1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
NEGOCIACIÓN CONVENIO COMERCIO
ALIMENTACIÓN DE PONTEVEDRA
CUARTO COMUNICADO
4 de marzo de 2013
Folga no Comercio de Alimentación de Pontevedra
No día de hoxe presentamos ante a Consellería de Traballo convocatoria de folga no
sector das empresas de Comercio Alimentación de Pontevedra que non teñan
convenio propio. Esta folga realizarase os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo
comezando as 00:00 horas do día 25.
Os motivos expostos para a convocatoria de esta folga son a falla de avances na
negociación do Convenio Colectivo, a mellora das condicións sociais, e a necesidade
de que a representación empresarial adopte posturas máis flexibles e positivas na
negociación.
Esta convocatoria de folga foi decidida despois de que a patronal se enrocase na súa
postura de manter a proposta regresiva na negociación do convenio, que como
dixemos nun anterior comunicado, supón unha volta a tras de moitos anos nos
dereitos e unha perdida de salario real.
O mesmo tempo temos previsto facer unha convocatoria de asemblea en Vigo e
Pontevedra o próximo domingo día 17, estando aínda sen definir o lugar exacto.