SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
SABELA “NAI”
Montes usurpados
sustentos desprotexidos
labranzas esquecidas
loitas desestimadas
paraísos con dono,
pedras que berran
autoras sen alento, pra seguir
rúas molladas, de choiva que alerta
os mares tinguidos, preguntan, ¿por que?
mais con iso, nosa nai ama
mais con iso, nosa nai ama
nai de mares, e de amares
nai de lumes, e aloumiños
nai de todas
nai de naide
nai que medra
nai esperta
terras que acollen, sorrisos e dores
matriarcas, airiños, feridas e albores
senlleiro poder, de non naufragar
forza, mareira que arrastra o mar
rúas molladas de choiva que arroupa
cantos que avivan o noso querer
e con iso, nosa nai ama
e con iso, nosa nai ama
nai de mares, e de amares
nai de lumes, e aloumiños
nai de todas
nai de naide
nai que medra
nai esperta
nai coidada
nai que vive
nai de alento
nai refuxio
Escollín a canción “Nai” de Sabela xa que é unha canción que me chamou moito a atención
cando a sacou. Unha canción dedicada a nosa querida terra galega, esa que aguanta miles de
cousas e a mesma que nos segue acollendo e axudando en todo. Unha terra que esta
infravalorada e a cal lle debemos moito.
Ademais escollino xa que Sabela comezara a escribilo na academia de OT 2018 e chamárame
moito a atención este canto a natureza, un choro por todo o que lle fixemos, un canto a Galicia
e a todas as súas “matriarcas, ariños, feridas e albores”.
Sempre que a escoito ponme a pel de galiña, estaba convencida que Sabela ía sacar algunha
canción na nosa lingua, tras demostrar na propia academia que estaba moi orgullosa e moi
contenta de ser galega, cantando algunhas cancións como “Benditas feridas” “Negro Caravel”
ou “Tris Tras”
QUEN É SABELA RAMIL?
Sabela Ramil é unha cantante galega (Ourol, Lugo) que se volveu coñecida no 2018 cando foi
concursante da décima temporada do programa de competencia de canto Operación Triunfo.
Esta chegou ata a final e terminou na cuarta posición (detrás de Natalia, Alba e Famous)
Dende moi nova cantaba cancións e encantáballe bailar. A música sempre foi a súa paixón.
Antes de entrar na academia, licenciouse e realizara un grao intermedio en clarinete, un grao
en terapia ocupacional e un máster en músico terapia.
Actualmente (ademais de centrarse na súa carreira musical) traballa nunha asociación da área
de saúde mental e nun programa de integración socio laboral para persoas con discapacidade
intelectual.
Os seus gustos musicais son moi variados, pero un dos artistas que máis admira é Silvia Pérez
Cruz.
Agora esta centrada en sacar o seu disco Despedida e ten pensado realizar un xira cando
remate a crise do covid-19

More Related Content

Similar to Elena pose (8)

Homes
HomesHomes
Homes
 
Muller homenaxe do home
Muller homenaxe do homeMuller homenaxe do home
Muller homenaxe do home
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Muller homenaxe do home
Muller homenaxe do homeMuller homenaxe do home
Muller homenaxe do home
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
Triptico2013
Triptico2013Triptico2013
Triptico2013
 

More from revoltalingua (20)

Cristina valiente
Cristina valienteCristina valiente
Cristina valiente
 
Brais Rellán
Brais RellánBrais Rellán
Brais Rellán
 
Noé Souto
Noé SoutoNoé Souto
Noé Souto
 
Laura Sánchez
Laura SánchezLaura Sánchez
Laura Sánchez
 
Xabier parga
Xabier pargaXabier parga
Xabier parga
 
Antía Suárez
Antía SuárezAntía Suárez
Antía Suárez
 
Ines Eiroa
Ines EiroaInes Eiroa
Ines Eiroa
 
Antía Suárez
Antía SuárezAntía Suárez
Antía Suárez
 
Laura Antelo
Laura AnteloLaura Antelo
Laura Antelo
 
Noe Souto
Noe SoutoNoe Souto
Noe Souto
 
Kendra Rodríguez
Kendra RodríguezKendra Rodríguez
Kendra Rodríguez
 
Andrea pazos
Andrea pazosAndrea pazos
Andrea pazos
 
Paula lista
Paula listaPaula lista
Paula lista
 
Cris Valiente
Cris ValienteCris Valiente
Cris Valiente
 
Lucía Amado
Lucía AmadoLucía Amado
Lucía Amado
 
Marta pose
Marta poseMarta pose
Marta pose
 
Erick rey
Erick reyErick rey
Erick rey
 
Yaiza Suárez
Yaiza SuárezYaiza Suárez
Yaiza Suárez
 
Matias
Matias Matias
Matias
 
Irene Torrado
Irene Torrado Irene Torrado
Irene Torrado
 

Elena pose

  • 1. SABELA “NAI” Montes usurpados sustentos desprotexidos labranzas esquecidas loitas desestimadas paraísos con dono, pedras que berran autoras sen alento, pra seguir rúas molladas, de choiva que alerta os mares tinguidos, preguntan, ¿por que? mais con iso, nosa nai ama mais con iso, nosa nai ama nai de mares, e de amares nai de lumes, e aloumiños nai de todas nai de naide nai que medra nai esperta terras que acollen, sorrisos e dores matriarcas, airiños, feridas e albores senlleiro poder, de non naufragar forza, mareira que arrastra o mar rúas molladas de choiva que arroupa cantos que avivan o noso querer e con iso, nosa nai ama e con iso, nosa nai ama nai de mares, e de amares nai de lumes, e aloumiños nai de todas nai de naide nai que medra nai esperta nai coidada nai que vive nai de alento nai refuxio
  • 2. Escollín a canción “Nai” de Sabela xa que é unha canción que me chamou moito a atención cando a sacou. Unha canción dedicada a nosa querida terra galega, esa que aguanta miles de cousas e a mesma que nos segue acollendo e axudando en todo. Unha terra que esta infravalorada e a cal lle debemos moito. Ademais escollino xa que Sabela comezara a escribilo na academia de OT 2018 e chamárame moito a atención este canto a natureza, un choro por todo o que lle fixemos, un canto a Galicia e a todas as súas “matriarcas, ariños, feridas e albores”. Sempre que a escoito ponme a pel de galiña, estaba convencida que Sabela ía sacar algunha canción na nosa lingua, tras demostrar na propia academia que estaba moi orgullosa e moi contenta de ser galega, cantando algunhas cancións como “Benditas feridas” “Negro Caravel” ou “Tris Tras” QUEN É SABELA RAMIL? Sabela Ramil é unha cantante galega (Ourol, Lugo) que se volveu coñecida no 2018 cando foi concursante da décima temporada do programa de competencia de canto Operación Triunfo. Esta chegou ata a final e terminou na cuarta posición (detrás de Natalia, Alba e Famous) Dende moi nova cantaba cancións e encantáballe bailar. A música sempre foi a súa paixón. Antes de entrar na academia, licenciouse e realizara un grao intermedio en clarinete, un grao en terapia ocupacional e un máster en músico terapia. Actualmente (ademais de centrarse na súa carreira musical) traballa nunha asociación da área de saúde mental e nun programa de integración socio laboral para persoas con discapacidade intelectual. Os seus gustos musicais son moi variados, pero un dos artistas que máis admira é Silvia Pérez Cruz. Agora esta centrada en sacar o seu disco Despedida e ten pensado realizar un xira cando remate a crise do covid-19