importante mensaxe "E móvete, non perdas tempo, móvete, que todo conta, e móvete, que a vida
movemento é". O teremos en conta!!!

Crónica proxecto móvete

  • 1.
    PRESENTACIÓN DE ACCIÓNSSOLIDARIAS: PROXECTO MÓVETE E chegou o momento tan esperado. Despois de varias semanas de intenso traballo o alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela presentou a proposta de acción solidaria desenvolvida no noso centro dentro do Proxecto "Móvete", nunha xuntanza celebrada o día15 de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). Esta xornada especial estivo inaugurada por Cecilia Vázquez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen xa visitou o noso centro fai un par de meses, na presentación oficial do Proxecto Móvete. Cecilia agradeceu ao profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a súa participación, así como aos outros centros participantes, o CEIP A Lomba (Villagarcía de Arousa) e o CEIP das Fontiñas. Como podemos apreciar si observamos o panel "Soño rural", que xunto con trípticos e pegatinas constitúen os materias impresos que levamos para a presentación do noso proxecto, o CPI Virxe da Cela centrou o seu traballo na revalorización do rural, e o traballo presentado foi unha síntese de todas as aportacións realizadas grazas ao traballo de todo o alumnado e profesorado do centro, incluíndo as etapas de educación infantil e ESO. Os outros centros fixeron os seus esforzos cara a protección de animais e para axudar a cubrir as necesidades básicas ao seu redor. Este evento tan importante estivo amenizado pola música de Paco Nogueiras, autor e protagonista do videoclip "Móvete", quen ofreceu un concerto en directo e deixou no aire a súa importante mensaxe "E móvete, non perdas tempo, móvete, que todo conta, e móvete, que a vida movemento é". O teremos en conta!!!