UNIDADES E FUNCIÓNSUNIDADES PARTES que forman o enunciado e desempeñan unha función. Gráfanse en MINÚSCULA . Poden ser: PALABRAS, FRASES, CLÁUSULAS E ORACIÓNS. FUNCIÓNS RELACIÓNS que se establecen entre as unidades que forman o enunciado. Tipos de funcións: SUXEITO, PREDICADO, C.DIRECTO, MODIFICADOR... Gráfanse en MAIÚSCULA .
INDICA QUE TIPO DE UNIDADES REALIZAN A FUNCIÓN DE SUXEITO NOS SEGUINTES ENUNCIADOS TI NON FUCHES CAPAZ DE APROBAR AS MATEMÁTICAS. POLA TÚA CASA PASOU UN RAPAZ DE FONCUBERTA. QUEN NON FAGA AS TAREFAS NON APROBARÁ.
7.
FRASE Unidade lingüística CON SENTIDO E SEN VERBO que desempeña unha función dentro da cláusula. Poden ser de dous tipos: SIMPLES: non teñen outra frase no seu interior ( un terremoto ). COMPLEXAS: unha ou máis frases no seu interior ( un terremoto con vítimas ).
8.
FRASES FRASE NOMINAL:Ten como núcleo un SUBSTANTIVO. Ex. Un xornal . Están formadas por DETERMINANTE + NOMINAL. FRASE SUBSTANTIVA: O núcleo da frase é un SUBSTANTIVO. Ex. xornal vello (NÚCLEO + MODIFICADOR) FRASE ADXECTIVA: O núcleo da frase é un ADXECTIVO. Ex. moi sinxelo (MODIFICADOR + NÚCLEO) FRASE ADVERBIAL: O núcleo da frase é un ADVERBIO. Ex. moi lonxe ( MODIFICADOR + NÚCLEO) FRASE PREPOSICIONAL: Ex. Un barco de papel Están formadas por RELATOR + TERMO.
9.
ANALIZA AS SEGUINTES FRASES UN PANTALÓN DE LIÑO ATA MOI TARDE CON FERTILIZANTES NATURAIS BEN LONXE DA CASA AS AUGAS ENZOUFADAS POLA MAREA NEGRA NO PEQUENO CUARTO DE BAÑO DA SÚA ESTANCIA COS PRIMEIROS RAIOS DUN SOL INVISIBLE
10.
CLÁUSULA Unidade sintácticaque necesita un VERBO para funcionar. As cláusulas poden ser: SIMPLES: Ten un único predicado. Merqueille un gatiño gris. COMPLEXAS: Ten outra cláusula no seu interior. Merqueille un gatiño gris que era moi bonito.
11.
ANALIZA SINTACTICAMENTE ASSEGUINTES CLÁUSULAS XULIA REGALOU UN GATO A HENRIQUE SUSPENDEU O EXAME DE MATEMÁTICAS GÚSTANME OS LIBROS DE AVENTURAS O CAN É O MELLOR AMIGO DO HOME
12.
ORACIÓN Diferéncianse dascláusulas complexas no tipo de relación que se establece entre os seus constituíntes. As oracións poden ser: BIPOLARES. COORDINADAS.
SUXEITO Realiza aacción do predicado, co cal concorda en nº e persoa. Recoñécese cambiando de nº e persoa o verbo. A NENA ESTABA NO PARQUE AS NENAS ESTABAN NO PARQUE Ao cambiar de nº o predicado aquilo que cambia obrigatoriamente é o SUXEITO. cambio de nº Nunca pode ir precedido de preposición. Outros complementos da cláusula non varían.
15.
SUXEITO CLÁUSULAS SENSUXEITO EXPRESO : CLÁUSULAS CON SUXEITO ELIDIDO : o suxeito existe pero non aparece expreso na cláusula. (Ela) E studa xornalismo CLÁUSULAS SEN SUXEITO : o suxeito non existe. Cláusulas unipersoais con verbos en P3 (haber, ir, facer, verbos meteorolóxicos). Na mesa había dous libros / Agora chove moito . cláusulas impersoais con verbos en p3 e pronome se. Fálase moito de política
16.
SUXEITO UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE SUXEITO SUBSTANTIVO Carla estuda moito. PRONOME Ela estuda moito. FRASE NOMINAL A rapaza estuda moito. CLÁUSULA A rapaza que me chamou estuda moito.
COPIA E SUBLIÑA (se o hai) O SUXEITO NAS SEGUINTES CLÁUSULAS Non me importa o teu comportamento. A guitarra toqueina ata os vinte anos. A ela non lle gusta o cine. Non me interesa esa materia. Mércanse uvas. O curso pasado houbo moitos aprobados. No inverno nevou demasiado. Fumar tabaco prexudica gravemente a saúde. Gustaríalle moito que a foses visitar. Ao chegar o verán ascenden as temperaturas. O que marche primeiro debe pechar a porta. Sempre che gustou gastar bromas aos demais.
19.
PREDICADO É unhafunción IMPRESCINDIBLE para que exista a cláusula. Pode ser desempeñada por: Unha forma verbal simple. Unha perífrase verbal. Un infinitivo.
20.
PREDICADO PERÍFRASESVERBAIS Teñen unha significación conxunta. Os verbos perden parte do seu significado para formar en conxunto un significado novo. Están constituídas por un: Verbo auxiliar ( en forma conxugada). Verbo auxiliado ( en infinitivo, xerundio ou participio). Unidos ou non por un ELEMENTO DE RELACIÓN (prep. ou conx.). TES QUE FACER OS DEBERES. NON DOU FEITO O TRABALLO. Cláusula simple PRED. C.DIR fr.nom. DET. NOM. perífrase verbal art. subst. Tes que facer os deberes
21.
PREDICADO Dependendo daNATUREZA DO PREDICADO, as cláusulas poden ser de dous tipos: PREDICATIVAS : Teñen significado léxico por si mesmas. Non levan ATRIBUTO. Poden ser: TRANSITIVAS (o predicado acepta C.DIR.). INTRANSITIVAS (o predicado non acepta C.DIR.). ATRIBUTIVAS : O predicado é un verbo copulativo (SER, ESTAR, PARECER...).
22.
ANALIZA SINTACTICAMENTE AS CLÁUSULAS TEMOS QUE MERCAR UN PISO O ANO PRÓXIMO. PODERÍA APROBAR TODAS AS MATERIAS. BUSCA DOUS EXEMPLOS DE PERÍFRASE VERBAL E DOUS DE COMPLEXO VERBAL.
23.
DISTINGUE AS PERÍFRASES VERBAIS DOS COMPLEXOS VERBAIS NAS SEGUINTES CLÁUSULAS QUERO COMER PATACAS COCIDAS CON PEIXE. CHEGUEI A COMER DEZ IOGURES NO DÍA . ACABOU POR MARCHAR CANDO VIU QUE NON LLE FALABAN . PARECE QUE QUERE CHOVER. TEÑO QUE IR MAÑÁ CEDO? . O RAPAZ FALA MIRANDO O LIBRO. XUSTIFICA OS CASOS DE PERÍFRASE VERBAIS Ámbolos dous verbos presentan unha significación conxunta.En cheguei a comer o verbo chegar non ten significado de aproximarse; en acabou por marchar o verbo acabar non ten significado de concluír; en quere chover o verbo querer non ten significado de desexar. En teño que ir o verbo ter non implica posesión.
24.
C. DIRECTO Recoñécese:Mediante a substitución polos pronomes persoais átonos de 3ª persoa o, a, os, as ( e os seus alomorfos lo, la, los, las/no, na, nos, nas). O paxaro fixo o niño - O paxaro fíxo o. Transformando a cláusula activa en pasiva Eu escribín esa carta . Esa carta foi escrita por min . SUX. C.DIR. SUX. C.AXENTE. CLÁUS. ACTIVA CLÁUS. PASIVA C.DIRECTO SUXEITO
25.
C. DIRECTO Normalmenteo CDIR. non leva preposición Escoitei os rapaces . Ocasionalmente o CDIR. pode estar constituído por unha FRASE PREPOSICIONAL coa preposición A . Isto sucede cando fai referencia a unha persoa: con nomes propios. Visitei a Helena . con pronomes tónicos. Aviseino a el . para evitar ambigüidades. O elefante matou ao león . En ocasións, o CDIR. Pode ir introducido pola preposición EN Coller nos figos - Colle los Nas CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS o pronome SE funciona como CDIR. Marta lavou se
26.
C. DIRECTO UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE C. DIRECTO SUBSTANTIVO, FRASE NOMINAL e FRASE SUBSTANTIVA. Escoitei música / Escoitei aquela canción / Escoitei baladas nostálxicas . FRASE PREPOSICIONAL. Vin a Helena no cine. PRONOME PERSOAL ÁTONO Vin a no supermercado. CLÁUSULA Díxenlle que estudase máis .
27.
C. INDIRECTO Recoñécesesubstituíndo polos pronomes persoais átonos de 3ª persoa lle, lles. Devolve eses lapis a Xoán . Devólve lle eses lapis. É habitual que o CIND. apareza redobrado (pronome e frase preposicional á vez). Deixei lle o libro a Ana . C.IND. C.IND.
28.
C. INDIRECTO UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE C. INDIRECTO PRONOME. Merquei che un lapis de cores. FRASE PREPOSICIONAL. Merqueille un lapis a Xoán
29.
PRONOMES PERSOAIS ÁTONOSC. DIRECTO 1ª ME 2ª TE 3ª O/LO/NO 1ª NOS 2ª VOS 3ª OS/LOS/NOS C. INDIRECTO 1ª ME 2ª CHE 3ª LLE 1ª NOS 2ª VOS 3ª LLES
30.
SINALA OS C.DIR. E C.IND. QUE HAXA NAS SEGUINTES CLÁUSULAS Téñoo gardado no armario. Hóubolle pegar a gripe. Díxenllelo a todas. Deixoume abraiada coas súas explicacións. Deixeino por imposible. Deuche unha boa labazada. Collín a Xoán no colo. Tivo que coller nas mazás. Deume o seu ordenador vello. Mercoumo onte pola mañá. Tívollo que entregar antes da data. Chamareite despois das dez. Escoitounos con moita atención. Deunos unha gran noticia. Comunicareivos os resultados cando os saiba.
31.
SUPLEMENTO É un complemento que vai precedido dunha preposición esixida polo verbo (influír en , dedicarse a , aspirar a , ocuparse de , confiar en ...). Esta función sempre está desmpeñada por unha FRASE PREPOSICIONAL. Non pode ser substituído por pronomes persoais átonos. Pode ser substituído por pronomes persoais tónicos (el, ela, eles, elas) ou polo demostrativo neutro (iso). Dedícase ao xornalismo Confía no seu pai A ISO NEL
32.
SUPLEMENTO UNIDADE QUE DESEMPEÑA A FUNCIÓN DE SUPLEMENTO FRASE PREPOSICIONAL. A conferencia versou sobre economía.
33.
SINALA O SUPLEMENTO DAS SEGUINTES CLÁUSULAS A súa partida dependía da invitación do poeta mallorquín. O alumnado de Medicina falaba de Ignacio. Xosefa contaba cun grupo de compañeiras. Ás veces lembrábase da súa cidade natal. Aquela carreira influíu moito na súa vida. XUSTIFICA POR QUE SON SUPLEMENTOS Van introducidos por unha preposición esixida polo verbo e ao suprimir o suplemento a cláusula non ten sentido ou perde o sentido que tiña.
34.
C.CIRCUNSTANCIAL Indica olugar, o tempo, o modo, a cantidade, a compañía, o instrumento... Recoñécese substituíndo por adverbios que indiquen esas circunstancias. Xogaremos o venres . Non se substitúe por pronomes. Nunha mesma cláusula pode haber varios complementos circunstanciais. Xogaremos o venres no pavillón do centro . MAÑÁ ALÍ MAÑÁ
35.
C. CIRCUNSTANCIAL UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE C. CIRCUNSTANCIAL FRASE PREPOSICIONAL. Iremos ao parque pola tarde . ADVERBIO ou FRASE ADVERBIAL Iremos alí máis tarde . FRASE NOMINAL Iremos ao parque o domingo . CLÁUSULA Bota alcol onde tes a ferida .
36.
SUBLIÑA OS C. CIRCUNSTANCIAIS DAS SEGUINTES CLÁUSULAS En setembro cheguei de Londres. Con eles estaba María. Carme apareceu alí anos despois. Podaremos o rosal cunhas tesoiras mañá cedo. Fixemos exercicio con moito coidado. As casas baleiras nunca me deron medo. XUSTIFICA POR QUE SON C.CIRCUNSTANCIAS
37.
C. AXENTE Éunha función exclusiva das cláusulas pasivas. É o que realiza a acción neste tipo de cláusulas. Sempre está formado por unha FRASE PREPOSICIONAL introducida pola preposición POR. Recoñécese porque na transformación a activa, o complemento axente pasa a ser suxeito. O premio foi gañado por Luís. Luís gañou o premio. C.AX. SUX.
38.
C. AXENTE UNIDADE QUE DESEMPEÑA A FUNCIÓN DE C. AXENTE FRASE PREPOSICIONAL. A coche foi adquirido polo meu irmán.
39.
TRANSFORMA EN PASIVA AS SEGUINTES CLÁUSULAS ACTIVAS E SUBLIÑA O C. AXENTE O profesor chamou os estudantes. Eduardo Blanco Amor escribiu A esmorga. Os compañeiros están escoitando a Marta. O poeta conduciunos a trávés da illa.
40.
ATRIBUTO É un complemento propio dos verbos copulativos (ser, estar, parecer...) Mantén unha relación dobre: Concorda co VERBO en número . Co SUXEITO en xénero e número . Pode ser substuído polo pronome persoal átono o . El AS parece n aburrid A S . Elas parécen o . Concorda en xº e nº co suxeito Concorda en nº co verbo
41.
ATRIBUTO UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE ATRIBUTO SUBSTANTIVO, FRASE NOMINAL e FRASE SUBSTANTIVA. Aquel home é médico / Aquel home é o médico de Maceda / Aquel home é médico en Maceda . ADXECTIVO ou FRASE ADXECTIVA María estaba cansa / María estaba moi cansa . ADVERBIO ou FRASE ADVERBIAL A casa está lonxe / A casa está moi lonxe . CLÁUSULA Aquel home é quen chamou á policía.
42.
SINALA OS ATRIBUTOS DAS SEGUINTES CLÁUSULAS Con moito traballo e esforzo Ánxela será unha boa actriz. O tenista mallorquín parece hoxe moi canso. O meu amigo Miguel está algo enfermo estes días. As rebaixas de xaneiro son as mellores. As mazás xa parecían maduras na horta do meu pai. As nosas compañeiras de clase son encantadoras. XUSTIFICA POR QUE SON ATRIBUTOS Son frases nominais, frases adxectivas ou adxectivos segundo os casos. Concordan co suxeito e poden substituírse polo pronome O.
43.
C. PREDICATIVO Funciónsemellante ao atributo pero con verbos predicativos ( atopar, chegar, entrar, deixar, quedar, resultar, seguir...), non copulativos. Concorda co VERBO e co SUXEITO (OU COMPLEMENTO DIRECTO) a un tempo. El A abandonou enfadad A o cuarto. Deixa amañad a a cociña . CDIR . Concorda en xº e nº co suxeito Concorda en nº verbo SUX . Concorda en nº verbo e en xº e nº co CDIR.
44.
C. PREDICATIVO UNIDADES QUE HABITUALMENTE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE C. PREDICATIVO ADXECTIVO O home permaneceu calado . FRASE ADXECTIVA O home permaneceu moi calado. FRASE NOMINAL A Marta elixírona a mellor deportista do ano . FRASE SUBSTANTIVA Fixeron a Marcos capitán do equipo.
45.
SINALA OS C. PREDICATIVOS QUE HAXA NAS SEGUINTES CLÁUSULAS O meu pai chamoume maleducada. O seu ton era maleducado. Contestou enfadado aos seus pais. Estivo enfadado todo o día. Xaime volveu contento da viaxe. María estaba moi contenta. O taxi de Maceda chegou puntual. Estou totalmente desesperada. Xoán tiña as mans húmidas. XUSTIFICA POR QUE SON C.PRED. Son adxectivos que acompañan a verbos non copulativos e concordan en xº e nº co SUX. ou C.DIR.
46.
ANALIZA SINTACTICAMENTE ASSEGUINTES CLÁUSULAS Escoitouna con moita atención. Esta mañá tivemos moito traballo na oficina. Os deportistas falan entusiasmados despois da carreira. O último debe pechar a porta. Tivo que entregarllo antes da data. Fíxolle un retrato moi orixinal a María con rotuladores. Divertímonos moito con Xosé aquel día. Xoán subiu as amplas escaleiras exteriores. Nivardo falou de cousas sen importancia.