2. ÍNDICE:
CONTIDO DIAPOSITIVA
• BIOGRAFÍA……………………………………………………………………………………………………………………3
• OBRA LITERARIA: AIRES DA MIÑA TERRA………………………………………………………4
• IMAXES AIRES DA MIÑA TERRA…………………………………………………………………………5
• OBRA LITERARIA: O DIVINO SAINETE………………………………………………………………6
• IMAXES O DIVINO SAINETE…………………………………………………………………………………7
• BIBLIOGRAFÍA…………………………………………………………………………………………………………………8
3. Curros Enríquez nace en Celanova no ano 1851. Na súa infancia tivo moitos conflitos co seu pai e
con só 15 anos marchou vivir a Madrid. Neste lugar, estuda bacharelato, comeza a carreira de
Dereito e colabora con varios xornais. Tamén escribiu o seu primeiro poema en lingua galega:
“Cántiga”.
No ano 1871, gañou un premio literario en Ourense coas composicións “A Virxe do Cristal”, “O
gueiteiro” e “Unha voda en Einibó”. Curros regresa a Galicia para traballar na Delegación da
Facenda. Un pouco máis tarde, no ano 1880, publica Aires da miña terra. O bispo de Ourense
considera que algúns poemas son ofensivo para a fe católica e denúnciao ante o Goberno. O
escritor foi condenado pero sae absolto.
En 1894 emigra a Cuba, onde colabora con varios xornais e participa na creación da Real
Academia Galega. Morre no ano 1908 na Habana e os seus restos están enterrados na Coruña.
BIOGRAFÍA:
4. OBRA LITERARIA: AIRES DA MIÑA TERRA
Este poemario foi publicado no ano 1880. Está formado por 21 poemas e pódense distinguir tres
liñas temáticas:
❖Poesía social ou cívica: Curros entendía que o poeta debía estar comprometido co pobo e
denunciar os problemas da sociedade. As súas críticas, protestaba contra a Igrexa, os fidalgos
e os caciques. A maioría dos seu poemas reflicten ideas progresistas, contra a pena de morte...
❖Poesía costumista: Curros participou da estética romántica e costumista do seu tempo,
continuando a liña de Rosalía e da literatura popular. O seu costumismo, mestúrase en ocasións
coa intención reivindicativa. Esta temática, presenta unha escaseza na súa obra.
❖Poesía lírica: Nos seus poemas, Curros case non expresaba a súa situación anímica. Nos
poemas, falaba de acontecementos familiares e noutros ofrecía unha visión pesimista da
existencia.
6. OBRA LITERARIA: O DIVINO SAINETE
“O divino sainete”, publicado en 1888 é un longo poema narrativo de temática satírica e social,
tomando como modelo a Divina comedia de Dante. Neste poema, relata unha imaxinaria
peregrinación a Roma para gañar o xubileo. Realiza a viaxe con Francisco Añón nun tren de sete
vagóns, representando os sete pecados capitais.
A partir deste tema, Curros realiza unha forte sátira anticlerical, social e literaria.